mércores, 16 de maio de 2012

ORDE do 4 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras que rexen as axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B e favorecer a seguridade viaria dos mozos e mozas galegos, e se procede á súa convocatoria.


15 maio
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán as axudas para a obtención do permiso de condución clase B por parte dos mozos e mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa empregabilidade e mobilidade, así como sensibilizar e fomentar unha condución segura e responsable entre a xuventude.
artigo 2. Requisitos dos/das solicitantes.
Poderán solicitar as axudas as mozas e mozos que cumpran os requisitos incluídos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia, e ademais:
a) Teñan entre 18 e 30 anos de idade cumpridos no momento de presentar a solicitude.
b) Estean en situación de desemprego, cunha antigüidade mínima de seis meses, no momento de presentar a solicitude.
c) Sexan titulares do carné xove vixente no momento de presentar a solicitude.
d) Teñan a súa residencia en Galicia.
e) Acrediten un nivel de ingresos netos anuais da unidade familiar non superior a 2, 5 veces o indicador público da renda de efectos múltiples (IPREM) establecido para o ano 2012, incluíndo as pagas extraordinarias, ponderado segundo os membros da unidade familiar, do xeito que se indica:
N.º de membros da unidade familiar
Ingresos máximos
1
14.910, 28
2
16.556,98
3 ou máis
18.637,85
Para os efectos da resolución desta convocatoria, entenderase por unidade familiar a constituída pola persoa beneficiaria e os familiares cos que conviva.
f) Non estar en posesión do permiso de condución obxecto da subvención no momento de presentar a solicitude, ou estar en posesión del, con data de expedición definitiva a partir do 1 de xaneiro de 2012.
DOG N. 91







Ningún comentario:

Publicar un comentario