Desemprego
que, na Galiza, supera o 20% chegando a máis do 50% na mocidade.
Miseria que obriga a xeracións enteiras a abandonar a súa terra,
disfrazado como "problema demográfico" polo goberno galego. Precariedade
como estratexia global para a maquillaxe dunhas cifras de desemprego
xuvenil escandalosas. Contratos lixo (contrato temporal, contrato de
formación e aprendizaxe e contrato de prácticas) amparados pola patronal
e o sindicalismo mafioso español.
Estannos a roubar o futuro. Non hai traballo e o pouco que hai é
precario e en condicións de extrema explotación. Abandonamos
progresivamente o noso país ou, máis ben, somos expulsados polo goberno
do desastre lacaio do capital. Fórzannos a emigrar. E o panorama social
non é moito mellor: o dereito á vivenda convertido en privilexio; un
ensino cada día máis elitista e españolizador; unha lingua e unha
cultura propias cada día máis marxinadas, cunha perda de 15 puntos en
galegofalantes nos últimos 10 anos; un recorte de liberdades públicas a
través da reforma de leis e do propio código penal.
Arrasar con todas as conquistas que leva conseguido a clase
traballadora logo de séculos de loita non lles foi nunca tan sinxelo. O
capitalismo goza dunha hexemonía total a nivel político, económico e
mediático; lévanos a pensar que nada se pode facer para cambiar o estado
das cousas, que esta é a única realidade posíbel e que a solución é a
resignación. Mais temos que rachar xa con esta realidade, non podemos
agardar máis para facerlle frente a un sistema criminal e corrupto.
É tempo de organizarse e de loitar sen medo por un futuro digno para a
mocidade, e iso pasa necesariamente non por parches ou remendos no
sistema, senón por romper de raiz con todas as estruturas de dominación:
España, o capitalismo e o patriarcado. Conquistar a independencia
nacional como única vía viábel de saída do capitalismo, a construción do
socialismo e o fin de toda opresión. Unha ruptura democrática co réxime
para abrir as portas a un proceso constituínte co dereito a decidilo
todo democraticamente, desde a base, de xeito unilateral e a través do
debate popular.
INFORMACIÓN E SUXERENCIAS SOBRE ACTIVIDADES FORMATIVAS E OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN DOS ALUMNOS DO C.E.I.P.
venres, 31 de outubro de 2014
O Mencer cambia de sede para as súas clases o luns
O colectivo solidario O Mencer realizará o
vindeiro luns o cambio de sede para o seu programa de reforzo
educativo. A asociación impartirá a partir desa data as súas clases a
rapaces con escasos recursos nun dos antigos pisos de mestres do Xesús
Golmar, situado na rúa Memorias dun neno labrego. O concello encargouse
de acondicionar as instalacións que levaban tempo deshabitadas. A nova
sede posibilita un aumento dos horarios e os nenos que participen no
programa condicionado por un incremento tamén de voluntarios. Contan con
50 nenos e algúns en máis en lista de espera. As novas instalacións
teñen tres aulas, cociña e biblioteca.
Wert defende a FP básica mentres PSOE e CiU o acusan de querer "esconder" o fracaso escolar
O ministro de Educación, José Ignacio Wert,
defendeu a Formación Profesional (FP) básica asegurando que para o
primeiro curso desta nova modalidade se cubriron máis do 80% de prazas
ofertadas, mentres PSOE e CiU o acusaron de querer esconder coa FP
básica o fracaso escolar, durante a sesión de control no Congreso.
En resposta á pregunta do deputado de CiU Martí Barberà, Wert
valorou de forma "moi positiva" a implantación da FP Básica e destacou
que todas as CCAA, "cunha única excepción" tiñan unha previsión de
oferta de 46.000 prazas e esta previsión "se cumpriu", cubríndose "máis
do 80% " destas. "Un nivel de axuste entre os cálculos das CCAA e a
realidade moi satisfactorio", insistiu.Para Barberá, a FP básica "segrega" e "permite maquillar as estatísticas" pois "se ofrece un camiño máis doado a aqueles con dificultades para que non computen estatisticamente como abandono escolar". Neste sentido, preguntou a Wert se tamén vai propoñer que os alumnos desta nova modalidade de FP non participen nas probas estandarizadas para mellorar os indicadores.
Wert defendeuse replicando a Barberà que nesta cuestión non consegue "entendelo nin el "nin ninguén" porque, segundo precisou, a comunidade catalá foi a que "non" formulou oferta de FP básica". Segundo apuntou, Cataluña ten un sistema educativo coas súas "virtudes e defectos" e entre estes últimos destacou o "moi marcado abandono educativo temperán superior á media nacional" algo, ao seu xuízo, "incomprensible" nunha comunidade cunha renda per cápita superior nun 20% á media nacional.
Por outro lado, a deputada do grupo parlamentario socialista María José Vázquez Morillo, centrouse na relación entre a FP e a industria e puxo de manifesto que hai empresas que non poden cubrir postos de traballo por falta de profesionais especializados. Wert respondeu que considera a FP "unha das guías" que teñen que "xogar un papel importante no fortalecemento do sector industrial" e no "desenvolvemento dos sectores do futuro".
Non obstante, Vázquez recriminoulle ter deseñado unha FP "do ano 70, do século pasado, de segunda vía" cando, ao seu parecer, é necesaria "unha FP de excelencia" capaz de formar profesionais "altamente cualificados". Neste sentido, tamén criticou que baixase o presuposto para impulsar a FP en ata un 78% e coincidiu con Barberà en que só se dedica á FP básica para "esconder o fracaso". "Esperte e presente un bo plan de FP", pediu a Wert.
O ministro de Educación sinalou que deste tipo de asuntos se poden facer frases ou dar cifras e defendeu que dende que o Goberno do PP comezou a súa actividade, creceu un 30% o número de estudantes de FP, pasando de 610.000 no curso 2011-2012 a 793.000 neste curso.
Así mesmo, apuntou que nos últimos dous cursos a FP dual conseguiu 20.000 alumnos e que dende o curso 2007-2008 se rexistrou un incremento do 72%. En todo caso, indicou que non se pon "medallas" porque é resultado do traballo "compartido".
Os tres españois máis adiñeirados duplican en riqueza o 20% máis pobre
Os tres españois máis adiñeirados duplican en riqueza aos nove millóns
de persoas que forman o 20 da poboación máis pobre do país, segundo un
informe da ONG Oxfam.
O estudo Iguais. Acabemos coa desigualdade extrema. É hora de cambiar as regras detalla que as vinte persoas máis ricas en España posúen unha fortuna similar aos ingresos do 30 por cento máis pobre da poboación (case 14 millóns de persoas).
No último ano, as vinte maiores fortunas españolas aumentaron a súa riqueza en 15.450 millóns de dólares, destaca Oxfam.
No seu conxunto, as vinte persoas máis ricas en España alcanzaron en marzo deste ano unha riqueza de 115.400 millóns de dólares.
No informe, que hoxe se difunde en máis de cincuenta países, advírtese de que o incremento da desigualdade podería causar un retroceso de décadas na loita contra a pobreza.
Mentres o número de ''milmillonarios" con fortunas de máis de 1.000 millóns de dólares duplicouse no mundo desde que se desencadeou a crise en 2008, as desigualdades disparáronse, destaca Oxfam.
O documento mostra a magnitude do problema da desigualdade económica extrema e revela os múltiples perigos que representa para os cidadáns de todo o mundo.
Os dous motores principais que alimentaron o incremento da desigualdade son o fundamentalismo de mercado e a captura do poder político polas elites, que xeran leis feitas á medida dos intereses duns poucos, sinala o informe.
"A crecente desigualdade non é froito do azar, senón o resultado de políticas concretas que desequilibraron a balanza e permitiron a uns poucos obter beneficios que se incrementan día a día, mentres a maioría das persoas perde dereitos, poder e oportunidades para prosperar", afirma o director xeral de Oxfam Intermón en España, José María Vera.
Estes altos niveis de desigualdade xeran "sociedades duais e pouco cohesionadas", engade.
España ten que deixar de ser o segundo país máis desigual da Unión Europea, apunta Vera, quen reclama políticas redistributivas para reducir a desigualdade.
Entre outras medidas, o director xeral de Oxfam Intermón en España aposta por recadar de forma xusta e progresiva, investir en políticas públicas para garantir a igualdade de oportunidades, acurtar as escalas salariais e reducir as brechas entre homes e mulleres.
Para Vera, o Goberno vai na dirección contraria, ao promover unha reforma fiscal que non servirá para recadar dun xeito máis xusto e ao presentar uns orzamentos xerais do Estado que non elevan o gasto social.
"A desigualdade extrema é un freo á prosperidade para a maior parte dos habitantes do planeta", asegura a directora executiva de Oxfam Internacional, Winnie Byanyima. Agrega que, hoxe en día, "o crecemento económico só está a beneficiar aos máis ricos, e seguirá sendo así mentres os Gobernos non actúen para reverter esta dinámica perversa".
O estudo Iguais. Acabemos coa desigualdade extrema. É hora de cambiar as regras detalla que as vinte persoas máis ricas en España posúen unha fortuna similar aos ingresos do 30 por cento máis pobre da poboación (case 14 millóns de persoas).
No último ano, as vinte maiores fortunas españolas aumentaron a súa riqueza en 15.450 millóns de dólares, destaca Oxfam.
No seu conxunto, as vinte persoas máis ricas en España alcanzaron en marzo deste ano unha riqueza de 115.400 millóns de dólares.
No informe, que hoxe se difunde en máis de cincuenta países, advírtese de que o incremento da desigualdade podería causar un retroceso de décadas na loita contra a pobreza.
Mentres o número de ''milmillonarios" con fortunas de máis de 1.000 millóns de dólares duplicouse no mundo desde que se desencadeou a crise en 2008, as desigualdades disparáronse, destaca Oxfam.
O documento mostra a magnitude do problema da desigualdade económica extrema e revela os múltiples perigos que representa para os cidadáns de todo o mundo.
Os dous motores principais que alimentaron o incremento da desigualdade son o fundamentalismo de mercado e a captura do poder político polas elites, que xeran leis feitas á medida dos intereses duns poucos, sinala o informe.
"A crecente desigualdade non é froito do azar, senón o resultado de políticas concretas que desequilibraron a balanza e permitiron a uns poucos obter beneficios que se incrementan día a día, mentres a maioría das persoas perde dereitos, poder e oportunidades para prosperar", afirma o director xeral de Oxfam Intermón en España, José María Vera.
Estes altos niveis de desigualdade xeran "sociedades duais e pouco cohesionadas", engade.
España ten que deixar de ser o segundo país máis desigual da Unión Europea, apunta Vera, quen reclama políticas redistributivas para reducir a desigualdade.
Entre outras medidas, o director xeral de Oxfam Intermón en España aposta por recadar de forma xusta e progresiva, investir en políticas públicas para garantir a igualdade de oportunidades, acurtar as escalas salariais e reducir as brechas entre homes e mulleres.
Para Vera, o Goberno vai na dirección contraria, ao promover unha reforma fiscal que non servirá para recadar dun xeito máis xusto e ao presentar uns orzamentos xerais do Estado que non elevan o gasto social.
"A desigualdade extrema é un freo á prosperidade para a maior parte dos habitantes do planeta", asegura a directora executiva de Oxfam Internacional, Winnie Byanyima. Agrega que, hoxe en día, "o crecemento económico só está a beneficiar aos máis ricos, e seguirá sendo así mentres os Gobernos non actúen para reverter esta dinámica perversa".
Non haberá móbiles nos colexios para favorecer a convivencia
O Goberno galego impulsou un decreto que desenvolve a Lei de
convivencia e de participación no ámbito educativo se determina no que
que os alumnos terán prohibido o uso do teléfono móbil en clase salvo
autorización expresa por parte do profesor e que determinadas expulsións
poderán substituírse por acudir a aulas de convivencia inclusiva.
Anunciouno o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, quen sinalou
que esta norma identifica a todos os membros da comunidade educativa
como axentes "responsables" da convivencia e dá lugar á creación dun
Conselo dá Convivencia Escolar, pero tamén se creará unha comisión de
convivencia en cada centro.
De feito, concretou que determinadas actuacións como a regulación da vestimenta quedará en mans da "autonomía" dos centros. O obxectivo, defendeu o presidente, é "implicar" na convivencia docentes, administración, alumnado e pais.
De feito, concretou que determinadas actuacións como a regulación da vestimenta quedará en mans da "autonomía" dos centros. O obxectivo, defendeu o presidente, é "implicar" na convivencia docentes, administración, alumnado e pais.
Pobreza e educación no estado español, unha década perdida para os nenos
Un novo informe de Unicif resalta o grande incremento na pobreza
infantil no sur de Europa. O abandono escolar no estado é do 25%, o máis
alto de Europa. Ademais 1/3 dos nenos viven na pobreza ou en risco de
exclusión social.
A pesar dalgunha boa noticia recente para a economía de España, os anos pasados de recesión deixaron inevitabelmente unha marca no país e a súa sociedade.
A principios este ano, España anunciou o seu crecemento máis forte desde que empezou a crise financeira. O PIB español aumentou por 0.6% no segundo trimestre de 2014. O alto nivel de desemprego foi un asunto granve a pesar de que cae a 23.7% no terceiro trimestre, España aínda ten un dos índices de desempregados máis altos en Europa.
Outro asunto significativo é pobreza dos nenos. Un informe publicado hoxe por Unicef, mostra que os aumentos máis grandes en pobreza de neno entre 2008 e 2012 foi notado en países europeos do sur como Grecia, Italia e España.
PorCausa, unha fundación española que combina procura social, análise de dato e o xornalismo investigador publicaron un informe que examina o asunto que destaca hoxe un estudo de Unicef.
Enlace ao artigo.
A pesar dalgunha boa noticia recente para a economía de España, os anos pasados de recesión deixaron inevitabelmente unha marca no país e a súa sociedade.
A principios este ano, España anunciou o seu crecemento máis forte desde que empezou a crise financeira. O PIB español aumentou por 0.6% no segundo trimestre de 2014. O alto nivel de desemprego foi un asunto granve a pesar de que cae a 23.7% no terceiro trimestre, España aínda ten un dos índices de desempregados máis altos en Europa.
Outro asunto significativo é pobreza dos nenos. Un informe publicado hoxe por Unicef, mostra que os aumentos máis grandes en pobreza de neno entre 2008 e 2012 foi notado en países europeos do sur como Grecia, Italia e España.
PorCausa, unha fundación española que combina procura social, análise de dato e o xornalismo investigador publicaron un informe que examina o asunto que destaca hoxe un estudo de Unicef.
Enlace ao artigo.
A CIG-ENSINO criticou a insuficiente oferta de emprego e esixiu que a Consellaría faga unha oferta máis ampla
Tamén esixiu na Mesa que se convoque concurso de traslados para o vindeiro curso.
Na Mesa Sectorial do día 29 de outubro A
CIG-Ensino cualificou de insuficiente a oferta de emprego anunciada polo
Conselleiro no Parlamento. A CIG-Ensino esixiu a supresión da taxa de
reposición e que se realice unha oferta de emprego que garanta a
cobertura das necesidades de profesorado de todos os centros, reduza a
precariedade, minguando o número de efectivos en situación de
temporalidade que xa supera o 10% e permita impartir un ensino de
calidade.
Reclamamos, por tanto, que se faga unha oferta de tantas prazas
como vacantes se produzan e sexan necesarias para o bo funcionamento do
sistema educativo, permitan recuperar a xornada lectiva do profesorado e
ampliar os cadros de persoal dos centros para a atención ás distintas
necesidades. Unha oferta que abranga todos os corpos.
Da
insuficiencia da oferta de emprego dá conta de que desde o ano 2009 se
xubilaron máis de 4000 profesores e profesoras e, porén, a partir de
2010 soamente se ofertaron 585 prazas.
Unha evidencia da política de redución de profesorado da Consellaría de Educación é o Censo definitivo que se vén de publicar para as eleccións sindicais de 4 de decembro, no que se pode comprobar que desde novembro de 2010 que se publicou o último censo, o persoal docente reduciuse en 2 036 profesores e profesoras, pasando de 32 380 a 30 344, aos que lle hai que engadir as supresións que xa realizara o goberno Feijoo no curso anterior, o que ratifica o que vén denunciando a CIG-Ensino e é que en Educación se vén realizando un auténtico ERE que supera os 3 000 profesores e profesoras.
A CIG-ENSINO criticou o seguidismo da Consellaría que non discute a imposición do taxa de reposición do Goberno central, en virtude da cal se están deixando de convocar miles de prazas do profesorado que se xubila.
A CIG-Ensino manifestou que a actuación da Consellaría en relación co Concurso Xeral de Traslados é un cúmulo de despropósitos que parece continuar agora coa proposta de non convocar concurso. A súa actuación errática comporta que calquera solución que se tome pode traer consecuencias irreparábeis.
En todo caso, debería prevalecer o dereito a concursar, pois do contrario estaría provocando un novo prexuízo, agora a todo o profesorado que teña como expectativa concursar. Así mesmo, a exposición de motivos polos que se argumenta a non convocatoria de CXT parece pouco consistente, xa que garantir a execución da sentenza que se produza no seu día, non ten por que impedir o dereito de participación no concurso ao profesorado non afectado por ela e pode dar lugar a que a vía xudicial sexa o camiño que emprenda o profesorado que se vexa prexudicado.
Como non podemos coñecer de antemán o sentido da sentenza pendente, o lóxico e normal é non conculcar o dereito a concursar a aquel profesorado que ten como expectativa conseguir o primeiro ou outro destino definitivo.
En todo caso, de persistir a Consellaría na idea de non convocar CXT, excepcionalmente, debería facilitarlle ao profesorado definitivo a posibilidade de participar na adxudicación de destinos provisionais, pois, do contrario, sería o único colectivo ao que se lle impediría a mobilidade. Igual que se deberá facer constar na orde que esta convocatoria non computará aos efectos de obrigatoriedade de participación do profesorado desprazado, suprimido e solicitante de comisión de servizos, que normalmente veñen estando obrigados a participar no concurso.
Igualmente a CIG-Ensino propón, tamén como medida excepcional, que no vindeiro concurso se permita a participación do profesorado galego destinado fóra do país, que neste ano se ve privado deste dereito.
A Administración mantívose na súa posición: que non convoca concurso para garantir a execución dunha sentenza que prevé que se produza entre febreiro e abril de 2015. En canto á proposta da CIG-Ensino de que o profesorado definitivo poida participar na convocatoria de destinos provisionais, manifestou que estaban dispostos a estudalo, estudo que, en todo caso, se realizará chegado o momento.
A Consellaría foi receptiva á proposta da CIG-Ensino de que, tamén excepcionalmente, se permita participar no próximo concurso ao profesorado galego destinado fóra de Galiza que non vai poder participar neste concurso.
A Consellaría aceptou a proposta da CIG-Ensino de que se inclúa na orde que este concurso non computa para o profesorado desprazado, suprimido e solicitante de comisión de servizos.
Outros temas tratados na mesa sectorial
Unha evidencia da política de redución de profesorado da Consellaría de Educación é o Censo definitivo que se vén de publicar para as eleccións sindicais de 4 de decembro, no que se pode comprobar que desde novembro de 2010 que se publicou o último censo, o persoal docente reduciuse en 2 036 profesores e profesoras, pasando de 32 380 a 30 344, aos que lle hai que engadir as supresións que xa realizara o goberno Feijoo no curso anterior, o que ratifica o que vén denunciando a CIG-Ensino e é que en Educación se vén realizando un auténtico ERE que supera os 3 000 profesores e profesoras.
A CIG-ENSINO criticou o seguidismo da Consellaría que non discute a imposición do taxa de reposición do Goberno central, en virtude da cal se están deixando de convocar miles de prazas do profesorado que se xubila.
Concurso de traslados
A Consellaría de Educación propón unha convocatoria en que non se recolle o dereito a concursar en Galiza, unha decisión que adopta a sabendas de que habería vacantes que non estarían supeditadas á execución da sentenza que ditará o TSXG sobre o Concurso de Traslados de 2013, porque considera que sería imposíbel determinar a quen se debe considerar participantes afectados.A CIG-Ensino manifestou que a actuación da Consellaría en relación co Concurso Xeral de Traslados é un cúmulo de despropósitos que parece continuar agora coa proposta de non convocar concurso. A súa actuación errática comporta que calquera solución que se tome pode traer consecuencias irreparábeis.
En todo caso, debería prevalecer o dereito a concursar, pois do contrario estaría provocando un novo prexuízo, agora a todo o profesorado que teña como expectativa concursar. Así mesmo, a exposición de motivos polos que se argumenta a non convocatoria de CXT parece pouco consistente, xa que garantir a execución da sentenza que se produza no seu día, non ten por que impedir o dereito de participación no concurso ao profesorado non afectado por ela e pode dar lugar a que a vía xudicial sexa o camiño que emprenda o profesorado que se vexa prexudicado.
Como non podemos coñecer de antemán o sentido da sentenza pendente, o lóxico e normal é non conculcar o dereito a concursar a aquel profesorado que ten como expectativa conseguir o primeiro ou outro destino definitivo.
En todo caso, de persistir a Consellaría na idea de non convocar CXT, excepcionalmente, debería facilitarlle ao profesorado definitivo a posibilidade de participar na adxudicación de destinos provisionais, pois, do contrario, sería o único colectivo ao que se lle impediría a mobilidade. Igual que se deberá facer constar na orde que esta convocatoria non computará aos efectos de obrigatoriedade de participación do profesorado desprazado, suprimido e solicitante de comisión de servizos, que normalmente veñen estando obrigados a participar no concurso.
Igualmente a CIG-Ensino propón, tamén como medida excepcional, que no vindeiro concurso se permita a participación do profesorado galego destinado fóra do país, que neste ano se ve privado deste dereito.
A Administración mantívose na súa posición: que non convoca concurso para garantir a execución dunha sentenza que prevé que se produza entre febreiro e abril de 2015. En canto á proposta da CIG-Ensino de que o profesorado definitivo poida participar na convocatoria de destinos provisionais, manifestou que estaban dispostos a estudalo, estudo que, en todo caso, se realizará chegado o momento.
A Consellaría foi receptiva á proposta da CIG-Ensino de que, tamén excepcionalmente, se permita participar no próximo concurso ao profesorado galego destinado fóra de Galiza que non vai poder participar neste concurso.
A Consellaría aceptou a proposta da CIG-Ensino de que se inclúa na orde que este concurso non computa para o profesorado desprazado, suprimido e solicitante de comisión de servizos.
Outros temas tratados na mesa sectorial
xoves, 30 de outubro de 2014
Participa no XVII Congreso do Sindicato de Estudantes!
Os próximos 15 e 16 de novembro terá
lugar en Madrid o XVII Congreso do Sindicato de Estudantes. Este
congreso ten lugar nun momento histórico, tras o éxito da folga xeral
convocada polo Sindicato de Estudantes os pasados 21, 22 e 23 de outubro
no que logramos unha vez máis baleirar as aulas para encher as rúas
contra os que pretenden rematar co dereito ao estudo para os fillos dos
traballadores. Durante o congreso debateremos sobre o balance das
mobilizacións da marea verde ata o día de hoxe e a continuación da loita
contra as políticas clasistas do PP.
Neste Congreso, ao que asistirán mozos
de todo o Estado que estiveron a organizar a mobilización nas súas
zonas, tamén debateremos sobre os acontecementos máis importantes que
sucederon nos dous últimos anos: as Marchas pola Dignidade, a tremenda
mobilización que seguiu á abdicación de Juan Carlos I, a vitoria de
diferentes loitas que lograron dobregar ao PP como a retirada da Lei do
Aborto e a dimisión de Gallardón, a anulación do TIL en Baleares,
Gamonal, a vitoria da Marea Branca, o tremendo ascenso das organizacións
da esquerda tras as últimas eleccións europeas e o dereito a decidir de
Catalunya, Euskal Herria e Galiza
Tamén teremos espazo para tratar sobre
temas tan importantes para nós como a loita pola recuperación da memoria
histórica ou sobre loitas que se converteron nunha inspiración e nun
referente de loita para miles de mozos e traballadores como a dos
traballadores de Coca Cola ou a PAH.
Se queres participar ou tes calquera dúbida, non dubides en poñerte en contacto connosco en
sindicato@sindicatodeestudiantes.net
As ANPA do Salnés presentan un proxecto para integrar os nenos con diversidade
A iniciativa lanza iniciativas para mellorar a inclusión en todas as áreas.
O auditorio de Vilagarcía acolleu onte a
presentación dunha iniciativa moi especial. Foi o lanzamento dun
proxecto de inclusión para os nenos con diversidade funcional, nunha
iniciativa na que se meteron de xeito decidida a coordinadora das ANPA
dos centros de Vilagarcía e na que van da man doutras asociacións de
pais da bisbarra, como a dos olmos de cambados ou a de Torre Illa de
Arousa.
A comisión de familias de nenos con necesidades
específicas naceu a raíz da Orde do 28 de maio do 2014 que deixaba os
rapaces segregados dos demais por algo tan nimio como os libros de
texto. Esta comisión está formada por unha quincena de familias pero que
contan co apoio de todas as asociacións de pais de Galicia. Tras a súa
formación, e a partir das experiencias de todos eles no día a día,
comezaron a pensar nas situacións que se suceden a diario e nas cousas
que se poden mellorar para favorecer a inclusión. E de aí xurdiu un
documento que aglutina toda unha serie de accións a realizar en
distintos ámbitos e que foi o que se presentou onte no auditorio de
Vilagarcía.
O primeiro punto sobre o que se estende o
documento é a área de benestar. Con tres puntos esenciais: formar un
Conselo Municipal de accesibilidade e facer un bo aproveitamento dos
recursos públicos; premer ante a administración sanitaria da Xunta para
reforzar o servizo de atención temperá e de pediatría na zona do Salnés e
conseguir que Educación cree departamentos de orientación propios e con
persoal fixo e lograr a supresión de barreiras de comunicación e
arquitectónicas de xeito inminente, entre outras medidas.
A área de deportes é outra das que garda varias
reclamacións. Aparecen a necesidade de organizar actividades e eventos
deportivos nos que poidan participar tamén nenos con diversidade ou a
ampliación do número de prazas para os cursos de natación. Conseguir
prazas de aparcadoiro reservadas para persoas con mobilidade reducida e
adaptar o acceso aos parques infantís e os seus elementos de xogo para
estes pequenos, algo que xa sucede en cidades como Madrid, Zaragoza ou
Santiago aparecen tamén como reclamacións máis que xustas.
Alcaldes que dignifican a lingua
O que lles conto aconteceu non hai aínda moito tempo na parroquia de San Facundo do Concello de Paradela (Lugo). Para facer unha rehabilitación dos exterior dunha igrexa románica exhumaron os restos mortais soterrados no adro e trasladáronos a un novo cemiterio construido noutro lugar. A comisións parroquial decidíu algo que deica hoxe era insólito: puxeron nos respectivos nichos cadansúa lápida cunha inscrición en lingua galega. Este feito non foi comentado en ningún medio de comunicación. Eu quero renderlle a esa comunidade parroquial o merecido recoñecemento por ter restaurado a memoria lingüística da parroquia.
Este relato conteillelo aos alcaldes e alcaldesas ourensás que o pasado
día 23 de outubro foron convocados pola Asociación de Funcionarios para
a Normalización Lingüística de Galicia en Ourense, para conmemorarmos o
Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia. Unha efeméride
que tenta chamar a atención das institucións e dos cidadáns para
visibilizar unha contradición que debemos superar: mentres as parroquias
dos vivos se expresan maioritariamente en galego, unha vez que
atravesan o portalón do cemiterio para dormiren o sono eterno, son
lembrados no idioma que nunca falaron, o castelán.
Os rexedores municipais asinaron un documento que recolle estes
fundamentos e algunhas medidas prácticas: colocar na porta dos
cemiterios unha placa que diga “na memoria de todos os que aquí xacen
porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu” e, a
posibilidade de substituír unha lápida en castelán por outra en galego
dalguén que fose unha persoa senlleira na parroquia (gaiteiro, canteiro,
mestre…).
Os alcaldes teñen agora a posibilidade de celebraren un Día de Defuntos
distinto, participativo e con significado cultural organizando actos
nos cemiterios, municipais ou parroquiais, no que a música, a poesía e
as sentidas intervencións de mozos e vellos sexan un canto á esperanza
en aras da galeguización deses espazos nos que está depositada a memoria
lingüística de homes e mulleres anónimos que deixaron unha forte
pegada na vida transmitíndolles aos seus a nosa cultura. Eles foron os
creadores da nosa identidade, da nosa música popular e tradicións que
nos transmitiron a través do relato oral. Un pasado que debe ter futuro.
O próximo día 1 de novembro, Día de Defuntos, que tanta tradición ten
na nosa cultura popular, volveranse encher os camposantos de xentes que
acudirán con flores a lembrar a memoria dos seus defuntos. Reviviranse
anécdotas, ensinanzas e o bo facer dos nosos devanceiros que nos legaron
un patrimonio cultural e lingüístico que hoxe nos define como pobo.
A mellor homenaxe que se lles pode facer sería restituír a verdade da
súa existencia substituíndo a lápida en castelán por outra en galego na
que se enxalcen as súas virtudes.
"Seguimos a desaproveitar as vantaxes do galego"
Rubén Ferreiro dirixe Viko (antes Elogia e Galicia Banner), que acaba de gañar o maior premio de marketing dixital en España. O papel da lingua na publicidade e as claves do éxito no comercio en liña son algúns dos temas desta conversa.
Recentemente Elogia gañou o
premio á mellor axencia de Mercadotecnia Dixital en España nos premios
eAwards, que son unha das grandes referencias da Rede no Estado. Que
significa esto para a empresa e que impacto pode ter no seu futuro?
É un recoñecemento moi relevante, pois é un dos premios máis
recoñecidos no ámbito do sector dixital, cun xurado amplo de moito nivel
decidindo os mellores entre os mellores. Para Elogia supón un novo
empurrón, deixa ás claras que a aposta que fixemos por posicionarnos nun
vertical de coñecemento como “Marketing4eCommerce” (marketing para
comercio electrónico) foi unha escolla axeitada.
No día a día, no futuro, esperamos que nos dea unha maior visibilidade e
confianza de marca entre as grandes empresas españolas que aínda non
nos coñecen e que queremos que, así que pensen na palabra “eCommerce”, a
axencia que lles veña á mente sexa Elogia.
Primeiro GaliciaBanner, despois Elogia, agora Viko. Poderías resumir brevemente o crecemento da vosa compañía neste tempo?
Empezamos no 2001 como Galiciabanner, unha rede de soportes
exclusivistas galegos. Isto é: eramos a empresa que comercializaba a
publicidade que saía en El Correo Gallego, La Voz de Galicia, o Faro de
Vigo… todas as grandes webs galegas, mentres elas non tiñan equipo
dedicado para tal cousa.
Isto deunos acceso a grandes anunciantes galegos que, chegados ao caso,
empezaron a nos pedir que nos encargasemos de meterlles a publicidade
noutras canles: en webs non galegas, no Google… de xeito que nos fomos
convertendo nunha axencia de planificación de medios online.
Queriamos dar o salto a nivel nacional, para acceder a contas maiores, e
cruzouse no noso camiño Iniciativas Virtuales (Elogia), unha sociedade
catalá que cubría temas de creatividade, investigación de mercados,
desenvolvemento web, pero á que lle faltaba a pata na que nós eramos
especialistas. E así foi como no 2007 nos fusionamos e integramos en
Elogia, o que nos permitiu dar o salto a grandes contas nacionais e
internacionais, con traballos para Italia, Arxentina, Brasil, Colombia,
de México… desde Vigo.
Despois, en paralelo á evolución de Elogia como axencia, foron xurdindo iniciativas novas dentro do equipo: Ibrands como
axencia especializada en resposta directa (rexistros, vendas, descargas
de aplicación), eMMa como software de intelixencia para apps, MOÕSE,
como ferramenta de edición e xestión masiva de páxinas de aterraxe de
campañas… E empezamos a falar do concepto “Elogia Group”, pero
decatámonos de que iso daba en certas confusións entre o grupo e a
axencia Elogia… polo que optamos por crear unha marca paraugas que
funcione como “nai” de todas as demais. Así naceu Viko., que está a ter moi boa acollida no mercado.
O investimento publicitario foi unha das primeiras vítimas da
crise, especialmente no formato papel. Notouse en mesma medida o
descenso de investimento na Rede ou a publicidade en liña sigue forte?
Notar, notouse, pero nunha dinámica moi diferente ao offline. Foi máis
tarde, como cun par de anos de demora e, máis que redución do mercado,
chegou como un freo ao crecemento. É dicir: o marketing online seguiu
medrando, pero menos que antes da crise. Ao final, se o anunciante vende
menos, onde antes se recorta é na publicidade; pero para Internet
paliábase polo aumento porcentual que supoñía o online dentro dos
orzamentos (cada vez, do investimento global dunha empresa, Internet ía
levando un cachiño maior).
O que provocou sobre todo foi baixóns das campañas máis centradas no
branding, na imaxe. O feito de que nos centrasemos en comercio
electrónico e en orientación a resultados é un pouco fillo desa
reflexión: as marcas onde seguiron e seguen apostando é polo marketing
do que esperan un retorno e aí o comercio electrónico é unha vía de
ingresos directa para as marcas.
Gústanos pensar que somos un antídoto anticrise, pois axudámoslles ás empresas a abrir novas liñas de negocio na Rede.
E cales son as perspectivas para 2015? Parece que no último tramo de 2014 o investimento comeza a recuperarse ...
Como dicía, non é que os nosos resultados vaian demasiado parellos aos
das estatísticas macroeconómicas, son máis derivadas da evolución do
mercado online e do sector das startups, moitas das cales nacen en
España pero con orientación internacional. Pero si, é certo que as
perspectivas son moi positivas e notamos un segundo semestre de 2014 con
datos de facturación á alza e boas perspectivas con proxectos
interesantes de cara a 2015.
Unha parte do voso traballo consiste en axudar a xerar vendas
aos comercios en liña. Debido a recesión, moitos mozos están lanzando os
seus propios negocios en liña, a miúdo tendas. Que consellos lle
ofrecerías para lograr convertir as visitas en ingresos?
O primeiro e máis importante: a chave do seu éxito está na oferta. O
eCommerce é un sector onde o usuario pode comparar produtos, prezo,
envío, de forma hiper sinxela. De modo que ter unha oferta cun valor
engadido diferencial é fundamental.
A verdade é que vese a moita xente que se lanza ben trabucada a montar
tendas online, pois pensa que é algo sinxelo: “abrir unha páxina e a
vender”. Ao contrario, é unha canle súper competida. Para que
verdadeiramente traccione, haille que poñer moito foco, recursos: ter
certo que hai orzamento para, tras facer a web, levarlle tráfico
cualificado e, de aí, traballar para iniciar a roda do éxito: rexistros,
conversión a compra e, sobre todo, recompra.
Tamén gañastes recentemente un premio publicitario en México.
Levades xa 13 anos traballando nese país. Que diferencias á hora de
facer publicidade hai entre o mercado español e o mexicano?
Hai unha diferenza na madurez do mercado. O eCommerce e, en moitos
sentidos, o sector publicitario online está hoxe en México como hai 3 ou
4 anos en España, o que nos permite traballar alí cunha grande
confianza pois dalgún xeito “xa sabemos o que vai pasar”, a evolución
que vai ter o mercado.
Polo demais, a diferenza está sobre todo nas persoas. Nas campañas de
medios sociais nótase moitísimo máis que nas publicitarias, pois
atopámonos cunha cultura moito máis participativa e aberta a, por
exemplo, gravarse en vídeo que en Europa; tamen moito máis educada,
menos troll, para nos entender.
Á hora de executar campañas de publicidade, a mecánica é bastante
semellante; cambian moito os métodos de pagamento, por exemplo, pero
unha vez máis, o que cambia é a relación co cliente. A mexicana é unha
cultura moi orientada ao cliente, onde hai que dar un servizo exquisito e
tamén entender ben os seus tempos de traballo.
E en Galicia, hai algunha característica especial do mercado
publicitario no país? Por que moitas marcas seguen a evitar o galego nas
súas comunicacións malia ser a lingua da maioría dos seus clientes?
Pois, desgrazamente, porque segue existindo un compoñente importante de
auto odio no imaxinario galego. Eu, que traballo desde Barcelona, noto
que en Catalunya vas a unha empresa cunha oferta dunha empresa de fóra e
pensan “qué me ofrece mellor este, que non me poida facer un catalán”.
En Madrid pasa o mesmo: por defecto interpretan que o bo é o que está na
capital. En cambio, en Galicia pártese da base de que o de fóra é
mellor. E o da casa ten que demostrar o triple que o foráneo para
conseguir esa confianza. E esa xenreira arrástrase ao idioma.
Eu traballei con portugueses e brasileiros sen ter que estudar o
idioma, mentres os meus compañeiros cataláns se afanaban en cursos de
portugués. É unha vantaxe que seguimos desaproveitando, mentres
insistimos en que o galego é unha perda de tempo.
Filoloxía Galega, entre as peores carreiras de todo o Estado para atopar traballo
Filoloxía Galega é unha das carreiras peor posicionadas no conxunto do Estado para conseguir un posto de traballo, segundo se tira do estudo Inserción laboral de los estudiantes universitarios,
que elaborou o Ministerio de Educación en colaboración cos Consellos
Sociais das universidades e do que se presentaron as súas conclusións
iniciais nesta semana.
O informe analiza a evolución do mercado de traballo ata 2014 de máis de 190.000 estudantes que se licenciaron en 2009-10 en universidades públicas e privadas e con estudos presenciais e non presenciais. Segundo a análise, os titulados en Medicina, Óptica e Optometría, Ciencias Actuariais e Financeiras -grao relacionado con Estatística e Matemáticas-, Enxeñería en Automática e Electrónica Industrial e Enxeñería en Electrónica son os universitarios con maior inserción laboral e maior probabilidade de atopar emprego de todos os do Estado.
No caso das filoloxías, destaca Filoloxía Galega, a sétima peor carreira do conxunto do Estado para atopar traballo, con tan só un 37,8% dos seus titulados afiliados na actualidade á Seguridade Social e só superada -á marxe de Radioelectrónica Naval- polas titulacións de Filoloxía Hebrea, Románica, Eslava, Árabe e Portuguesa. Esta última é a segunda peor carreira en inserción laboral de todo o Estado, malia o evidente contacto co país veciño ou o pulo do idioma portugués noutros continentes.
O informe tamén destaca que, por ámbito de coñecemento, as
licenciaturas máis demandadas no mercado laboral son as relacionadas coa
Informáticas, as Matemáticas e a Estatística e as Ciencias da Saúde, xa
que os seus alumnos superan o 70% de afiliación á Seguridade Social ao
rematar a carreira. Pola contra, as carreiras do ámbito das Humanidades,
o Dereito e as Artes non superan o 50% de inserción.
No primeiro posto deste ránking sitúase a Facultade de Enxeñería Industrial da Universidad de Cádiz, co 100%, seguida de seis centros que cursan Medicina en diferentes localidades do Estado.
O informe analiza a evolución do mercado de traballo ata 2014 de máis de 190.000 estudantes que se licenciaron en 2009-10 en universidades públicas e privadas e con estudos presenciais e non presenciais. Segundo a análise, os titulados en Medicina, Óptica e Optometría, Ciencias Actuariais e Financeiras -grao relacionado con Estatística e Matemáticas-, Enxeñería en Automática e Electrónica Industrial e Enxeñería en Electrónica son os universitarios con maior inserción laboral e maior probabilidade de atopar emprego de todos os do Estado.
Mecina, Óptica ou as enxeñerías en electrónica son as titulacións con maior inserción laboral no EstadoNestes cinco casos, a porcentaxe de afiliación á Seguridade Social dos titulados nestas cinco materias supera o 82% a mes de marzo de 2014, chegando a case o 93% no caso de Medicina. Non ocorre o mesmo con outras moitas carreiras. As licenciaturas peor situadas para atopar traballo son Historia (que emprega o 45% dos seus alumnos), Enxeñería Técnica Naval (40%), diferentes filoloxías (entre o 39% e o 18%) e Radioelectrónica Naval, a que conta cunha peor porcentaxe de inserción laboral, cun 16,7% dos seus licenciados traballando catro anos despois de obter o título.
No caso das filoloxías, destaca Filoloxía Galega, a sétima peor carreira do conxunto do Estado para atopar traballo, con tan só un 37,8% dos seus titulados afiliados na actualidade á Seguridade Social e só superada -á marxe de Radioelectrónica Naval- polas titulacións de Filoloxía Hebrea, Románica, Eslava, Árabe e Portuguesa. Esta última é a segunda peor carreira en inserción laboral de todo o Estado, malia o evidente contacto co país veciño ou o pulo do idioma portugués noutros continentes.
Filoloxía Galega é a sétima peor carreira para atopar traballo; Filoloxía Portuguesa, a segunda peorTan só o 18,2% dos licenciados en Filoloxía Portuguesa están na actualidade afiliados á Seguridade Social, tendencia á baixa de ter en conta a evolución laboral dos titulados nos anos anteriores. Tan só un ano despois de licenciarse, o 22,7% destes titulados atopara traballo, o 27,3% aos dous anos de rematar a carreira.
Tan só o 19% dos titulados en Filoloxía Galega tiñan traballo un ano despois de licenciarse, a segunda peor cifra do EstadoTendo en conta esta evolución, os estudos de Filoloxía Galega saen aínda peor parados en canto á inserción laboral, xa que tan só o 18,9% dos titulados nesta carreira atoparan traballo un ano despois de se licenciar, unha porcentaxe que só é inferior no caso dos estudos de Filoloxía Árabe. Á escasa matriculación de alumnos que presenta a licenciatura e ao desprestixio e ataques que a lingua galega sofre desde hai anos únense agora estes preocupantes datos.
2011 | 2012 | 2013 | 2014 | |
Historia | 25,4 | 34,1 | 38,7 | 45 |
Filoloxía Alemá | 32,9 | 37,1 | 45,7 | 44,3 |
Filoloxía Italiana | 31,8 | 31,8 | 31,8 | 40,9 |
Enx. Técnico Naval | 26,7 | 36,7 | 26,7 | 40 |
Belas Artes | 23,2 | 31,2 | 33,8 | 39,8 |
Filoloxía Galega | 18,9 | 32,4 | 32,4 | 37,8 |
Filoloxía Hebrea | 27,3 | 27,3 | 27,3 | 36,4 |
Filoloxía Románica | 23,5 | 32,4 | 23,5 | 32,4 |
Filoloxía Eslava | 37,5 | 29,2 | 33,3 | 29,2 |
Filoloxía Árabe | 18,3 | 25,6 | 25,6 | 23,2 |
Filoloxía Portuguesa | 22,7 | 27,3 | 22,7 | 18,2 |
Radioelectrónica Naval | 50 | 50 | 50 | 16,7 |
Tan só unha facultade galega se sitúa entre as 70 do Estado con mellor inserción laboral: a de Enxeñería Informática en VigoAdemais, o estudo achega unha clasificación sobre as carreiras con maior inserción laboral por universidades no conxunto do Estado. Neste caso, entre as setenta con maior porcentaxe de titulados con traballo tan só se sitúa unha galega: Enxeñería Informática, na Universidade de Vigo, no posto 39º e co 90,5% dos seus titulados afiliados á Seguridade Social aos catro anos de licenciarse.
No primeiro posto deste ránking sitúase a Facultade de Enxeñería Industrial da Universidad de Cádiz, co 100%, seguida de seis centros que cursan Medicina en diferentes localidades do Estado.
A oficina da Axencia Tributaria en Santiago sanciona A Mesa por solicitarlle recibir en galego as súas notificacións
- A Mesa denuncia as represalias da Axencia Tributaria contra a asociación por reclamar o seu dereito de utilizar o galego.
- A asociación en defensa da lingua anunciou que recorrerá a sanción da Axencia Tributaria perante todas as instancias administrativas e mesmo xudiciais que sexa preciso para denunciar esta “agresión intolerábel” dos nosos dereitos lingüísticos.
- Marcos Maceira: “O Goberno do PP usa as administracións de todas e todos para impor a súa ideoloxía excluínte por medio da represión”.
Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2014. A
Mesa pola Normalización denunciou nunha rolda de imprensa celebrada esta
mañá as represalias da Axencia Tributaria contra a asociación en
defensa do idioma por reclamar o seu dereito a recibir as notificacións
desta administración en galego.
Segundo denunciou A Mesa, a Axencia Tributaria
remitiulle onte a notificación dun expediente sancionador por
“resitencia, obstrucción, excusa a las actuaciones de la Administración
Tributaria”.
Os feitos orixináronse o pasado 15 de xullo cando A
Mesa pola Normalización Lingüística recibiu unha notificación de
requerimento da Oficina de Xestión Tributaria de Santiago de Compostela
en relación coa certificación do cambio de representante legal da
entidade derivada do cambio de directiva levada a termo na súa última
asemblea nacional. Ao estar a dita notificación unicamente en español, A
Mesa presentou por escrito ante sede compostelá da Axencia Tributaria
unha solicitude reclamando seu dereito a recibir esa notificación en
lingua galega e que se tramitase o procedemento neste idioma.
Tras pasaren varios meses sen obter resposta, A
Mesa volveu presentar esta solicitude por escrito ante a Axencia
Tributaria o pasado 10 de setembro, sen obter tampouco resposta por
parte da Administración até que o día de onte, 28 de outubro, recibiu
unha notificación (máis unha vez, excluíndo o uso do galego) na que se
lle comunicaba o inicio dun expediente sancionador por “resitencia,
obstrucción, excusa a las actuaciones de la Administración Tributaria”.
A Mesa calificou a resposta da Axencia Tributaria
de “ilegal” e “indecente”, e anunciou que recorrerá a sanción da Axencia
Tributaria perante todas as instancias administrativas e mesmo
xudiciais que sexa preciso para denunciar esta “agresión intolerábel”
dos nosos dereitos lingüísticos.
Neste sentido, o presidente da Mesa Marcos Maceira
asegurou que as ameazas de sanción económica da Axencia Tributaria non
farán calar á Mesa, nin axudarán a que desista de reclamar o seu dereito
de utilizar o galego ante a administración, dereito recollido en toda a
lexislación vixente. Deste xeito, Maceira denunciou que este é un paso
máis na deriva totalitaria do goberno popular: “Esta é outra mosta de
como o Goberno do PP usa as administracións de todas e todos para impor a
súa ideoloxía excluínte por medio da represión”.
Así, Maceira lembrou que a Mesa leva meses
denunciando os pasos atrás que a Administración do Estado está a dar
desde a chegada do PP ao Goberno no recoñecemento da realidade
plurilingüe do Estado e o respecto á oficialidade das linguas diferentes
do español. O caso da Axencia Tributaria é un dos máis sangrantes, pois
está a levar a cabo un proceso de erradicación do galego en todas os
trámites, modelos de documentos, etc. que até hai uns anos se podían
facer en galego, incumprindo a propia lexislación do Estado e tratados
internacionais como a Carta Europea das Linguas
A Mesa reiterou que a
súa solicitude de recibir as notificacións da Axencia Tributaria na
lingua propia e oficial de Galiza é un dereito recoñecido e amparado
pola lexislación vixente, e denunciou a manobra perversa de identificar a
reclamación dos dereitos legalmente recoñecidos coa “resitencia e
obstrución” ás actuacións da administración, como suxire esta sanción.
A Mesa lembrou que
toda a lexislación e xurisprudencia vixente recoñece o dereito da
cidadanía galega a exixir que calquera notificación, de calquera
Administración Pública con sede no territorio da Comunidade Autónoma de
Galiza, que afecte os seus intereses, estea redixida en galego e que o
procedemento se tramite na lingua oficial elixida pola persoa
interesada. Así, a Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común
recoñece no seu artigo 35 como un dereito dos cidadáns nas súas
relacións coas Administracións Públicas o de “utilizar as linguas
oficiais no territorio da súa Comunidade Autónoma”. Do mesmo xeito, no
seu artigo 36 sinala literalmente:
“A lingua dos procedementos tramitados pola Administración Xeral do Estado será o castelán. Non obstante
o anterior, os interesados que se dirixan aos órganos da Administración
Xeral do Estado con sede no territorio dunha Comunidade Autónoma
poderán utilizar tamén a lingua que sexa cooficial nela. Neste caso, o procedemento tramitarase na lingua elixida polo interesado”.
Neste sentido a
Constitución estabelece no seu artigo 3 o carácter oficial das linguas
das comunidades autónomas, xunto co castelán, nos seus respectivos
territorios. Isto significa, segundo a interpretación do Tribunal
Constitucional, que aquela declaración vincula a todos os poderes
públicos radicados e con competencias nos correspondentes territorios,
icluídos, por tanto, os do Estado no sentido estrito. De acordo con
isto, o Estatuto de Autonomía de Galiza
recoñece que o galego é a lingua propia de Galiza e insta a que os
poderes públicos garantan “o uso normal e oficial dos dous idiomas” e
potencien “o emprego do galego en todos os planos da vida pública” (art.
5.3). Do mesmo xeito, a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística,
recoñece no seu artigo 4.1 que o galego, como lingua propia de Galiza, é
lingua oficial das institucións da Comunidade Autónoma e da súa
Administración; e no artigo 6.3, do devandito texto legal, insta os
poderes públicos de Galiza a promoveren o uso normal da lingua galega,
oralmente e por escrito, nas súas relacións cos cidadáns. O dereito dos
administrados a seren atendidos oralmente e por escrito na lingua
cooficial da súa elección tamén se recolle no artigo 54.11 da Lei 7/2007, do estatuto básico do empregado público e mais o artigo 10.3 da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias, entre outros.
Sanción da Axencia Tributaria á Mesa por solicitar recibir as notificacións en galego
A MNL afirma que a Axencia Tributaria remitiulle a notificación dun expediente sancionador por “resistencia, obstrucción, excusa a las actuaciones de la Administración Tributaria”.
Axencia Tributaria de Compostela remitiu á Mesa pola Normalización Lingüística (MNL) a notificación dun expediente en curso por “resistencia, obstrucción, excusa a las actuaciones de la Administración Tributaria”. Unha decisión adoptada após que esta plataforma en defensa do idioma propio de Galiza lle solicitase por escrito que as notificacións que se lle remitisen estivesen en galego.Marcos Maceira: “O Goberno do PP usa as administracións de todas e todos para impor a súa ideoloxía excluínte por medio da represión”Unha petición orixinada o pasado 15 de xullo, cando A Mesa recibiu unha notificación de requeremento da Oficina de Xestión Tributaria de Compostela en relación coa certificación do cambio de representante legal da entidade derivada do cambio de directiva levada a termo na súa última asemblea nacional. O requerimento estaba escrito unicamente en español. E a Mesa pediu que se lle remitise en galego
"Ilegal" e "indecente"
“Tras pasaren varios meses sen obter resposta, volvimos presentar esta solicitude por escrito ante a Axencia Tributaria o pasado 10 de setembro, sen obter tampouco resposta por parte da Administración até que o día de onte, 28 de outubro, recibiu unha notificación (máis unha vez, excluíndo o uso do galego) na que se comunicaba o inicio dun expediente sancionador por “resitencia, obstrucción, excusa a las actuaciones de la Administración Tributaria”.
A Mesa calificou a resposta da Axencia Tributaria de “ilegal” e “indecente”, e anunciou que recorrerá a sanción da Axencia Tributaria perante todas as instancias administrativas e mesmo xudiciais que sexa preciso para denunciar esta “agresión intolerábel” dos nosos dereitos lingüísticos.
Educación promete 400 prazas docentes após destruír máis de 3.000 desde 2009
Jesús Vázquez lanzou o anuncio en sesión parlamentar. A CIG-Ensino di das cifras que son "insuficientes" após 5 anos de recortes.
O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, prometeu máis de 400 prazas docentes para o vindeiro ano académico. A Oferta pública de emprego que a Consellaría anunciou foi considerada "insuficiente" polo sindicato maioritario no ensino. Desde a CIG sinalan que desde 2009 se xubilaron máis de 4 mil profesor@s mentres que se ofreceron 585 prazas.
O compromiso de Jesús Vázquez coincide co incremento na taxa de reposición que se aplicará en 2015 pasando do 10% ao 50%. Porén, tamén coincide coas eleccións sindicais no ensino que terán lugar o 4 de decembro.
Entre as críticas á súa xestión, por parte da comunidade educativa e das forzas da oposición, Jesús Vázquez atribuíu as denuncias a unha estratexia de "desgaste". Porén, a central sindical con maior representación no sector, a CIG, asegura que desde o último censo --en novembro de 2010-- o número de docentes reduciuse en 2.036 persoas, para alén das prazas destruídas no curso anterior. "En Educación vénse realizando un auténtico ERE que supera os 3.000 profesores e profesoras", denuncian desde a central sindical nacionalista. Aliás, acrecentan, desde que Feijóo chegou á Xunta producíronse "máis de 4 mil xubilacións" que non foron repostas.
Desde 2009 xubiláronse máis de 4 mil docentes que non foron re-emprazad@sPerante estas cifras, a CIG-Ensino tilda de "insuficientes" as "máis de 400 prazas" anunciadas por Vázquez e denuncia, xunto coas forzas da oposición parlamentar, as consecuencias que está a ter para a calidade do ensino a política desenvolvida polo conselleiro. "Reclamamos, por tanto, que se faga unha oferta de tantas prazas como vacantes se produzan e sexan necesarias para o bo funcionamento do sistema educativo, permitan recuperar a xornada lectiva do profesorado e ampliar os cadros de persoal dos centros para a atención ás distintas necesidades", demandan @s nacionalistas.
Así as cousas, para Vázquez Abad, o curso académico comezou "con total normalidade" e nen as queixas do persoal docente nen as denuncias da Feferación de Anpas pola perda de profesorado e a merma da calidade do servizo, apean o conselleiro da súa opinión.
mércores, 29 de outubro de 2014
Unha xornada do Consello da Cultura Galega reivindica o galego como lingua publicitaria
Nos dous últimos decenios constatouse a
consolidación da imaxe de marca de Galicia, duplicouse o número de
axencias publicitarias, aumentou a calidade e elevouse a confianza e a
eficacia no uso da lingua na comunicación publicitaria. Con todo, a
crise está a lastrar este sector de xeito notorio. Son algunhas das
conclusións que publicistas, empresarios e expertos no ámbito da
comunicación publicitaria expresaron no marco da xornada A publicidade
en galego, que tivo lugar este serán no Consello da Cultura Galega. A
cita contou coa colaboración coa Fundación Galicia Empresa.
O número
de axencias galegas representan aproximadamente unha cuarta parte do
Estado, que apenas supera as 400 en total (en 2010 estaban rexistradas
112 empresas). As estruturas do sector publicitario son moi pequenas e
teñen unha gran dependencia do sector público. A radiografía do sector
ofreceuna Alberto Pena, profesor titular de Historia da Propaganda e da
Publicidade na Universidade de Vigo. Diferenciou o apoio público do
privado. No primeiro caso, son “a Televisión de Galicia e a Xunta de
Galicia son as institucións que máis invisten en publicidade”, en
palabras de Alberto Pena que tamén incidiu na necesidade dun maior apoio
institucional. No que atende ao sector privado, afirmou que “é
incuestionable a eficacia do galego como lingua publicitaria” como tamén
o é que “os anunciantes necesitan investir máis en publicidade”. Para
reforzar a súa idea ofreceu o dato do investimento medio en publicidade
de 20.000 euros por anunciante, moi por debaixo da media española. Alberto Dafonte fixo un repaso polos principais anuncios que marcaron fitos na publicidade en Galicia que, na súa opinión, estivo marcada polos prexuízos e que se constituíu nun espello tanto da audiencia como da marca. Unha idea na que incidiu na súa intervención Benigno Sánchez, quen fixo un repaso polo uso do galego na publicidade.
Da teoría á práctica
Os casos prácticos chegaron da man da axencia BAP&Conde, multipremiada polas súas campañas de publicidade en galego, representada nesta sesión por Jose Manuel Díaz Balado. Compartiu mesa con Francisco Rodeiro, director de Planificación Estratéxica e Modelo de Negocio de R; e o profesor universitario Alejandro Vázquez.
Antecedentes: estudos previos
Non é a primeira vez que o Consello se achega a analizar o ámbito da publicidade na nosa lingua. De feito, en 1995 publicou un volume pioneiro que abordaba por primeira vez un estudo estatístico da actitude dos consumidores perante o uso do galego na publicidade. Aquela publicación, Publicidade e lingua galega, elaborada por Fernando F. Ramallo e Gabriel Rei Doval, recollía a preocupación dunha parte da cidadanía, nun contexto non habitual. Este traballo deu pé a que o Consello da Cultura, cos mesmos autores e coa colaboración da xa creada Fundación Galicia Empresa, retomase a cuestión desde un punto de vista científico. Vender en galego. Comunicación, empresa e lingua galega puxo de manifestou, con entrevistas a empresarios ou directivos de empresas recoñecidas, que a resistencia a unha comunicación publicitaria non estaba nos altos cargos, senón nos postos intermedios.
Consulta na nosa mediateca as publicacións Publicidade e lingua galega e Vender en galego. Comunicación, empresa e lingua galega
Medicina, Óptica e Ciencias Actuariais e Financeiras, as carreiras con máis emprego en España
Os licenciados en Medicina, Óptica e Optometría e Ciencias Actuariais e Financeiras,
son as carreiras mellor posicionadas en España para conseguir un
emprego, segundo se desprende do estudo 'Inserción laboral dos
estudantes universitarios', elaborado polo Ministerio de Eduación,
en colaboración cos Consellos Sociais das Universidades Españolas, e no
que se tiveron en conta os datos de empleabilidad dos estudantes que
comezaron os seus estudos superiores no curso 2009/2010.
Concretamente, Medicina 'coloca' o 92,9 por cento dos seus
estudantes, mentres que Óptica e Optometría e Ciencias Actuariais e
Financeiras ao 84 por cento.A secretaria de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, Montserrat Gomendio, destacou que por ámbito de coñecemento, as licenciaturas máis demandadas no mercado laboral son as relacionadas coa Informática, as Matemáticas e a Estatística e as Ciencias da Saúde. Os seus alumnos superan o 70 por cento de afiliación ao rematar a carreira.
Pola contra, as situadas no ámbito dos Humanidades, o Dereito e as Artes, non superan o 50 por cento de afiliación. De aí, que as licenciaturas peor situadas para conseguir emprego sexan Historia (que emprega o 45 por cento dos seus alumnos), Enxeñaría Técnica Naval (o 40 por cento), as filologías (entre o 39 e o 18 por cento) e a Radioelctrónica Naval (cun 16,7 por cento).
O estudo tamén compara a empleabilidad tras o primeiro ano de estudos universitarios e o existente ao rematar a licenciatura. Neste caso, repiten as mesmas titulacións nos primeiros postos. Concretamente, a mellor situada é Ciencias da Saúde cun 43,7 por cento de afiliacións tras un ano de carreira, que se converten en 71,4 por cento ao finalizala. Gomendio explicou que, nesta caso, a empleabilidad final é mesmo maior, xa que os que estudan medicina comezan o MIR, e non se inclúen nas cifras.
O mesmo acontece con Ciencias, aínda que, se é o caso, está no penúltimo lugar da táboa. Tras o primeiro ano contabilízase un 35,8 por cento de afiliacións, mentres que tras finalizar os estudos se eleva ao 63,6 por cento, unha cifra que sería máis alta, xa que é habitual que os estudantes destas licenciaturas continúen despois coa súa formación académica con estudos de postgrao.
POUCOS ELIXEN CIENCIAS
Gomendio tamén destacou que o 54,3 por cento dos estudantes universitarios españois elixen Ciencias Sociais e Xurídicas. Séguenlle Enxeñaría e Arquitectura (21%), Ciencias da Saúde (12%), Artes e Humanidades (6,9%) e Ciencias (5,95).
Esta baixa porcentaxe de alumnos que elixen as ciencias, a secretaria de Estado ve a orixe do problema xa na educación obrigatoria e recordou que nos informes da OCDE e PISA que se fan aos alumnos ao longo da súa vida académica --aos 9 e 15 anos, respectivamente-- estes obteñen "datos moi baixos" nestas materias. Tamén indicou que xa, á hora de escoller carreira, se produce un "nesgo debido á nota de corte".
Do mesmo modo, o traballo destaca a distribución das licenciaturas segundo o número de estudantes. Un 28,7 por cento, rexistra menos de 50 estudantes e un 47,7 por cento, menos de 75 alumnos.
Gomendio recoñeceu que existe "preocupación" ante esta situación, aínda que non cre que haxa "demasiadas licenciaturas" nas universidades españolas, senón que, ao seu xuízo, deberíanse "racionalizar". "Hai que mirar e falar coas comunidades autónomas e universidades para que unha titulación non se oferte en tantos centros", apuntou.
Precisamente, defendeu que este estudo serve como "ferramenta para a mellora universitaria". Ao seu xuízo, a elección dunha carreira é persoal dun alumno, pero cando non exista unha decisión meramente vocacional," saber a empleabilidad dunha titulación pode ser de grande axuda para o futuro estudante. "Existía unha deficiencia, que era que o estudante non tivese esa información", apuntou.
Finalmente, preguntada por se se tivera en conta neste estudo aos licenciados que se foron de España en busca de emprego, Gomendio indicou que non corresponde a este estudo", pero precisou que os datos que se manexan é que marcharon do país 44.388 mozos de entre 20 e 24 anos, dos que 4.615 son españois e 2.433 nacidos en España.
Ao respecto explicou que, na súa maioría, son persoas que solicitaron a nacionalidade española que viñeron antes da crise en busca de traballo e agora regresan ao seu país de orixe, e fillos de inmigrantes que regresan ao país destes.
(EUROPA PRESS)
O conselleiro de Educación anuncia unha oferta de emprego con máis de 400 prazas para o corpo de mestres
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús
Vázquez, anunciou que a próxima oferta pública de emprego (OPE) para o
corpo de mestres "superará as 400 prazas", aínda que indicou que aínda é
"pronto" para dar unha cifra máis concreta.
Vázquez compareceu no Parlamento galego para dar conta do inicio do curso escolar que, na súa opinión, comezou "con total normalidade", e indicou que este número de mestres novos corresponderá, basicamente, ao aumento na taxa de reposición, que está previsto que pase do 10 ao 50 por cento.
Os grupos da oposición, con todo, coincidiron en criticar a "mala" situación da educación en Galicia polos "recortes" continuos impostos polas políticas do PP e pola implantación da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (Lomce).
Entre as súas críticas insistiron no recorte de profesorado, que Age e PSdeG cifraron nuns 2.200 profesionais nos últimos anos, na ausencia de diálogo coa comunidade educativa, na marxinación do galego e en novos repagos, entre outras.
O conselleiro lamentou as críticas dos grupos da oposición, que achacou ao "interese de desgaste" do seu labor, e reivindicou que a educación en Galicia "está mellor que hai cinco anos".
Na súa intervención destacou os esforzos feitos polo seu departamento por manter e transformar o sistema educativo galego.Entre outras "melloras" mencionou a aposta pola potenciación de linguas estranxeiras, pola introdución "real" das novas tecnoloxías e pola Formación Profesional con máis prazas e adaptada á realidade produtiva de Galicia.
Tamén aludiu ao "aumento" das prazas de comedor e á redución da taxa de abandono escolar, con máis de cinco puntos por baixo respecto ao último curso do goberno entre PSdeG e BNG, dixo.
"Vostedes veñen falar de desgaste, en vez do inicio do curso", reprochoulles aos grupos da oposición, aos que lles pediu "alternativas" e "rigor" e non meras "críticas".
O deputado socialista Vicente Docasar rexeitou que o inicio do curso sexa normal, xa que é o da implantación "da gloriosa Lomce, a que resolverá todos os males do sistema educativo", ironizou.
Docasar tachou de ultraxe "á lingua galega as políticas do PP" e insistiu en que cada vez hai "menos diñeiro para gastos e equipamentos".
Para Ramón Vázquez (Age), o conselleiro é un "cadáver político" do que dixo que o único que lle interesa é que acuda ao Parlamento a presentar a súa dimisión.
