Mediante nomeamentos de profesorado interino por un período de tres meses, no canto de nomeamentos para todo o curso.
A Consellaría de Educación está
adxudicando as prazas de formación profesional dual (FP Dual) mediante
nomeamentos de profesorado interino por un período de tres meses, no
canto de nomeamentos para todo o curso, como vén sendo a norma no resto
das modalidades de formación profesional.
Sorprendentemente, a Dirección Xeral de Persoal está creando
unha nova figura irregular e de maior precariedade, pois baixo o
nomeamento dunha interinidade, na práctica, trátase dunha substitución,
xa que a súa duración só está prevista para o primeiro trimestre.
Esta é a evidencia máis contundente de como a modalidade de formación profesional dual contribúe a reducir os cadros de persoal dos centros educativos, precarizar as condicións laborais e destruír emprego.
Mentres que noutras modalidades de formación profesional se está aplicando o artigo 12, apartado 4.2 da Orde de 13 de xuño de 2014 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2014-2015, que estabelece que, nos períodos en que o alumnado está realizando a formación en centros de traballo, ao profesorado afectado asignaráselle “tarefas da súa responsabilidade na hora en que deixa de impartir os módulos da súa competencia”, coa FP Dual a Consellaría contradí a súa propia Orde. Isto é, a Consellaría inventa unha nova modalidade de profesorado “interino-substituto” que supón nomear un profesor ou profesora por un trimestre, no lugar de nomear por todo un curso, contribuíndo así a sobrecargar de traballo o resto de profesorado que terá que coordinar e titorizar o alumnado no resto do curso.
Esta actuación vén corroborar as críticas feitas pola CIG-Ensino á implantación da formación profesional dual que, sen ningún tipo de supervisión por parte da Administración, é impartida nunha parte importante do horario por persoal non docente e tutelada pola empresa, sen que se asegure que o ou a responsábel teña a formación académica necesaria.
A CIG-Ensino exíxelle á Consellaría que todas as prazas de FP Dual se cubran con nomeamentos de profesorado para todo o curso e que cese na súa política de redución de profesorado, de precarización e de decrecemento da calidade do ensino.

Ningún comentario:
Publicar un comentario