INFORMACIÓN E SUXERENCIAS SOBRE ACTIVIDADES FORMATIVAS E OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN DOS ALUMNOS DO C.E.I.P.
xoves, 27 de setembro de 2012
Twitter tamén estará en galego
A rede social terá a súa versión en lingua galega logo de que miles de usuarios esixisen durante meses á compañía estadounidense a tradución dos seus servizos, campaña á que se adheriu, e que apoiou, a Xunta de Galicia.
Twitter xa pode ser traducido ao galego. A compañía estadounidense abriu o pasado día 19 o seu Centro de Tradución ao noso idioma para que os seus servizos podan ser ofrecidos na nosa lingua. Para iso será necesario o traballo de voluntarios a través do Twitter Translation Center, servizo no que as traducións se aproban automaticamente mediante un algoritmo que ten en conta os votos da comunidade de usuarios.
Xunto co galego incorpóranse outros quince idiomas, entre os que están o gaélico irlandés moderno e o galés, ademais do tamil, serbio, búlgaro, kurdo, vietnamita, croata, romanés, letón, canarês, bielorruso, bengalí, albanés e eslovaco.
O galego era, até a citada data, a única lingua oficial do Estado que non fora considerada polos responsables de Twitter. Castelán, éuscaro e catalán xa tiñan a súa versión en Twitter, mais o galego fora ignorado malia a campaña que durante meses mantivo activa a conta @tweet_en_galego –seguida por case 15.000 usuarios– a prol da nosa lingua e secundada por miles de persoas que utilizaron etiquetas que se fixeron populares e mesmo chegaron a ser tendencia, como #TwitterEnGalego.
Cabe tamén salientar o apoio e adhesión da Xunta de Galicia á iniciativa. Así, no marco da campaña "Redes sociais en galego", presentada no mes de xullo pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e mais pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia, promoveuse que desde a Presidencia da Administración autonómica e desde diferentes entidades pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia se lle remitisen cartas a Twitter solicitando a galeguización da ferramenta de comunicación social.
O Goberno galego sumouse deste xeito aos colectivos, cidadanía e redes sociais que reivindicaron a posibilidade de poderen traducir o Twitter ao galego. Logo desta petición, que recompilou máis de 3.000 sinaturas no web www.change.org/es/peticiones/twitter-en-galego-xa, o propio Twitter vén de comunicar a súa autorización.
Información tirada de Galicia Confidencial e mais do web da SXPL.
mércores, 19 de setembro de 2012
Comunicado da imposibilidade de realización de actividades remitido ás nais, pais e titores de alumnos, con motivo da falta de subvención do concello para este ano.
ASOCIACION
DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS "AGROMAR"
DO
CEIP. DE AGOLADA
|
ACTIVIDADES CURSO
2012-2013
|
|
Por medio da presente comunicación poñemos en
coñecemento de tódolos pais, nais e titores de alumnos/as do colexio de Agolada
que esta asociación non pode organizar nin desenrolar ningún tipo de actividade
extraescolar en este curso 2012-2013, tal e como se ven facendo tódolos anos,
desde a súa constitución como asociación; debido a carencia de recursos propios
para poder facelo, e xa que, cando se aprobou en sesión plenaria o reparto de
axudas e subvencións para as asociacións do concello, á Asociación “Agromar” de
Nais e Pais de alumnos non se lle destinou ningún diñeiro -segundo parece-, por
mor da mais que precaria situación económica que padecen as arcas municipais.
Os motivos aducidos para non outorgarlle
subvención a Asociación “Agromar” foron, sobre todo, porque, parece ser que non
hai mais diñeiro para repartir entre as distintas asociacións deste concello, a
maiores do que lles concederon a algunhas das asociacións ás que si se lle
outorgaron as axudas; e tamén porque vai ser o propio concello o que se vai
encargar directamente de organizar e desenrolar actividades extraescolares para
os/as alumnos/as do colexio -tal e como se prometeu expresamente desde a propia
Alcaldía á directiva desta asociación-, dado que –segundo se dixo-, non existe
ningún tipo de problema para acadar polo concello o financiamento externo que
sexa preciso para a realización de ditas actividades.
