O Grupo de Investigación
de Materiais Didácticos CAVILA (Movemento de Renovación Pedagóxica
Nova Escola Galega, NEG) vai organizar os días vindeiros un
seminario para axudar ás familias e máis ao profesorado a avaliar
os recursos tecnolóxicos que se empregan e que se poden empregar a
día de hoxe no ámbito do ensino (potencialidades, consellos para
usalos de maneira axeitada, riscos dun mal emprego, etc). A
actividade, a sétima edición do ciclo de seminarios que impulsa o
devandito grupo, desenvolverase con alcance internacional os días 19
e 20 de febreiro no CPI de Vedra (A Coruña). En palabras do equipo
organizador, diríxese a “apoiar ás familias e ao profesorado no
uso responsábel das novas tecnoloxías e na avaliación dos recursos
empregados para a educación”.
Contarase, entre outros
relatores expertos en TIC, con Fernando Suárez, presidente do
Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia
(CPEIG), e Antonio Rial Boubeta, profesor da USC e
un dos principais impulsores na nosa terra da necesidade de educar ás
novas xeracións nos mellores xeitos de facer uso das redes.
O Seminario-Obradoiro
Internacional de Avaliación de Materiais Didácticos comeza na
tarde do venres 19 coa mesa Luces e sombras na Rede: inquedanzas e
alternativas, na que diversos profesionais debaterán sobre como
lidar “co arduo traballo de educar ás novas xeracións que medran
rodeadas de novas formas de comunicación e ocio”. De seguido
haberá unha conferencia e presentación literaria en torno ao poder
de atracción das redes sociais e a súa aplicación no ensino.
O sábado, as persoas
inscritas na xornada participarán en obradoiros personalizados nos
que iniciárense na avaliación e deseño de xoguetes, videoxogos,
webquests, materiais de música, de matemáticas e libros de
texto, entre outros recursos. A continuación damos conta do programa
de actividades ao detalle.
Venres, 19 de febreiro
2016
16:3017:00 Recolla
de material
17:0017:30 Acto de
inauguración
17:3019:00 Mesa de
debate: Luces e sombras na rede: inquedanzas e alternativas.
Silvia López Gómez (USC), Ma Victoria Carrera Fernández
(Universidade de Vigo), Fernando Suárez Lorenzo (Colexio Profesional
de Enxeñaría en Informática de Galicia), Ramón Luís Gil Sánchez
(Coord. de Abalar e Edixgal zona Ferrol), Representante da
ANPA do CPI de Vedra.
19:3020.30
Conferencia e presentación literaria: Que teñen as redes sociais
Claves psicosociais, educativas e humanas. Antonio Rial Boubeta
(USC).
Presentación da Revista
Galega de Educación, no 62: Redes sociais e ensino. Ana
Rodríguez Groba e Fernando Fraga Varela (Grupo de Investigación
Stellae).
Sábado, 20 de
febreiro
Pódese elixir dous dos
seguintes obradoiros:
· Experiencias
didácticas relacionadas coa educación e as ONGD nas distintas
redes. Marta Esplugues Cebrian (Mestra da escola pública –
Valencia).
· Como potenciar o
carácter educativo dos xoguetes e videoxogos, na escola e na
familia. Silvia López Gómez (USC).
· Deseño e
avaliación de webquest. Avaliación de software para a creación de
materiais educativos dixitais contra o acoso escolar. Almudena
Alonso Ferreiro (USC).
· Música. Análise
de materiais didácticos e propostas educativas. Rosa María
Vicente Álvarez (Mestra da escola pública – Galicia).
· Educar no uso de
Internet e as TIC: claves para comprender e previr (ciberbullyng,
sexting, grooming, problemas de socialización e adicción).
Antonio Rial Boubeta e Carmen Barreiro Couto (USC).
· Materiais para a
escola, materiais para a familia: que nos ofrecen os concellos?
Denébola Álvarez Seoane (USC).
· Educar implica
tod@s –Recursos pedagóxicos da WEB 2.0 na promoción da relación
Escola/Familia. Daniela Alexandra Ramos Gonçalves (Escola
Superior de Educaçao de Paula Frassinetti).
· Avaliación de
materiais do ámbito das matemáticas en Ed. Infantil e Ed. Primaria.
Na procura de recursos matemáticos inclusivos. Grupo Hexágono
(grupo de traballo de profesorado e mestras do ensino xeral).
· Análise de libros
de texto de educación básica. Fernando Guimarães
(Universidade do Minho).
Ningún comentario:
Publicar un comentario