Nas últimas semanas estívose a falar moito de dous cambios de relevancia en Twitter: a chegada das mensaxes de máis de 140 caracteres e unha nova cronoloxía para o noso timeline.
Malia que ambas están confirmadas por importantes persoeiros da
empresa, só unha delas vén de facerse oficial: a nova cronoloxía.
A
diferenza de outras redes, se hai algo que caracteriza a Twitter desde o
seu nacemento é a orde cronolóxica na que aparecen as mensaxes. Isto
permite que todos os tweets sexan, neste aspecto, igualmente relevantes.
Porén,
coa chegada da nova cronoloxía Twitter empregará algoritmos semellantes
aos de Facebook para posicionar contidos que eles consideran
máis relevantes en primeiro lugar, e a continuación todo o
resto de mensaxes, xa en orde cronolóxica inversa. Isto vén a ser algo
semellante a unha funcionalidade de destacado de tweets que apareceu hai
meses, aínda de maneira máis clara.
Por
sorte, polo de agora será algo opcional, pero vista a evolución das
“características opcionais que se volveron obrigatorias”, non sería de
extranar que con esta pasase o mesmo. Que pensades? Gústavos este tipo de contidos destacados en Twitter?
Ningún comentario:
Publicar un comentario