luns, 29 de febreiro de 2016

Lançamento do livro 'Tattoos da Galiza' em Vila de Cruzes e Compostela

A vindeira segunda feira, luns 29 de fevereiro, terá lugar a presentaçom mundial do livro "Tattoos da Galiza", a primeira publicaçom de fotografias de tatuagens na história do nosso país.

O livro é o resultado dum proceso de micromecenado impulsado polo Clube da Língua do IES Marco do Cambalhom de Vila de Cruzes, a Fundación Uxío Novoneyra e ITH Crowdfunding, e a sua publicaçom é possível graças à participación de mais de 150 mecenas.
"Tattoos da Galiza" recolhe mais de 200 fotografias a cor de tatuagens em galego ou de tema galego que o Clube da Língua foi recolhendo através da rede social, conseguindo reunir umha ampla gama de desenhos em galego ou de temática galega, desde petróglifos ou sereias de Castelao até versos de Lupe Gómez ou desenhos de Leandro Lamas.
"Entre muita gente conseguiu-se fazer visível umha coleçom de fotos de tatoos esteticamente mui fermosa e eticamente vinculada a princípios de justiça social. Toda umha obra de arte e de comunicaçom coletiva fruto dum proceso de participaçom social intenso e cheio de emoçons", explicam desde o Clube da Língua.
O livro é fruto dum projeto de participaçom social no que colaborarom centos de persoas que enviarom fotografias de tatuagens em galego ou de tema galego para o Concurso "Galiza à flor da pel".
O Clube da Língua explica que "esta é umha iniciativa sem ánimo de lucro, o Clube da Língua fai as atividades que fai porque é umha obriga dos Equipos de Normalizaçom Lingüística dos centros de ensino trabalhar a favor da normalidade social da nossa língua. E porque pensamos que promover a nossa língua é umha questiom de responsabilidade cidadá.O livro é umha ferramenta para autogestionar as nossas actividades, desde excursións até conferências ou concertos para impulsar a nossa língua"
Segundo Marcial Gondar, o projecto Tattoos da Galiza "busca formas actuais da identidade galega, o que lhe dá vitalidade, fazendo dialogar passado e presente".
O livro tamém conta com as palavras do desenhador gráfico Pancho Lapeña que asegura que o livro "é umha boa radiografia de como está o desenho identitário na Galiza", explicando que entre as numerosas tatuagens que podemos olhar neste livro há imagens tópicas e innovaçons interessantes, valiosas polo que tenhem de excepcional.
Desde o Clube da Lingua aseguran que "este projeto permitiu-nos descobrer algo que ninguém imaginava: as Galizas que levamos tatuadas na pel. Este livro fai visível o passo do íntimo ao coletivo, da persoa à identidade social. E viceversa. É unha pequena representaçom da identidade galega, complexa, tradicional e renovada. Ao fazer permanentes as tatuagens sobre o corpo, transmite-se a ideia de que se fam permanentes a nossa língua e a nossa identidade, em crise, a se debater entre a resisténcia e a criatividade. As tatuagens dam-lhe visibilidade à nossa lingua e cultura nuns ámbitos pouco vísiveis nos medios de comunicaçom convencionais da Galiza: os espaços nos que a língua existe naturalmente asociada às últimas tendéncias, à modernidade, à atualidade, à vangarda, à gente nova, às últimas geraçons."
Segundo Lucia Puentes, da Biblioteca do IES Marco do Cambalhom: "Neste século XXI, cando en aras da globalización os peixes grandes engolen convoracidade insaciable os pequenos e ás linguas minoritarias se lles nega o pan e o sal, invocando pouco menos que as leis do mercado, un puñado de mozos e de mozas desta terra decidiron deixarse a pel para converterse en testemuñas vivas do instrumento que atesoura o noso acerbo cultural: a lingua galega. Unha lingua que aman ata o punto de levala, verdadeira e literalmente, incorporada."
Desde o Clube da Língua explicam que se sentem agradecid@s com a gente que participou no projeto "porque compartíssedes com nós, com a rede social, a vossa criatividade, a vossa vontade de comunicaçom, a vossa alegria, a vossa Galiza, a vossa pel."
O livro "Tattoos da Galiza" será presentado no IES Marco do Cambalhom de Vila de Cruzes às 11.30 e na livraria Lila de Lilith de Compostela às 20.00.
O lançamento do livro em Vila de Cruzes terá lugar o luns às 11.30 e participarán Tania Rios, Julieta Penas e Séchu Sende polo Clube da Língua, Niko Alvareloos, de ITH Crowdfunding e Uxio Novo, da Fundación Uxio Novoneyra.
A presentaçom do livro em Compostela terá lugar na Libraría de Mulleres Lila de Lilith às 20.00.
Será umha festa que comezará  com as regueifeiras de Vila de Cruzes Noa de Merza e Nuria Penas, de 1º da ESO, e as regueifeiras de Vigo Alba María e Sara Marchena.
Despois intervirám persoas que participarom no projeto, como a cantante Monica de Nut, Julieta Penas, do Clube da Lingua, Maria Rosendo, umha das autoras do movimento literário "Nova Poesia Tatuada", e as persoas com tattoos em galego Charo Lopes,  Xisela Fuciños, Luzbel Do Val, ouTerrino. Ademais, falará Niko Alvarellos, de ITH Crowdfunding, Uxío Novo, da Fundación Novoneyra e Séchu Sende, coordenador do Clube da Língua do IES Marco do Camballón.

Santiago convoca o seu concurso de ideas empresariais innovadoras

Estudantes, persoal de administración e servizos e docente e investigador, de calquera área de coñecemento, son os destinatarios dunha nova edición do Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC, que en 2016 alcanza a súa décimo quinta convocatoria. O obxectivo é presentar ideas innovadoras susceptibles de converterse en proxectos empresariais a curto e medio prazo.
O xurado, que integrarán representantes da USC e de entidades colaborados e que se farán públicos coa suficiente antelación, valorará o grao de viabilidade da idea, o seu carácter innovador, o grao de madurez, o mercado ou a presenza de políticas de igualdade. O concurso repartirá un total de cinco premios de 500 euros a cada idea. Do total, polo menos dous concederanse a ideas baseadas en traballos de investigación desenvolvido en grupos da USC e, igualmente polo menos outros dous para calquera outro tipo de ideas. De entre estes, ademais, tamén se prestará atención a que sexan ideas promovidas por mulleres.
A inscrisión no concurso realizarase de forma telemática, cumprimentando o formulario que aparece na web de Uniemprende antes das 14.00 horas do 22 de abril de 2016.

A Audiencia ordena reabrir un caso de acoso a alumnas en Rábade

O xuíz de apoio de Pilar de Lara decidiu o arquivo en setembro sen chegar a interrogar ao profesor investigado por suposto trato degradante nin ao director do centro.

José Luis Deaño, o xuíz de adscrición territorial posto polo Tribunal Superior para alixeirar a carga de traballo da maxistrada de Lugo Pilar de Lara, chegou ao xulgado de Instrución 1 en xuño de 2015 e en setembro xa acordou dar carpetazo a un caso de suposto acoso do que se declaraban vítimas unha decena de alumnas do IES Río Miño de Rábade. Fíxoo sen tan sequera tomar declaración ao profesor investigado por un presunto delito de trato degradante, nin tampouco ao director do centro despois de que se abrise unha investigación interna que, a xulgar polo que planea agora a Audiencia Provincial, quedou en nada. A Sección Segunda da Audiencia de Lugo revoga nun auto a precipitada decisión de Deaño e ordena chamar a declarar tanto ao docente como ao responsable do centro académico.
En contra tamén do criterio do fiscal, o tribunal estima o recurso de apelación presentado por unha nai, e destaca que hai que ter en conta "a reiteración dos actos e a especial condición das persoas ás que se dirixían, adolescentes nunha idade próxima aos 15 anos", "en pleno proceso de formación non só físico, senón de adquisición dos valores que irán definindo a súa personalidade". Os maxistrados da Audiencia consideran, ademais, que o xuíz ten que valorar se, como defende a parte denunciante, "o director do centro podería incorrer no tipo penal do artigo 176, que castiga á autoridade ou funcionario que, faltando aos deberes do seu cargo, permitir que outras persoas executen os feitos previstos en distintos artigos do Código penal [en referencia ao 173, que versa sobre os tratos degradantes]".
Publicidad
A denuncia contra o profesor foi presentada a finais de marzo do ano pasado na Garda Civil de Rábade, despois de que a titora de varias das nenas notificase os feitos tanto na dirección do instituto como na inspección educativa. Varios pais secundaron a denuncia da profesora, que chegou a mans da xuíz De Lara, e a maxistrada decidiu abrir dilixencias. Varias das supostas vítimas do profesor terminaron vencendo os seus medos e testificaron contra el ante a policía xudicial.
Segundo fontes vinculadas ao grupo de afectadas, "coa investigación en curso descubriuse que meses antes de ser presentada a denuncia xa houbera queixas dos pais e alumnos, entre elas, unha carta escrita á dirección por unha estudante". Estas mesmas fontes aseguran que "varias alumnas decidiron abandonar o centro" e que existen informes forenses que "acreditan o sufrimento e a ansiedade dalgunhas das mozas". Supostamente, o profesor inquiría ás súas pupilas acerca das súas relacións de parella. As adolescentes falan de "susurros ao oído", bicos, "caricias no pescozo", "invitacións a saír" e tamén do "noxo e rexeitamento" que lles provocaba o investigado na súa situación de especial vulnerabilidade. Segundo unha cría, o profesor díxolle que casaría con ela; outra, que sairía con ela e que tamén Machado fixo algo semellante nos seus tempos. A outra que ten moito peito báixolle a cremallera da cazadora.
A Audiencia de Lugo esixe agora que se avalíe en serio a "gravidade e a continuación da causa, tanto respecto do profesor investigado como do director do centro". Os maxistrados da Sección Segunda María Luisa Sandar, José Manuel Varela e Ana Rosa Pérez Quintana citan xurisprudencia e lembran que o trato degradante defínese como "aquel que pode crear ás vítimas sentimentos de terror, de angustia e de inferioridade susceptibles de humillarlles, de envilecerles e de quebrantar, no seu caso, a súa resistencia física ou moral". 

 

Anulan ata oito titulacións de máster nas tres universidades galegas

Emiten informes favorables para a implantación do grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios, ao grao en Humanidades e ao grao en Información e Documentación, todos eles na UDC. Tamén o grao en Enxeñaría en Xeomática e Topografía, o grao en Filoloxía Clásica e o grao en Filosofía, todos eles da USC.

O Consello Galego de Universidades decidiu anular ata oito titulacións do grao de máster. Unha decisión que obedece á falla de alumnos nos dous últimos cursos académicos, pola extinción do plan de estudos debido a autorización dun novo título ou por iniciativa das propias universidades.
Así, os máster revogados son en Ciencia e Tecnoloxía, Termalismo e Balneoterapia (UDC e UVigo); Investigación Psicosocioeducativa con Adolescentes en Contextos Escolares (UVigo); e Biotecnoloxía, Ciencias Odontolóxicas, Dereito das Administracións e Institucións Públicas, Filosofía: Cuestións actuais e Investigación en Medicamento e Sanidade Veterinaria, da USC.
Este organismo e representantes das universidades galegas e da Xunta analizou o axuste da oferta destas institucións académicas e as solicitudes de verificación de titulacións, plans de viabilidade e revogacións. Respecto dos plans de viabilidade das titulacións xa contan con informes favorables o grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios da UDC, ao grao en Humanidades da UDC e ao grao en Información e Documentación da UDC.
Tamén recibiron informes favorables os plans de viabilidade do grao en Enxeñaría en Xeomática e Topografía da USC, do grao en Filoloxía Clásica da USC e do grao en Filosofía da USC recibiron informes favorables.

A converxencia de Galicia coa renda europea xa retrocedeu todo o avanzado antes da crise

O obxectivo era claro: que Galicia acadase o 95% da renda media per cápita da Unión Europea no ano 2014. Así ficou estipulado no Plan Estratéxico 2010-2014, o guieiro lanzado pola Xunta en plena crise cuxa segunda edición está xa en marcha despois de errar notablemente nos obxectivos marcados pola primeira. Máis de media década despois do lanzamento daquel plan a oficina estatística da Comisión Europea, Eurostat, vén de ratificar que a converxencia de Galicia co continente non só non avanzou, senón que perdeu todo o gañado antes da crise.
Eurostat vén de facer públicos as "contas económicas rexionais" do conxunto da Unión correspondentes a 2014 e, ao tempo, vén de revisar as estimacións dos anos precedentes. Nestes novos cálculos o ente estatístico comunitario indica que a riqueza por habitante xerada na economía galega nunca chegou a acadar o 90% da media da UE, como estimara. As cifras indican agora que cando máis preto estivo o país da agardada converxencia foi entre 2008 e 2009, cando se acadou o 89%.
Cando a Xunta trazaba o devandito plan, en 2010, Eurostat indica que o retroceso xa comezara. Este continuou nos anos seguintes ata estancarse no 80% da renda per cápita media da Unión. Así as cousas, a renda media por persoa está 20 puntos por tras da media europea, xusto onde estaba no ano 2003, segundo os datos revisados de Eurostat.

A converxencia galega con Europa retrocedeu 9 puntos
Unha ollada polos territorios da contorna, isto é, o resto de comunidades autónomas do Estado e mais as sete rexións portuguesas, indica que o retroceso non foi, nin de lonxe, exclusivo de Galicia. Só un destes territorios, a rexión norte de Portugal, está agora como estaba no ano 2009, o que no seu caso significa ficar no 65% da renda media europea. Algúns dos maiores retrocesos producíronse en áreas que estaban e seguen a estar por riba da media da renda europea: é o caso de Navarra, Euskadi ou Madrid, que nestes anos retrocederon 11 ou 12 puntos pero seguen a ser, na contorna analizada, os territorios en mellor posición.
A caída galega, de 9 puntos entre 2009 e 2014, é semellante á experimentada por Andalucía, Castilla y León, Balears, Murcia, Canarias ou a área metropolitana de Lisboa, se ben a capital portuguesa e a súa zona de influencia superan tamén a renda media do continente. Nestes anos perderon menos que Galicia territorios que tamén están máis lonxe da converxencia con Europa, como Madeira, o Algarve, os Açores ou o Alentejo.

A renda media galega é duns 22.000 euros por persoa e ano, segundo Eurostat
Eurostat debuxa así un panorama no que, atendendo aos seus cálculos, a renda media galega é de duns 22.000 euros por persoa e ano, mentres que no conxunto da unión é de máis de 27.000. Estas cifras dan lugar a un mapa no que Galicia se mantén na zona media cando é comparada coa súa contorna, con lixeiras fluctuacións nos últimos anos. Mentres, como amosa o mapa que acompaña esta información, a Europa rica, a que ten máis renda que a media, segue sendo a central: a zona oeste de Alemaña e os seus territorios lindeiros, así como parte do norte do continente e tamén a área de influencia de Londres.

PIB per cápita de Galicia e a súa contorna en porcentaxe da media da UE

CC BY-SA

Rosalía e Manuel María vense en Outeiro de Rei

Outeiro de Rei acolleu a segunda edición do concurso de recitado Rosalia Sempre Viva. Centenares de persoas gozaron e reivindicaron cos versos de Manuel María e Rosalía.

Outeiro amañeceu frío, con neve nos arredores e mainas folerpas a caer sobre a Casa de Hortas. Mais axiña a calor da poesía fixo derreter a neve e os falares da Coruña, de Sada, de Arousa e de Rianxo, de Lugo, de Vilalba e de Cervo, de Bande ... e así até o medio cento de centros de ensino que encheron o auditorio da Casa Museo Manuel María.
Era o segundo ano que se celebraba o concurso. Dividido en catro categorías, para estudantes de infantil, primaria e secundaria, en sesións de mañá e tarde, un a un ou en grupo, mais de 150 participantes trouxeron até Outeiro poemas de Rosalía porque os de Manuel María xa estaban alí. De Manuel, os mais recitados foron os que reivindican un idioma de noso, seguidos dos dedicados a Saleta; de Rosalía, a emigración, a falta de xustiza social, a reivindicación da muller ocuparon os primeiros postos.
Aplausos e nervios, algunha que outra repetición dun texto que o recitador, a recitadora, momentaneamente esqueceu pero ao que o xurado dá a oportunidade de relembrar con vigor.
Aplausos e nervios, algunha que outra repetición dun texto que o recitador, a recitadora, momentaneamente esqueceu pero ao que o xurado dá a oportunidade de relembrar con vigor
Recitados formalmente impecábeis, clásicos; algunha dramatización con nariz de pallaso incluído para ambientar máis un poema como o Circo. Unha Negra Sombra que alterna unha estrofa cantada con outra recitada na voz dunha moza que acaba levando mención de honra. Centros que xa participaran o ano pasado e outros, a maior parte, novos. Así estaba Outeiro, xa sen neve pero cheo de poesía. E chegan as 19 horas e 30 minutos. É o veredicto final para un xurado que o tivo moi difícil. Moito.
Gañaron, na categoría 1 (Infantil, 1º e 2º de Primaria), o CPI de Xanceda (Mesía) cun recitado colectivo do poema O lobo de Manuel María; na categoría 2 (3º, 4º, 5º e 6º de Primaria) Lucía Ónega Santos, do CEIP Menéndez Pelayo de Lugo, co recitado do poema Galiza de Manuel María; na categoría 3 Irea Ferreiro López, do IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa co poema Por que? de Rosalía; e na categoría 4 (Bacharelato) María Camilla Beltrán Guzmán, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, co poema Verbas á miña nai de Manuel María.
Unhas gañaron; outros non. Mais todas, todos se sentían partícipes dun acontemento único: en Outeiro quen goberna é a poesía.
Ademais, o xurado outorgou catro mencións honoríficas: ao grupo de alumnas/os do CEIP Menéndez Pelayo de Lugo polo poema O arco da vella de Manuel María, ao CEIP Laverde Ruiz de Outeiro de Rei polo recitado do poema A lúa de Manuel María, a Carmen Peñalver Dequit, alumna do IES Xoán Montes de Lugo, polo poema Fun o domingo de Rosalía e a Teresa Elvira López Martínez, do IES Aquis Querquenis de Bande, co poema Negra sombra de Rosalía.
E o bon é que a organización anunciou a continuidade do concurso en 2017. Alá estaremos.

Escritores e políticos defenden a pluralidade lingüística en España

Entre os asinantes está o escritor Manuel Rivas, o ex ministro Francisco Caamaño, o catedrático Ramón Máiz ou Fernando Ramallo, representante de España na Comisión de Seguimento da Carta Europea das linguas rexionais e minoritarias do Comité das Rexión.

"Manifesto polo recoñecemento e o desenvolvemento da pluralidade lingüística en España". Así se chama o documento que asinaron preto de 240 persoas entre académicos, filósofos, historiadores, políticos, xornalistas ou escritores en defensa dun estado plurilingüe e pluricultural.
Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua
Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua | Fonte: queremosgalego.com
O manifesto, asinado entre outros por Carmen Riera, Manuel Rivas, Bernardo Atxaga, Daniel Innerarity ou Manuel Cruz, presentouse este xoves na sede da Asociación de Xornalistas Europeos, e destaca que "o pluralismo non é a excepción senón a regra nas sociedades humanas". O documento, de dez puntos, tamén suliña que "España tamén é, e sempre foi desde a súa orixe, un país multilingüe".
Engade que "o plurilingüismo non serve só para recoñecer legalmente o carácter multilingüe dos territorios, senón que aspira a que todos e cada un dos cidadáns sexan ou se sintan plurilingües; é dicir, poidan coñecer máis dunha lingua ou valoren a súa convivencia con máis dunha lingua".
Na presentación falaron Fernando Rodríguez Lafuente e Carles Martí Jufresa, codirectores do "Seminario Multidisciplinar polo Plurilingüismo en España", do que xurdiu este documento. Durante a presentación, Carles Martí afirmou que "en ningún lugar os límites administrativos coinciden cos territorios onde se fala unha lingua concreta, neste sentido España non é ningunha excepción".
Mentres que Fernando R. Sinalou que, nesa etapa, obviouse a riqueza cultural colectiva que "representan as distintas linguas que se falan no territorio do Estado Español".
Tamén asinaron o manifesto o ex ministro de xustiza, Fran Caamaño, Ramon Maiz e Alberto López Basaguren, catedráticos de Dereito Constitucional e Joaquim Coll, historiador. Ademais de Fernando Ramallo, representante de España na Comisión de Seguimento da Carta Europea das linguas rexionais e minoritarias do Comité das Rexións e Angel López, Maria Luisa Calero, Josefa Dorta, Miguel Casas e Ricart Morant, catedráticos de Lingüística

venres, 26 de febreiro de 2016

Incerteza e cultura cívica

É necesario manter a diferenza entre o político e o público, entre a política como medio e non como fin en si mesma. Niso fallou nosa nova democracia.

Como chegamos ata aquí?, como é posible que ocorra agora isto?”. Quizais sexan as exclamacións —non simplemente interrogantes— máis frecuentes que escoitei os últimos tempos, sobre todo entre as franxas xeracionais que nacemos no medio da ditadura franquista, vivimos a época dura e esperanzada da Transición, a alegría democrática da Constitución de 1978 e os case 40 anos de desenvolvemento cunha recuperada autoestima de pertencer a Europa e ao mundo como unha nación máis dentro das democracias liberais occidentais. E, que é isto que pasa? Pois o asombro e desasosego ante o que parecería unha especie de castelo de naipes que se desmorona mostrando as costuras dunha corrupción bastante xeneralizada, unha crise económica que non por xeneral no mundo global serve de consolo a unhas clases medias e menos medias que coñeceron un ascenso de nivel de vida por primeira vez na historia contemporánea e que agora subsisten afogadas e desesperanzadas, unha desobediencia impune ante as leis con desafío á Constitución e á monarquía parlamentaria, unha grave ameaza de secesión, un populismo rampante e algún partido financiado por Estados estranxeiros totalitarios e votado por un bo número de electores, unha destrución da convivencia cidadá e especialmente unha cultura e práctica política que enfronta os “nosos” e “os outros” con clara violencia verbal e devastación das formas e maneiras establecidas. E, no medio de todo, unha preocupación fundamental: é verdade que as novas xeracións cren que a democracia é sen máis a vontade das maiorías en cada momento presente?, é verdade que a falta dun ensino cívico conduciuo a un adanismo que se sitúa fóra da realidade e da historia?, é posible que ideoloxías e prácticas políticas que demostraron no século XX o fracaso e a morte de milleiros de persoas pretendan aínda —e lógreno en determinados países e momentos críticos— ser a panacea dos males e das imperfeccións de institucións e seres humanos e ameacen a súa liberdade e os seus dereitos?
Quizais nada escapa á política, pero non “todo é política” como afirma dogmáticamente o tópico
Parte de todo iso pode ser así, pero non reflicte toda a complexa realidade. Os historiadores coñecemos ben que, en calquera época, os coetáneos viven as vicisitudes inevitables da historia humana coa sensación de que a crise de valores e de formas de vida que experimentan son excepcionais e os cambios os peores que poden ocorrer. E ás veces, ata teñen razón, pero iso sabémolo moito despois; parece evidente que as consecuencias dunha guerra civil, dunha guerra mundial, ou calquera outra calamidade de grandes dimensións, pode trastornar sociedades e países. Pero outras veces, aprendemos que a historia non estaba pechada nin era inevitable o que ocorreu e tal como foi, senón que había alternativas quizais brumosas para os seus protagonistas naquel presente, pero factibles e non fatais. Como na vida persoal de cada un, unha comunidade ou unha sociedade pode ir desenvolvendo e elixindo hábitos que conducen a camiños diferentes. E se eses hábitos non son apropiados para saír ás veces dunha lameira, pódese tentar modificalos sempre que os individuos protagonistas, os cidadáns no noso caso, non se refuxien na fatalidade, non se desarmen co medo ou a inercia ante as cousas e estean guiados por un principio de realidade que, como todo o que chamamos realidade, está vinculada ao relato en grao sumo profundo e obxectivo posible que logremos facer do mundo que nos rodea.
Publicidad
E ese mundo, para ben e para mal, é sempre incerto. “A aceptación da incerteza é un medio para resistir á simplificación da ignorancia”, lin algunha vez nalgún mestre, referido tanto á política como á historia. Unha concepción de incerteza “”, como préstamo estimulante da microfísica de Heisenberg ás ciencias sociais e que resultaba algo diferente da dúbida; adoptaba o sentimento de ausencia de crenza dogmática ou verdade evidente: dada a insuficiencia de total coñecemento dunha complexa realidade e das consecuencias non intencionadas derivadas da acción sobre a mesma e sobre os seres humanos, imponse sempre una certa moderación e prevención fronte a decisións inapelables e a ensaios de enxeñería social. Como escribise o P. Feijoo nos comezos da Ilustración: “Para lograr a utilidade, importa que todo o mundo coñeza a incerteza”. Unha incerteza nese sentido moi necesaria na cultura e no mundo da política, no que os delirios e fantasías de certas xentes —como avisaban tamén un Montaigne ou un Hume, que temían a volta deses “ciclos fanáticos” destrutivos— afectan a homes e mulleres de carne e óso na súa vida cotiá e poden convertela nun pesadelo, como o século anterior xa mencionado demostrou.
Urxe unha conversación que non pretenda alcanzar o absoluto senón evitar o realmente malo
E sempre, como actividade humana específica, esa práctica política ten que estar suxeita ao imperio das leis e axustarse para os cambios aos procedementos que as avalan. Precisamente porque quizais nada escapa á política, pero non “todo é política” como afirma dogmáticamente o tópico, e a politización da vida enteira conduce a unha “tiranía espiritual —e material—, pois nega a todos os demais sectores a súa capacidade de creación e autonomía” (Kundera), é necesario non só a defensa do Estado de dereito senón a cultura política e cívica dos cidadáns. Manter claramente a diferenza entre o político e o público, entre a política como medio e non como fin en si mesma. Algo que creo que fallou na nosa nova democracia.
Por iso, a cultura política, a educación da cidadanía, é fundamental. Unha cultura política que esixe a asunción da realidade, non o que nos gustaría que fose, senón o que foi (por exemplo, non tentar gañar a Guerra Civil 70 anos máis tarde, entre outras cousas). Unha cultura política como conversación; unha conversación que non pretende alcanzar o absoluto senón evitar o realmente malo —a corrupción impune que acaba conducindo ao despotismo ou a ditadura máis ou menos encuberta, a desobediencia ás leis comúns, o esmagamento dos máis débiles—; unha conversación que aborda a política como un medio necesario vinculado á específica aventura humana e que, por iso, non está dominada por seguridades e certezas de ningún tipo, senón pola incerteza; “un conversar durante o camiño polos diferentes azares e modos de experiencia que imos topando” (Luís Gonzalo Díez) e que tentamos ir resolvendo con intelixencia, sentido do ben común e a aposta pola liberdade e igualdade do noso Estado de dereito que tanto nos custou conseguir na historia.
Carmen Iglesias, da Real Academia Española, é directora da Real Academia da Historia.

I Concurso de CEAPA dirixido a nenos/as e adolescentes sobre os Dereitos da Infancia: De debuxos, contos e curtos

Con obxectivo de dar a coñecer e sensibilizar aos nenos, nenas e adolescentes sobre os seus dereitos e facerlles partícipes e protagonistas, mostrándonos a súa percepción, opinión e vivencia dos mesmos, CEAPA convoca a primeira edición do concurso dirixido a nenos/as e adolescentes sobre Dereitos da Infancia.
O concurso consta de tres categorías:
A. Concurso de debuxos dirixido a nenos/as e adolescentes (de 6 a 16 anos)
B. Concurso de contos/relatos dirixido a nenos/as e adolescentes (de 6 a 16 anos)
C. Concurso de curtos dirixido a adolescentes (de 12 a 16 anos).
A data límite para a entrega dos traballos é o 30 de abril de 2016. Poderá participar no mesmo calquera neno/a ou adolescente dun centro público cuxa AMPA estea asociada a unha das federacións e confederacións de CEAPA.
No tríptico adxunto pódese atopar máis información para distribuír entre as AMPAs.

Avogan por tirar partido de novas linguaxes para situar a nosa cultura na Rede

A sede do Consello da Cultura Galega acolleu onte unha completa sesión de relatorios e debates sobre Galicia na Internet. Tratáronse temas como a linguaxe multisensorial, a renovación dos procesos editoriais, as novas formas de contar e, por suposto, a necesidade de seguir construíndonos como pobo cunha cultura propia ao abeiro da Sociedade da Información. Falaron expertos na materia como por exemplo Ramón Salaverría ou Mario Tascón. A xornada Desafíos para a cultura galega no escenario interactivo da Sociedade en Rede veu da man do CCG e máis polo miúdo de Xosé López, Francisco Campos e Manuel Gago. No encontro fíxose un chamamento a prol de “empregar novas linguaxes e novas narrativas para situarnos na Internet”.
Segundo nos conta o CCG, o encargado de abrir as sesións foi o catedrático da Universidade de Málaga, Juan Antonio García Galindo, quen achegou unha reflexión sobre o espazo e o tempo na sociedade actual. Para García Galindo cómpre “repensar o papel das tecnoloxías con enfoques menos compracentes e restándolle un papel prioritario, máis centrado no uso que o soporte”.
Logo, Ramón Salaverría fixo un percorrido polo panorama actual da comunicación, “esta transformación do xornalismo tal e como o comprendemos hoxe”. Na súa opinión o futuro está marcado por cambios en dous planos: o tecnolóxico e o narrativo. Con respecto ao primeiro aspecto, sinalou que “estaremos rodeados de pantallas nas que se cruzarán todos os datos”. No que atinxe á narrativa, Salaverría defendeu un relatorio no que os medios de comunicación mudarán a forma de transmisión de contidos: “Serán multisensoriais, estarán influídos pola realidade virtual e a robotización”. Ao seu xuízo, isto significará unha evolución nos procesos editoriais nos que a figura do xornalista, lonxe de desaparecer, mudará e dará paso a novos perfís profesionais.
Pechou a sesión da mañá Carlos Elías, da Universidade Carlos III de Madrid, quen incidiu na importancia de ir ao miolo da información e de amosar xeitos eficaces de facelo. Tamén aproveitou a ocasión para destacar o contexto no que se insire un coñecemento concreto. Na súa opinión, termos acceso aos datos é importante, pero tamén é relevante a súa compilación, “xa que estes por si sós non din nada”.
Pola tarde, Rosa Franquet, da Universidade Autónoma, achegou conceptos e recursos sobre como situarmos a nosa identidade propia no marco do novo escenario cultural. Segundo fixo saber, “as tecnoloxías son ferramentas de empoderamento da cidadanía”, que permiten introducir contidos que se diferencian dos establecidos polos grandes conglomerados empresariais.
Pechou o evento Mario Tascón, consultor experto en redes sociais, que ofreceu un relatorio sobre as mudanzas do proceso comunicativo e como iso condiciona a creación de contidos, a diversidade e a identidade na sociedade interconectada. Tascón, segundo lembra o CCG, explicou que os medios son “cada vez máis diverxentes, nos que hai unha evolución dos formatos e nos que mudou a cadea de fabricación”. E engadiu: “O esquema comunicativo formado por un emisor e un receptor está obsoleto, agora a estes dous axentes hai que engadir tamén as máquinas, os algoritmos”. Ao seu xuízo, a comunicación flúe agora dun xeito diferente e os profesionais do xornalismo deben comprender como se distribúe agora e chega canda nós, deben actualizarse e a apelar á creatividade e á innovación “como valores esenciais para revitalizar a profesión”.
A xornada do CCG sitúase, en palabras da organización, “nunha liña de traballo que incita á reflexión sobre a situación actual e que procura dar claves para que os actores culturais teñan unha maior incidencia social e consigan unha maior eficiencia”. Baixo este paraugas organizáronse xornadas como Cultura e comunicación no século XXI ou Xogar coa cultura, entre as máis recentes.

O PP cualifica de "catastrofismo nacionalista" as críticas sobre a situación do galego

“Non podemos aceptar o seu carácter catastrofista sobre a situación do galego, un criterio que parte fundamentalmente da ideoloxía nacionalista”. O portavoz de Cultura do Grupo Popular no Parlamento, Agustín Baamonde, defendeu esta mañá os "avances notorios que viviu o galego nos últimos anos", que segundo o PP recolle o informe da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias (CELRM), un documento en realidade crítico coa actuación das distintas administracións.
Para Baamonde, as críticas da oposición terían como obxectivo “avivar un debate social sobre a lingua que está totalmente pacificado”
Baamonde incide na posición que mantivera a pasada semana na cámara, onde salientou o apoio da Xunta ao idioma, pero desta volta carga contra os partidos da oposición, aos que lles critica a súa “visión catastrofista, maniquea e sesgada” respecto da situación do galego. Unhas críticas que -engade- terían como obxectivo “avivar un debate social sobre a lingua que está totalmente pacificado”. Ademais, liga estas visións ao que o PP denomina na súa nota de prensa "catastrofismo nacionalista".
O voceiro popular salientou que o devandito informe “felicita ao Estado español porque a situación respecto a 2012 mellorou considerablemente, constatando o moi elevado nivel de protección que teñen as linguas rexionais e minoritarias en España”. E volve destacar destaca "o incremento do número de medios de comunicación audiovisual que emiten parte da súa programación na lingua propia", así como "o notable incremento do uso do galego nas actividades culturais e con máis moderación en ámbitos como o comercio e o económico".
Defendeu os "avances notorios que viviu o galego nos últimos anos"
De igual xeito, Baamonde rexeitou “a imposición das linguas polos poderes públicos" e afirmou que "non podemos aceptar o criterio de inmersión, senón o equilibrio entre as linguas”. O representante do Partido Popular pechou a súa intervención criticando que os grupos da oposición "estean a reanudar e insistir na batalla contra o decreto do plurilingüismo”, engadindo que “teñen a batalla perdida porque a súa legalidade xa quedou confirmada por diferentes tribunais”.