Aclarada, pois, cal é a situación na que se atopa
a Asociación de Nais e Pais de Alumnos, soamente nos queda pedirlles que
remitan directamente o concello de Agolada calquera petición, suxestión,
aclaración ou aportación que queiran facer en relación
coas referidas actividades extraescolares do alumnado do colexio;
agradecéndolles de antemán a comprensión de cara ó desalento que nos desacouga
a cantos temos algunha responsabilidade nesta asociación ante a imposibilidade
manifesta de non poder levar a cabo o que nos ven moralmente e
regulamentariamente atribuído a nos; ou –no peor dos casos- ante a posibilidade
dunha futura disolución da propia asociación.
Agolada,
a doce de setembro de dous mil doce.
A "recentralización" e o "sectarismo" que veñen coa nova reforma educativa
O Goberno central pretende impoñer máis contidos ás autonomías e podería decidir até o 65% do que se estuda en GaliciaXa a pasada semana, El País adiantaba que o Goberno pretende, coa reforma da LOE, aumentar a porcentaxe mínima de contidos fixados polo Estado nos currículos escolares, desde a educación primaria até o bacharelato e a FP. A medida suporía diminuír a marxe de manobra que as autonomías teñen agora para completar os contidos escolares, tal e como recolle o borrador desta lei orgánica educativa preparado polo Ministerio de Educación. Así, e segundo o diario, o Executivo de Madrid pasaría a fixar "os contidos comuns necesarios para a adquisición das competencias básicas", pasando do 55% actual nas comunidades autónomas con lingua propia -como Galicia- ao 65%, e aumentando estes contidos comúns do 65% ao 75% no resto de autonomías.
A medida afectaría a todas as materias, desde Matemáticas até Coñecemento do Medio, pasando pola polémica Educación Cívica e Constitucional, que substitúe a Educación para a Cidadanía. E supón unha modificación máis da que aínda non ten coñecemento a comunidade educativa e, por suposto, tampouco os sindicatos. "Estanse facendo moitos anuncios antes de que as cuestións sexan debatidas e analizadas por todas as institucións educativas", destaca José Fuertes, responsable de Acción Sindical de Ensino Público de CCOO-Galicia, que insiste en que non ten "nin idea" das propostas oficiais porque "non foron presentadas publicamente polo Goberno". No mesmo sentido se manifesta Marcelino Brea, secretario xeral de FETE-UGT na comunidade, ao que non lle parece "axeitada" a forma na que o Executivo está a presentar a nova lei educativa, "sacándoa aos poucos nos medios sen que pase polos órganos de negociación". Para Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino, "a columna vertebral que se coñece" desta nova normativa supón "unha contrarreforma, un ataque ao ensino público e un desatino, tanto desde o punto de vista social como pedagóxico".
Os sindicatos ven na medida "un erro pedagóxico" e un "intento de recentralización"A pretención do Goberno de aumentar a súa intervención no currículo escolar dos cativos é unha vella teima do PP. Desde hai tempo. "Non pode ser que en España haxa 17 sistemas educativos diferentes", adóitase a oír desde Génova. "É un erro, non é positivo; o Executivo vai crear conflito cando a diferenza entre os contidos dunha e doutra autonomía non é tan grande; a marxe de manobra non é tan ampla", aclara José Fuertes, que cre que a decisión de Madrid obedece a unha intencionalidade ideolóxica e que pretende facela servir de "aviso" logo de que Andalucía engadise á nova Educación para a Cidadanía algúns contidos vetados polo Estado. "Queren evitar estas situacións, pero iso será imposible porque as comunidades seguirán tendo posibilidades de engadir contidos, por moi pequenas que sexan", insiste.
Louzao, pola súa banda, destaca que esta intención non é máis que un paso máis do Goberno na súa "estratexia de recentralización que abrangue todos os ámbitos". "A educación é un factor fundamental na colonización mental e social do noso país, unha forma de transmitir unha serie de valores que poñen en cuesitón a nosa historia, a nosa xeografía, a nosa maneira de pensar e o noso idioma", destaca quen lembra tamén que, a efectos prácticos, a porcentaxe de contidos marcados polo Estado xa supera os límites teóricos.
"Ten que haber contidos semellantes no Estado, pero a marxe de manobra para as autonomías é fundamental"Marcelino Brea, de UGT, prefire nin opinar. "Haberá que analizar en profundidade esa proposta cando se coñezan os detalles", aclara. Desde CCOO, pola contra, insisten en que esta medida engadirá conflitividade a un sector educativo xa golpeado polos recortes e avoga "polo entendemento e a negociación". "Evidentemente, ten que haber contidos educativos semellantes en todo o Estado, pero a marxe de manobra para as autonomías é fundamental", engade, logo de exemplificar: "Como vas explicar a xeografía española en Galicia sen te centrar nos ríos galegos? Como explicas en Coñecemento do Medio o ecosistema sen centrarse nas especificidades de Galicia? É ridículo". "Sería un erro pedagóxico, e máis nun Estado descentralizado como o noso", volve aclarar Fuertes, que cre que o Goberno "non debe partir da base de diminuír os contidos que marcan as autonomías" e menos cando desde o Executivo se insiste en darlle máis autonomía aos centros. "De que autonomía falan se non lles deixan nin adaptar os currículos", aclara.
Onde si se molla UGT é na intención do Executivo de establecer avaliacións externas ao final de cada etapa. Unhas reválidas que estaban confirmadas para ESO e Bacharelato, pero que tamén semella que se establecerán en 3º de Primaria, é dicir, con tan só oito anos. Sería un exame obrigatorio e común para todos os cativos españois co obxectivo da detención precoz do fracaso escolar. "É sectario porque se intenta clasificar o alumnado, ademais de que non coñecemos se existe unha memoria económica que aclare o que supoñen estes cambios", asegura Brea, que insiste en que é "lamentable" que as novidades se vaian coñecendo a través dos medios.
Os sindicatos ven nas reválidas "un despropósito", con intención "sectaria" e que "afondará nas diferenzas sociais"Desde a CIG, Anxo Louzao considera a instauración de reválidas como "un despropósito" que "pon en dúbida as capacidades da avaliación continua e dos docentes". "Quen mellor que o profesorado para avaliar os coñecementos adquiridos dun rapaz", asegura, tras advertir de que estes exames teñen "un único obxectivo", que non é outro que o de "introducir elementos selectivos para que sexa cada vez menos o alumnado que poida continuar os seus estudos, o que afecta claramente as clases populares e afonda máis nas diferenzas sociais".
Para a CIG, as reválidas tamén "incidirán na centralización do ensino" e na "elitización" do ensinoAínda máis, Louzao lembra tamén que as reválidas supoñen "que todo estea orientado a que o alumno supere esas probas, o que condiciona o traballo diario e permanente do profesorado". "Vai mermar as destrezas daqueles contidos que non sexan básicos, polo que a educación deixará de ser integral", di, logo de destacar que é "unha forma de afondar na centralización do ensino" ao instaurarse "probas homologadas para todo o Estado que non terán en conta as especificidades de Galicia" e que, tamén, "darán estatus aos centros segundo o número de alumnos que superen esas probas". "É unha elitización dos centros e un paso máis cara á privatización e o desprestixio da escola pública", remata.
"Unha medida política, non pedagóxica"
Dende as editoriais galegas obsérvase con preocupación a anunciada
reforma. Manuel Bragado, director de Xerais e presidente da Asociación
Galega de Editores (AGE), cualifícaa de medida "totalmente política sen
ningunha base pedagóxica".
Para Bragado o "globo sonda" lanzado "forma parte dunha batalla recentralizadora iniciada polo Partido Popular que vai supoñer que os contidos do ensino sexan decididos polo Goberno central nunha medida nunca antes acadada no actual período constitucional". E como tal, advirte, vai introducir "un importante conflito político sobre todo cos partidos e a sociedade catalá e vasca".
Bragado engade, botando man dunha teima varias veces expresada por Galicia Bilingüe, que "pode que as matemáticas que se estudan en Galicia sexan iguais que as que se estudan en Murcia pero dende logo non son as mesmas a historia, as ciencias sociais, as ciencias naturais ou a música".
Para Bragado o "globo sonda" lanzado "forma parte dunha batalla recentralizadora iniciada polo Partido Popular que vai supoñer que os contidos do ensino sexan decididos polo Goberno central nunha medida nunca antes acadada no actual período constitucional". E como tal, advirte, vai introducir "un importante conflito político sobre todo cos partidos e a sociedade catalá e vasca".
A centralización e homoxeneización dos contidos pode supoñer a centralización da produción dos libros de texto, o que afectaría en gran medida ás editoriais de todas as comunidades autónomas da periferiaOs libros de texto supoñen unha parte importante da produción editorial, que está a sufrir a crise de forma moi grave noutros ámbitos. A centralización e homoxeneización dos contidos pode supoñer a centralización da produción dos libros de texto, o que afectaría en gran medida ás editoriais de todas as comunidades autónomas da periferia do Estado español e nomeadamente ás galegas, catalás e vascas.
Bragado engade, botando man dunha teima varias veces expresada por Galicia Bilingüe, que "pode que as matemáticas que se estudan en Galicia sexan iguais que as que se estudan en Murcia pero dende logo non son as mesmas a historia, as ciencias sociais, as ciencias naturais ou a música".
Sen escolas no rural, non hai futuro
Acaba de comezar o novo curso escolar 2012/2013, e para o noso rural pode supoñer o punto de non retorno. A causa é o desmantelamento do ensino no rural que suporá a guinda para poñer o seu peche.
Na comparecencia o ano pasado no parlamento, do conselleiro do medio rural (actual delegado do goberno do Estado) , quedou patente a despreocupación e a falta de interese que o actual goberno da Xunta ten polo noso rural. Teñen, certamente, detectado un dos maiores problemas que temos no noso territorio que é o despoboamento (especialmente no interior de Ourense e Lugo), mais na vez de poñerse a traballar para solucionar o problema, afirman que non ten solución e renuncian a defender o que é noso. Juárez afirmou nesa comparecencia pública que a única cuestión que pode facer este goberno é reducir o ritmo de despoboamento, xa que non ten ningunha alternativa nin proxecto que o poda frear. Esta afirmación supón a intención política clara de que o rural pasa a un segundo plano e a súa xestión queda limitada a actuar sobre as cuestións que poidan ser titular nos xornais.
Continuando na liña de expulsión de persoas do medio rural, este ano a política de recortes e supresión de dereitos sociais cébase moi especialmente co rural galego; e en concreto, no ensino vai supoñer:
Redución de máis de 1000 ensinantes.
Supresión de mais de 130 unidades en centros públicos.
Eliminación de 12 centros escolares.
Mais de 100 centros con alunado agrupado de distintos níveis.
Supresión de Preescolar na casa, programa pioneiro e multipremiado en Europa que a Xunta foi afogando até suprimilo, deixando na rúa 32 traballadores/as e varios milleiros de crianzas sen acceso á educación.
4.000 familias quedan sen praza para os seus nenos e nenas.
4.000 alunos e alunas non poderán estudar o ciclo formativo escollido.
A maioría dos recortes están concentrados no rural, o que supón un exterminio planificado que a Xunta quere executar no medio rural galego ao deixalo sen nenos e nenas, ao roubarlle o seu futuro e comprometer o seu presente.
Detrás do peche das escolas e o traslado dos pícaros fóra do seu lugar de vida, está a emigración dos pais e nais que comporta a expulsión definitiva das persoas do rural e confirma a perda do maior activo para a conservación do noso territorio. Co peche e recortes nas escolas do rural afórranse uns poucos miles de euros a curto prazo, pero asentamos as bases para gastar millóns de euros a medio e longo prazo (incendios forestais, conservación do territorio, das infraestruturas, …)
A Escola Pública Rural, ten nestes tempos de crise un papel fundamental como vertebradora da sociedade e do territorio. Conforma unha comunidade social estreitamente vencellada á terra, que reforza e preserva a cultura local e contribúe a manter a vida dos pobos. É un exemplo de integración e atención á diversidade. Favorece o desenvolvemento dunha pedagoxía activa, facilitando a participación do alunado en contacto directo coa realidade social e natural. É por isto que é necesario defender o acceso do alunado do rural a centros docentes da súa contorna.
E a educación no rural, quen a rescata? É un inmenso erro facer desaparecer a escola rural e como consecuencia os pobos. O futuro pasa por conservar o medio natural, os recursos, a alimentación e a cultura que nos fixo sobrevivir. E a escola rural é unha das chaves para para que isto sexa posible.
O rural berra forte contra os recortes nas súas escolas, a través da coordinadora galega de anpas do rural e numerosas organizacións que a apoian; mais faise necesaria a implicación, a concienciación e o compromiso de toda a sociedade; xa que está en xogo o futuro da nosa terra.
Apostar polo noso rural non é unha opción, é unha obriga para quen nos represente en calquera das institucións democráticas. O contrario supón negar o noso pasado e pechar as opcións das xeracións futuras. Neste sentido, o ensino no rural ten que ser unha prioridade de toda a sociedade.
Témoslle lei: ciclo de conferencias sobre dereitos lingüísticos
O ciclo de conferencias terá lugar na Facultade de Dereito (Sala de Xuntas do Decanato) os días 28 de setembro; 5, 19, e 26 de outubro; e 9 e 16 de novembro de 2012, en horario de 12 a 14:30 horas. A actividade está destinada a todas as persoas interesadas en coñecer o alcance dos dereitos lingüísticos e as obrigas dos poderes públicos de garantilos; e nomeadamente a estudantes de Dereito, de Ciencias Políticas e da Administración, de Relacións Laborais e de Filoloxía Galega.
Máis información e programa completo no web do SNL da USC.
Prolingua pídelles aos partidos “repoñer o consenso e o marco legal” para o galego
A plataforma Prolingua celebrou unha asemblea o pasado 15 de setembro. Nela, alén de renovar a súa cerna e aprobar o programa de actividades para o vindeiro período, fixo pública unha carta dirixida ás organizacións políticas que se presentan ás vindeiras eleccións autonómicas.
No escrito solicitan un "cambio de políticas políticas a respecto da lingua", cuns "contidos mínimos" que a asemblea xeral do colectivo sintetiza nun decálogo. O deber dos cargos públicos de utilizar o galego "no exercicio do seu cargo" e facelo cun mínimo de corrección, substituír o denominado decreto do plurilingüismo por "outra normativa que dea resposta ao mandato básico" da Lei de Normalización, que as axudas aos medios de comunicación estean "condicionadas a un incremento significativo no emprego da lingua propia" ou potenciar o uso do galego na industria e obrigar a que respecte a toponimia oficial son algúns dos puntos das reclamacións aprobadas.
Información tirada de Praza Pública e do web de Prolingua.
mércores, 12 de setembro de 2012
Ponse en marcha o blog "Navegar en galego"
Por defecto, os navegadores que se utilizan no Estado español usan por
defecto o castelán. Non importa que os menús estean efectivamente en
galego, pois pode ser que a lingua de referencia que utilice o
programa siga sendo o español. Isto ten implicacións importantes, por
exemplo, á hora de entrar nunha páxina con versións en varios idiomas,
nas que se abrirá automaticamente a versión castelá e non a galega, ou
no feito de que ao facer a procura dunha palabra no navegador, se
recuperen primeiro os resultados da wikipedia en español e non en
galego.
Vén de poñerse en marcha o blog Navegar en Galego co obxectivo de
ofrecer consellos prácticos e descargas de utilidade para as persoas
que queiran mudar o idioma do seu navegador. Os seus responsables
lembran que a importancia disto non é só simbólica, pois unha maior
porcentaxe de navegadores empregando o galego implica tamén un
meirande interese de empresas e administracións en poñer en marcha
versións en galego das súas webs, potencia o uso e as visitas da
Galipedia e tamén as descargas de programas e aplicacións na súa
versión galega.
Máis información en Praza Pública.
defecto o castelán. Non importa que os menús estean efectivamente en
galego, pois pode ser que a lingua de referencia que utilice o
programa siga sendo o español. Isto ten implicacións importantes, por
exemplo, á hora de entrar nunha páxina con versións en varios idiomas,
nas que se abrirá automaticamente a versión castelá e non a galega, ou
no feito de que ao facer a procura dunha palabra no navegador, se
recuperen primeiro os resultados da wikipedia en español e non en
galego.
Vén de poñerse en marcha o blog Navegar en Galego co obxectivo de
ofrecer consellos prácticos e descargas de utilidade para as persoas
que queiran mudar o idioma do seu navegador. Os seus responsables
lembran que a importancia disto non é só simbólica, pois unha maior
porcentaxe de navegadores empregando o galego implica tamén un
meirande interese de empresas e administracións en poñer en marcha
versións en galego das súas webs, potencia o uso e as visitas da
Galipedia e tamén as descargas de programas e aplicacións na súa
versión galega.
Máis información en Praza Pública.
Nace "Vintecinco.com", unha nova rede social en galego
Javier, Pablo, Nadia e Óscar teñen arredor de vinte e cinco anos e son
usuarios das redes sociais. Precisamente esas dúas características son
as que conflúen no seu proxecto Vintecinco.com, unha rede social en
galego que están a desenvolver. Javier Mahía, voceiro do grupo,
asegura "quixemos facer unha rede para mozos e mozas galegas, similar
a tuenti e facebook, que ten todas súas funcionalidades pero na nosa
lingua e sen publicidade".
Información tirada de Culturagalega.orghttp://culturagalega.org/noticia.php?id=21382.
usuarios das redes sociais. Precisamente esas dúas características son
as que conflúen no seu proxecto Vintecinco.com, unha rede social en
galego que están a desenvolver. Javier Mahía, voceiro do grupo,
asegura "quixemos facer unha rede para mozos e mozas galegas, similar
a tuenti e facebook, que ten todas súas funcionalidades pero na nosa
lingua e sen publicidade".
Información tirada de Culturagalega.orghttp://culturagalega.org/noticia.php?id=21382.
A CEG pon á disposición do comercio materiais en galego relativos á volta ao colexio
O Servizo de Normalización Lingüística da Confederación de Empresarios
de Galicia (CEG), con motivo do inicio da actividade escolar, pon á
disposición do comercio galego un vocabulario e un soporte dixital en
lingua galega para a campaña "Volta ao cole", que se poden descargar
de xeito gratuíto no web do servizo de normalización da CEG. Trátase
dun cartel publicitario e dun breve vocabulario de material escolar
para que o/a empresario/a os poida empregar nas súas relacións
comerciais e comunicativas.
