Considera que A Mesa e as organizacións que apoian as mocións a presentar nos concellos en defensa da lingua e pola derrogación do decreto “fan un uso político” do galego.
Román Rodríguez, conselleiro de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria, considera que A Mesa pola
normalización lingüística e as organizacións que apoian a iniciativa de
presentra mocións a prol de derrogar o 'decretazo' fan “un uso político”
do idioma. O conselleiro defendeu que o 'decreto de plurilingüismo' é
un “dos máis avalados xurídica e socialmente”.
Para Rodríguez o 'decretazo' “leva anos funcionando con notábel éxito”, e asegura que é responsábel de lograr un “equilibrio” lingüístico nas aulas. A maiores, o titular do departamento autonómico afirma que se está a facer unha interpretación “tremendamente interesada” do dictame do Consello de Europa. O conselleiro sinala que Galiza “é unha das rexións onde máis se emprega o idioma propio”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario