venres, 25 de marzo de 2011

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2011,

12mar. por Nontedurmas Federación
Orde do 8 de marzo de 2011 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2011, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.
Artigo 1º.-Obxecto e ámbito da convocatoria.
O obxecto desta orde é establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación lingüística durante o ano 2011, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia.
Artigo 2º.-Actividades de formación convocadas.
1. As actividades que responden ao obxecto desta orde, e cuxo contido se especifica en canto a número de prazas, destino e réxime de aloxamento no anexo VI, son actividades de formación e mobilidade para a mellora na competencia no uso das linguas estranxeiras.
2. O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto, coa excepción das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2011-2012.
As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.
A Administración resérvase o dereito de adxudicarlles destino ás persoas seleccionadas atendendo, na medida do posible, ás preferencias indicadas na solicitude.

DOG 11/03/2011

mércores, 23 de marzo de 2011

A plataforma Queremos Galego anuncia novos actos reivindicativos para abril e maio

A plataforma Queremos Galego anunciou en Compostela a próxima convocatoria de dous actos a prol da lingua. O primeiro será o 30 de abril na capital de Galicia e o segundo a habitual manifestación pola lingua o Día das Letras Galegas.

Máis información en:
http://www.queremosgalego.org/
http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/dous-anos-nefastos/idEdicion-2011-03-17/idNoticia-649902/
http://www.xornal.com/artigo/2011/03/16/politica/queremos-galego-pora-voz-defensa-da-lingua-nun-grande-acto-abril/2011031613124200769.html

O deputado Bieito Lobeira pide o amparo da Cámara por trato vexatorio por parte de policías nacionais por falar galego

O deputado do BNG Bieito Lobeira remitiu un escrito á presidencia do Parlamento para pedir o amparo da Cámara ante o que considera un trato "vexatorio, humillante e desprezativo" por parte do responsábel dun control organizado pola Policía Nacional e dun dos seus efectivos, que lle denegaron o seu dereito a recibir atención en galego.

Máis información en:
http://www.xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=75862

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) insta aos partidos políticos a incluír a normalización lingüística nos seus programas electorais

Ante as próximas eleccións municipais do 22 de maio, a CTNL dirixiuse aos partidos políticos para proporlles que inclúan nos seus programas a creación ou potenciación de servizos de normalización lingüística (SNL) dotados de recursos humanos e orzamentarios, para promover o uso e prestixio do galego en todas as accións do concello e en todos os ámbitos do municipio.

Máis información en:
http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=804&desc=a_ctnl_insta_aos_partidos_politicos_a_incluir_a_normalizacion_linguistica_nos_seus_programas_electorais

Bocaberta entra no seu quinto mes de programación cunha axenda semanal repleta de actividades en galego para os máis novos

Bocaberta leva estes días múltiples actividades de dinamización lingüística polas catro provincias galegas cando se cumpren cinco meses da súa programación de 2010-2011.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1762

Política Lingüística reforza a dinamización do galego desde o ámbito local cunha nova convocatoria de axudas para 2011

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as axudas de 2011 destinadas a fomentar o uso do galego desde o ámbito local. A nova orde de subvencións para as entidades locais publicouse no Diario Oficial de Galicia do 11 de marzo de 2011.


Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1759

 Un total de 45 concellos de toda Galicia xa está adherido á Rede de Dinamización Lingüística.
A Rede de Dinamización Lingüística conta nestes momentos cun total de 45 concellos adheridos, segundo informou o responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1760

A Mesa pola Normalización Lingüística convoca os internautas para acabar coa discriminación do galego nas operadoras telefónicas

Co obxectivo de que non se dean máis casos de discriminación de tipo lingüístico no eido das empresas de telefonía, a Mesa convida os usuarios dos seus servizos en liña a facela partícipe de todo canto caso de desleixo co galego se poida rexistrar.

Máis información en:
http://www.codigocero.com/A-Mesa-convoca-aos-internautas

Política Lingüística promove a oferta de materiais educativos en lingua galega a través de axudas para a súa edición

Promover a oferta de recursos didácticos curriculares en galego: este é o principal obxectivo das subvencións que convoca no Diario Oficial de Galicia a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1754

luns, 21 de marzo de 2011

Queremos Galego "porá voz" á defensa do idioma "nun grande acto nacional" o próximo 30 de abril

Publicado en www.europapress.es
16-03-2011. A plataforma cívica Queremos Galego "porá voz" á defensa do idioma propio de Galicia o próximo 30 de abril "no marco dun grande acto nacional", que se celebrará previsiblemente no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.
En concreto, será un acto que contará con intervencións de figuras pertencentes aos diferentes ámbitos da sociedade e cultura galega e no que se pretende impulsar un manifesto "de reivindicación" e en defensa do galego, sobre todo, tras "dous anos nefastos" en materia lingüística co goberno do PPdeG na Xunta.
Este evento verase acompañado, o próximo 17 de maio e con motivo do Día das Letras Galegas, de diferentes concentracións de protesta cidadá ás 12.00 horas para dar lectura ao documento que sairá adiante nesa reunión en Compostela e sobre os que, polo momento, falta concretar a súa "extensión".
En rolda de prensa e ao coincidir "días antes das eleccións municipais", o voceiro da plataforma, Carlos Callón, pediu aos votantes do Partido Popular desconformes coa súa actuación respecto ao idioma "que saian do armario", pois "non "poden apoiar" a esta formación "se de verdade defenden" a cultura galega.
Callón lamentou, en pleno ecuador da lexislatura presidida por Alberto Núñez Feijóo, "é moito máis difícil vivir en galego que hai dous anos", ante a "falta de compromiso" no ámbito educativo, o peche de medios de comunicación no idioma propia e o "escándalo" da imposibilidade de acceder ao galego nas aplicacións informáticas da administración de Xustiza.
Celebrarán concentracións en municipios o Día das Letras Galegas para denunciar os "dous anos nefastos" de medidas contra o galego.
"Non ten comparación con outras Comunidades Autónomas con lingua propia", constatou o tamén presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística, tras recordar que a lexislación insta á Xunta a ser a "principal defensora" do galego.
"CAMUFLAXE" PLURILINGÜE
Por outro lado, a plataforma Queremos Galego enmarcou o Plan de Potenciación de Linguas Estranxeiras, impulsado pola Consellería de Educación, nunha campaña "de pura propaganda" e "camuflaxe" para asestar unha "navallada" á cultura galega.
Ao respecto, Callón sinalou que, mentres as competencias en inglés "non mellora en absoluto" nin "en materiais" dispoñibles, un 20 por cento do alumnado "non ten competencias comunicativas con fluidez" en galego e sen adoptarse "ningunha medida para corrixilo".
Nesta liña, o secretario nacional da CIG-Ensino e voceiro da plataforma, Anxo Louzao, considerou que este Plan se sustenta en tres piares encamiñados a que o galego "teña a menor presenza posible como lingua vehicular".
Louzao apuntou, en concreto, á ausencia de recursos en galego na implantación do Plan Abalar e que supuxo que se impartan "en castelán" materias que deberían darse en galego, a Lei de Convivencia que posibilitará a consulta aos pais sobre a lingua das materias --eliminada no seu día do decreto do plurilingüismo por falta de cobertura legal advertida polo conselo Consultivo-- e, en definitiva, toda premisa que "xira arredor do plurilingüismo" impulsada polo Executivo galego.
"Non hai ningunha medida que se poida considerar positiva", criticou o sindicalista da CIG, quen avoga por dotar de "profesorado" e "medios" aos centros para traballar na mellora da competencia lingüística do alumnado.
Enlace permanente
http://www.europapress.es/galego/noticia-queremos-galego-pora-voz-defensa-do-idioma-nun-grande-acto-nacional-proximo-30-abril-santiago-20110316132804.html

xoves, 17 de marzo de 2011

Descontos para viaxes ao estranxeiro e campamento de inglés

16 mar
Familias

FANPA-PONTEVEDRA é unha Federación colabaradora da empresa GLOBAL PROJECT, razón pola cal todas as familias das nosas ANPA poden desfrutar de descontos en campamentos de inglés en España e nos viaxes ao estranxeiro.
No díptico de abaixo poden atopar toda a información, aínda que poña que os descontos son para familiares, todas as nosas familia teñen desconto.
PDF - 1 MB

