luns, 15 de novembro de 2010

II Xornadas Educación e linguas en Galicia

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación e o Servizo de Normalización Lingüística organizan as II Xornadas Linguas e educación en Galicia. A planificación para a normalización lingüística nos centros de ensino non universitarios para os días 26 e 27 de novembro de 2009. O prazo de matrícula para esta actividade formativa é do 3 ao 23 de novembro.

Máis información en:
http://www.usc.es/snl/dinamiza/educacionelinguas.htm
http://ocartafol.usc.es/cartafol/contidos/novas/novas_0049.html

XI Xornadas de expresión oral Tíralle da Lingua

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega convoca as XI Xornadas de expresión oral Tíralle da Lingua, que terán lugar no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, os días 19 e 20 de novembro de 2010. Tíralle da Lingua é un proxecto da AS-PG, dirixido ao alumnado e profesorado, co obxectivo de normalizar o uso oral da nosa lingua, de converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias, de lingua vehicular do noso sistema educativo; en definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde.

Máis información en:
http://www.as-pg.com/ViewActivity.do;jsessionid=6F05E97D804C94BAECC5122198B171F7?activityId=52
http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=730&desc=xi_xornadas_de_expresion_oral_tiralle_da_lingua

Política Lingüística impulsa a incorporación do galego ao ámbito socioeconómico coa colaboración de Celtic Estores

O secretario xeral, Anxo Lorenzo, e o director xerente da empresa, Casián García, asinaron en Moraña un convenio a prol do fomento do uso do galego na actividade comercial. Concretamente, o obxecto do convenio incide na presenza do galego en todos os niveis da actividade empresarial de Celtic Estores, como a documentación administrativa da empresa, a comunicación interna e externa, a sinalización das dependencias, as relacións internas cos traballadores, os actos sociais, as actividades formativas, a atención ao cliente etc.
No acto, o responsable de Política Lingüística recordou o novo marco legal que establece a recente Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á directiva europea relativa aos servizos no mercado interior. Concretamente a disposición adicional sexta, na que se establece que os prestadores de servizos que operen en Galicia “favorecerán a normalización progresiva do uso do galego na prestación dos seus servizos e deberán ofrecer aos seus destinatarios a posibilidade de manter a comunicación oral e escrita en lingua galega”.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1604

venres, 5 de novembro de 2010

A Consellería de Educación premia os mellores proxectos de innovación en dinamización lingüística nos centros de ensino

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria fixo pública a resolución da convocatoria para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros de titularidade desta consellería, para desenvolver no curso académico 2010-2011. Os premiados da edición de 2010 foron o CEIP de Aguiño, Ribeira (A Coruña), polo proxecto Onde a terra acaba e o mar começa; o CEIP de Quintela, Moaña (Pontevedra), polo traballo En galego pola rede II; o CRA Mestra Clara Torres, Tui (Pontevedra), grazas á iniciativa Unha andaina “Artic” en galego; o IES Perdouro, en Burela (Lugo), que se presentou co proxecto Dinamización sociolingüística de Burela: intervención dinamizadora da Sanidade; e, finalmente, o IES Rodeira, en Cangas (Pontevedra), polo traballo Que sorte falamos en galego!

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1592

Xa está en marcha o programa Bocaberta 2010-2011

Xa está en marcha Bocaberta 2010-2011, un programa de dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística para promover a lingua galega entre os rapaces e as rapazas de 3 a 18 anos a través de actividades relacionadas coa música, a banda deseñada, a maxia, a expresión, etc.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1600
http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=728&desc=xa_esta_en_marcha_o_programa_bocaberta_2010-2011

Os/As traballadores/as de normalización da lingua cualifican os orzamentos da Xunta para a política lingüística como “ridículos e insultantes”

Segundo un comunicado feito público pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), os orzamentos que a Xunta lle dedicará á Política Lingüística en 2011 sofren un drástico recorte, superior ao 40% con respecto ao 2010. A cantidade que se dedicará á promoción da lingua galega chega a ser menos da metade da dos orzamentos de hai 10 anos, o que desde a CTNL se considera un auténtico insulto á política lingüística, ao proceso de normalización e a todas as persoas e sectores implicados.

Máis información en:
http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=720&desc=os_as_traballadores_as_de_normalizacion_da_lingua_cualifican_os_orzamentos_da_xunta_para_a_politica_linguistica_como_%E2%80%9Cridiculos_e_insultantes%E2%80%9D
http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/un-autentico-insulto/idEdicion-2010-10-24/idNoticia-603623/
http://www.xornal.com/artigo/2010/10/24/politica/cartos-destinados-lingua-son-insulto/2010102401305101233.html
http://www.anosaterra.org/nova/50318/a-ctnl-denomina-insulto-o-orzamento-para-a-lingua.html

Queremos galego como lingua preferente nos portátiles do ensino, novo obxectivo da Ciberirmandade da Fala

Durante este curso comezarán a informatizarse as aulas do sistema educativo galego. Preto de 100.000 estudantes comezarán a recibir a súa formación por medio de aulas informatizadas, se se cumpren as previsións do actual goberno. Mais, sorprendentemente, o galego aparecía excluído na súa configuración inicial.
Ciberirmandade da Fala propón unha nova acción para solicitarlles aos/ás responsábeis políticos/as que o galego sexa a lingua preferente nos portátiles educativos, ademais de que se poidan ofrecer outras linguas alternativas.

Máis información en:
http://www.ciberirmandade.org/sitio2009/
http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=726&desc=queremos_galego_como_lingua_preferente_nos_portatiles_do_ensino%2C_novo_obxectivo_da_ciberirmandade
http://www.codigocero.com/Campana-para-pedir-a-inclusion-do

O boletín electrónico de Bocaberta informará semanalmente de todas as actividades deste programa de dinamización lingüística

A Secretaría Xeral de Política Lingüística acaba de poñer en marcha o boletín electrónico de Bocaberta, unha ferramenta a través da cal facilitará semanalmente toda a información sobre este programa que busca promover o uso do galego entre os rapaces e rapazas de 3 a 18 anos.

O boletín, que pode consultarse no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, inclúe as actividades da semana do programa Bocaberta, con información sobre os concellos e os espazos nos que terán lugar, así como cos horarios de cada unha das sesións que se levarán a cabo. Outras das canles que se habilitaron para acceder aos contidos deste programa son as páxinas de Bocaberta en Facebook, Twitter e Tuenti, que ofrecen toda a información actualizada.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1582

Queremos Galego entrega 30.000 sinaturas para “alicerzar” os dereitos lingüísticos

Unha ampla representación da plataforma cidadá Queremos Galego, que agrupa máis de 700 entidades sociais de diferentes ámbitos, acudiu o luns 18 de outubro ao rexistro do Parlamento para facer entrega de algo máis de 30.000 sinaturas de apoio á tramitación dunha proposición de lei para a garantía dos dereitos lingüísticos no ensino e nas administracións públicas.

Máis información en:
http://sites.google.com/a/queremosgalego.org/queremos-galego/novas-1/queremosgalegoentreganoparlamento30000sinaturasdeapoioaunhapropostadeleiparaalicerzarosdereitoslingueisticosnoensinoenasadministracionspublicas
http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/respectar-consensos/idEdicion-2010-10-19/idNoticia-601659/
https://www.xornal.com/artigo/2010/10/18/politica/mais-000-sinaturas-apoian-iniciativa-lexislativa-queremos-galego/2010101816000900937.html
http://www.anosaterra.org/nova/50267/queremos-galego-entrega-30000-sinaturas-para-alicerzar-os-dereitos-linguumlisticos-.html
http://www.europapress.es/galego/noticia-mais-30000-sinaturas-avalan-iniciativa-popular-defender-os-dereitos-linguisticos-agora-tramita-bng-20101018173636.html