Eduardo Sanches Maragoto é desde o outono pasado o novo presidente dunha AGAL que vén de apostar por unha confluencia normativa que acepte tamén o padrón portugués, subindo á maré do importante aumento de alumnado desta lingua que se está a dar en todo o país.
– O pasado gañastes as eleccións
da AGAL case á búlgara. Ademais da proposta da confluencia normativa,
cales son os proxectos que estades a levar adiante?
– Temos dúas liñas de traballo principais. Unha que é o acompañamento da Lei Paz Andrade e a outra é o reforzamento entre a identidade galega e o reintegracionismo. Ambas as propostas facían parte do programa electoral e foron aprobadas por maioría esmagadora, como dicías. A primeira considerámola urxente porque é unha oportunidade histórica do reintegracionismo. O Parlamento decidiu que tres dos obxectivos históricos que tivo o noso movemento eran estratéxicas para Galiza. E nós queremos empurrar todo o que sexa posíbel para efectivizar esa lei, sobre todo no ensino. De feito, en colaboración con outras entidades, como Docentes de Portugués na Galiza ou a Academia Galega de Lingua Portuguesa, estamos levando información a todos os centros de ensino para informar das posibilidades de introducir o portugués. A outra ten máis que ver coa comunicación, e pretendemos amosar á sociedade un reintegracionismo aberto a colaborar co conxunto da comunidade lingüística galega. Queremos estar moi presentes no movemento normalizador en xeral e interaxindo con el, e para iso creamos ferramentas para mellorar o galego no Twitter, temos un canal de Youtube que está a ter moito éxito, imos estar presentes en datas emblemáticas da cultura galega, como por exemplo, no día 24 para reivindicar a Rosalía, logo as Irmandades, Manuel María, etc.
– A iniciativa Paz Andrade foi unha iniciativa popular do movemento reintegracionista e o que é chamativo é que foi aprobado por unanimidade por todas as forzas do Parlamento. E iso é un feito insólito, moitas poucas leis conseguiron na Galiza iso. Nós xa sabiamos que o difícil ía ser implementala, que pasase do papel ao ensino, aos medios... por iso consideramos que o reintegracionismo ten unha oportunidade histórica no sentido de empurrar. Debemos esixirlle ás institucións que a cumpran pero non debemos esquecer que a sociedade civil ten que estar presente facendo propostas para que se cumpra. E niso estamos.
– Houbo avances despois daquel anuncio?
– O que é un feito é que se o portugués avanza é grazas ao esforzo de moitísimas persoas que o están facendo avanzar en cada centro de ensino. E tamén que o portugués no último ano aumentou moitísimo: pasou de 861 alumnos o curso anterior a 1.841 este. É dicir, medrou un 70% nun só curso. Entón, é verdade que a administración está facendo deixación de responsabilidades neste asunto, pero tamén é verdade que as persoas síntense reforzadas nos centros de ensino para faceren o seu traballo e para impulsar iniciativas neses sentido. Entón a lei é importante. Outra cousa é que dependendo do Goberno vaise cumprir máis ou menos, pero é a sociedade civil a que ten que esixir que se cumpra.
– Outra das vosas liñas de traballo que está a ter moito éxito é a editorial Através.
– Si, é outra das liñas. De feito, este consello representa unha liña continuísta aos dous consellos anteriores. É un dos grandes éxitos da AGAL nos últimos anos. Están a publicar a un ritmo de un libro por mes, e poucas editoras independentes o poden dicir.
– Escritores de sona empezan a publicar en reintegrado.
– Aínda que iso non quere dicir que logo teñan que pasar a escribir en reintegrado, como é o caso de Helena Miguélez, que acaba de gañar un premio grazas a ese libro en Através.
– Aproveitastes ocos que había no sistema literario galego. Porque se ningunha editora quixo publicar ese libro...
– O reintegracionismo, sobre todo a través das súas relacións coa Lusofonía ten que aproveitar esa oportunidade e estao facendo. Nós tamén distribuimos por Portugal.
– Que tal de resultados alí?
– Os resultados non teñen que ver só co produto. Ten que ver com moitas outras cousas, co coñecemento do autor, con estar integrado nos circuitos culturais dun determinado país, e sempre van ser máis pobres que na Galiza, pero non por iso temos que deixar de aproveitalos.
– Foi o resultado dun debate público e aberto que rematou nunha asemblea e foi apoiado de forma amplísima polos socios. E con ela recoñecemos que no reintegracionismo había dúas tradicións había dúas tradicións gráficas que se diferenciaban basicamente en que as palabras que acaban en -on nas nosas falas podían ser representadas con -on ou con -ao. E a AGAL até antes desa asemblea só recoñecía unha delas, pero moitos socios utilizaban a outra, ou as dúas dependendo do contexto. E, despois dun debate, que eu penso que foi superfranco, a asociación decidiu que non valía a pena presentar dúas normas á sociedade, cando había diferencias moi pequenas entre as dúas, así que decidimos camiñar no sentido que xa o fixeron outras linguas, como o valenciano e o catalán, ou mesmo o portugués e o brasileiro no acordo ortográfico de hai uns 15 anos. Entón a partir de agora a AGAL vai ter unha única norma con variantes en vez de ter dúas normas. Sería un proceso moi semellante ao que aconteceu no propio galego oficial coa normativa de mínimos e a normativa oficial antiga. Na práctica isto facilita a colaboración entre os reintegracionistas e tamén coas propias institucións e con organismos de todo tipo.
- Efectivamente houbo persoas que se foron, aínda que moi poucas, porque consideran que a AGAL se debía limitar a defender a norma que creou nos anos 80, mais a sociedade mudou moitísimo desde entón e esa norma necesitaba unha ampliación porque xa moitos socios usaban outras variantes, máis próximas do portugués, e iso no fondo non deixa de ser algo parecido ao que aconteceu na normativa oficial entre os partidarios dos mínimos e do ILG. Todos están recoñecidos na nova norma e digamos que axuda a clarificar o panorama.
- Usaches o pasado para referirte á norma AGAL. Podémoslle seguir chamando norma AGAL?
- Si, a norma AGAL vai ser ampliada, iso foi o que decidiu a asemblea, pero ás veces utilizo iso en pasado para que se entenda ben o concepto. Porque hai persoas que aínda se seguen a referir á norma AGAL exclusivamente á terminación -çom, por exemplo. Ou o indefinido feminino umha. A partir de agora tamén van ser recoñecidas as outras formas, como moitas outras normas do mundo.
- Esta nova asociación, a Associaçom de Estudos Galegos, di que van establecer o padrón da AGAL.
- Eu non me quero meter nas declaracións que eles fan, pero nós, a AGAL, vai dar cabida a calquera uso gráfico que teñan os reintegracionistas, tamén o deles. Digamos que a norma da AGAL está escrita desde o ano 83 e esa norma vai figurar toda, absolutamente toda, nesta nova norma. O reintegracionismo recoñece con este paso que se pode ser reintegracionista de moitas maneiras, que non hai unha única maneira de chegar ao reintegracionismo. Antigamente chegábase só ao reintegracionismo a través dunha vía, que era a vía militante, asociativa, e as persoas ían aprendendo esa norma como podían neses ámbitos, pero esa norma non tiña ensino nin medios de comunicación que as puidesen proxectar, como teñen as normas, entón o reintegracionismo agora recoñece outras maneiras, a través do ensino do portugués, da emigración a Portugal, da Internet, etc.
- Agora xa hai deputados en Madrid reintegracionistas, non?
- Si, hai dous, que eu saiba.
- Cal é o outro?
Raimundo Viejo por Barcelona, que é un reintegracionista histórico, e pola Coruña Antón Gómez-Reino. Son reintegracionistas de práctica, publicamente exprésanse en reintegrado.
- Eu creo que iso non é verdade, o que pasa é que o reintegracionismo ten que ler os momentos os que estamos, e agora mesmo non fai moito sentido o debate filolóxico ou normativo. Non estamos ás portas dunha negociación coa normativa oficial para negociar se imos poñer ç ou z, nh ou ñ. Os obxectivos da AGAL e desa asociación son idénticos: reforzar a cultura galega a través da relación co mundo portugués, mais a AGAL o que fai é recoñecer que hai moitas maneiras de dalo e que non é só o confrontamento normativo ou a discusión filolóxica a única actividade á que se debe dedicar o reintegracionismo. Hai moitas maneiras de ser reintegracionista, de chegar a el. E o noso obxectivo debe ser falar coa sociedade no seu conxunto, non só cos que teñan interese en debates lingüísticos ou filolóxicos. O reintegracionismo, polas circunstancias en que se encontra agora tanto el como o conxunto da cultura galega, ten que se esforzar en dar a coñecer outras variedades do galego no mundo, en conseguir que as variedades galegas teñan contacto con outras e non en discutir a acentuación, por exemplo. Porque ese interese non existe máis que en certos círculos, mais nós queremos ampliar a nosa influencia, e para iso temos que recoñecer que moitas persoas chegan máis facilmente hoxe en día á nosa proposta ortográfica a través do estudo do portugués que do coñecemento ou do estudo da nosa norma ortográfica concreta. Esa é a cuestión, pero en absoluto nós estamos avogando por nada parecido ao lusitanismo, de feito temos unha liña de traballo -que está a ser superdesenvolvida- que se encarga de desfacer preconceptos en relación a iso, de facer notar que existe unha relación enorme entre a identidade galega e as propostas do reintegracionismo.

"O reintegracionismo recoñece con este paso que se pode ser reintegracionista de moitas maneiras"– En canto ao da iniciativa Paz Andrade, desde aquel anuncio do Goberno, con Feijoo e o presidente portugués, non se soubo máis do tema.

"Temos que recoñecer que moitas persoas chegan máis facilmente hoxe en día á nosa proposta ortográfica a través do estudo do portugués que do coñecemento ou do estudo da nosa norma ortográfica concreta"– Vaiamos xa ao tema da confluencia normativa…
– Foi o resultado dun debate público e aberto que rematou nunha asemblea e foi apoiado de forma amplísima polos socios. E con ela recoñecemos que no reintegracionismo había dúas tradicións había dúas tradicións gráficas que se diferenciaban basicamente en que as palabras que acaban en -on nas nosas falas podían ser representadas con -on ou con -ao. E a AGAL até antes desa asemblea só recoñecía unha delas, pero moitos socios utilizaban a outra, ou as dúas dependendo do contexto. E, despois dun debate, que eu penso que foi superfranco, a asociación decidiu que non valía a pena presentar dúas normas á sociedade, cando había diferencias moi pequenas entre as dúas, así que decidimos camiñar no sentido que xa o fixeron outras linguas, como o valenciano e o catalán, ou mesmo o portugués e o brasileiro no acordo ortográfico de hai uns 15 anos. Entón a partir de agora a AGAL vai ter unha única norma con variantes en vez de ter dúas normas. Sería un proceso moi semellante ao que aconteceu no propio galego oficial coa normativa de mínimos e a normativa oficial antiga. Na práctica isto facilita a colaboración entre os reintegracionistas e tamén coas propias institucións e con organismos de todo tipo.
"O portugués no último ano aumentou moitísimo: pasou de 861 alumnos o curso anterior a 1.841 este. É dicir, medrou un 70% nun só curso"- Isto da confluencia produciu unha fuga na Comissom Lingüística da AGAL, con demisións, que está en ‘stand-by’ até abril.
- En que escribe, por exemplo, a directiva da AGAL?
Eu, por exemplo, escribo niso que antes se coñecía como a norma da AGAL, pero agora vai ser ampliada, vai ser máis flexíbel. E eu vou continuar a escribir exactamente no mesmo que escribín sempre.
- Efectivamente houbo persoas que se foron, aínda que moi poucas, porque consideran que a AGAL se debía limitar a defender a norma que creou nos anos 80, mais a sociedade mudou moitísimo desde entón e esa norma necesitaba unha ampliación porque xa moitos socios usaban outras variantes, máis próximas do portugués, e iso no fondo non deixa de ser algo parecido ao que aconteceu na normativa oficial entre os partidarios dos mínimos e do ILG. Todos están recoñecidos na nova norma e digamos que axuda a clarificar o panorama.
- Usaches o pasado para referirte á norma AGAL. Podémoslle seguir chamando norma AGAL?
- Si, a norma AGAL vai ser ampliada, iso foi o que decidiu a asemblea, pero ás veces utilizo iso en pasado para que se entenda ben o concepto. Porque hai persoas que aínda se seguen a referir á norma AGAL exclusivamente á terminación -çom, por exemplo. Ou o indefinido feminino umha. A partir de agora tamén van ser recoñecidas as outras formas, como moitas outras normas do mundo.
- Esta nova asociación, a Associaçom de Estudos Galegos, di que van establecer o padrón da AGAL.
- Eu non me quero meter nas declaracións que eles fan, pero nós, a AGAL, vai dar cabida a calquera uso gráfico que teñan os reintegracionistas, tamén o deles. Digamos que a norma da AGAL está escrita desde o ano 83 e esa norma vai figurar toda, absolutamente toda, nesta nova norma. O reintegracionismo recoñece con este paso que se pode ser reintegracionista de moitas maneiras, que non hai unha única maneira de chegar ao reintegracionismo. Antigamente chegábase só ao reintegracionismo a través dunha vía, que era a vía militante, asociativa, e as persoas ían aprendendo esa norma como podían neses ámbitos, pero esa norma non tiña ensino nin medios de comunicación que as puidesen proxectar, como teñen as normas, entón o reintegracionismo agora recoñece outras maneiras, a través do ensino do portugués, da emigración a Portugal, da Internet, etc.
- Agora xa hai deputados en Madrid reintegracionistas, non?
- Si, hai dous, que eu saiba.
- Cal é o outro?
Raimundo Viejo por Barcelona, que é un reintegracionista histórico, e pola Coruña Antón Gómez-Reino. Son reintegracionistas de práctica, publicamente exprésanse en reintegrado.
"O noso obxectivo debe ser falar coa sociedade no seu conxunto, non só cos que teñan interese en debates lingüísticos ou filolóxicos"- Un dos demisionarios da Comissom Lingüística, Mauricio Castro, denunciaba unha deriva cara ao “lusitanismo”. El reivindicaba unha posición nacional e alertaba nesta entrevista de que hai xente que asume que a loita do galego está perdida e que a única solución é o portugués…
- Eu creo que iso non é verdade, o que pasa é que o reintegracionismo ten que ler os momentos os que estamos, e agora mesmo non fai moito sentido o debate filolóxico ou normativo. Non estamos ás portas dunha negociación coa normativa oficial para negociar se imos poñer ç ou z, nh ou ñ. Os obxectivos da AGAL e desa asociación son idénticos: reforzar a cultura galega a través da relación co mundo portugués, mais a AGAL o que fai é recoñecer que hai moitas maneiras de dalo e que non é só o confrontamento normativo ou a discusión filolóxica a única actividade á que se debe dedicar o reintegracionismo. Hai moitas maneiras de ser reintegracionista, de chegar a el. E o noso obxectivo debe ser falar coa sociedade no seu conxunto, non só cos que teñan interese en debates lingüísticos ou filolóxicos. O reintegracionismo, polas circunstancias en que se encontra agora tanto el como o conxunto da cultura galega, ten que se esforzar en dar a coñecer outras variedades do galego no mundo, en conseguir que as variedades galegas teñan contacto con outras e non en discutir a acentuación, por exemplo. Porque ese interese non existe máis que en certos círculos, mais nós queremos ampliar a nosa influencia, e para iso temos que recoñecer que moitas persoas chegan máis facilmente hoxe en día á nosa proposta ortográfica a través do estudo do portugués que do coñecemento ou do estudo da nosa norma ortográfica concreta. Esa é a cuestión, pero en absoluto nós estamos avogando por nada parecido ao lusitanismo, de feito temos unha liña de traballo -que está a ser superdesenvolvida- que se encarga de desfacer preconceptos en relación a iso, de facer notar que existe unha relación enorme entre a identidade galega e as propostas do reintegracionismo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario