xoves, 30 de outubro de 2014

As ANPA do Salnés presentan un proxecto para integrar os nenos con diversidade

A iniciativa lanza iniciativas para mellorar a inclusión en todas as áreas.

O auditorio de Vilagarcía acolleu onte a presentación dunha iniciativa moi especial. Foi o lanzamento dun proxecto de inclusión para os nenos con diversidade funcional, nunha iniciativa na que se meteron de xeito decidida a coordinadora das ANPA dos centros de Vilagarcía e na que van da man doutras asociacións de pais da bisbarra, como a dos olmos de cambados ou a de Torre Illa de Arousa.
A comisión de familias de nenos con necesidades específicas naceu a raíz da Orde do 28 de maio do 2014 que deixaba os rapaces segregados dos demais por algo tan nimio como os libros de texto. Esta comisión está formada por unha quincena de familias pero que contan co apoio de todas as asociacións de pais de Galicia. Tras a súa formación, e a partir das experiencias de todos eles no día a día, comezaron a pensar nas situacións que se suceden a diario e nas cousas que se poden mellorar para favorecer a inclusión. E de aí xurdiu un documento que aglutina toda unha serie de accións a realizar en distintos ámbitos e que foi o que se presentou onte no auditorio de Vilagarcía.
O primeiro punto sobre o que se estende o documento é a área de benestar. Con tres puntos esenciais: formar un Conselo Municipal de accesibilidade e facer un bo aproveitamento dos recursos públicos; premer ante a administración sanitaria da Xunta para reforzar o servizo de atención temperá e de pediatría na zona do Salnés e conseguir que Educación cree departamentos de orientación propios e con persoal fixo e lograr a supresión de barreiras de comunicación e arquitectónicas de xeito inminente, entre outras medidas.
A área de deportes é outra das que garda varias reclamacións. Aparecen a necesidade de organizar actividades e eventos deportivos nos que poidan participar tamén nenos con diversidade ou a ampliación do número de prazas para os cursos de natación. Conseguir prazas de aparcadoiro reservadas para persoas con mobilidade reducida e adaptar o acceso aos parques infantís e os seus elementos de xogo para estes pequenos, algo que xa sucede en cidades como Madrid, Zaragoza ou Santiago aparecen tamén como reclamacións máis que xustas.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario