O Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), vén de publicar o seu segundo estudo sobre o Hipersector TIC de Galicia.
O informe amosa que en 2014 seguiu crecendo o número de empresas
tecnolóxicas e de contidos, así coma o seu peso na economía galega,
aínda que se perderon postos de traballo. Mantéñense igualmente outras
tendencias e dinámicas, coma a intensidade do investimento en I+D neste
tipo de empresas e o predominio masculino no emprego, que mesmo se incrementa: hai dous homes por cada muller.
O sector emprega a 19.534 traballadores e traballadoras (14.400 o subsector TIC e 5.134 o subsector contidos), sumando catro anos consecutivos de destrución de postos de traballo: en 2011 empregaba a 21.891 persoas. O 20,8% desenvolve o seu traballo baixo o réxime de autónomos/as. Dous de cada tres traballadores son homes (12.633), unha fenda de xénero que é maior no subsector TIC (9.578 a 4.810). En 2014 a fenda de xénero aumentou, pois mentres que o emprego masculino practicamente se mantivo, o emprego feminino descendeu nun 13,2%. A desproporción entre homes e mulleres non deixou de aumentar dende o ano 2011, pasando a porcentaxe de mulleres no sector do 35% ao 30%
A inmensa maioría destas compañías (2.674 das 3.211) teñen un máximo de dous asalariadosEn Galicia hai 3.211 empresas desenvolvendo actividades do Hipersector TIC. Destas empresas, un 72,6% corresponden ao subsector TIC e un 27,4% ao subsector contidos. En 2014 o número total de compañías creceu un 1,6%, pero de forma desigual: o subsector TIC experimentou un incremento do 4%, mentres que as empresas do sector contidos sufriron un descenso do 4,2%. As empresas galegas do Hipersector TIC supoñen o 4,5% do total do Hipersector TIC en España. O 80% localízanse nas provincias da Coruña (46%) e Pontevedra (34%). A inmensa maioría destas compañías (2.674 das 3.211) teñen un máximo de dous asalariados.
O sector emprega a 19.534 traballadores e traballadoras (14.400 o subsector TIC e 5.134 o subsector contidos), sumando catro anos consecutivos de destrución de postos de traballo: en 2011 empregaba a 21.891 persoas. O 20,8% desenvolve o seu traballo baixo o réxime de autónomos/as. Dous de cada tres traballadores son homes (12.633), unha fenda de xénero que é maior no subsector TIC (9.578 a 4.810). En 2014 a fenda de xénero aumentou, pois mentres que o emprego masculino practicamente se mantivo, o emprego feminino descendeu nun 13,2%. A desproporción entre homes e mulleres non deixou de aumentar dende o ano 2011, pasando a porcentaxe de mulleres no sector do 35% ao 30%
A fenda de xénero non deixou de aumentar dende o ano 2011, pasando a porcentaxe de mulleres no sector do 35% ao 30%Nunha tendencia contraria á experimentada no conxunto do sector empresarial, as empresas do Hipersector TIC galego incrementaron no último ano o seu investimento en I+D, dedicándolle máis de 36 millóns de euros a gastos internos totais e de persoal en I+D, fronte aos case 30 millóns de euros do ano anterior, o que supón un crecemento superior ao 22%
Ningún comentario:
Publicar un comentario