Galiza perde cada día 10 persoas ocupadas no agro e gandeiría

En só un ano, 2015, temos 3.500 traballadores e traballadoras menos neste sector primario.

O ritmo de destrución de emprego en sectores chaves da economía galega non minguou unha miga durante o 2015, o ano no que o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, situou o comezo da percepción pola sociedade da recuperación e do fin da crise económica. O Informe do mercado de traballo presentado esta semana pola central sindical CIG alerta do nivel de perda de empregos no agro e gandeiría: 3.500 só en 2015, unha media de case 10 ocupados menos cada día. “Non debemos esquecer que neste sector a perda dunha persoa ocupada leva implícito na maioría dos casos o peche dunha explotación”, advirten desde a central nacionalista.
“Non debemos esquecer que neste sector a perda dunha persoa ocupada leva implícito na maioría dos casos o peche dunha explotación”
A CIG lembra o estoupido da “burbulla na construción” para dicir que, na Galiza, perdeuse “practicamente o mesmo número de traballadores no sector da construción que na agricultura e gandaría”. Agro e gandeiría representaban no 2010 acollía o 6% das persoas ocupadas no noso país, e a finais de 2015 apenas chega ao 4,4%.
Mais durante este período, esa queda afectou a outros sectores, como se recolle no citado informe. Así, no que atinxe a pesca, pasouse de 20.400 persoas traballando a 18.100, o que supón que en apenas un lustro destruíronse 2.300 empregos. En Industria destruíronse 13.200 postos de traballo nese mesmo período (2010/2015), e en servizos, 18.300 ocupados menos. Na construción perdéronse 31.000 traballos nestes cinco anos. Nese mesmo período, no agro e gandeiría a queda superou os 22.000 ocupados. “E problemas como o do leite, lonxe de se resolver”, como lembra a CIG.

xoves, 25 de febreiro de 2016

O nivel de estudos dos pais repercute no rendemento preescolar

Unha tese de Ourense revela a influencia nos escolares da posición laboral e a formación de pais e nais.

Durante a primeira infancia, a familia na que un neno ou unha nena medra é a influencia máis directa e importante no seu desenvolvemento, compartindo no momento da súa escolarización a responsabilidade educadora coa escola. Neste contexto, existe un crecente interese por estudar o impacto que teñen as variables estruturais familiares na aprendizaxe nos primeiros anos de vida e identificar os preditores do rendemento escolar. Na súa tese de doutoramento, a psicóloga María Martiña Eslava estudou en profundidade as variables de carácter contextual familiar que interveñen e/ou condicionan o desenvolvemento e a aprendizaxe adquiridos polo alumnado de tres a seis anos.
A tese foi dirixida por Manuel Deaño e Sonia Alfonso e presentada na Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense. “A aprendizaxe é un proceso continuo que se desenvolve desde o nacemento e que está marcado por etapas nas que se produce a consolidación do adquirido, con cambios de orientación nos comportamentos dos nenos e nenas”, indica a xa doutora. Segundo explica, os tres, catro e cinco anos son períodos de adquisición de aprendizaxes iniciais onde a familia como primeira contorna de socialización ten unha influencia moi importante.
O estudo realizado xorde coa intención de axudar a reducir as dificultades de aprendizaxe derivadas da desigualdade. Eslava Nodar salienta que “conforme ao esperado, as habilidades básicas para a aprendizaxe formal adquírense pola influencia conxunta das variables da experiencia obtida no curso e o nivel de estudos do pai e da nai”. Alén de incidencias concretas de variables, o máis importante para a aprendizaxe do infante, conclúe, é a creación de “contornas cognitivas estimulantes”, experiencias compartidas entre os nenos e nenas e os proxenitores, como o xogo, a conversación, a lectura compartida, actividades de ocio ou o uso de Internet e as TICs. Estas formas son as que contribúen ao desenvolvemento das súas habilidades, como o desempeño verbal e a alfabetización.
O acceso a Internet nos fogares axuda ao rendemento escolar do alumnado
Entres os aspectos concretos detectados durante a investigación, atopouse que “a variable nivel de estudos do pai influencia significativamente as puntuacións de rendemento dos escolares, mostrando un incremento diferencial das mesmas en función dos estudos do proxenitor”. Tamén se encontrou que a actividade laboral da nai inflúe no desenvolvemento das habilidades básicas para a aprendizaxe. “Os fillos de nais con categorías profesionais máis altas obteñen mellores desempeños no rendemento escolar, non resultando estatisticamente significativa a categoría ocupacional do pai”, indícase na tese de doutoramento. Pola súa banda, o nivel de estudos da nai pasa a ser unha variable fortemente relacionada co rendemento educativo dos fillos en 4º e 5º curso de Educación Infantil.
O acceso a Internet, sinala a investigadora, tamén influencia significativamente as puntuacións de rendemento escolar. “Ter acceso a Internet no fogar supón unha maior puntuación nas habilidades preescolares dos nenos e nenas, fronte aos que non dispoñen deste recurso na súa casa”, afirma.
Os resultados mostraron tamén que a educación dos pais e a actividade laboral do pai predín o desempeño cognitivo da habilidade verbal, cuantitativa, espacial, de memoria auditiva e de viso-motricidade dos nenos de educación preescolar de catro e cinco anos de idade.
Á vista de todos estes datos, apunta a investigadora, non deixa de ser “desconcertante constatar as desigualdades tan grandes de oportunidades para os nenos e nenas, mesmo nunha sociedade democrática como a española”.

Mocidade, traballando de balde?

Os contratos en prácticas e formación son un negocio redondo para as empresas. O estado, cos nosos impostos, subvenciona a empresas que contraten mocidade con esta modalidade para realizar traballo cualificado a cambio de salario cero ou de miseria.

1. CONTRATOS DE FORMACIÓN:

O contrato de formación é para persoas que aínda non teñan ningunha titulación de formación profesional, mentres que o contrato de prácticas exixe que a persoa que se vai contratar teña unha titulación oficial e que non a obtivese hai máis de cinco anos.
Duración do contrato de formación: non inferior a seis meses nin, máximo de tres anos (dous anos e prorrogábel un máis).
Tipo de xornada: a tempo completo, incluíndo o tempo supostamente dedicado á formación (mínimo dun 15% da xornada laboral). A maioría das veces as empresas omiten esta formación, argumentando á persoa contratada que a formación adquírese desenvolvendo o traballo.
Coa reforma laboral do PP os contratos en formación pasan de só podérense aplicar a menores de 25 anos a a podérense facer até os 33 anos. A norma marca os 30 como límite para asinalos pero é prorrogábel pola empresa durante un ano “en función das necesidades da empresa e do proceso formativo”. Por iso, pódenche contratar a punto de cumprir os 30, durar até os 32 e aplicarche o ano de prórroga (chegando así até os 33 anos en contrato de formación).
– O salario non pode ser inferior ao salario mínimo interprofesional en proporción ao tempo de traballo. É aquí o engano: contrátanche por 4 horas, cobras unha miseria, pero traballas 8 ou 9 horas coa escusa de “mellor isto que nada”, e o despido é totalmente libre.
Beneficio para as empresas: O estado español subvenciona as empresas por realizaren contratos de formación e aprendizaxe con 5 mil euros por contrato. En caso de mocidade anotada no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil a subvención á empresa sube dos 5 mil euros por contrato. Para as empresas con menos de 250 traballadoras/es faise unha rebaixa da cota á Seguridade Social do 100%. Para as empresas con máis de 250 traballadoras/es, rebaixa do 75%. Ollo: se o traballo é temporal ou se te despiden, pasas de cobrar unha miseria a cobrar cero, pero a empresa segue a ter a subvención enteira por cando che contratou.

2. CONTRATOS EN PRÁCTICAS:

– Non hai límite de idade para estes contratos e pódense facer dentro dos cinco anos seguintes ao remate dos estudos.
Salario: pode chegar ao 75% do salario fixado en convenio para unha persoa que desempeñe o mesmo posto.
Beneficios fiscais para a empresa:
A empresa terá unha redución do 50% da cota á Seguridade Social polo contrato. Se ademais o contrato se asina con persoas beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil a empresa terá unha bonificación dos impostos á Seguridade Social dun 50% adicional. Se no momento en que se concerta o contrato en prácticas, a persoa traballadora estiver realizando prácticas non laborais, a bonificación das cotas será do75% (25% adicional nos casos de Sistema Nacional de Garantía Xuvenil).

3. AS BOLSAS DE EMPRESA POR MEDIO DE UNIVERSIDADES, FEUGA, FUAC…

Son contratos que fan as empresas normalmente mediante acordos con universidades e entidades formativas.

Non son unha modalidade de contrato nin un emprego. Como non están reguladas e o goberno non actúa nin lexisla sobre esta modalidade, as empresas utilízanas para cubrir postos de traballo a custo cero. Teoricamente son un medio para que estudantes ou recién titulad@s adquiran experiencia laboral. Pero na maioría dos casos (maiormente naqueles en que as empresas ofrecen as bolsas unilateralmente, sen acordo con universidades ou entidades formativas) as bolsas son utilizadas para obter man de obra barata xa que, coa escusa de que «estás aprendendo», se cobras algo, é por debaixo do convenio e do salario mínimo interprofesional, mais traballas como calquera outra persoa da empresa (ou máis).
En canto á modalidade estilo FUAC ou Feuga, ou calquera bolsa que oferten máster diversos, as empresas soen empregar estas bolsas para facer substitucións de traballadoras/es (sobre todo en verán) cando nas bases destas bolsas está terminantemente prohibido empregar ao bolseiros como substitut@.
Trátanse por tanto de contratos para poder formarse no desempeño dun traballo profesional, pero non son para suplir ningún posto de traballo. Mais na práctica a maioría das empresas sérvense do estudantado para suplir baixas e vacacións.
Ollo!!! os empresarios non son ONG’s, se nos contratan por medio das universidade é porque sacan beneficios da nosa suor.

4 GALEUROPA: A XUNTA FOMENTA A CONTRATACIÓN NON REMUNERADA DE MOCIDADE.

A Xunta subvenciona dunha maneira mínima a manutención de mocidade para que traballen gratis para empresas doutros países da Unión Europea. O plan xuvenil Galeuropa é un falso programa de axudas coa finalidade da realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas público ou privadas de países europeos.

5 “PLAN DE GARANTÍA XUVENIL”.

O Estado dá cartos dos nosos impostos a empresas que contraten mocidade a prezo de saldo.
A finais de 2013 o Parlamento Europeo aprobou o “Plan de Garantía Xuvenil” destinado a facilitar as condicións de contratación das empresas de países da Unión Europea con máis paro xuvenil, a costa de aumentar a explotación laboral.
Son contratos de formación nos que a mocidade cobra menos (un salario inferior ao 75-85% do convenio) e mentres traballa debe estudar. As empresas reciben subvencións do estado por contratar e incluso as Comunidades Autónomas poden dar axudas dun 50% do salario mínimo durante un ano ás empresas que contraten mocidade por máis de seis meses.
Este plan supón unha entrega de 2.358,7 millóns de euros recadados en impostos á xente para darllo ás empresas.

