mércores, 16 de maio de 2012

O XIII Correlingua comeza hoxe en Ourense co lema “Galego. Todo o que buscas”


A décimo terceira edición do Correlingua, actividade lúdico-educativa de reivindicación da lingua galega, arrinca hoxe mércores, día 2, en Ourense, para terminar o día 16 en Viveiro (Lugo) tras percorrer un total de 12 localidades galegas, segundo informan os organizadores nun comunicado.
Tras a súa pasaxe por Ourense, as carreiras, que terminarán con espectáculos teatrais e musicais dirixidos ao alumnado (contarase coa participación da actriz Iria Sobrado, do grupo de música infantil Pirilampo e de dous dos grupos gañadores do concurso musical Cantalingua 2012), pasarán por Narón, A Coruña, Santiago, Lugo, Pontevedra, Vigo, Tui, Moaña, Silleda, Monforte e Viveiro.
Durante o percorrido reivindicarase "a plena normalización" do galego mediante un manifesto escollido nun concurso entre o alumnado e que, nesta edición, gañaron estudantes de cuarto da Educación Secundaria Obrigatoria do CPI de Pontecesures.
No acto de presentación da carreira, Anxo Louzao, secretario xeral da CIG-Ensino referiuse ao profesorado como a vangarda na loita pola normalización lingüística. "Sen vós sería imposíbel que o idioma teña a presenza que hoxe ten no ensino". Así mesmo, que o galego é a lingua que nos une e que en galego podemos facer todo o que queiramos son, en palabras de Carlos Callón, presidente da Mesa po Normalización Lingüística tamén presente no acto, as dúas ideas centrais do Correlingua e da manifestación que se celebrará o vindeiro día 17 polas rúas de Compostela.

Máis información no web da CTNL.

Ningún comentario:

Publicar un comentario