A rede autonómica 'Galiña Azul' de escolas infantís inicia hoxe o
novo curso, con preto de 9.300 prazas destinadas a nenos de 0 a 3 anos e
a incorporación de dez novos centros, que ascenderán a un total de 159.
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar,
Roberto Rodríguez, visitou este xoves a escola de Muros, na Coruña, un
dos centros de nova creación para este curso que se une a instalacións
en Boiro, Cambre, Malpica, Melide, Oroso, Porto do Son e Salvaterra do
Miño.
A elas únense as escolas de Meira e de Narón-Xuvia, que xa
funcionaban como escolas municipais e que agora pasan a formar parte da
rede da Xunta.
Este curso haberá preto de 500 novas prazas públicas para a franxa de
0 a 3 anos, financiadas con fondos da Administración a través do
sistema de concerto con centros privados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario