mércores, 13 de xullo de 2011

Conmemórase o 150 aniversario dos Xogos Florais da Coruña, inicio do Rexurdimento literario da lingua galega


A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, quere sumarse á conmemoración do 150 aniversario dos Xogos Florais da Coruña, que marcaron o inicio do noso Rexurdimento literario e, con el, da restauración do galego como idioma de cultura.
Máis información en:

Asociacións galegas denuncian "pasos atrás gravísimos" no cumprimento da Carta Europea de Linguas Rexionais


Unha delegación conformada por membros da asociación A Mesa pola Normalización Lingüística e a plataforma 'Queremos Galego' denunciou ante os membros do Comité de Expertos da Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias os "pasos atrás gravísismos" emprendidos dende a chegada de Alberto Núñez Feijóo ao Goberno galego en 2009.
Máis información en:

http://prolinguagalega.org/2011/07/07/quique-costas-falou-sobre-a-situacion-do-galego-ante-expertos-da-consello-de-europa/

A capacitación lingüística en galego da cidadanía avanza da man das novas tecnoloxías


A Xunta de Galicia xa dispón dunha nova modalidade de formación para mellorar a capacitación lingüística en galego do persoal ao servizo das administracións públicas. Trátase dos primeiros cursos en liña de linguaxe administrativa e xurídica galegas.
Máis información en:

Chegan ás aulas de infantil novos recursos audiovisuais para reforzar a aprendizaxe do galego


A pota que trota, Os sete cabritos e Fiz, o coleccionista de medos son os títulos dos tres contos en formato audiovisual que a Secretaría Xeral de Política Lingüística distribuíu este mes de xuño nos centros educativos de Galicia e tamén nas aulas hospitalarias da comunidade.

            Máis información en:

http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1892

A iniciativa Sermos Galiza anuncia un novo semanario en galego para este mesmo ano


Un semanario de información xeral e mais un diario dixital en galego. Estas son as propostas que a iniciativa Sermos Galiza quere desenvolver antes de que remate este ano.
Máis información en:

http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=853&desc=sermos_galiza,_iniciativa_social_para_a_creacion_de_medios_en_galego

O BNG esíxelle á Xunta que garanta o galego nos medios


O Grupo Parlamentario do BNG rexistrou onte unha iniciativa na que urxe á Xunta a "adoptar as medidas precisas para garantir a existencia dun espazo de comunicación galego que asegure a viabilidade de medios de comunicación escritos integramente en galego".
Máis información en:

Celebrada unha concentración na praza do Toural en defensa dos medios en galego

Celebrouse na praza do Toural unha concentración en defensa dos medios de comunicación en galego convocada pola Mesa pola Normalización, na que estiveron presentes o propio presidente da Mesa, Carlos Callón, e o escritor Miguel Anxo Fernán Vello, que criticaron a política de "demolición" que está practicando a actual Xunta e que está acabando co espazo de comunicación en galego.
Máis información en:
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/concentracion-defensa-dos-medios-galego-loita-continua/idEdicion-2011-07-04/idNoticia-684269/

Desaparece Galicia Hoxe, o único diario impreso en lingua galega

Xa non hai ningún diario impreso escrito en galego. O martes día 28 de xuño chegou aos quioscos o último dos 2.943 números de Galicia Hoxe, a cabeceira que, desde o 17 de maio de 2003, mantiña na rúa o Grupo Correo Gallego.
Máis información en:

As tres universidades galegas convocan o Premio Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras


O Premio Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras outorgará 3.000 euros a quen deseñe a mellor campaña de normalización e 1.500 euros a quen teña a mellor idea para a promoción do galego.
Máis información en:

Un curso de verán da Universidade de Santiago achega contidos sobre dereitos lingüísticos aos estudantes de Dereito


A lexislación vixente sostén que os graduados en Dereito en Galicia deben estar preparados para satisfaceren na súa actividade profesional os dereitos lingüísticos dos cidadáns recoñecidos na Constitución, no Estatuto de Autonomía ou na Lei de normalización lingüística, tales como poder dirixirse en galego á Administración pública con sede en Galicia e esixir o seu uso.
Máis información en:
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2011_06/noticia_0133.html

venres, 1 de xullo de 2011

A Mesa pola Normalización Lingüística pídelle ao novo alcalde da Coruña que non recupere o topónimo en castelán

O voceiro da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, repetiulle a petición do seu colectivo ao alcalde da Coruña, Carlos Negreira, para que non cumpra cunha das súas promesas electorais estrela, a recuperación do topónimo castelán.

Máis información en:
http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2011/06/23/0003_201106H23C6993.htm

Os profesores de lingua galega no Bierzo denuncian discriminación

Aseguran estar cansos de que impartir galego no Bierzo se convertese nunha “carreira de obstáculos”. Denuncian a discriminación da súa materia e o intento, por parte das direccións dalgúns centros, de evitar que os alumnos escollan o programa de galego. Os pais tamén denuncian coaccións para que o alumnado non escolla o ensino en lingua galega.

Máis información en:
http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/carreira-obstaculos/idEdicion-2011-06-24/idNoticia-681812/
http://www.diariodeleon.es/noticias/noticia.asp?pkid=613639&page=2
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Padres/Leon/denuncian/coacciones/gallego/elpepuespgal/20110624elpgal_17/Tes

O .gal, o dominio para a lingua e a cultura galegas, prevé presentar a súa candidatura a comezos de 2012

A ICANN, o ente que organiza os enderezos de internet, aprobou o lanzamento do proceso de candidaturas para novos dominios. Isto significa que probablemente o Puntogal (.gal), o dominio para a lingua e a cultura galegas, poderá presentarse a exame no primeiro cuadrimestre de 2012.

Máis información en:
http://www.puntogal.org/actualidade/nova.php?id=443&lg=gal

Camiño das culturas e das linguas

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a asociación Estudio de Filología Aragonesa, a Euroccat-Eurocongrès 2000 des Pays Occitans et Catalans, a Ofis ar Brezhoneg, a Christian-Albrechts_Universität Zu Kiel e mais o Euskarabidea/Instituto Navarro del Vascuence están a desenvolver o proxecto Camiño das culturas e das linguas, que ten como obxectivo promover a divulgación do patrimonio cultural e lingüístico vinculado ao Camiño de Santiago.
No marco deste proxecto de colaboración desenvolveranse nos vindeiros meses diferentes actuacións, entre elas a exposición itinerante “Europa nos camiños a Santiago” e o congreso “As Linguas e Culturas do Camiño de Santiago de Compostela: Presente e Futuro”.

Máis información en:
http://santiagolanguages.com/gl/proyecto-camino

Galicia, País Vasco, Cataluña e Illas Baleares reúnense para avanzar na cooperación en materia de política lingüística

Os máximos responsables da política lingüística de Galicia, País Vasco, Cataluña e Baleares –Anxo Lorenzo, Lourdes Auzmendi, Yvonne Griley e Margalida Tous, respectivamente– participaron na reunión da comisión de seguimento do protocolo de colaboración que manteñen os catro gobernos en materia de política lingüística e que ten como obxectivo prioritario impulsar a presenza e o recoñecemento das súas linguas propias no ámbito estatal e europeo. Os catro gobernos acordaron na reunión solicitarlle á Comisión Europea a incorporación das súas linguas propias na base de datos terminolóxica da Unión Europea (UE), coñecida polas siglas inglesas IATE (InterActive Terminology for Europe).

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1869

A lingua galega acompaña os máis novos na súa viaxe de iniciación polo deporte do xadrez

Aprender a xogar ao xadrez de forma doada, pedagóxica e en lingua galega. Ese é o principal obxectivo de Xadrez para Todos, unha colección de manuais para o ensino do xadrez nos ámbitos educativo, deportivo e lúdico.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1868

A Xunta de Galicia publica unha nova orde para regular os cursos de linguaxe administrativa e xurídica

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicou no DOG do 24 de xuño de 2011 a Orde do 13 de xuño de 2011, pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega. Con esta nova orde actualízase a normativa destes cursos específicos, anteriormente recollida en ordes do 1 de abril de 2005 e do 10 de marzo de 2004.
Na nova orde inclúense os requisitos para acceder a cada curso, as equivalencias e validacións entre diferentes formacións, o sistema de avaliación e certificación e mais os programas de cada nivel.

Pódese consultar a orde completa en:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110624/AnuncioC3F1-140611-3188_gl.pdf