mércores, 30 de maio de 2012

ORDE do 16 de maio de 2012 pola que se procede á ampliación dos importes para o financiamento das axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2011/2012 en 1.º, 2.º, 5.º e 6.º de educación primaria, 1.º e 3.º de educación secundaria obrigatoria e en educación especial.

30 maio
Mediante a Orde do 13 de maio de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 31 de maio), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado, no curso escolar 2011/2012, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, en 1.º, 2.º, 5.º e 6.º de educación primaria, 1.º e 3.º de educación secundaria obrigatoria e en educación especial.
O artigo 17 desta orde establece que estas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 09.05.423A.780.0, por importe total de 9.062.463 euros para o ano 2011, e na contía de 150.000 euros para o ano 2012, podéndose ampliar, se fose o caso, os ditos importes.
Mediante a Orde do 5 de decembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 15 de decembro), procédese a incrementar o importe en 2.948.602,72 euros, para esta mesma finalidade e con cargo á aplicación orzamentaria 09.05.423A.780.0.
Tendo en conta que estas axudas no están sometidas ao réxime de concorrencia competitiva, e que o importe asignado non é suficiente para atender os compromisos adquiridos ao abeiro da convocatoria, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Artigo único. Incrementar o importe para financiar as axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2011/2012 en 1.º, 2.º, 5.º e 6.º de educación primaria, 1.º e 3.º de educación secundaria obrigatoria y en educación especial, en tres mil novecentos oitenta e tres con trinta e cinco euros (3.983,35 euros), de acordo co establecido no artigo 17 da Orde do 13 de maio de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 31 de maio).




Charla obradoiro método UCMAS de cálculo mental


24maio

Dende a FANPA Pontevedra convidámosvos a que participedes nunha charla/obradoiro dirixida a pais/nais e profesores/as sobre o Método UCMAS de cálculo mental para nenos e nenas de 5 a 13 anos que se vai celebrar o vindeiro venres 1 de xuño ás 20:00 horas no CEIP Vidal Portela en Pontevedra.
As persoas interesadas só teñen que chamar de 9:30h a 13:30h ó nº telf 986 84 34 12 ou enviar un e-mail a: actividades@nontedurmas.org, indicando o seu nome, apelidos e número de teléfono.
Achegámosvos cartel e folleto explicativo para que poidades facer a maior difusión posible no voso centro escolar.



Kubus, para falar de fútbol en galego


Preséntase na rede o proxecto Kubus, unha revista sobre o fútbol e a súa historia en lingua galega.
Seguindo o exemplo de So Foot en Francia, Un Caño en Arxentina ou 11 Freunde en Alemaña, o obxectivo é levar ao prelo cada mes á beira de cen páxinas con contido futbolístico no noso idioma.

Pódese acceder a Kubus aquí.





Campaña para que Twitter trate o galego igual ca o éuscaro e o catalán


A rede social Twitter confirmou que o seu servizo será traducido só ao vasco e ao catalán, ademais de ao castelán, co cal a galega será a única das catro linguas oficiais no Estado español sen identidade propia en Twitter.
A Mesa pola Normalización Lingüística anima á iniciativa popular para que se multipliquen as solicitudes individuais de que se traduza Twitter ao galego, a través da páxina do centro de traducións da empresa estadounidense.
A Mesa tamén expresa a súa preocupación polo retroceso do galego na dita rede social. Un estudo de Web Ecology Project no 2009 concluía que o galego ocupaba o posto 21 entre as linguas máis usadas nesta rede social, mesmo por diante do catalán e de máis de cen idiomas que teñen máis falantes ca os que hai en Galicia. "Pódese dicir que, de xeito pioneiro, era o único idioma non oficial nun Estado que figuraba na listaxe mundial", salienta a Mesa.

Máis información en Galicia Hoxe.

Xornadas formativas de actualización para o profesorado avaliador das probas Celga 2012


A Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza tres xornadas formativas para os 203 avaliadores e examinadores das probas Celga 2012. As dúas primeiras xornadas terán lugar os días 18 e 19 de maio na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela, mentres que a terceira xornada desenvolverase o vindeiro 25 de maio no edificio administrativo da Xunta de Galicia de Vigo.
Cada xornada formativa terá unha duración de tres horas na que se abordarán, na procura da unificación dos criterios avaliativos, da descrición dos niveis Celga (certificado de lingua galega) e mais da descrición dos parámetros de avaliación das probas orais e escritas. Lembramos que as probas para obter os certificados de lingua galega terán lugar os días 2, 3, 9 e 10 de xuño.
Máis información no web da SXPL.





PuntoGal reinvestirá beneficios no fomento do galego nas novas tecnoloxías


A Asociación PuntoGal presentou formalmente onte a candidatura do dominio .gal ante o organismo competente, o Corporation for Assigned Names and Numbers (ICANN). PuntoGal leva seis anos traballando para conseguir que a cultura e a lingua galegas teñan un espazo propio na rede.
Trátase dun labor que conta apoio institucional e financeiro da Xunta de Galicia, que desde 2007 achegou máis de 490.000 euros á asociación para o desenvolvemento das actividades necesarias que permitisen a presentación da candidatura. Deste importe, 213.000 euros corresponden ao convenio asinado este ano entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e A Asociación PuntoGal para financiar os custos de matrícula (145.000 euros), o aval esixido pola entidade, así como as accións de difusión e participación nas actividades que o ICANN e outras entidades vinculadas ao regulamento da rede celebrarán nos vindeiros meses.
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, destacou a repercusión económica e cultural que reportará ás empresas e á comunidade contar cun dominio propio en internet. Pereira inaugurou onte a xornada “A candidatura dun dominio de internet para a lingua e a cultura galegas”, organizada pola asociación PuntoGal e na que tamén interveu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
A responsable de Modernización sinalou que cando hoxe alguén dende Galicia rexistra un dominio xenérico, a maior parte dos beneficios da operación marchan fóra. A activación de .gal permitirá que a maior parte da repercusión económica directa quede en Galicia, polo que servirá tanto para captar ingresos de fóra coma para reducir o volume de diñeiro que marcha ao exterior produto do rexistro de dominios.
Ademais, Mar Pereira destacou que para que as empresas que comercialicen na rede produtos en galego (como tradutores automáticos, medios de comunicación, etc.) ou relacionados con Galicia (servizos turísticos, produtos culturais, gastronomía, enoloxía, etc.), ao facelo a través de .gal poderán destacarlle dende o primeiro momento a proximidade física ao cliente, ou a súa especialización no mercado ou nos produtos galegos. Isto axudará a aumentar os ingresos das empresas que aposten polos produtos en galego ou relacionados coa cultura galega.
Pola súa banda, o responsable da política lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, puxo de manifesto que “acadar o dominio .gal é moi importante para a proxección do galego do mundo, e para seguir gañando espazos de uso da lingua no universo de internet”.
Manuel González González, presidente da Asociación puntoGAL e membro da Real Academia, destacou na súa intervención que o .gal servirá para aumentar o prestixio da lingua galega tanto a nivel internacional como dentro de Galicia, favorecendo a súa transmisión ás novas xeracións. González explicou que o .gal estará dispoñible para todas as webs que empreguen o galego ou que fagan nelas referencia á cultura galega.

Autofinanciamento

PuntoGal será unha iniciativa que se autofinanciará. A asociación comprometeuse diante da ICANN a que, unha vez consolidado o proxecto, se reinvistan todos os beneficios en programas que fomenten o galego nas novas tecnoloxías. Así o fai xa a Fundació puntCat coa súa Obra Social dende hai tres anos. Por exemplo, na última convocatoria os beneficios dos rexistros dos .cat servirán para financiar proxectos da sociedade da información en catalán que melloren a accesibilidade ás novas tecnoloxías por parte de persoas con discapacidades físico-sensoriais, que axuden a xerar contidos ou que desenvolvan ferramentas baseadas en estándares abertos.
O .cat, para a lingua e cultura catalás, logrou rexistrar máis de 55.000 identificadores dende a súa aprobación hai cinco anos, o que pon de manifesto a viabilidade dos dominios lingüísiticos.
A ICANN prevé un prazo de doce meses, aproximadamente, para dar o resultado das primeiras avaliacións. Polo que, de entrar na primeira quenda de avaliacións e superar o exame, PuntoGal podería estar na rede a finais do próximo ano.

Información tirada de Galicia Hoxe. Máis ligazóns relacionadas con esta nova en Galicia Confidencial e no web da SXPL.

martes, 29 de maio de 2012

O TSXG desacolle o recurso da consulta ás familias sobre a lingua na educación


O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSX) rexeitou o recurso interposto pola asociación Nova Escola Galega contra a consulta ás familias sobre as linguas no sistema educativo non universitario. Na súa sentenza, o TSXG considera que a consulta non lesiona ningún dereito fundamental.
Outro recurso, interposto polo sindicato STEG, xa fora desacollido polo mesmo TSXG en maio de 2011, ao non atopar o tribunal ningún elemento de ilegalidade na instrución enviada desde a Consellería de Educación aos centros educativos coas indicacións para a realización da dita consulta.

Máis información no web da Xunta.





A RAG e a Fundación Barrié asinan un novo acordo de colaboración


A Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Pedro Barrié de la Maza asinaron un novo convenio que afonda na colaboración entre ambas as dúas institucións e que dará diversos froitos. O máis próximo, o traslado do Seminario de Lexicografía da RAG dende Santiago á sede coruñesa da Barrié, onde recibirá apoio tecnolóxico de cara a acadar o obxectivo a máis longo prazo desta colaboración: adaptar as bases de datos lexicográficos da academia para poder ofrecer contidos, coma o dicionario, a través de diversos soportes, como dispositivos móbiles e portais de internet.
Os presidentes da RAG e da Barrié asinaron coincidiron na necesidade de poñer avances tecnolóxicos ao servizo da renovación educativa. Por parte da fundación, José María Arias Mosquera subliñou a forte compoñente de “comunicación social” que se emprende con estes proxectos, mentres que en nome da academia Xosé Luís Méndez Ferrín agradeceu o importante apoio que lles brinda a Barrié para “manter un constante traballo de renovación permanente”. Neste sentido, Ferrín lembrou que a RAG “é unha institución antiga pero necesita apoios”, xa que carece dunha asociación de amigos, ao xeito doutras entidades semellantes, e o seu financiamento “nunca chega á altura das súas ambicións, que son máximas”.
O director da fundación, Javier López Martínez, explicou que un resultado desta colaboración será o Portal das Palabras, un sitio web que achegará á sociedade de xeito lúdico e distinto os contidos do dicionario.

Información tirada de La Voz de Galicia.





mércores, 16 de maio de 2012

Ofertas para celebración de eventos, primeras comuniones, etc.

En el PAZO EIDIAN estamos haciendo ofertas de menús para eventos y ya que es la fecha idónea, tambien para PRIMERAS COMUNIONES. Estos menús, estan adaptados a todos los gustos y necesitades, "serían personalizados".


Además, podrían disfrutar ese día, de nuestra finca con piscina y cancha de padel.

Oferta interesante para posibles padres interesados en celebrar la primera comunión de sus hijos.

Un cordial saludo,

Isabel (PAZO EIDIAN)

O XIII Correlingua comeza hoxe en Ourense co lema “Galego. Todo o que buscas”


A décimo terceira edición do Correlingua, actividade lúdico-educativa de reivindicación da lingua galega, arrinca hoxe mércores, día 2, en Ourense, para terminar o día 16 en Viveiro (Lugo) tras percorrer un total de 12 localidades galegas, segundo informan os organizadores nun comunicado.
Tras a súa pasaxe por Ourense, as carreiras, que terminarán con espectáculos teatrais e musicais dirixidos ao alumnado (contarase coa participación da actriz Iria Sobrado, do grupo de música infantil Pirilampo e de dous dos grupos gañadores do concurso musical Cantalingua 2012), pasarán por Narón, A Coruña, Santiago, Lugo, Pontevedra, Vigo, Tui, Moaña, Silleda, Monforte e Viveiro.
Durante o percorrido reivindicarase "a plena normalización" do galego mediante un manifesto escollido nun concurso entre o alumnado e que, nesta edición, gañaron estudantes de cuarto da Educación Secundaria Obrigatoria do CPI de Pontecesures.
No acto de presentación da carreira, Anxo Louzao, secretario xeral da CIG-Ensino referiuse ao profesorado como a vangarda na loita pola normalización lingüística. "Sen vós sería imposíbel que o idioma teña a presenza que hoxe ten no ensino". Así mesmo, que o galego é a lingua que nos une e que en galego podemos facer todo o que queiramos son, en palabras de Carlos Callón, presidente da Mesa po Normalización Lingüística tamén presente no acto, as dúas ideas centrais do Correlingua e da manifestación que se celebrará o vindeiro día 17 polas rúas de Compostela.

