A Consellaría acepta a proposta da CIG-Ensino de incrementar unha hora
na materia de filosofía de 1º de Bacharelato e tamén accedeu á nosa
petición de que o profesorado interino poida acceder ás licenzas de
formación.
O Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo
Louzao, manifestou que “este Decreto emana da LOMCE e desde a CIG-Ensino
reafirmámonos na necesidade da súa retirada. Comprobouse coa súa
aplicación en Primaria o pasado curso que a Consellaría debería adiar a
súa publicación, estamos repetindo o despropósito do ano anterior, pois é
obvio que os currículos non se van publicar até o mes de agosto pois
antes desa data non conseguirá pasar todos os trámites legais.”
Na mesa sectorial de hoxe tratábase o Currículo da ESO e do
Bacharelato para a aplicación da LOMCE e o seu calendario de
implantación.
O Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao,
manifestou que “este Decreto emana da LOMCE e desde a CIG-Ensino
reafirmámonos na necesidade da súa retirada. Comprobouse coa súa
aplicación en Primaria o pasado curso que a Consellaría debería adiar a
súa publicación, estamos repetindo o despropósito do ano anterior, pois é
obvio que os currículos non se van publicar até o mes de agosto pois
antes desa data non conseguirá pasar todos os trámites legais.” Anxo
Louzao tamén manifestou que “é un despropósito que se pretenda unha
aplicación sen tempo suficiente, un desprezo ao profesorado que non vai
contar co documento definitivo para a realización das programacións e
aos equipos directivos que non van poder establecer que cadros de
persoal precisan ao non ter o Decreto definitivo en que se van recoller
as materias a impartir e as súas cargas horarias. Mesmo é un desprezo ás
familias e ao alumnado.” Por todos estes motivos a CIG-Ensino pediu que
o tema quedase sobre a mesa e que se adíe a aplicación da LOMCE en
Secundaria.
A CIG-Ensino criticou este Decreto por estar
impregnado ideoloxía neoliberal e mercantilista do partido popular.
“Aparecen materias como Iniciación ao mundo empresarial, Actividade
emprendedora ou obxectivos transversal
“adquisición de competencias
para a creación e desenvolvemento de distintos modelos de empresas e o
respecto ao empresario e á ética empresarial”, mentres non se
recolle nada sobre o respecto aos dereitos laborais. É a ansia do PP por
converter o alumnado en empresarios e empresarias, preguntámonos se
será seguindo os modelos de Rato, Blesa, ou Díaz Ferrán. Estamos ante
uns currículos que pretenden formar un alumnado alienado, man de obra
submisa.” Denunciou Anxo Louzao.
“Imponse a retirada do decreto
tamén polo seu desprezo absoluto ao noso país e á nosa cultura. Son
currículos elaborados de costas á nosa realidade nacional e afondarán
aínda máis no descoñecemento do que nos é propio para ir inoculando máis
prexuízos e maior españolización. Eliminouse o pouco que facía
referencia a Galiza. A nosa historia queda subsumida á española. Así,
por exemplo, feitos históricos tan relevantes para a historia do noso
país como o Reino Suevo, a etapa medieval, as revoltas irmandiñas, a
emigración, etc. non teñen cabida no currículo escolar. En filosofía
non se recollen figuras como Prisciliano, Francisco Sánchez, Padre
Feijoo ou Castealo.” O Secretario Nacional da CIG-Ensino incidiu na
ideoloxización dun currículo que “trata exclusivamente o holocausto
xudeu, mais esquece toda referencia á situación do pobo palestino ou o
que significaron os procesos de colonización en América.” Un currículo
que non ten en conta a situación do noso idioma, pois presenta un
currículo integrado de linguas que non ten en conta o contexto de
diglosia no noso país.
A CIG-Ensino manifestou o seu rexeitamento
ás reválidas, que van supoñer eliminar unha parte importante do alumnado
do sistema educativo, promover a ignorancia do propio, a supresión na
práctica da avaliación continua e o desprezo ao noso traballo
converténdonos en preparadores de reválidas a través das cales se
invaden as competencias da Consellaría, enviando desde Madrid mesmo a
tradución das probas. Neste sentido a CIG-Ensino esixiu da Consellaría
que presente recurso contra o Decreto de reválidas por invasión de
competencias.
A CIG-Ensino tamén reclamou a redución das rateos a
20 e 25 alumnos na ESO e no Bacharelato, a redución destas rateos nas
aulas de linguas estranxeiras, que non se límite ao número de alumnos a
oferta das materias de libre configuración ou de especialidade.
Reclamamos a eliminación da relixión do currículo escolar e que o
portugués sexa unha das materias a ofertar como segunda lingua
estranxeira.
A CIG-Ensino propuxo que en
Filosofía
se incremente a carga horaria de 1º de Bacharelato a tres horas, por
ser unha materia troncal e imprescindíbel na formación do alumnado, p
roposta que foi aceptada pola Administración. A CIG-Ensino tamén propuxo que en 2º de Bacharelato se imparta Historia da Filosofía como materia de libre configuración.
En relación á materia de
Tecnoloxía
a CIG-Ensino propuxo que fose ofertada en 4º entre as materias troncais
de opción na modalidade de ensinanzas académicas, que se cree un
itinerario de tecnoloxía no bacharelato de ciencias en que se contemple
as materias de Tecnoloxía Industrial I e II como materias específicas e
ampliar o seu horario de 3 a catro horas. É dicir aseguraríase que os
centros que hoxe imparten Tecnoloxía Industrial I e II no Bacharelato,
poidan seguir a facelo.
En
Música que sexa
impartida en 1º da ESO unha materia de libre configuración de contido
musical para que non se produza a ruptura coa etapa de Primaria e que no
Bacharelato se imparta Historia da música con 4 horas.
Finalmente
a CIG-Ensino reclamou que figure xa neste Decreto as materias de
Literatura galega do s. XX, Xeografía e Historia de Galiza, Pensamento
galego, Literaturas hispánicas Literatura Universal contemporánea.
Drástica redución en Formación do profesorado:
Nesta
mesa tratouse tamén a orde de licenzas retribuídas por formación para o
curso 2015-2016. A CIG-Ensino denunciou en primeiro lugar a drástica
redución destas licenzas de formación que se reducen nun 63% pois pasan
de un cómputo de 1450 meses no curso 2012-2013, a 500 meses nos dous
últimos cursos e nesta proposta para o vindeiro curso, é dicir, a
Consellaría mantén a drástica redución a un terzo das licenzas por
estudos.
A CIG-Ensino denuncia que esta modalidade de formación
non está pensada para a mellora da calidade do ensino e da formación do
profesorado, senón para pór en marcha e xeneralizar os plans estrela do
PP: o proxecto Abalar e o Plurilingüismo, sen ter en conta as
necesidades pedagóxico-didácticas do ensino, nin a situación do noso
idioma, elementos estes que deberían ser os piares da formación do
profesorado na procura dun ensino de calidade na nosa lingua.
A
CIG-Ensino tamén denunciou que esta oferta consolida a eliminación das
licenzas por estudos existentes até o curso 2011-12 para a realización
de teses, obtención de licenciaturas, etc. e ademais este modelo de
licenzas de formación non abranguen na práctica ao conxunto do
profesorado, xa que a modalidade 1 e 2 está pensada exclusivamente para o
alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO.
A CIG-Ensino
criticou que a Consellaría só se limita á elaboración de materiais
dixitais, pensados para o proxecto Abalar, e materiais plurilingües,
maioritariamente en inglés, desterrando calquera tipo de formación no
ámbito pedagóxico-didáctico, formación en contidos transversais, etc.
Especialmente alarmante é a desleixo da Consellaría en canto á
utilización destas licenzas de formación para elaborar materiais en
galego para as distintas materias e etapas, entre elas a FP, unha etapa
especialmente deficitaria en materiais en galego.
A CIG-Ensino propuxo que se permita participar nesta convocatoria ao profesorado interino e a Consellaría aceptouno.