Bolsas MEC inglés


17 mar
Familias

Estimadas familias:
Dende FANPA-PONTEVEDRA queremos axudarvos coas tramitacións das bolsas publicadas no BOE o 28/022011, na Orde EDU/404/2011, de 17 de febreiro, pola que se convocan axudas para cursos de lingua inglesa, durante o verán de 2011, destinadas a mozos/as de entre 16 e 30 anos.
Toda a información :
Word - 29 KB

martes, 15 de marzo de 2011

4º Edición do programa de actividades Mexturanzas

10mar
Comunicamos que as actividades de patinaxe ( venres e sábados) xunto co obradoiro de barro xa están completos, poderán seguir anotándose pero quedarán en reserva. No resto das actividades aínda hai prazas dispoñibles.
MESTURANZAS é un programa de lecer e tempo Libre organizado pola Federación Provincial de ANPA de Pontevedra (FANPA-PONTEVEDRA) en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, dirixido a familias (pais, nais e fillos/as) dos colexios públicos do concello de (...) Ler máis

mércores, 9 de marzo de 2011

Pelos na lingua: os prexuízos e o debate lingüístico visto desde o teatro e con humor


Ante a situación conflitiva do idioma, e despois da exitosa Bicos con lingua, Talía Teatro volve intervir no debate sociolingüístico cunha nova proposta escénica, Pelos na lingua, na que se convida á reflexión a través de dez sketchs cheos de humor e ironía. A partir de textos de Sechu Sende, María Ordóñez, Avelino González e Artur Trillo, a compañía Talía Teatro desenvolve un espectáculo áxil, dinámico e fresco no que a gran protagonista é a lingua galega, e os usos e abusos que sofre.
Algunhas das datas xa confirmadas para a representación desta obra son:
>19 de marzo en Cee
>5 de abril na Coruña (Forum)
>7 de abril en Ribadeo
>15 de abril na Laracha
>1 de maio na Rúa
>5 de maio na Coruña (Colón)
>6 de maio en Arteixo
>13 de maio en Culleredo e Oleiros
>14 de maio en Oleiros
>19 de maio no Milladoiro, Ames
>21 de maio en Narón
>22 de maio en Ourense
>3 de xuño en Vigo
>11 de xuño en Sanxenxo
Máis información en:

Presentouse o Dicionario de Bioloxía


O martes día 1 de marzo presentouse oficialmente o Dicionario de Bioloxía, editado polo Termigal (Servizo de Terminoloxía Galega). A presentación tivo lugar na Facultade de Bioloxía de Santiago de Compostela, e participaron nela o vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da Universidade de Santiago de Compostela (USC), F. Javier Garbayo; a decana da Facultade de Bioloxía, María Luz González; o coordinador do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e director do Termigal, Manuel González González; o catedrático da Facultade de Bioloxía Jaime Gómez; e un dos redactores da obra, o alumno da Facultade de Bioloxía David Villar.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Facultade de Bioloxía da USC impulsaron a realización desta obra, que inclúe, ademais, as equivalencias dos termos en castelán e inglés. O dicionario foi coordinado por Jaime Gómez, Ana María Viñas e Manuel González, e redactado por David Villar e Luís Vale, alumnos da Facultade de Bioloxía da USC.
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1738

Windows 7 e Office 2010, dispoñíbeis en galego

            Microsoft e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta presentaron as versións en galego dos últimos produtos tecnolóxicos de Microsoft, xa dispoñíbeis para a súa descarga: Windows7, Office 2010, Dynamics CRM e Sharepoint. A Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coa empresa Microsoft, presentaron a campaña Vive en galego, mediante a cal poñen ao dispor da cidadanía os parches en galego para: Windows7, Office 2010, Dynamics CRM e Sharepoint.

            Máis información en:

http://www.xunta.es/linguagalega/vive_en_galego_0

http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1736

O persoal da Administración autonómica e os centros educativos dispoñen de novos servizos en liña para traballar en galego

A Xunta de Galicia pon á disposición do persoal e alumnado dos centros educativos e mais dos profesionais da Administración autonómica un novo servizo en liña para facilitar o uso do galego no seu traballo. Trátase dun sistema que permite consultar o dicionario de galego Digalego e a Enciclopedia Galega Universal (EGU). Pódese acceder a estes recursos a través das seguintes ligazóns:
-        Dicionario galego: http://xunta.digalego.com
-        Enciclopedia galega universal: http://xunta.egu.es
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1734

domingo, 6 de marzo de 2011

O ENTROIDO


Unha vez mais a maxia do entroido invade o colexio e as rúas de Agolada. Parabéns a todos polo traballo realizado e polos séus resultados.

La Anpa del colegio de Agolada se opone a que el punto infantil se ubique en las viejas casas del centro


Cree que mermará el espacio para el patio

 06:30  
VOTE ESTA NOTICIA 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
REDACCIÓN - AGOLADA La Asociación de Nais e Pais (Anpa) del colegio público de Agolada mostró ayer su rechazo a que el futuro Punto de Atención a la Infancia (PAI) se ubique en las viejas viviendas que se encuentran dentro del recinto del centro educativo. Precisamente por ello, acaban de remitir sendas cartas con su postura al Concello de Agolada y a la jefatura provincial de Educación con el propósito de que se tome en cuenta, aunque el colectivo cree que la decisión está tomado y no se rectificará.
Los padres se oponen a la desafección de estas dos viviendas, principalmente, porque supondrá una nueva merma para el espacio destinado al patio de recreo. La entidad recordó que ya se ha perdido cierta superficie como consecuencia de las obras de mejor del campo de fútbol y no quieren que haya nuevos recortes.
Asimismo, consideran que estas viejas casas son una mala ubicación para el PAI, ya que se encuentra en el interior del recinto del colegio y se deberá crear una especie de corredor desde el portal que estiman que no es una buena solución además de comer más espacio para los escolares.
Finalmente, la Anpa cree que en el municipio agoladense hay terreno de sobra para acometer la construcción de un punto infantil en mejores condiciones y que además saldría más barato, ya que estiman que la reconstrucción de las viviendas será bastante costosa y además no ofrecerá espacio suficiente a los pequeños. También expresaron su malestar por el hecho de que la decisión esté tomada y no se haya realizado consultas con la comunidad educativa.

martes, 1 de marzo de 2011

Comunicado de Confapa-Galicia sobre a Lei de convivencia

Nota de prensa da Xunta Directiva de Confapa-Galicia:
Reunida en Pontevedra para a súa sesión ordinaria o 26 de febreiro na sede da Federación Provincial de ANPA de Pontevedra, Confapa-Galicia quere comunicar o seguinte a respecto do Proxecto de Lei de convivencia e participación:
Confapa-Galicia apoia o profesorado e considera que reforzar a súa autoridade é unha tarefa fundamental. Limitarse á promulgación dunha lei, sen tomar ao mesmo tempo outras medidas dirixidas ao conxunto do sistema educativo, resulta claramente insuficiente. Ademais de que unha lei sobre a convivencia non debe servir de escusa para solventar a falta de amparo legal para outro tipo de iniciativas políticas alleas a este fin.
Para nosoutros esta lei é inxusta e mesmo pode ser contraproducente, creando máis problemas dos que pretende solucionar pois desestrutura o noso sistema educativo, os seus órganos de organización interna, non establece un contrapeso de dereitos e deberes de alumnos pero tamén de profesores, dirección de centro e Administración educativa, introducindo a titoría do sistema xudicial para a resolución de problemas, xa que os alumnos e as familias se encontrarán en situación de indefensión: resultarán inútiles órganos como o Consello Escolar, esquecerase a mediación e a prevención dos conflitos así como a finalidade educativa de todas as medidas apropiadas ao ámbito escolar. É dicir, redúcense os recursos profesionais e materiais, cámbianse por regulamentos e normas de represión.
Como conclusión, esa norma carece de elementos de control sobre o exercicio desa autoridade para ser aplicados nunha realidade social que non xustifica tales medidas, resultando daquela unha norma inadaptada que deberá ser reformada por ineficaz.

Xunta Directiva de Confapa-Galicia

Representante da Conferención de ANPA de centros públicos de Galicia