Máis información no web da CTNL.

Primeiros servizos lingüísticos compartidos na Rede de Dinamización Lingüística


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a impulsar a prestación conxunta de novos servizos lingüísticos para estender a dinamización social do galego a todo o territorio. Neste marco, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, tivo ocasión de coñecer en Vilamarín as accións de dinamización do galego que están a poñer en marcha xunto co concello da Peroxa, logo da recente creación dun servizo lingüístico conxunto.

Máis información no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Cultura e Educación e mais a TVG levan a Paz-Andrade aos fogares galegos


A obra de Valentín Paz-Andrade chega aos fogares de toda Galicia a través de poemas audiovisuais que xa se emiten desde onte luns, 7 de maio, e durante todo este mes, na televisión pública autonómica. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura, promove esta iniciativa, que ten como obxectivo dar a coñecer entre a cidadanía a produción poética do escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012.

Máis información no web da SXPL.





Denúnciase que en “Xuventude Galicia Net” non houbo sitio para o galego


Segundo denuncia Galiza Nova, o evento "Xuventude Galicia Net", a maior festa informática de Galicia, organizada pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta, usou unicamente o español para comunicarse cos oito mil mozos que acudiron esta fin de semana a Santiago. Na súa denuncia asegura que "o español foi o idioma único na mínima cartelaría editada, nos avisos da organización, así como na atención dos postos de extranet”.

Máis información en Galicia Confidencial.

A poetisa Rosalía Morlán busca arrincar un sorriso dos cativos enfermos


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoiou o pasado venres a Rosalía Morlán na presentación de Estrelas de azucre, o seu último poemario, co que a autora –enfermeira de profesión– busca arrincar un sorriso ás cativas e cativos enfermos.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou neste acto, no que gabou o labor da poetisa coruñesa por “contribuír ádinamización da lingua galega en dous ámbitos prioritarios de actuación para a Secretaría Xeral de Política Lingüística, como son a infancia e o socio-sanitario” e mais por “axudar, a través dos seus poemas, a que os nenos e as nenas relacionen a lingua galega cos momentos de alegría e de felicidade”.

Máis información no web da SXPL.



O fiscal superior de Galicia reclama que a RAG defenda o galego no eido xurídico

O fiscal superior de Galicia reclama que a RAG defenda o galego no eido xurídico


O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, trasladoulle nesta terza feira á Real
Nunha xuntanza co presidente da institución, Xosé Luís Méndez Ferrín, que Varela cualificou como "histórica" –é a primeira vez que un presidente da RAG vai á Fiscalía Superior de Galiza–, o fiscal informou ao intelectual de que a asociación Irmandade Xurídica Galega (Ixuga) organizará o vindeiro 16 de xuño unha homenaxe a Ramón Carballal Pernas, que exerceu na Audiencia Territorial da Coruña e foi activo promotor da incorporación do galego ao eido xurídico.
Carlos Varela reclamou ante Ferrín que o Día das Letras Galegas "debería abrirse" a figuras históricas de sectores distintos do literario "e que resultan fundamentais nestes tempos para a penetración e normalización do uso do galego". A maiores, o fiscal propuxo que a RAG elabore un vocabulario xurídico na lingua propia do país que permita aos profesionais do Dereito consultar, a través da rede, termos legais que deben empregar.
“Estamos implicados nun proceso de normalización lingüística, de modo que procuramos que todas as nosas actuacións públicas incorporen sempre o galego como lingua de expresión", destacou Varela en relación á actividade da Fiscalía, e engadiu que a memoria anual da actividade que se presenta ante o Parlamento de Galicia xa é elaborada no noso idioma.
“En casas coma esta, en audiencias e xulgados, téñense perpetrados verdadeiros e masivos insultos e atentados contra a lingua, e durante séculos moitos galegos que acudían aos tribunais sen saber falar castelán eran interrogados nunha lingua que non entendían ben, feito que os situaba nunha situación de indefensión gravísima", recalcou Méndez Ferrín, quen reclamou que a lingua galega "debe ocupar plenamente e con dereito" o seu lugar nos tribunais de Xustiza.

Información tirada de Sermos Galiza.

A AELG premiou o traballo dos SNL e dos ENDL

O pasado sábado 5 de maio a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega entregou os Premios AELG 2012. O destinado a institucións que se caracterizan pola súa contribución á divulgación da literatura galega en diferentes ámbitos sociais foi, por decisión unánime da Asemblea Xeral de Socios e Socias da AELG, para o labor colectivo desenvolvido por tantas persoas que dende hai décadas no ámbito da Administración e da educación, traballaron firmemente para a incorporación, fixación e acrecentamento de usos normalizados da lingua e, polo tanto, da literatura galega. Este labor comunitario quixo ser recoñecido e singularizado pola AELG, nomeadamente, nos equipos humanos e profesionais que constitúen os equipos de normalización lingüística dos centros de ensino e mais os servizos de normalización dos concellos, colectivos responsábeis do desenvolvemento da lingua galega nos seus ámbitos de actuación.
Desde o Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega quixeron trasladarlle a cada unha das persoas que traballan nos servizos de normalización lingüística (SNL) ou que forman parte do equipo de normalización e dinamización lingüística (ENDL) o seu agradecemento polo labor pasado, presente e futuro. A magnitude do seu traballo e a implicación de tantas persoas non permitían o recoñecemento individual merecido para todas elas, polo que se acordou que recollera simbolicamente este premio Agustín Fernández Paz, quen dedicou unha parte moi importante da súa vida a traballar para avanzar no lento progreso normalizador, precisamente nestes dous ámbitos –o escolar e o administrativo– desde o marco teórico até a práctica didáctica, desde a palabra até a actuación e praxe máis coherente.

Información e un extracto do discurso de Agustin Fernández Paz no web da CTNL.

Máis “Vitaminas para o galego” neste mes de maio


A campaña unitaria dos medios de comunicación en lingua galega Vitaminas para o galego, expándese e fortalécese este mes de maio, con diversas iniciativas.
Lapis para escribir en galego
Miles de nenos e nenas dos varios concellos colaboradores recibirán no seu centro de ensino un lapis coa lenda “Este lapis escribe en galego”, e que vai nun soporte co lema e imaxe de Vitaminas para o galego.
#Vitaminas 17
Para conmemorar o Día das Letras, o 17 de maio, os medios de comunicación de Vitaminas, organizan unha actividade expansiva “facendo fincapé na necesidade de medios en galego para prestixiar o idioma e garantir a súa transmisión interxeneracional”. Así, elaboraron un manifesto e pretenden que o día 16 de maio sexa lido en, cando menos, 17 escolas e institutos galegos, diante de 17 concellos, en 17 cidades de todo o mundo e que se traduza o manifesto ás 17 linguas máis faladas. Ao mesmo tempo, queren que todas esas lecturas se graven en vídeo e se envíen ao enderezo manifesto@vitaminasparaogalego.gl, para despois poderen ser difundidos eses vídeos.
Festival en Carballo
O acto fin de festa desta acción será o festival Vitaminas para o galego que terá lugar o mércores 16 de maio no Pazo da Cultura de Carballo no que actuará Sés, o grupo galego revelación, en formato acústico, formado por María Xosé Silvar e Tito Calviño. Este festival será presentado pola actriz e contadora Paula Carballeira e nel lerase o manifesto Vitaminas para o galego, entregarase o VIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo e distribuiranse lapis para escribir en galego. A entrada é libre e de balde.

Información tirada do web da CTNL.

O Parlamento pide medidas para afianzar o uso do galego nas redes sociais



O pleno do Parlamento de Galicia vén de lle dar cabida á cuestión da presenza da lingua galega no eido das novas tecnoloxías, e máis concretamente naqueles servizos e recursos maiormente empregados pola mocidade, como son as redes sociais do tipo Facebook, Twitter, Tuenti e demais. Todo comezou cunha proposta do Partido Popular no sentido pór en marcha unha iniciativa que lle reclamase á Xunta máis estratexias para impulsar entre a mocidade o uso da lingua. A proposta foi aprobada cos votos do PP e coa abstención dos grupos da oposición, que a consideraron “un lavado de cara” das políticas de “aniquilación e exterminio” do galego.
A proposta, que significativamente foi desenvolvida nos días previos á celebración do Día das Letras Galegas e logo da publicación dun informe que certificaba e demostraba esta caída do uso da nosa lingua nas comunidades 2.0, maioritariamente empregadas pola xuventude, nace dunha constatación na que coinciden todos os grupos políticos: que o predominio do castelán é evidente e que as feblezas do galego nas redes sociais non son máis ca un reflexo do que acontece na vida real, sobre todo nas vilas e nas cidades.
A intención do PP é asegurar até onde sexa posible que a Xunta de Galicia “non perda a ocasión de incidir nestes ámbitos a fin de tentar transformar a realidade”, que se presenta moi crúa para o noso idioma. Ao xuízo dos responsables da proposta, cómpre formar ambientes favorables para que a mocidade do país faga máis uso da súa lingua nas redes sociais. Con todo, tanto BNG e como PSOE cualificaron a medida de contraditoria, sobre todo tendo en conta, dixeron, cara a onde se dirixe a restante política lingüística do Goberno galego: non precisamente cara á defensa da lingua en todos os ámbitos, sinalaron. Como exemplo, lembraron o acontecido na pasada edición de Xuventude Galicia Net, onde baixo o pretexto de que había participantes de fóra da nosa terra, “excluíuse o galego da comunicación interna do evento”.
Polo tanto, animaron á Xunta a normalizar o uso da lingua en todos os ámbitos e, xa nun plano máis específico e complementario, a revitalizar o proxecto Mancomún, que xurdiu sendo un centro para promover a localización ao noso idioma de programas libres, amais de promover recursos novos e propios.

Información tirada de Código Cero

ORDE do 4 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras que rexen as axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B e favorecer a seguridade viaria dos mozos e mozas galegos, e se procede á súa convocatoria.


15 maio
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán as axudas para a obtención do permiso de condución clase B por parte dos mozos e mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa empregabilidade e mobilidade, así como sensibilizar e fomentar unha condución segura e responsable entre a xuventude.
artigo 2. Requisitos dos/das solicitantes.
Poderán solicitar as axudas as mozas e mozos que cumpran os requisitos incluídos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia, e ademais:
a) Teñan entre 18 e 30 anos de idade cumpridos no momento de presentar a solicitude.
b) Estean en situación de desemprego, cunha antigüidade mínima de seis meses, no momento de presentar a solicitude.
c) Sexan titulares do carné xove vixente no momento de presentar a solicitude.
d) Teñan a súa residencia en Galicia.
e) Acrediten un nivel de ingresos netos anuais da unidade familiar non superior a 2, 5 veces o indicador público da renda de efectos múltiples (IPREM) establecido para o ano 2012, incluíndo as pagas extraordinarias, ponderado segundo os membros da unidade familiar, do xeito que se indica:
N.º de membros da unidade familiar
Ingresos máximos
1
14.910, 28
2
16.556,98
3 ou máis
18.637,85
Para os efectos da resolución desta convocatoria, entenderase por unidade familiar a constituída pola persoa beneficiaria e os familiares cos que conviva.
f) Non estar en posesión do permiso de condución obxecto da subvención no momento de presentar a solicitude, ou estar en posesión del, con data de expedición definitiva a partir do 1 de xaneiro de 2012.
DOG N. 91