xoves, 11 de febreiro de 2016

Informe da OCDE sobre alumnos de baixo rendemento


En toda unha década, entre 2002 e 2013 produciuse unha levísima mellora no índice de alumnos con baixo rendemento en competencias matemáticas, de lectura e científicas.
O entorno socioeconómico do alumno e do centro ao que asiste determina fortemente o seu rendemento, mentres que se retiramos a variable socioeconómica apenas se hai diferenza de rendemento dos alumnos de centros públicos respecto dos que asisten en centros concertados ou privados.
As políticas de mellora do rendemento non se ven lastradas pola situación económica de cada un dos 60 países que se contrastan, de feito prodúcense melloras en países con conxunturas económicas moi diversas durante este período. Por outro lado, o informe revela no caso de España algúns aspectos claves onde se pode mellorar:
  • Desmantelar as múltiplas barreiras de aprendizaxe.
  • Crear un entorno de aprendizaxe nas escolas que sexa esixente e ofreza apoio aos estudantes.
  • Ofrecer reforzo escolar tan pronto como sexa posible.
  • Animar os pais e as comunidades locais a involucrarse na vida escolar.
  • Inspirar os estudantes para que saquen o maior rendemento posible ás oportunidades educativas.
  • Identificar os estudantes de baixo rendemento e deseñar una estratexia adecuada ao seu perfil.
  • Ofrecer reforzo individualizado a colexios e familias desfavorecidas.
  • Ofrecer programas de reforzo especiais para os estudantes de orixe inmigrante, que falen unha lingua
    minoritaria o que proveñan de zonas rurais.
  • Atacar os estereotipos de xénero e dar apoio ás familias monoparentais.
  • Reducir as desigualdades no acceso á educación preescolar e limitar a separación dos alumnos por nivel
    académico.
  • Políticos, profesores, pais e os propios estudantes teñen un papel importante que xogar.

Anexos

datos_ocde_2003-2012_alumnos_baixo_rendemento
Spain_LowPerformers_FINAL__ESP_v3

Ningún comentario:

Publicar un comentario