Participan o IES Laxeiro, Pintor Colmeiro e Marco do Camballón -É un plan da Deputación para alumnado e profesorado de ciclos formativos.
A proposta formativa inclúe prácticas laborais en empresas e institucións europeas pertencentes a Italia (30 bolsas), Reino Unido (25), Irlanda (20), Países Baixos (15), Malta (10), Portugal (10) e Finlandia (6). Os participantes deberán regresar das súas mobilidades antes de que transcorresen doce meses desde a data oficial da obtención da súa titulación. Como novidade este ano a Deputación contempla a mobilidade de cinco profesores que realizarán un job shadowing en centros de formación semellantes aos centros integrados de formación profesional de Galicia, coa finalidade de aprender os métodos didácticos que empregan nestes países.
Doutra banda, a administración provincial ratificou en xunta de goberno a concesión da achega de 352.170 euro ao Concello de Lalín para a contratación de 34 persoas dentro do seu plan de emprego. Na mesma convocatoria tamén se inclúe unha subvención de 76.861,27 euros para o Concello de Rodeiro, neste caso para a contratación dunha vintena de traballadores. Estas subvencións enmárcanse en dentro do plan de emprego nunha relación na que se contratarán un total de 196 persoas nun total de nove concellos, entre os que se inclúen os dous dezáns. Nesta listaxe tamén figura Crecente, Marín, Mondariz-Balneario, Pazos de Borbén, O Porriño, Ribadumia e Tui. Esta é a segunda relación de concellos para os cales se aproban as subvencións para a contratación de persoal para o Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos munipacipais dentro do Plan Concellos 2016.
Ningún comentario:
Publicar un comentario