GALIZA NOVA ESIXE AS SEGUINTES MEDIDAS URXENTES:

Fin dos contratos precarios. Os contratos en formación e aprendizaxe e de prácticas laborais para a mocidade deben estar remuneradas ao 100%
Eliminación dos beneficios fiscais a empresas que contraten mocidade temporal e en precario.
Destinar fondos públicos da UE, Estado e Xunta para creación de emprego digno, estábel.
Suba do salario mínimo a 1200 euros mensuais.
Prohibición das Empresas de Traballo Temporal e dos contratos precarios.
Derrogación das últimas reformas laborais do PPSOE.
Derrogación do retraso de idade de xubilación, que ademais de ser inxusto coas persoas maiores, retrasa o acceso ao traballo da mocidade.
Eliminación das horas extras e redución da xornadas laboral a 35hs semanais, para avanzar nas condicións de vida dignas e ampliar os postos de traballo.
-Posta en marcha pola Xunta de Galiza dun Plan Galego de Emprego Xuvenil dirixido á inserción laboral da xente nova e adaptábel á realidade de cada concello, ao tempo que se guíe o traballo cara a sectores estratéxicos de cada zona do País, e que incorpore:
1. Programa de inserción laboral para xente moza, que acompañado dunha titorización específica de cada persoa, esta reciba unha renda laboral durante o período de formación laboral, ao tempo que se guíe a forza de traballo aos sectores estratéxicos para o desenvolvemento da economía galega.
2. Promoción de novos espazos de actividade para a xeración de emprego potenciando sectores de actividade que prioritariamente creen emprego entre a mocidade.
3. Iniciativas para a recuperación de novas e novos investigadores/as que emigraron, para que poidan desenvolver o coñecemento e investigación nos secores estratéxicos galegos.
4. Programas de orientación, recualificación, formación e aprendizase para mocidade desempregada.
5. Potenciar o emprendemento a través de empresas de economía social.
-Impulsar a creación dunha rede municipal e/ou comarcal de empregabilidade para xente moza. Coordinación co Servizo Público de Emprego na xestión das ofertas de traballo, evitando que sexan as ETT’s as que xestionen a oferta laboral a modo de mercaderes de escravas.
Potenciar a creación de bolsas destinadas a titulad@s superiores, para executar proxectos de especialización, exportación e innovación da economía local.
Apoiar proxectos emprendedores de xente moza a través do acompañamento do desenvolvemento desde o inicio, creando espazos gratuítos de coworking para a mocidade, onde convivan diversas culturas profesionais coas que obter sinerxias.
– Crear un servizo de seguimento da mocidade desempregada, coa finalidade de garantir e procurar a súa introdución no emprego.
– Actuación dos concellos na liña de dar saídas laborais acaidas á realidade socioeconómica, garantindo o mantemento da poboación en espazos rurais.
-Axudar ao desenvolvemento de proxectos e iniciativas de mocidade para a creación e/ou mantemento de explotacións agro-gandeiras e de agricultura ecolóxica, e favorecer aqueles proxectos libres de transxénicos.

 

Mudar o currículo para mudar a escola (Filme: «Escola Primária» ou «Lições da infância»)

AS AULAS NO CINEMA

Hoje mais que nunca os especialistas em educação questionamos os programas oficiais do ensino. Os conteúdos do currículo oficial de primária e secundária não contemplam aqueles mais necessários para a sociedade atual. Existe como uma inércia desde há séculos para continuar com o estudo de temas caducos, que não respondem às necessidades dos cidadãos no mundo onde vivemos. Por isso urge uma reforma em profundidade do currículo escolar e da metodologia a desenvolver nas aulas. A introdução de novos conteúdos e novas estratégias didáticas nos espaços educativos. Eliminando outros muitos que não são básicos e podem ser estudados pelos rapazes noutros lugares e contextos, nomeadamente com a internet. Países como a Alemanha, França e o Reino Unido, estão a questionar-se nos seus sistemas educativos a mudança do currículo na linha que antes mencionámos.
No nosso sistema educativo, mantendo como muito importantes a leitura, a escrita e o cálculo, conteúdos com que já nascera na Idade Média a escola pública, temos que conseguir que sejam áreas fundamentais aquelas denominadas como transversais. Educar para o consumo, educação vial, educação para os direitos humanos, educação cívica, ética e democrática, educação pela igualdade, educação para a saúde, para a paz e a não violência, ecológica e ambiental, educação sexual, educação icónica, aprender a cozinhar por todas as crianças e jovens, etc. Todas elas devem passar a ser nas aulas áreas básicas, ensinadas com estratégias dinâmicas, criativas e adequadas. Temos que incorporar também outros conteúdos inovadores como a filatelia, o xadrez, o teatro, os primeiros socorros e a agricultura, especialmente ecológica. E manter com melhores métodos todas as áreas artísticas, como a música e a plástica. Dando igualmente muita importância à educação física e aos jogos. Áreas que tanto influem na personalidade, por serem aprendizagens apreciativas relacionadas com os sentimentos, a motricidade e a afetividade. Porque temos que ir a um currículo muito mais aberto, sem perder de vista as aprendizagens instrumentais e o domínio das novas tecnologias.
Modelos temos de avondo para os adaptar aos estabelecimentos de ensino atuais. Freinet na sua escola desenvolvia estratégias didáticas tão interessantes como o cálculo vivo extraído da realidade diária, os textos e desenhos livres, o jornal escolar, os ficheiros cooperativos, os trabalhos em grupo, a imprensa na aula, a biblioteca do trabalho elaborada pelos próprios estudantes, ao pesquisar sobre temas variados da sua escolha da envolvente social e natural própria. Porque o pedagogo galo, com acerto, assinalava que o melhor livro é o livro da vida. Da vida do meio que rodeia a escola. Nas suas aulas tinha também muita importância a correspondência interescolar, tão motivadora e interessante para aprender, entre outras muitas cousas, idiomas. Os passeios e excursões escolares, os trabalhos manuais em oficinas pedagógicas ou obradoiros, os coutos escolares, com cuidado de jardins, hortos e animais. E sem ir mais longe, temos a ILE de Giner e Cossío. Onde se dava uma grande importância à biblioteca escolar, à técnica do livro-fórum, às audições musicais, aos passeios para conhecer e estudar a envolvente, às colónias escolares de verão, às dramatizações e recitais, às exposições e ao teatro e os jogos populares.
Hoje temos que ir a um novo currículo que contemple as novas tecnologias, para que os estudantes aprendam a usá-las bem, aprendam a elaborar blogues e páginas, aprendam a escolher informação adequada na internet, aprendam a ver o cinema e a linguagem icónica ou da imagem. E, sobretudo, aprendam a aprender. Muitas cousas de forma autónoma e independente. Outras a conviver com os demais no respeito e solidariedade. E que tenham curiosidade para querer fazê-lo. Seguindo o modelo e plano de Edgar Morin sobre os sete saberes fundamentais que devem trabalhar já os nossos estabelecimentos de ensino, que já comentei num anterior depoimento da série. E sobre as habilidades ou competências que devem adquirir os estudantes, ao termo da sua escolaridade obrigatória. Que é o que demanda a sociedade atual ao nosso ensino.
Para debater e sensibilizar sobre o importante tema de mudar o nosso currículo, nomeadamente do primeiro ensino, e conseguir uma escola nova mais adaptada aos novos tempos e necessidades, escolhi o formoso filme Escola Primária do realizador checo Jan Sverák, realizado em 1991, dentro de uma trilogia de filmes, cujo roteirista é o pai do diretor.

O uso tutelado das novas tecnoloxías e a Rede mellora a aprendizaxe nos cativos

A psicóloga María Martiña Eslava vén de presentar no Campus de Ourense unha investigación pormenorizada sobre as cousas que condicionan a aprendizaxe preescolar. Como era de agardar, o estudo pon de manifesto a importancia da familia na primeira nenez, que é a influencia máis directa e importante no desenvolvemento das nenas e nenos, xunto cos primeiros pasos na escola. Porén, existen unha serie de factores que se afianzan cada vez máis e son factores que teñen que ver, de maneira directa, coas novas tecnoloxías da información. Máis en detalle, co acceso a Internet.
Na súa tese de doutoramento, a investigadora avaliou ao detalle as variábeis de carácter contextual familiar que interveñen e/ou condicionan o desenvolvemento e a aprendizaxe adquiridos polo alumnado de tres a seis anos, salientando o papel que xogan os estudos e nivel profesional dos proxenitores e o acceso a Internet. “A clave última é a creación de contornas estimulantes para o neno ou nena, espazos compartidos nos que poidan adquirir habilidades que logo lles levarán a adquirir máis habilidades”, sinala a investigadora, cuxo traballo foi dirixido por Manuel Deaño e Sonia Alfonso e presentado na Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense co título Contornas familiares e aprendizaxe preescolar.
O estudo, cuxa orixe está nunha arela de reducir os atrancos no ensino derivadas da desigualdade, parte do obxectivo de afondar nos factores de proximidade que causan impacto no desenvolvemento do neno durante os primeiros anos de vida, como son os relativos á contorna e características familiares. Isto materializouse en tres estudos empíricos realizados con máis de 400 nenos e nenas de tres a seis anos de diferentes puntos de Galicia. Eslava Nodar salienta ao fío dos resultados que “conforme ao esperado, as habilidades básicas para a aprendizaxe formal adquírense pola influencia conxunta das variábeis da experiencia obtida no curso e o nivel de estudos do pai e da nai”. Segundo engade, resulta fundamental para a aprendizaxe na nenez a creación de “contornas cognitivas estimulantes”, experiencias compartidas entre os nenos e nenas e os proxenitores, como o xogo, as conversas, a lectura compartida, actividades de lecer ou o uso de Internet e as novas tecnoloxías da información. “Estas formas son as que contribúen ao desenvolvemento das súas habilidades, como o desempeño verbal e a alfabetización”, explica, engadindo que o acceso a Internet é unha influencia “significativa” de cara as cualificacións escolares. “Ter acceso a Internet no fogar supón unha maior puntuación nas habilidades preescolares dos nenos e nenas, fronte aos que non dispoñen deste recurso na súa casa”, afirma.
A importancia do devandito resultado, indica a investigadora, está en que “subliña a existencia dunha fenda dixital para a escolaridade, dado que case a metade dos fogares non dispoñen deste acceso á Rede”. E engade: “Hoxe en día sabemos que Internet intervén no desenvolvemento da vida familiar, modificando hábitos e costumes dos membros que a compoñen, se ben fica pendente moito por coñecer sobre como afectan eses cambios ao desempeño académico dos fillos e/ou como utilizar a Rede para potenciar os logros educativos”. Na súa opinión, o uso de Internet e as TIC ten sido interpretado a estas idades como un lugar común de participación de pais e fillos, “uns recursos que permiten aos proxenitores desenvolver actividades estimulantes que potencian o desenvolvemento e a aprendizaxe dos menores, creando contornas nas que os nenos e nenas se senten implicados activamente e onde as tarefas que se levan a cabo teñen sentido para eles”.

A influencia dos escotes na docencia universitaria

Ángel Rodríguez Gallardo
Docente da UVigo e representante sindical de STEG
Adela Sánchez Moreiras
Docente da UVigo e representantes sindicais de STEG
Victoria Martins Rodríguez
Investigadora, Docente de Secundaria e membro de STEG

A denuncia dunha estudante universitaria contra os comentarios cousificadores dun docente de Matemáticas da Universidade de Santiago (a alumna vista como un escote e, xa que logo, tal e como pensa a igrexa católica, culpábel de padecer agresións verbais, ou sexuais, pola súa forma de vestir), invita a abrir unha discusión real e pública sobre unhas institucións de ensino superior –as universidades– que moven máis de 8500 millóns de cartos públicos ao ano e que, en moitos casos, están xestionadas por estruturas de poder patriarcal (clans de funcionarios/as) que teñen a mesma lóxica que as redes caciquís tradicionais e misóxinas. Na nosa opinión, estas estruturas e redes clientelares explican que haxa docentes de matemáticas “extremadamente” preocupados pola relación entre a calidade docente e a vestimenta das estudantes.
Como en todo sistema burocrático patriarcal, as universidades dotarónse de todo un entramado de comisións (Comisión de Igualdade, Comisión de Intervención e Resolución de Conflitos, Comisión de Calidade), instancias (Unidade de Igualdade) e órganos de goberno que asumen o control e os supostos estándares de eficacia da institución. Este sistema puramente neoliberal, conservador e de tradición autoritaria está sumamente xerarquizado e heteropatriarcalizado, polo que está nas antípodas do feminismo, que é un movemento que aboga pola igualdade e que pasa necesariamente por loitar contra as discriminacións. É moi sintomático que os “feminismos académicos” non teñan combatido estas estruturas que posúen unha lóxica relacional insoportábel.
Estes paradoxos están vinculados a que as universidades españolas están controladas por unha lóxica maquiavélica e por un sistema permanente e perverso de simulación de eficacia e control. Outro elocuente exemplo: nas universidades incorporouse a paridade nos cargos como unha ferramenta politicamente eficaz e como expresión da Lei Orgánica de Igualdade 3/2007, pero se permite que un funcionario atente contra a dignidade das mulleres durante anos a través das redes sociais da comunidade universitaria da Universidade Vigo como denunciaron dous docentes e unha investigadora desa institución diante da indolencia, permisividade e complacencia dos xestores da propia institución, incluida a Directora da Unidade de Igualdade.
Un dos elementos claves que amosan a falta de igualdade nas universidades públicas son os concursos de selección de prazas de profesorado, controlados polos departamentos universitarios para impoñer un/unha candidato/a determinado/a, que participa, na maioría dos casos, na selección dos membros do seu propio tribunal. Revela a naturalización da discriminación, da desigualdade no interior da administración pública e da patriarcalización do acceso á función pública.
Malia o que se acostuma a pensar, as prazas de profesorado universitario non deberían ser prazas de “promoción interna” ou “reservadas ás/aos da casa”, sin embargo, funcionan desta maneira desde hai décadas (o Tribunal Supremo ratificou que as prazas de profesorado universitario non son procedementos de promoción profesional, STS, 9 de marzo de 2015, rec. 867/2014 e STS, 18 de maio de 2015, rec. 1690/2014).
Os concursos de selección de profesorado amosan a desigualdade dentro do mundo universitario (ver http://www.corruptio.com para unha selección documentada de casos). Con demasiada frecuencia, as comisións de selección “pasan” dos principios constitucionais de mérito, capacidade e igualdade e adulteran os criterios de valoración, porque o que está “pacíficamente asentado” é que o que conta son os votos dos/as membros da comisión, e os méritos son irrelevantes ou inaplicábeis. As Comisións de Reclamacións internas, formadas por catedráticos/as emanados/as por elección do Claustro universitario, permiten sistematicamente estas irregularidades, sen actuar contra a causa da reclamación, sexa esta un plaxio, unha ausencia de baremación ou un perfil axustado a un/unha candidato/a determinado/a. Da igual, porque a igualdade non importa. A quen lle importa?
A cultura administrativa patriarcal universitaria amosa claramente o abuso de poder dos servidores públicos que obteñen un beneficio directo ou indirecto incumprindo a normativa. Hai grupos dentro das universidades que funcionan con intereses comúns, ocultando continuamente información e realizando accións irregulares (ver irregularidades en proxectos de investigación dun catedrático universitario, ou irregularidades nun título ilegal). O que se chama endogamia é en realidade corrupción pura e dura, en contra da norma, sempre para protexer aos/ás próximos/as.
Cando lemos o auto do maxistrado Ruz sobre a Gürtel e como describe a mecánica da corrupción, que califica de delictiva, coincide coa prática habitual na provisión das prazas universitarias. O/a candidato/a local inflúe decisivamente en todo o procedemento sobre a “súa” praza, do mesmo xeito que o fai un empresario para conseguir un contrato ou unha subvención coa administración pública. Pero cando se trata da adxudicación dunha praza universitaria chamámolo eufemisticamente “endogamia”. Para todo isto funciona a lei do silencio e un código secreto que non se pode revelar. É unha especie de “omertá”: todo o mundo cala, coaccionado por un ambiente no/a que o/a que se opón é calificado/a de “tolo/a” e “chalado/a”.
Estase producindo un cambio xeral de rexeitamento á corrupción. A Universidade é un servizo público en réxime de autonomía que debe estar sometida a control e que debe funcionar sen arbitrariedade. É hora de meterlle man e democratizala como está acontecendo con outras institucións públicas. Estas deben someterse ás leis e non debe substituílas.
Tamén deben someterse á Lei Orgánica de Igualdade 3/2007, que establece con claridade a igualdade de xénero. De terse producido unha real aplicación e extensión desta lei nos empregados públicos –tamén nos docentes de Matemáticas– erradicariamos os estereotipos vixentes na sociedade e eliminariamos todas as formas directas e indirectas de discriminación por motivo de xénero a fin de garantir o dereito das mulleres á igualdade de trato.
A Lei galega 7/2004, do 16 de xullo da igualdade de mulleres e homes (refundida no Decreto Lei 2/2016, de 12 de febreiro) é moito máis firme en non permitir ningunha forma de machismo e misoxinia na comunidade escolar (art. 9) ou na erradicación do sexismo na linguaxe institucional e social (art. 18). Así mesmo, unha Resolución do Parlamento Europeo do 12 de marzo de 2013 sobre a eliminación dos estereotipos de xénero na Unión Europea sinala a discriminación que sufren as mulleres para ser representadas como un “obxecto sexual”, é dicir, como un “escote”.
Chama a atención que haxa aínda argumentadores/as ou xustificadores/as de profesores que relacionan a calidade docente cos escotes das estudantes cando na aula de matemáticas o prioritario é a racionalidade. Chama a atención que haxa aínda argumentadores/as ou xustificadores/as de funcionarios administrativos que empregan recursos públicos informáticos para atentar contra a dignidade das mulleres como se un canal académico fora unha especie de versión universitaria de Charlie Hebdo. Chama a atención que haxa tantos/as argumentadores/as e xustificadores/as sobre as formas de acción corrupta da “mercantilizada” universidade pública actual.
Contra estas argumentacións, hai quen gusta de falar de simplificacións apelando a necesidade de discursos complexos. Para producir discursos complexos, a sociedade ten que saber, sobre todo o que non funciona ben. Hai que fuxir da simulación e da ambigüidade, do encubrimento, da terxiversación e da mentira institucionalizada.
Temos dereito a agardar comportamentos e pautas razoábeis dos/as que ocupan os espazos de poder ou de autoridade. Cando se violan esas pautas deliberada ou inadvertidamente, hai que denuncialas ou combatilas con valentía. Ese é o discurso máis complexo. Aceptar a ambigüidade é non ser honrado/a coa realidade. Así non avanzamos. Pode ser máis irónico, pero lévanos á barbarie.

Ángel Rodríguez Gallardo

“Rosalía é unha das poucas figuras que une as diferentes tribos galaicas”

Xurxo Lobato inaugurou esta semana en Lugo a mostra 'Airiños Aires Rosalía', unha “homenaxe fotográfica ao mundo rosaliano” na que retrata os lugares nos que viviu e que a inspiraron, ademais da súa pegada na Galiza contemporánea.

O novo proxecto de Xurxo Lobato é unha mostra de 50 fotografías, patrocinada pola Obra Social La Caixa, que pode verse desde esta segunda feira na sala de exposicións da Deputación de Lugo, e un libro homónimo con 70 imaxes que estará nas librarías desde finais desta semana.
Trátase dun novo reto do fotógrafo coruñés que naceu dun estado anímico concreto: “Tiña moitos encargos profesionais, pero precisaba un traballo de autor, propio, no que implicarme”. E pensou en Rosalía porque “é unha das poucas figuras que une ás diferentes tribos galaicas, xunto con Castelao, pero moitísimo máis. Rosalía xera unanimidade no norte, no sur, no leste e no oeste”.
Así que hai tres anos foi á Casa-Museo de Padrón, falou con Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía, “que me guiou e me tutelou” e puxo mans á obra. “Crin que non había ningunha homenaxe fotográfica a Rosalía e púxenme de inmediato”, explica. “Era un reto tratar de retratar o mundo rosaliano, un mundo do século XIX, tendo en conta que o diálogo entre a fotografía e a literatura non é sinxelo”.
Neste tempo dedicouse a buscar a Rosalía alá onde estiver: Madrid, Simancas, Santiago, Padrón, Lestrobe, Muxía... “Fun aos lugares onde viviu e tamén aos lugares que a inspiraron: Bastavales, as Torres do Oeste, Muxía, Conxo...”.
A mostra 'Airiños Aires Rosalía' estará en Lugo até o 30 de marzo e logo itinerará por todo o país
O resultado é unha mostra e un libro (en galego, español e inglés) con imaxes en branco e negro -“cousa que non é habitual en min”, explica, “porque quixen subliñar unha mirada nostálxica, por seguir os pasos de alguén que viviu no século XIX, con certa melancolía. Fixen as fotos en días grises para ir xerando unha atmósfera”.
Na mostra e no libro, hai imaxes simbólicas, conceptuais, outras suxerentes... “Hai unha na que fotografo o panteón de Rosalía entre reixas, como símbolo dun Panteón que non é de todos”. Moitas delas están acompañadas por versos da poeta. “170 anos despois do seu nacemento, seguen vixentes os grandes temas tocados por Rosalía, como a emigración”, apunta Lobato. “Moita xente que vai de moderna escoita falar de Rosalía e cre que é algo folclórico. E é unha mágoa porque ten moitas lecturas e convén actualizala”.
A mostra 'Airiños Aires Rosalía' estará en Lugo até o 30 de marzo e logo itinerará por todo o país: Compostela (Casa do Cabildo), Vigo (Casa das Artes), Museo de Pontevedra, Centro Marcos Valcárcel de Ourense, Kiosko Alfonso da Coruña e Torrente Ballester de Ferrol.

mércores, 24 de febreiro de 2016

O GDG Santiago presenta mañá varias aplicacións móbiles desenvolvidas en Compostela

A Aula A6 da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago de Compostela acollerá mañá de 19:00 a 21:00 a celebración unha Android Study Jam organizada polo Grupo de Desenvolvedores de Google (GDG) local, servindo este encontro para que os desenvolvedores de aplicacións as amosen ao público, dando conta dos problemas e experiencias que xurdiron durante a súa creación.
Este evento é de balde e está aberto a todo o que estea interesado en coñecer os traballos que se desenvolveron en Compostela como os que presentarán Ruben Laso Rodriguez e Fernando Estevez Casado (La Gramola), Lorenzo Vaquero Otal e Diego Ferro Santos (AppliCATion), Armando Nogueira Rio e Denis Romasanta Rodríguez (Entroido Verin), Pablo Dobarro Peña (Zinker) e David Campos Rodríguez e María Luz Mosteiro del Pilar (Ñam!).

Fixan para o luns o lanzamento do libro ´Tatoos dá Galiza´

O libro Tatoos dá Galicia impulsado desde o IES Marco do Camballón no marco dun proxecto educativo do Clube dá Lingua será presentado o vindeiro luns 29. Por unha banda contemplan un acto no propio instituto cruceño para as 11.30 horas. Mentres que por outro, ese mesmo día pero ás 20.00 horas está prevista unha presentación en Libraríaa Lila de Lilith de Santiago na que se repartirán exemplares aos mecenas.

Un colexio de Rois, campión de robótica no certame Lego League

Os alumnos do colexio Os Dices gañan neste concurso de crear robots con pezas de Lego.

O equipo de robótica TecnoRois 5 do Centro Público Plurilingüe Integrado (CPPI) de Os Dices, no municipio de Rois, proclamouse onte na Coruña campión da terceira edición do torneo rexional da First Lego League Galicia, celebrado na Facultade de Informática da universidade coruñesa. O programa ten como obxectivo espertar nos estudantes a curiosidade e o interese pola ciencia e a tecnoloxía.
A proba consiste no deseño, construción e programación dun robot coa tecnoloxía Lego, que debía superar unha serie de probas nun circuíto idéntico para todos os equipos participantes, un total de 11, todos de Galicia agás un de Xixón.  Os equipos debían, ademais, realizar un proxecto científico e, nesta edición, o desafío era que se pode facer na actualidade para mellorar a xestión dos residuos.
O equipo TecnoRois, formado por cinco alumnos de terceiro curso de ESO de 14 e 15 anos, ademais o seu profesor de Tecnoloxía Javier Méndez, foi o mellor de todos. A súa vitoria dálle o pase á competición nacional, que se celebrará en Xirona os días 12 e 13 de marzo.  Non é a primeira vez que este centro de Rois gaña unha competición de robótica.

A CIG-Ensino anima a festexar o Día de Rosalía

Desde a CIG-Ensino seguiremos insistindo en que o 24 de febreiro se inclúa como unha conmemoración centrada no recoñecemento e difusión da autora.

Un ano máis, a CIG-Ensino anima o profesorado a festexar o Día de Rosalía. Para a CIG-Ensino o Día de Rosalía é unha data de imprescindíbel celebración, pois sen Rosalía Castro talvez non teriamos hoxe a conciencia colectiva de termos un idioma propio e os azos de seguir reclamando para el o lugar que lle corresponde. Ela non foi a única que ergueu a bandeira da defensa do idioma, mais foi a primeira en dar o paso definitivo empregando e defendendo o noso idioma co seu "Cantares gallegos".
Este firme convencemento é o que nos move ano a ano a demandar, durante a negociación do calendario escolar, a inclusión do Día de Rosalía na relación de datas a celebrar polos centros escolares, unha reivindicación para a que o ano pasado recadamos o apoio dos claustros.
Por este motivo, vimos apoiando tamén a iniciativa da  Asociación de Escritoras e escritores en Lingua Galega, AELG, que propón celebrar a data agasallando un libro en galego e unha flor, que envía propostas para pór en práctica co alumnado e que realiza lecturas públicas en diferentes vilas e cidades, propostas todas ás que vos convidamos a que vos sumedes.
Desde a CIG-Ensino seguiremos insistindo en que o 24 de febreiro se inclúa como unha conmemoración centrada no recoñecemento e difusión da autora que simboliza o Rexurdimento da nosa lingua e a nosa literatura. Os desprezos manifestos da Consellaría non nos farán calar e seguiremos a sinalar os seus prexuízos e o seu autoodio.
Ao mesmo tempo queremos darvos os parabéns aos centros e bibliotecas escolares que con tanto traballo, imaxinación e ánimo estades a celebrar xa esta data fulcral da nosa cultura.

“Condicións lamentables” dos encargados de tramitar as axudas do paro

Falta de espazo, de privacidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais. Estas son algunhas das queixas dos traballadores do Servizo Público de Emprego, que se preguntan que fai a Xunta co diñeiro que recibe de Madrid.

Os traballadores da Administración do Estado en Galicia alertan das “condicións lamentables” do Servizo Público de Emprego (SEPE) no país. Os funcionarios pregúntanse ademais a onde están indo as millonarias transferencias que recibe a Xunta para modernizar estas oficinas. Cómpre ter en conta que se trata dun servizo fundamental nestes tempos, pois é o encargado de xestionar as prestacións e axudas para desempregados.
 
A denuncia pública de hoxe explica que a Administración Autonómica recibiu de Madrid 53 millóns de euros na última década para mellorar estas oficinas. Malia isto, os empregados públicos en “condicións pésimas”. Por exemplo, en Carballo, onde ter  que atender o público de lado nas mesas debido o limitado espazo.
 
Os Órganos de representación da Administración Xeral do Estado (Xunta de Persoal e  Comité de Empresa) denuncian que isto provoca “falta de confidencialidade na atención a desempregados que teñen datos que se esixe un tratamento cunha especial protección, como poden ser as vítimas de violencia de xénero e os demandantes excarcerados”.
 
Outro problema é a ausencia de vixilancia. Debido a situación económica, é previsíbel que nas oficinas se produzan conflitos pola tramitación das axudas, que en moito casos constitúen o único ingreso para as familias. Malia isto, en Galicia non existe ningunha oficina que dispoña de seguridade “a pesar das agresións verbais e a veces físicas que sofren os traballadores”.
 
Segundo os empregados públicos, na maior parte das Oficinas  de Emprego fóra de Galicia  teñen gardas de seguridade. En Galicia tiveron que denunciar a súa ausencia ante Inspección de Traballo, que requiriu seguridade privada, sen que a Administración a contratase. A isto, hai que engadir o “reiterado incumprimento da normativa de prevención de riscos laborais” nas oficinas de Santiago Centro, Monelos e Tornos da Coruña e Esteiro en Ferrol.
 
“Onde van os millóns e millóns de euros destinados a cumprir coa modernización que dicían as sucesivas Ordes Ministeriais?” pregúntanse os empregados do SEPE. Os funcionarios levan anos alertando dos millonarios investimentos do Ministerio e da Xunta en servizos auxiliares privados, mentres non se atenden as reivindicacións do cadro de persoal que ten que dar a cara cando os cidadáns van a tramitar as súas prestacións. 
 
Ademais, cómpre lembrar que a eficiencia deste departamento está lastrada pola división burocrática aínda vixente.
 
Así, por exemplo, cada novo desempregado primeiro ten que tramitar o recoñecemento da súa condición de parado ante o Servizo Público de Emprego de Galicia, que depende da Xunta. A continuación, se quere cobrar, debe comezar a burocracia de novo ante o Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE). Os dous servizos acostuman compartir espazo físico pero as súas aplicacións informáticas e axendas non son comúns, duplicándose esforzos e incrementando o tempo necesario para solventar o ‘papeleo’.

A non perder!

Babiliglub, coa compañía Galitoon
A tranquilidade do fondo do mar vese interrompida por un pequeno peixe e o seu peculiar xeito de falar, o protagonista só sabe dicir Miau!! O son que emite o peixe provoca unha airada resposta no resto da fauna mariña, un trío de peixes, un peixe multicolor e un polbo, que só saben dicir NON! Pero no fondo mariño o politicamente correcto sería dicir Glub! A representación é unha alegación a tolerancia e a aceptación da diferenza. O espectáculo produciuse seguindo os estándares internacionais de The Children Television Work Shop e Jim Henson's Company (Barrio Sésamo), e utilízase a técnica de luz negra. A característica máis importante de Babiliglub, é que é un espectáculo que só ten 4 palabras ( SE, NON, GLUB e MIAU). O martes 23 de febreiro ás 10:00 e ás 12:00 horas e o mércores 24 tamén ás 10:00 e 12:00 horas, no Teatro Principal de Santiago.

58 cumpreanos de Lois Pereiro
O 16 de febreiro, Lois Pereiro cumpriría, de seguir vivo, 58 anos. Con tal motivo, unha serie de amigos en todo o mundo organizan unha serie de actos desde ese día ata finais de mes en homenaxe del e da súa obra, baixo o título xenérico de Cicloxénese Cultural Explosiva. Iso inclúe un ciclo de conferencias e intervencións na Universidade de Vigo, exposicións en Monforte e nas Universidades de California (UCLA) e Conneticut (UConn), concertos en Nova York e un recital escénico na Coruña. Os actos comezaron no pavillón central da Universidade de Vigo, coa inauguración da exposición Siluetas Furtivas: I Certame Cicloxénico de Ilustración e VideoCreación, unha performance e estrea en España do documental Desaparecidos, de Carla Navi.
As Siluetas Furtivas son obras gráficas ou audiovisuais sobre a vida ou a obra do poeta monfortino que remitiron distintos artistas ata o 31 de xaneiro. Desde entón, nas redes sociais foise realizando unha votación  para seleccionar as favoritas, que son as que se expoñerán na UVIGO, UCLA, Uconn e Monforte. As favoritas de público e xurado levarán premios cedidos por artistas como Antón Patiño ou Emilio Cabezas, ou por iniciativas como Curtopía, Revista Luzes e BöömDïäS. Tamén serán editadas por Astromántica Cartoneira. En NY, os grupos musicais Fluzo e Xenderal actuarán esta fin de semana no Palisades de Brooklyn e no Silvana de Harlem baixo o título Galician Cultural Cyclogenesis. Finalmente, na Coruña, a finais de mes, Lino Braxe dirixirá un recital escénico coa participación da xeración máis nova de creadores, chamado 20 voces por L@is, en referencia a que este ano tamén se cumpre o 20 aniversario do autor homenaxeado co Día das Letras Galegas 2011.

Neves Seara abre a programación da Zona C

Neves Seara abre a programación da Zona C ligada á recente convocatoria de apoio á creación en artes visuais deste espazo compostelán. Esta convocatoria pretende, segundo explica o concello nunha nota de prensa, consolidar vías de intervención artística para creadores emerxentes. Na modalidade de proxectos de intervención artística presentáronse 57 traballos dos que foron seleccionados 5 creadores: Carlos Alba, Marta Bran, Jacobo Bugarín e Neves Seara. Na modalidade de comisariado foron 11 os presentados, e foron seleccionadas 2 comisarias, Desirée Vidal Juncal e María Marco. E foron 9 os presentados para comunicación gráfica quedando seleccionada Catarina Dantas, que será quen de traballar con cada artista e comisario para desenvolver a imaxe de cada intervención.
Neves Seara abriu nova etapa con 73 liñas de horizonte (segunda carta ao meu pai), cunha acción que mantivo a artista na Zona “C” o tempo necesario para ir destapando capas emocionais que involucran o corpo e esforzo físico. A intervención estará aberta até o 27 de marzo. Neves propón un traballo conxunto con Ana Seijo Cuba, terapeuta e psicóloga en dous talleres diferentes: Historias re-escritas, no que desenvolven sesión de traballo para profundizar nos aspectos emocionais da expresión artística con participantes voluntarios do Centro Sociocomunitario da 3º idade da Porta do Camiño. E Onde habitan as palabras (Carta a...), taller intensivo de oito horas na que artista e psicóloga desenvolven un traballo que serve para facilitar a expresión das emocións enclaustradas. O taller será os días 5 e 19 de marzo e está dirixido a todos os públicos cun máximo de 15 persoas por grupo. As reservas faranse no mail da artista nevesseara@gmail.com.
 

As anpas negan "situacións de fame nos colexios" de Compostela e piden un novo modelo de comedores

"Non existen situacións de fame nos colexios de Compostela". Con esta rotundidade exprésase a Federación Compostela de Anpas de Centros Públicos en resposta á información publicada este luns polo xornal local El Correo Gallego, que mesmo levou á portada da súa edición en papel. As anpas de nove centros de ensino que teñen comedores escolares xestionados polo Concello de Compostela (CEIP de Vite, Santiago Apóstolo, Ramón Cabanillas, Fontiñas, Roxos, Quiroga Palacios, A Sionlla, Monte dos Postes e Raíña Fabiola) mantiveron unha xuntanza este luns para avaliar a situación do servizo de comedores que se está a prestar actualmente e tamén para continuar o traballo que xa veñen facendo de deseño do "modelo futuro que desexariamos para este servizo público".
Con todo, as alarmistas informacións publicadas por El Correo Gallego sobre o servizo emprestado no CEIP Raíña Fabiola obrigaron as anpas a facer un pronunciamento concreto sobre as denuncias realizadas ao xornal por algúns pais e nais, que mesmo foron rebatidas polo propio director do centro: "polo xeral a comida que serve Serunión é suficiente para todos os nenos. Pode ocorrer que nalgunha ocasión se faga unha mala medición, pero nestes casos é a empresa quen trae máis menús e en ningún caso se pide comida externa nin as monitoras abandonan o centro para comprar algo".
Destacan que "non hai empeoramento da situación dos comedores escolares dende a última adxudicación realizada"
A Federación de anpas decidiu "unanimemente rexeitar o tratamento que se lle deu en titulares ás declaracións da representante da anpa do CEIP Raíña Fabiola". Rexeitan, igualmente, "a descontextualización temporal que se fixo nas mesmas declaracións" pois -din- "non hai empeoramento da situación dos comedores escolares dende a última adxudicación realizada; e toda crítica hai que entendela dende a perspectiva da temporalidade na que se viu este servizo durante os primeiros meses deste curso escolar".
Con todo, sinalan que o servizo de comedores é "claramente mellorable"
Con todo, unha vez feita esta aclaración ao publicado polo devandito xornal, as anpas subliñan que isto "non quere dicir tampouco que as familias de Compostela esteamos satisfeitas co servizo tal e como se estivo a prestar ata o momento" e, pola contra, "pensamos que é claramente mellorable".
As anpas están a manter xuntanzas tanto con empresas de catering, coma con responsables de varios concellos da contorna para obter información "sobre os diferentes modelos de comedores". O obxectivo final é a elaboración "dun novo modelo de comedores escolares que responda ás demandas das familias en canto á calidade na alimentación, seguridade nutricional, asistencial e na saúde, e valor educativo do servizo que están a recibir os nosos fillos e fillas". Nas vindeiras semanas, ademais enviaranlles ás nais e pais unha enquisa para "coñecer as demandas, as necesidades e as posibilidades económicas" das familias. Así mesmo, ademais de traballar no deseño deste modelo para o seu funcionamento "no medio prazo", as anpas continuarán facendo un "seguimento da situación actual, e comprobando que os novos importes da nova adxudicación se correspondan co incremento da calidade do servizo prestado".

'Traballadores pobres' na Galiza: 1 de cada 3 asalariados ten ingresos por baixo do salario mínimo

O informe sobre o mercado laboral 2015 elaborado pola CIG alerta do aumento dos 'traballadores pobres', queda de salarios e aumento da precariedade e eventualidade.

O 31% das persoas asalariadas na Galiza cobran menos do SMI, o salario mínimo. Traballadores cuxos ingresos ficaron por baixo dos 6.800 euros anuais. Así se recolle no Informe do Mercado Laboral en Galiza no ano 2015 elaborado polo Gabinete de Economía da CIG a partir de datos oficiais e presentado esta terza feira. O documento salienta que houbo un importante descenso dos salarios da maioría da poboación asalariada en termos reais, xunto cun descenso do número de asalariados. “O único grupo de traballadores que medra en Galiza é o de aqueles que cobran menos da metade do SMI”, manifestaron o secretario confederal de Emprego, Miguel Malvido, e a responsábel do Gabinete Natividade López. Son o 18,4% das persoas asalariadas, case 2 de cada 10. Nos comezos da crise eran o 14,5%. A isto hai que engadir que case o 13% dos traballadores asalariados teñen uns ingresos entre a metade do SMI e o seu tope. Pola contra, hai un 0,4% do total de traballadores que tiveron uns ingresos superiores a 141.375 euros.
“O único grupo de traballadores que medra en Galiza é o de aqueles que cobran menos da metade do SMI”
O sindicato nacionalista advirte da “reaparición da figura, esquecida desde o remate do franquismo, do traballador ou traballadora pobre”, unha situación á que se chega, aponta o sindicato a raíz do informe, “nuns casos polos salarios de miseria, noutros casos pola temporalidade da contratación, noutros polas xornadas parciais e nos máis, por todo á vez”.
“Crítica situación”
Para Miguel Malvido isto evidencia a “crítica situación” na que se atopa a maioría da clase traballadora galega. Lembrou que segundo a Carta Social Europea considérase que un traballador ou traballadora que teña uns ingresos inferiores ao salario medio estaría no limiar da pobreza. “Estamos logo falando de que a inmensa maioría dos asalariados están instalados ou ben na pobreza ou ben ao límite”.
203.500 asalariados e asalariadas asinaron unha media de 4 contratos no ano
No ano 2015 estímanse en 203.500 os asalariados con contrato temporal, que se repartiron os 813.088 contratos temporais rexistrados, o que nos dá unha media de 4 contratos por traballador e ano. A taxa de temporalidade sitúase no 25,4%, entre as máis altas de Europa.
Foron os contratos temporais os que máis medraron (un 12,1%) en 2015 e nomeadamente aqueles de menor duración: os contratos de menos dunha semana aumentaron un 14,2% e representaron o 30,7% do total dos contratos.
Exclusión
A CIG advirte que en 2015 situouse, de media, no 49,1% a porcentaxe de desempregados con cobertura. Así pois, a maioría xa non perceben prestación.

martes, 23 de febreiro de 2016

Santiago entrega os seus Premios á Calidade Lingüística en galego

A calidade lingüística dos traballos académicos que o alumnado da USC realiza en galego ten premio na USC. Sexa o de fin de grao, carreira ou mestrado ou un traballo de investigación para unha materia, as comisións de normalización lingüística dos campus de Santiago e Lugo entregan cada ano un total de 15 recoñecementos. Ao chamado da edición correspondente ao curso 2014-15 presentáronse 3 traballos académicos, 66 traballos de fin de grao (TFG) ou proxectos de fin de carreira (PFC) e 41 de fin de mestrado (TFM).
A cerimonia de entrega destes XI Premios á Calidade Lingüística presidiuna o reitor Juan Viaño na Facultade de Xeografía e Historia. Estivo acompañado do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; da vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo, Carme Silva Domínguez; do decano da facultade anfitrioa, Juan Monterroso; e do director do Servizo de Normalización Lingüística da USC, Manuel Núñez Singala.
Para o reitor, esta iniciativa do Servizo de Normalización Lingüística da USC persegue “facer consciente ao alumnado universitario de que a suxeición a unhas convencións que normalicen a presentación pública das nosas producións como investigadores e investigadoras é un acto de calidade universitaria”.
Foron premiados 15 dos 110 traballos presentados ao certame
Na área de Enxeñaría dos TFG/PFC recibiu o premio a graduada en Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural Pilar Rodríguez López polo traballo ‘Análise dos investimentos realizados por explotacións de leite acollidas a plans de mellora’; mentres que na de Ciencias Sociais e Xurídicas gañaron ex aequo os graduados en Mestre de Educación Primaria Eva Otero e Sergio Carbón por ‘O ensino durante a Segunda República no Concello de Teo’ e ‘As escolas ao aire libre: unha alternativa pedagóxico-ambiental para a educación de infancia. Estado da cuestión en viabilidade en Galicia’, respectivamente.
Na área de Ciencias recoñeceuse o traballo ‘Aproximación dos autovalores e autovectores dunha matriz tridiagonal simétrica mediante un algoritmo Divide e Vencerás’, do graduado en Matemáticas David Ferreiro. Na de Ciencias da Saúde o premio foi para a graduada en psicoloxía Cora Gutiérrez por ‘Deterioración do proceso de busca visual en anciás con e sen demencia senil tipo Alzhéimer’, e na de Arte e Humanidades para a graduada en Filoloxía Clásica Lúa García por ‘A figura de Diotima no Simposio de Platón’ e para o traballo ‘Os xéneros dialogados na lírica románica medieval’ de Tania Vázquez, do itinerario en Filoloxía Románica de Linguas e Literaturas Modernas.
Concurriron 66 proxectos de fin de grao o de carreira dos campus de Lugo e Santiago
Na modalidade de TFM fixéronse co premio, na modalidade de Enxeñaría, Fabio Dacosta, do mestrado en Tecnoloxías da Información, polo traballo ‘Saliencia e crowd sourcing: gatches útiles para avaliar o deseño de páxinas web’. Na de Ciencias Sociais e Xurídicas gañou Sabela Direito, do mestrado en Comunicación e Industrias Creativas, por ‘As series de televisión fronte aos social media. Un estudo do uso e da influencia da xestión das redes sociais por parte das series de ficción españolas’. Pola súa banda, en Ciencias gañaron (ex aequo) Pablo Fernánez, do mestrado en Física, por ‘Optimización dun modelo para a determinación do número de agregación micelar a partir de medidas de tensión superficial’ e Francisco Fontenla, do mestrado en Acuicultura, por ‘Produción de xeles de ulvano e avaliación da súa actividade como adxuvante no rodaballo Scophthalmus maximus’. 
Na área de Ciencias da Saúde resultou gañadora Lucía Denniss Fernández, do mestrado en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental, polo ‘Plan de prevención de riscos laborais dunha explotación avícola’ e, en Arte e Humanidades, premiáronse os traballos ‘Os dicionarios toponímicos: caracterización, análise crítica e proposta’ e ‘Conceptualización da loucura na linguaxe figurada medieval galega’ de Sandra Beis (Libngística Aplicada) e Verónica Pousada (Estudos da Literatura e da Cultura), respectivamente.
Por último, recibiron os premios á calidade na modalidade de traballos académicos Alberto Liñares Lamas, de Enxeñaría Química, polo traballo ‘Aproveitamento de materias primas. Petróleo e biomasa’ e Adela Estévez, María González, Estefanía López e Tamara Rial, todas do grao en Linguas Modernas especialidade francés, por ‘A cortesía nas peticións, o proceso de adquisión nos nenos. Pragmática e análise do discurso’.