Información tirada do web do Servizo de Normalización Lingüística da CEG.
de Galicia (CEG), con motivo do inicio da actividade escolar, pon á
disposición do comercio galego un vocabulario e un soporte dixital en
lingua galega para a campaña "Volta ao cole", que se poden descargar
de xeito gratuíto no web do servizo de normalización da CEG. Trátase
dun cartel publicitario e dun breve vocabulario de material escolar
para que o/a empresario/a os poida empregar nas súas relacións
comerciais e comunicativas.
Información tirada do web do Servizo de Normalización Lingüística da CEG.
Presentación do novo corrector de galego Imaxín Galgo 2.0
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús
Vázquez Abad, presentou onte na Biblioteca da Cidade da Cultura de
Galicia a nova versión do corrector de galego Imaxín Galgo 2.0.
A nova ferramenta, que se pode descargar no web da Secretaría Xeral de
Política Lingüística (SXPL), está adaptada á normativa do ano 2003 e
conta coa posibilidade de funcionar en Mac e mais nas últimas versións
de Windows.
O corrector Imaxín Galgo 2.0 é unha actualización do corrector Galgo
que presenta, con respecto á versión anterior, tres novidades
fundamentais: está adaptado á normativa da Real Academia Galega de
2003, está actualizado para as novas versións de Microsoft Word para
Windows e conta con versión para Mac.
Á diferenza doutras ferramentas semellantes, ofrece a vantaxe de
solucionar, canda erros de carácter tipográfico e ortográfico, outros
de carácter léxico e mais a de que as correccións e suxestións de
vocabulario ante unha palabra incorrecta están especialmente pensadas
para a lingua galega e a súa situación de contacto co castelán.
Máis información en Galicia Hoxe
Vázquez Abad, presentou onte na Biblioteca da Cidade da Cultura de
Galicia a nova versión do corrector de galego Imaxín Galgo 2.0.
A nova ferramenta, que se pode descargar no web da Secretaría Xeral de
Política Lingüística (SXPL), está adaptada á normativa do ano 2003 e
conta coa posibilidade de funcionar en Mac e mais nas últimas versións
de Windows.
O corrector Imaxín Galgo 2.0 é unha actualización do corrector Galgo
que presenta, con respecto á versión anterior, tres novidades
fundamentais: está adaptado á normativa da Real Academia Galega de
2003, está actualizado para as novas versións de Microsoft Word para
Windows e conta con versión para Mac.
Á diferenza doutras ferramentas semellantes, ofrece a vantaxe de
solucionar, canda erros de carácter tipográfico e ortográfico, outros
de carácter léxico e mais a de que as correccións e suxestións de
vocabulario ante unha palabra incorrecta están especialmente pensadas
para a lingua galega e a súa situación de contacto co castelán.
Máis información en Galicia Hoxe
Preséntase a campaña "Móllate polo galego"
O obxectivo da campaña "Móllate polo galego" é aumentar a
sensibilidade dos mozos polo idioma galego, concienciándoos sobre a
importancia de empregar a lingua propia de Galicia en todos os eidos,
e tamén de xeito lúdico e artístico.
A campaña está impulsada pola plataforma de medios en lingua galega
Vitaminas para o galego.
A campaña presentarase este mércores 12 de setembro ás doce do
mediodía, coa participacións de Tonhito de Poi, o alcalde de Rianxo,
Adolfo Muíños, e un dos integrantes de Certo, diario dixital do
Barbanza.
Información tirada de Praza Pública.
sensibilidade dos mozos polo idioma galego, concienciándoos sobre a
importancia de empregar a lingua propia de Galicia en todos os eidos,
e tamén de xeito lúdico e artístico.
A campaña está impulsada pola plataforma de medios en lingua galega
Vitaminas para o galego.
A campaña presentarase este mércores 12 de setembro ás doce do
mediodía, coa participacións de Tonhito de Poi, o alcalde de Rianxo,
Adolfo Muíños, e un dos integrantes de Certo, diario dixital do
Barbanza.
Información tirada de Praza Pública.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)