"Vostede é un conselleiro pretérito, desafiuzado pola Xustiza, acumula unha retahíla sen precedentes de sentenzas en contra... Está en retirada, albisca outros horizontes políticos. Pregúntome que favor fágolle á comunidade educativa facendo un novo repaso aos seus recortes, xa que vostede seguirá aí sentado como unha estatua de sal", lamentou o deputado da coalición.
O deputado do BNG Cosme Pombo asegurou que a educación en Galicia está "moi mal" e sinalou que o inicio do curso escolar foi "moi malo".
Na súa intervención cargou contra as políticas de recortes "continuos", en profesores e en recursos, entre outros, e tamén contra os repagos en servizos como o comedor escolar.
"No inicio de curso a educación galega non necesita máis fume, porque non deixa ver a realidade. Está chea de conflitividade pola continua deterioración da educación pública un ano máis", concluíu.
Román Rodríguez (PP) asegurou que a pregunta que hai que facerse é se a educación galega está mellor que hai cinco anos e contestouse: "Nós entendemos que si, francamente. Moito mellor".
Outra cousa, insistiu, é se hai os mesmos recursos que hai uns anos, e aínda que recoñeceu que hai menos sinalou que ante os resultados obtidos coas políticas do PP os grupos da oposición "non teñen máis que agachar a cabeza, como a avestruz".
Vázquez compareceu no Parlamento galego para dar conta do inicio do curso escolar que, na súa opinión, comezou "con total normalidade", e indicou que este número de mestres novos corresponderá, basicamente, ao aumento na taxa de reposición, que está previsto que pase do 10 ao 50 por cento.
Os grupos da oposición, con todo, coincidiron en criticar a "mala" situación da educación en Galicia polos "recortes" continuos impostos polas políticas do PP e pola implantación da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (Lomce).
Entre as súas críticas insistiron no recorte de profesorado, que Age e PSdeG cifraron nuns 2.200 profesionais nos últimos anos, na ausencia de diálogo coa comunidade educativa, na marxinación do galego e en novos repagos, entre outras.
O conselleiro lamentou as críticas dos grupos da oposición, que achacou ao "interese de desgaste" do seu labor, e reivindicou que a educación en Galicia "está mellor que hai cinco anos".
Na súa intervención destacou os esforzos feitos polo seu departamento por manter e transformar o sistema educativo galego.Entre outras "melloras" mencionou a aposta pola potenciación de linguas estranxeiras, pola introdución "real" das novas tecnoloxías e pola Formación Profesional con máis prazas e adaptada á realidade produtiva de Galicia.
Tamén aludiu ao "aumento" das prazas de comedor e á redución da taxa de abandono escolar, con máis de cinco puntos por baixo respecto ao último curso do goberno entre PSdeG e BNG, dixo.
"Vostedes veñen falar de desgaste, en vez do inicio do curso", reprochoulles aos grupos da oposición, aos que lles pediu "alternativas" e "rigor" e non meras "críticas".
O deputado socialista Vicente Docasar rexeitou que o inicio do curso sexa normal, xa que é o da implantación "da gloriosa Lomce, a que resolverá todos os males do sistema educativo", ironizou.
Docasar tachou de ultraxe "á lingua galega as políticas do PP" e insistiu en que cada vez hai "menos diñeiro para gastos e equipamentos".
Para Ramón Vázquez (Age), o conselleiro é un "cadáver político" do que dixo que o único que lle interesa é que acuda ao Parlamento a presentar a súa dimisión.
"Vostede é un conselleiro pretérito, desafiuzado pola Xustiza, acumula unha retahíla sen precedentes de sentenzas en contra... Está en retirada, albisca outros horizontes políticos. Pregúntome que favor fágolle á comunidade educativa facendo un novo repaso aos seus recortes, xa que vostede seguirá aí sentado como unha estatua de sal", lamentou o deputado da coalición.
O deputado do BNG Cosme Pombo asegurou que a educación en Galicia está "moi mal" e sinalou que o inicio do curso escolar foi "moi malo".
Na súa intervención cargou contra as políticas de recortes "continuos", en profesores e en recursos, entre outros, e tamén contra os repagos en servizos como o comedor escolar.
"No inicio de curso a educación galega non necesita máis fume, porque non deixa ver a realidade. Está chea de conflitividade pola continua deterioración da educación pública un ano máis", concluíu.
Román Rodríguez (PP) asegurou que a pregunta que hai que facerse é se a educación galega está mellor que hai cinco anos e contestouse: "Nós entendemos que si, francamente. Moito mellor".
Outra cousa, insistiu, é se hai os mesmos recursos que hai uns anos, e aínda que recoñeceu que hai menos sinalou que ante os resultados obtidos coas políticas do PP os grupos da oposición "non teñen máis que agachar a cabeza, como a avestruz".
A mocidade galega condenada à emigraçom
Galiza ten 135.000 persoas menos de
entre 16 e 35 anos a día de hoxe que en 2007. Só no período 2013-2014
abandonaron o noso país unhas 24.000 mozas, por causa do desemprego, a
miseria e a precariedade.
A CIG-Ensino preséntase a estas eleccións cun balance de traballo sindical “altamente positivo”
A CIG-Ensino presenta 697 docentes nas candidaturas ás eleccións sindicais no ensino público non universitario do 4 de decembro.
A CIG-Ensino presentou este martes 28 de
outubro en rolda de prensa as candidaturas coas que se vai presentar ás
elección sindicais do 4 de decembro no ensino público non universitario
nas que terán dereito a voto máis de trinta mil docentes e nas que se
elixiran un total 140 delegados e delegadas, seis menos que nas
anteriores. As candidaturas da CIG-Ensino están integradas por un total
de 697 docentes e conformadas por profesorado de todos os niveis
educativos, ensinanzas non universitarias e diferentes situacións
administrativas.
A CIG-Ensino ten na actualidade a representación do 43% en Galiza que
duplica a da segunda opción sindical e preside as xuntas de persoal da Coruña,
Pontevedra e Lugo. Esta representación ascende a máis do 47% nas provincias da
Coruña e Pontevedra, onde está censado máis do 80% do profesorado. Nas candidaturas que a CIG-Ensino presenta a
estas eleccións co obxectivo de revalidar os resultados das anteriores destaca
a presenza de docentes involucrados na defensa e galeguización do ensino
público, na normalización lingüística, implicados coa renovación e innovación
educativa, persoas relevantes no ámbito cultural e comprometidas co traballo
profesional e co recoñecemento da función docente.
As candidaturas elaboráronse co obxectivo de integrar o maior número posíbel de centros educativos fronte a un sistema de elección inxusto, discriminatorio e antidemocrático que fixa como unidade electoral a provincia. Hai que ter en conta que se a referencia fose o centro educativo, como acontece no ensino concertado, escolleríanse 1586 delegados en lugar de 140 (45 pola Coruña, 27 por Lugo, 27 por Ourense e 41 por Pontevedra). Nesta ocasión terán dereito a voto 30336 docentes, é dicir, 2.044 profesoras e profesores menos que hai catro anos o que evidencia o recorte e a supresión de postos de traballo producidos neste tempo.
Na rolda de presa -na que se fixo balance do traballo realizado nos últimos catro anos e se deron a coñecer as liñas básicas do programa da CIG-Ensino- participaron as persoas que encabezarán as candidaturas por cada unha das provincias e que son Anxo Louzao Rodríguez, secretario nacional da CIG-Ensino, que ten destino no CPI Camiño de Santiago do Pino, Marta Dacosta Alonso (IES de Tomiño), Antón Castro Rodríguez (CEIP Laverde Ruiz, en Outeiro de Rei) e Sara Martiñá Rodríguez (IES Julio prieto Nespereira de Ourense).
Balance altamente positivo
“Nestes catro anos promovemos, participamos e activamos diferentes plataformas para conxuntar a máxima forza posíbel e así combater os ataques permanentes aos que fomos sometidos”, explicou Anxo Louzao, quen tamén lembrou que a CIG-Ensino levou a cabo nove folgas e compaxinou peches, concentracións, manifestacións e ocupacións de sedes das institucións con actividades lúdico-reivindicativas, manifestos, recollida de sinaturas, resolucións de claustros, de consellos escolares etc.”
A CIG-Ensino asumiu como prioridade combater a LOMCE desde todos os ámbitos, ademais de participar, protagonizar, canalizar ou dirixir a grande maioría da conflitividade e reivindicación educativa. “Asumimos, case en exclusiva, o traballo informativo e de axitación sindical nos centros”, lembrou Anxo Louzao.
Neste catro anos, a CIG-Ensino promoveu múltiples campañas e mobilizacións, entre outras, en contra da redución salarial e da eliminación das pagas extras, supresión de unidades nos centros públicos, incremento das ratios, redución de profesorado e de orzamentos, ampliación do horario lectivo do profesorado, contra o plus de altos cargos, a supresión de Preescolar na Casa, o decreto de comedores, os concertos en centros que segregan alumnado por razón de xénero, a non cobertura das baixas, o uso fraudulento da páxina web da Consellaría contra a CIG-Ensino, a Lei de convivencia e participación da comunidade educativa, o Decreto de formación do profesorado, os despedimento de profesorado interino, a redución dos cadros de persoal e os descontos por estar de baixa por enfermidade.
As candidaturas elaboráronse co obxectivo de integrar o maior número posíbel de centros educativos fronte a un sistema de elección inxusto, discriminatorio e antidemocrático que fixa como unidade electoral a provincia. Hai que ter en conta que se a referencia fose o centro educativo, como acontece no ensino concertado, escolleríanse 1586 delegados en lugar de 140 (45 pola Coruña, 27 por Lugo, 27 por Ourense e 41 por Pontevedra). Nesta ocasión terán dereito a voto 30336 docentes, é dicir, 2.044 profesoras e profesores menos que hai catro anos o que evidencia o recorte e a supresión de postos de traballo producidos neste tempo.
Na rolda de presa -na que se fixo balance do traballo realizado nos últimos catro anos e se deron a coñecer as liñas básicas do programa da CIG-Ensino- participaron as persoas que encabezarán as candidaturas por cada unha das provincias e que son Anxo Louzao Rodríguez, secretario nacional da CIG-Ensino, que ten destino no CPI Camiño de Santiago do Pino, Marta Dacosta Alonso (IES de Tomiño), Antón Castro Rodríguez (CEIP Laverde Ruiz, en Outeiro de Rei) e Sara Martiñá Rodríguez (IES Julio prieto Nespereira de Ourense).
Balance altamente positivo
“Nestes catro anos promovemos, participamos e activamos diferentes plataformas para conxuntar a máxima forza posíbel e así combater os ataques permanentes aos que fomos sometidos”, explicou Anxo Louzao, quen tamén lembrou que a CIG-Ensino levou a cabo nove folgas e compaxinou peches, concentracións, manifestacións e ocupacións de sedes das institucións con actividades lúdico-reivindicativas, manifestos, recollida de sinaturas, resolucións de claustros, de consellos escolares etc.”
A CIG-Ensino asumiu como prioridade combater a LOMCE desde todos os ámbitos, ademais de participar, protagonizar, canalizar ou dirixir a grande maioría da conflitividade e reivindicación educativa. “Asumimos, case en exclusiva, o traballo informativo e de axitación sindical nos centros”, lembrou Anxo Louzao.
Neste catro anos, a CIG-Ensino promoveu múltiples campañas e mobilizacións, entre outras, en contra da redución salarial e da eliminación das pagas extras, supresión de unidades nos centros públicos, incremento das ratios, redución de profesorado e de orzamentos, ampliación do horario lectivo do profesorado, contra o plus de altos cargos, a supresión de Preescolar na Casa, o decreto de comedores, os concertos en centros que segregan alumnado por razón de xénero, a non cobertura das baixas, o uso fraudulento da páxina web da Consellaría contra a CIG-Ensino, a Lei de convivencia e participación da comunidade educativa, o Decreto de formación do profesorado, os despedimento de profesorado interino, a redución dos cadros de persoal e os descontos por estar de baixa por enfermidade.
A
CIG-Ensino tamén realizou un referendo
en contra do incremento do horario lectivo, da custodia do alumnado
transportado e dos recortes no ensino público no que participaron 19.182
profesores e profesoras de 863 centros dun total de 26.271 electores e no que máis
do 95% rexeitaron as medidas da Consellaría. “Defendemos no
Parlamento unha ILP en contra do
desmantelamento do programa Preescolar na Casa, outra en contra do plus de altos cargos e temos
presentado outra ILP para restituír os
dereitos laborais, profesionais e retributivos do profesorado e para a
mellora da calidade do ensino en Galiza”, lembrou Louzao que tamén se referiu
ao esforzo realizado na formación do
profesorado coa participación de máis de 14.000
docentes nas accións formativas impartidas pola CIG-Ensino. Neste tempo, a
CIG-Ensino convocou ao redor de 12.000
asembleas de centros e resolveu numerosas
xestións, tanto colectivas como individuais.
Ademais
diante da falta de diálogo e de negociación que caracterizou este período teñen
especial relevancia as sentenzas xudiciais gañadas pola CIG-Ensino relativas
ao dereito ao recoñecemento médico anual, a ilegalidade dos concertos
educativos aos centros que segregan o
alumnado por razón de xénero (aos que a Xunta destinou12 millóns de
euros), ao dereito ao pagamento dos trienios
retroactivos cumpridos con anterioridade ao EBEP para o persoal interino, así
como ao recoñecemento dos sexenios. A
CIG-Ensino tamén logrou que o TSXG estimase parcialmente o recurso contra o Decreto
de plurilingüismo, conseguiu ter presenza, mediante sentenza do TSXG e do TS, nos
consellos sociais da Universidade
e nos CIFP, e obtivo diferentes
sentenzas que declararon como
despedimento nulo a non contratación do profesorado CELGA. Súmanse a estas as
relativas ao dereito do persoal docente a usar o
comedor escolar e as que recoñecen o dereito a
percibir a parte proporcional devindicada das pagas extras do ano 2012.
Ademais a
CIG-Ensino promoveu
a constitución e participou activamente
en diferentes plataformas como Queremos Galego, Plataforma Galega en
Defensa do Ensino Público, Mesa Galega de Educación no rural, Plataforma Galega
en Defensa das Ensinanzas Artísticas Superiores e Plataforma Galega en Defensa
dos Servizos Públicos, ademais de presentar
numerosas propostas e emendas a
toda a normativa educativa que foi materia de debate, consideración ou
ditame, conseguindo que o Consello Escolar de Galiza lle demandase á
Consellaría a retirada da Lei de convivencia e participación da comunidade educativa,
do Decreto de formación e do Decreto de plurilingüismo, entre outros.
Liñas básicas do noso programa
“A
CIG-Ensino preséntase ás eleccións sindicais co obxectivo de conseguir outro modelo de representación máis democrático
e participativo,
continuar na loita contra a LOMCE até conseguir a súa derrogación, combater o desmantelamento do ensino público e
acadar restitución de todos os dereitos laborais
salariais e profesionais do profesorado”,
explicou Anxo Louzao..
Entre as medidas que propón a CIG-Ensino destaca:
- Restitución dos horarios no camiño de acadar o máximo de 18 períodos lectivos.
- Restitución dos nosos dereitos salariais (percepción do 100% do salario nas incapacidades laborais transitorias (ILT), do 100% das pagas extraordinarias, recuperación do poder adquisitivo e subas salariais anuais como mínimo igual ao IPC, etc.)
- Formación permanente gratuíta dentro do horario lectivo, restitución das licenzas por estudos e da matrícula gratuíta na Universidade.
- Estabilidade no posto de traballo para o profesorado interino.
- Dereito indefinido á xubilación voluntaria aos 60 anos e 25 de servizo ou 30 anos de servizo co 100% das retribucións. Xubilación obrigatoria aos 65 anos.
- Aposta por un estatuto galego do profesorado que restitúa os nosos dereitos salariais e laborais, recolla medidas para valorar o noso traballo docente e as reivindicacións .
- Procurar un sistema educativo galego, inserido na nosa realidade nacional, baseado no ensino público, na equidade e igualdade de oportunidades, na prevención do fracaso escolar, na xestión democrática dos centros e na revalorización da función docente.
- A aprobación dunha lei do sistema educativo galego baseada no ensino público, galego, laico, coeducativo e democrático e nun plan orzamentario que dedique o 7% do PIB a Educación.
- Conseguir a derrogación do Decreto do plurilingüismo e a aplicación do Plan de normalización lingüística
- Combater os concertos educativos.
- Defender un ensino laico no que a relixión non teña cabida no currículo escolar.
- Uns cadros de persoal amplos e suficientes que garantan especialistas e orientadores e orientadoras en todos os centros, que eviten impartir afíns, que reforcen o traballo de titoría, impidan a mobilidade funcional e xeográfica forzosa do profesorado, rematen coa provisionalidade e garantan a atención á diversidade.
- A redución de alumnado por aula: até un máximo de 15 en educación infantil, 20 en primaria e secundaria e 25 en bacharelato, coas necesarias reducións cando se escolariza alumnado con necesidades educativas especiais e computando o alumnado repetidor. Redución de número de alumnado, como máximo 12 alumnos e alumnas por aula nas clases de lingua estranxeira.
- A xestión democrática dos centros. Soberanía do claustro no ámbito pedagóxico-didáctico e laboral-profesional. Elección democrática das direccións dos centros, incluídas as dos centros integrados.
- Supresión das taxas de reposición. Cobertura de todas as vacantes existentes, incluídas as xeradas por xubilación. Ofertas públicas amplas de emprego para dotar de profesorado suficiente os centros e crear emprego.
- Unha nova planificación do sistema educativo no medio rural que garanta o dereito a escolarizar os nenos e nenas no seu medio, cos medios e recursos necesarios e todos os servizos complementarios.
- A dotación e ampliación de persoal de administración e servizos en todos os centros públicos e coidadores e coidadoras onde sexan necesarios.
- Reestabelecemento da xornada reducida matinal en xuño e setembro.
- Dotación en todos os centros de servizo de comedor e oferta gratuíta das actividade extraescolares.
- Restabelecemento da gratuidade dos libros de texto e extensión a todo o material didáctico en educación infantil, primaria e ESO.
- Derrogación da Lei de convivencia, do Decreto de comedores e de admisión do alumnado e da FP Dual
martes, 28 de outubro de 2014
Amputación de recursos e falta de previsión por parte da Consellaría
STEG reclama unha rápida solución para as listas da
especialidade de Audición e Linguaxe, así como unha maior previsión por
parte da Consellería á hora de configurar listas de substitucións.
A amputación que afecta ao sistema público de
ensino en Galicia avanza neste comezo de curso 2014/2015. Unha nova
intervención cirúrxica levada a cabo dende a Consellería de Educación
que perxudica fundamentalmente ao alumnado e as familias do ensino
público.
A situación extrema e mediática vivida no IES Vilar
Ponte debe ser considerada como o que é: a punto do icerberg dun masivo
recorte de profesorado en todos os centros públicos galegos, que se ve
agravado ademais pola practicamente nula taxa de reposición de docentes.
Na provincia de Ourense hai casos graves, como o
que se vive no CEIP Padrenda/Crespos e no CEIP Curros Enríquez de
Celanova, onde levan máis de 20 días sen especialista de Audición e
Linguaxe, que comparten entre os dous centros. No caso do CEIP Curros
Enríquez, agrándase o problema xa que no día de hoxe, 22 de outubro,
tamén causa baixa o outro especialista de AL. Tamén no CEIP
Padrenda/Crespos teñen os seus problemas, pois hai que atender alumnado
con TEA (Transtorno do Espectro Autista) e Síndrome de Down sen a
especialista que debería estar traballando con eles durante 2 días á
semana. Un traballo ao que habería que sumar o do alumnado con
trastornos da articulación e do ritmo que, evidentemente, tamén deben
ser tratados por especialistas en Audición e Linguaxe.
Débese ter en conta que o alumnado con trastornos
na linguaxe debe ser tratado o máis rápidamente posible, xa que as
probabilidades de mellora minguan canto maior é a idade do alumnado. E
eses tratamentos deben ser implementados por persoas experimentadas, das
que na actualidade, por decisión irresponsable da Consellería, carecen
en calquera dos dous centros educativos.
En definitiva, STEG demanda da Consellería unha
rápida solución á falta de docentes da especialidade de Audición e
Linguaxe que atendan a todo alumnado que así o necesite. E, ademais,
reclama que teña a previsión suficiente como para convocar as prazas
necesarias de todas as especialidades, incluídas as de Audición e
Linguaxe, nunha oferta de emprego público que dea resposta real ás
necesidades que teñen hoxe en día os centros educativos de todo o país.
Secretariado Nacional do STEG
22 de outubro de 2014
22 de outubro de 2014
Presentación en Ourense do relatorio sobre os incumprimentos en Galiza da Carta Europea das Linguas
Terá lugar o 28 de outubro ás 20:00 h. na Asociación Cultural Auriense
O Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, participará nesta presentación do relatorio que a asociación entregou ao Comité de Expertos do Consello de Europa.
A Área Pública da CIG denuncia que os orzamentos da Xunta para 2015 avanzan no desmantelamento dos servizos públicos
Considera que non permitirán recuperar nin o emprego nin os salarios da e dos empregados públicos e chama a movilizarse o 12 de novembro nas 7 cidades galegas.
Delegados e delegadas da Área Pública da
CIG concentráronse esta mañá diante do edificio administrativo da Xunta
de Galiza, en San Caetano, para manifestar a súa rotunda oposición aos
orzamentos presentados polo goberno para 2015. Denuncian que non
permitirán recuperar nin o emprego, nin os salarios e alertan de que
inciden no desmantelamento do sector público. A CIG-Área Pública ten
convocadas novas concentracións, nas 7 cidades galegas, para o día 12 de
novembro ás 12:00 horas.
Con estas mobilizacións a Área Pública da CIG (CIG-Ensino,
CIG-Saúde e CIG-Administración) demanda un cambio nas políticas
neoliberais do executivo galego; a recuperación do poder adquisitivo do
persoal dependente da Xunta de Galiza e a supresión das taxas de
reposición que afogan os servizos públicos minguando a súa calidade.
Isto xunto coa exixencia de que se devolvan, enteiras, as pagas extra de
todos estes anos.
Neste sentido, no decurso da concentración
denunciaron que nos últimos 5 anos as empregadas e empregados públicos
perderon un 30,9% do seu poder adquisitivo. Unha situación que se mantén
nestes orzamentos que, denunciaron, se limitan a recoller as liñas
marcadas desde Madrid agás en aspectos como os retributivos, para os que
a Xunta ten competencias que usa para manter a redución das pagas
extra, a diferenza do persoal dependente da administración do Estado.Para a Área Pública queda claro que a pretensión do executivo galego é ir desmantelando os servizos públicos. Só así se explica que desde o ano 2009 os orzamentos destinados ao ensino público diminuíran en 660 millóns de euros, o que ten provocado carencias que se evidenciaron especialmente ao comezo deste curso escolar, sobre todo coa falta de profesorado.
A este respecto, a CIG-Ensino denunciou que é absolutamente insuficiente a taxa de reposición do 50%, máis cando desde 2009 se produciron 4.000 xubilacións de profesores/as e só se ofertaron neste período, para suplilos, un total de 585 prazas.
Ante esta situación, para a CIG-Ensino é esencial que, como mínimo, a oferta de emprego sexa en igual número ás vacantes que, por xubilación ou outros motivos, se produzan e para todos os niveis educativos.
Alén da falta de profesorado, a CIG-Ensino denuncia que a redución orzamentaria vai provocar que se amplíen as diferenzas sociais ao reducirse os servizos complementarios e a atención ás necesidades especiais, porque poderán acceder a estes servizos quen teñan cartos para asumir o seu custo. Porén, destínanse 250 millóns de euros para o ensino privado concertado.
Os orzamentos en Sanidade tamén sufriron unha diminución, desde o ano 2009, en 400 millóns de euros. Unha cantidade que para a CIG-Saúde non se compensa cos 11 millóns que se incrementan para o 2015. Máis cando entende que, en realidade, estes 11 millóns de euros irían destinados a pagar os canons das privatizacións.
Fronte a isto, a CIG-Saúde alerta da diminución dos orzamentos destinados a Atención Primaria, Protección e Promoción da Saúde Pública, a Investigación Sanitaria e a formación de graduados e postgraduados.
A CIG-Saúde sostén, ao igual que a CIG-Ensino, que a taxa de reposición do 50% é completamente insuficiente xa que entre 2011 e 2014 produciuse unha amortización de máis de 3.000 prazas.
A exclusión do rural
Mentres a crise económica e
financeira afonda aínda máis nas incongruencias do mundo urbano; no
noso rural ábrese unha crise moito máis profunda que ten por referencia a
discriminación na súa máis ampla extensión.
Adios, ríos, adios, fontes
Cando este ano se cumpre o 150 aniversario
destas verbas de Rosalía de Castro, máis preto estamos de perder o que
nos queda do noso rural. Sen estratexias, sen perspectivas e sen folla
de ruta, o rural vai quedando nun segundo plano que se difumina no
hourizonte
Segundo Edelmiro López os problemas do noso rural resúmense nos seguintes puntos: o demográfico, a baixa produtividade das explotacións e a volatilidade dos prezos; a falta de desenvolvemento dunha industria agroalimentaria forte; a continuidade dun balance agroalimentario deficitario; e, por engadido, o problema da terra.
Así, en tanto nunha análise centro/periferia o
mundo urbano (centro) ten que acometer propostas ligadas ao
decrecemento, o rural (periferia) ten que apostar por medidas que
concentren os esforzos en loitar contra a expulsión da terra. Polo
tanto, o reequilibrio do noso territorio pasa por redistribución de
recursos entre os territorios de riqueza económica (zona urbana e
costeira) cos territorios que presentan unha riqueza ambiental (zona
interior e rural). Este feito pasa por que o goberno teña claro
mecanismos para poder facer as compensacións necesarias para chegar a
ese equilibrio necesario para o noso país.
A proposta da xustiza territorial
En apenas cen anos, a humanidade consumiu
máis enerxía que todas as xeracións precedentes e apropiouse do 40% da
biomasa do planeta. Segundo diferentes cálculos, á Terra hoxe
custaríalle ao redor de 1,3 anos reproducir os recursos que a sociedade,
principalmente as poboacións enriquecidas, consome ao longo de un ano.
Neste punto indicar que un 20% da poboación mundial consome o 80% dos
recursos, tendo pola contra, máis de 1.200 millóns de persoas que viven
con menos de un euro ao día. Este crecemento ilimitado que o Capitalismo
Global nos vende, sen ter en conta que os recursos son limitados, está a
provocar unha dobre fractura: por un lado a perda de recursos e por outra o seu reparto inxusto e desequilibrado.
Desde o ámbito social a torta dos recursos
cada vez está máis desequilibrada no seu reparto. Así, acontece que os
225 habitantes máis ricos do planeta teñen a mesma renda anual que a
metade da poboación mundial. Se amais poñemos os datos no ámbito do
mercado, o 40% do mercado mundial está dominado unicamente
por 325 empresas (paradoxas da teoría económica liberal imperante que
non se cansa de repetir das bondades da liberdade do mercado para
favorecer a competitividade, e nunca en termos históricos asistimos a
tal cantidade de oligopolios nos distintos sectores).
Baixo esta perspectiva, as persoas que
traballan no rural, precisan unha retribución digna polo seu traballo, a
través de políticas agrarias e de desenvolvemento rural que corten a
especulación e establezan regulacións públicas efectivas. Amais debemos
centrarnos en producións especializadas e con valor engadido e menos nas
producións estandarizadas, apostando polo apoio ás denominacións de
orixe ou ás marcas galegas recoñecidas e de calidade.
Vacinas contra a exclusión
Na actualidade, a gran crise do rural é a da exclusión do sistema (expulsión),
que comporta o abandono da xestión da terra e con elo a desaparición do
capital humano, peza clave para que o territorio sega vivo. En
1950, o 70% da poboación activa galega traballaba no agro; hoxe supón
tan só o 5,5%. O traballo é duro e os atrancos moitos nun país que pasou
de ser eminentemente rural a situarse na media da UE en canto á
actividade agrícola. Pero hai moita leira por tripar. Na mesma
liña, entre os anos 1991 e 2001 a poboación activa agraria descendeu un
55%, feito que é paralelo á continua baixada no número de explotacións
agrarias que descenden sen parar desde o ano 1962 no que contabamos con
433.000 explotacións ata as 270.000 de principios do século XXI.
Parte da nosa sociedade considera que a
exclusión do rural forma parte do progreso e da modernidade dos tempos.
Moito máis aló desta visión, o abandono da terra ten consecuencias ambientais, paisaxísticas, culturais e económicas.
Temos que tomar medidas antes de que esta situación sexa irreversible e
non teña marcha atrás. As medidas teñen que ter carácter preventivo e
anticiparse á evolución dos tempos, e nesta liña son fundamentais
accións encamiñadas á comunicación proactiva entre poboacións que
favorezan o desenvolvemento local.
Polo tanto, a gran vacina contra a expulsión é
a vertebración social e territorial do noso rural, todo o contrario do
que nos ofrecen os actuais gobernos. O enorme potencial do rural
en Galicia sitúao na actual crise económica ante unha oportunidade
única para revalorizarse como opción laboral e, sobre todo, para se
converter nun dos alicerces do desenvolvemento económico do país nos
vindeiros anos. Para deter a sangría demográfica do rural o traballo non
é o único elemento clave, con máis urxencia precísase do mesmo acceso
aos servizos e á calidade de vida que noutras zonas. Todo o contrario
que o que se está a facer actualmente.
En definitiva para saír
da exclusión, temos que deixar de facer o mesmo e tentar de poñer en
marcha outras cousas. Entre esas medidas están a aposta polo rural en
primeira persoa, como activo vivo e de futuro do noso territorio.
Troquemos esta situación de dificultade nunha verdadeira oportunidade
para o noso país.
O BNG tentará converter o Plan de Normalización Lingüística en lei
Diante do incumprimento do Plan de Normalización Lingüística por parte da Xunta, o BNG presentará unha iniciativa para darlle rango de lei.
Que o articulado do Plan de Normalización Lingüística se converta en lei incrementaría a obrigatoriedade do seu cumprimento e mesmo poderían ser denunciábel as políticas contrarias ao establecido no seu texto. Ese é o obxectivo do BNG que presentará no Parlamento nos vindeiros días unha proposición de lei encamiñada a darlle un xiro á política lingüística do goberno da Xunta e aos incumprimentos reiterados do Plan.O “desamparo e falta de dereitos reais da nosa lingua” require, segundo a deputada nacionalista Ana Pontón, unha dotación moi superior. A esta vontade responderá a iniciativa que levarán a debate parlamentar co fin de “rematar coa burla” do incumprimento do plan, aprobado por unanimidade hai dez anos mais que dista moito de ser aplicado, ao dicir da organización nacionalista.
A deputada Ana Pontón anunciaba esta nova iniciativa ao tempo que participaba na protesta que a Plataforma “Queremos Galego” organizou coincidindo co acto de conmemoración oficial do décimo aniversario da aprobación do Plan de Normalización da Lingua galega. O BNG ausentouse do acto xa que, segundo defendeu, trátase dun “insulto” dun Goberno que está dando pasos atrás no proceso de normalización lingüística e traballa na contra do que recolle o propio plan. Lembrou unha nova redución das partidas de normalización lingüística, que quedan por baixo dos orzamentos destinados a asesores do Presidente. “6.3 millóns de euros en asesores fronte a 6,7 para normalizar a lingua galega”, dixo.
Artigos relacionados (1)
luns, 27 de outubro de 2014
70.000 estudantes, profesores e pais e nais abarrotan o centro de Madrid en defensa da educación pública!
A tarde do xoves tiveron lugar as manifestacións unitarias de estudantes, nais
e pais e profesores convocados en diferentes cidades polo Sindicato de
Estudantes, CCOO e a Marea Verde. Estas manifestacións foron o colofón
aos tres días de folga estudantil convocada polo Sindicato de Estudantes
que paralizou completamente a educación. En Madrid, 70.000 persoas
volveron encher as rúas do centro da cidade en contra do intento do PP
de destruír a educación pública. Noutras cidades as manifestacións tamén
foron masivas, con 10.000 en Valencia e miles nas principais cidades de
toda Andalucía e Galiza.
A folga e as manifestacións destes tres días demostran que existe a forza, as ganas e a decisión para continuar a loita ata lograr a retirada da LOMCE, de todos os ataques á educación pública e a dimisión do ministro Wert.
Dende o Sindicato de estudantes reiteramos nosa proposta a CCOO, UGT, STE, CIG, ELA, LAB e a CEAPA de continuar a loita cunha nova folga xeneral de toda a comunidade educativa para botar a Wert e frear os ataques á escola pública.
A folga e as manifestacións destes tres días demostran que existe a forza, as ganas e a decisión para continuar a loita ata lograr a retirada da LOMCE, de todos os ataques á educación pública e a dimisión do ministro Wert.
Dende o Sindicato de estudantes reiteramos nosa proposta a CCOO, UGT, STE, CIG, ELA, LAB e a CEAPA de continuar a loita cunha nova folga xeneral de toda a comunidade educativa para botar a Wert e frear os ataques á escola pública.
O TSJIB rexeita os recursos do Govern e confirma a suspensión preventiva do TIL para este curso
O Tribunal Superior de Xustiza de Baleares
(TSJIB) confirmou a suspensión preventiva da aplicación, para o curso
2014/2015, do Decreto para o Tratamento Integrado de Linguas (TIL), tras
desestimar os recursos de reposición que foron interpostos polo Govern
contra esta decisión.
En concreto foi suspendida a orde aprobada o pasado 9 de maio pola
Conselleria de Educación, Cultura e Universidades, cuxo obxectivo era
desenvolver e fixar o calendario de implantación, da anterior normativa.
Quen é fascista?
O conselleiro de Educación cualifica de “fascistas” a un grupo de estudantes que previamente chamara tamén “fascista” a Feijóo á entrada dun acto na USC. Xavier Vence di que o PP “non entende” o que é esa palabra porque “cústalle” condenala.
Fascista semella ser a palabra de moda. De fascistas
foron cualificados os atentados de Resistencia Galega, de fascista tamén
as políticas sociais de Núñez Feijóo e últimamente, fascitas son,
directamente o propio presidente da Xunta e os estudantes que utilizan
ese termo para cualificalo.
O último episodio de “fascismos” tivo lugar a última
hora deste xoves na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago
de Compostela. Alí acudiu Feijóo para inaugurar a XV Conferencia de
Decanos e Directores de Matemáticas. Ao chegar ao acto viu que había un
grupo de estudantes concentrados coreando consignas contra el e contra
as súas políticas. Os estudantes permaneceron diante da porta da
facultade e o presidente galego agardou no seu coche oficial coa súa
escolta. Estivo alí un anaco ata que, finalmente, decidiu non entrar.
Un feito que este venres criticou duramente o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad,
tque cualificou de "fascista" a protesta do cento de estudantes
concentrado en Matemáticas. Precisamente, utilizou o mesmo termo co que
os propios alumnos se dirixiron ao presidente galego.
“O que puidemos ver foi un acto totalitarista e fascista,
e creo que a propia universidade teno que condenar. Non se lle pode
permitir a ninguén. Se falamos de que a universidade é o centro do
saber, o centro da palabra... onte puidemos comprobar precisamente o
contrario, cuns argumentos nos que non vou entrar", dixo Vázquez Abad.
Precisamente, a protesta deste grupo de estudantes foi pacífica e
contra os recortes que os gobernantes executan en materia de educación.
Por iso, coreaon lemas como "aquí non hai presidente" e "deixade de
facer propaganda". “Son actitudes que nada din dun país en progreso e democrático", engadiu.
O PP “non entende” que é fascismo
Uns argumentos que non convenceron, nin de lonxe, ao portavoz nacional do BNG, Xavier Vence,
que reclamou á Xunta talante "democrático" para aceptar as protestas
dos colectivos que "sofren" as consecuencias das "nefastas" políticas
levadas a cabo polo Goberno Feijóo.
"Un goberno ten que ter o mínimo talante democrático
para aceptar as protestas", dixo ao tempo que considerou "curioso" o uso
do termo fascismo por parte da Xunta, “posto que a súa resistencia a
condenalo quere dicir que non entenden que é o fascismo”.
Ademais, o portavoz do Bloque censurou que desde o Goberno popular non
se entenda a postura da xente, que está "indignada" coas súas políticas e
que ten "dereito a expresalo abertamente", xa que doutra forma nunca son atendidas as "reclamacións" de colectivos como o estudantil.
Non é a primeira vez que Feijóo fuxe das protestas universitarias, tras
sufrir momentos de tensión con tres deles nun acto en Ourense. En 2012
declinou asistir á inauguración do curso escolar na Coruña,
precisamente, polas protestas estudiantís.
STEG teme un novo recorte no servizo de transporte escolar
Di que “racionalizar seguirá significando recortar e repagar, copago seguirá indicando que hai que pagar dúas veces polo mesmo servizo”.
O Sindicato de Traballadores do Ensino de Galicia (STEG) que que, tras o anuncio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
de "racionalizar" o transporte escolar para o "logro dos obxectivos de
estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira", oculta un novo
recorte deste servizo público.
“Isto agocha un obxectivo claro de limitación de gasto
que, a efectos prácticos, tradúcese nunha limitación do servizo, tal e
como nos teñen acostumados nos últimos tempos co desmantelamento da rede
de orientación de Galicia ou co decreto que legalizou o repagamento dos
comedores escolares en agosto de 2013”, denuncia este sindicato nun
comunicado.
Así, suliña que o transporte escolar non debe considerarse un gasto,
como quere facer ver o conselleiro, senón un servizo imprescindible
para garantir o acceso ao ensino público nun país cunha poboación tan
dispersa como Galicia. “STEG descoñece o alcance real do recorte que
pretende a Consellería, pero critica que se contemplen medidas que
dificulten ás familias no inmediato futuro o acceso e o uso do servizo,
como poidan ser o repago do transporte escolar, a redución de rutas, a
diminución de alumnado usuario e/ou a eliminación e agrupamento de
centros educativos”, sinala.
STEG tamén critica que medidas tan sensibles se
introduzan no debate orzamentario e non sexan discutidas e debatidas
coas organizacións sindicais nos organismos de representación
pertinentes, así como con toda a comunidade educativa.
Por último, STEG quere resaltar que o uso de eufemismos por
parte da Consellaría. “Racionalizar seguirá significando recortar e
repagar, copago seguirá indicando que hai que pagar dúas veces polo
mesmo servizo e mellora da calidade seguirá sendo darlle as costas ás
necesidades reais do alumnado, profesorado e nais e pais”, conclúe.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)