O ministerio de Defensa negocia coa Xunta unha iniciativa, ben vista en San Caetano, pola que as forzas militares irán por tres centros de Galiza na procura de persoas ás que lle ofrecer a posibilidade dunha saída laboral nas forzas armadas españolas.
A Consellería de Cultura da Xunta do PP abre as portas dos centros galegos de ensino da FP ás forzas armadas españolas, que a partir desta semana manterán reunións coas directivas e os servizos de orientación de tres institutos da provincia da Coruña -un da cidade herculina, outro de Compostela e outro de Ferrol- para lles achegar a oferta formativa e as posibilidades laborais que ofrecen ao alumnado.Centros da Coruña, Ferrol e Compostela son os chamados a unha iniciativa que chaman "pioneira"Trátase do que chaman “iniciativa pioneira” en Galiza que vai dar o primeiro paso nesta instancia, o seguinte será, segundo explicou a delegada provincial da Xunta, Belén do Campo, a impartición de charlas directamente ao alumnado e o acceso aos centros de ensino secundario. Así o manifestou a representante do Goberno autonómico nunha reunión co delegado de Defensa en Galiza, o capitán de navío José Abad.
Seica as relacións entre o Ministerio de Defensa e a Xunta atópanse no seu mellor momento. No ano 2012, coa aprobación do novo plano de estudos para suboficiais da Armada, a Consellería que dirixe Jesús Vázquez, o Ministerio de Educación e o departamento madrileño das armas asinaron un convenio de colaboración polo que a Xunta achega ao profesorado material para ensinar nas dúas escolas da Armada en Ferrol as materias comúns co réxime xeral de oito especialidades -equivalentes a ciclos de grao superior- que se ofrecen nas mesmas. Este ano, Defensa paga a Educación preto de 958.000 euros pola contratación de 24 docentes, tres deles a tempo parcial. Case un millón de euros. Para o militarismo. No ensino, disque.
Ningún comentario:
Publicar un comentario