A CIG-Ensino presenta 697 docentes nas candidaturas ás eleccións sindicais no ensino público non universitario do 4 de decembro.
A CIG-Ensino presentou este martes 28 de
outubro en rolda de prensa as candidaturas coas que se vai presentar ás
elección sindicais do 4 de decembro no ensino público non universitario
nas que terán dereito a voto máis de trinta mil docentes e nas que se
elixiran un total 140 delegados e delegadas, seis menos que nas
anteriores. As candidaturas da CIG-Ensino están integradas por un total
de 697 docentes e conformadas por profesorado de todos os niveis
educativos, ensinanzas non universitarias e diferentes situacións
administrativas.
A CIG-Ensino ten na actualidade a representación do 43% en Galiza que
duplica a da segunda opción sindical e preside as xuntas de persoal da Coruña,
Pontevedra e Lugo. Esta representación ascende a máis do 47% nas provincias da
Coruña e Pontevedra, onde está censado máis do 80% do profesorado. Nas candidaturas que a CIG-Ensino presenta a
estas eleccións co obxectivo de revalidar os resultados das anteriores destaca
a presenza de docentes involucrados na defensa e galeguización do ensino
público, na normalización lingüística, implicados coa renovación e innovación
educativa, persoas relevantes no ámbito cultural e comprometidas co traballo
profesional e co recoñecemento da función docente.
As candidaturas elaboráronse co obxectivo de integrar o maior número posíbel de centros educativos fronte a un sistema de elección inxusto, discriminatorio e antidemocrático que fixa como unidade electoral a provincia. Hai que ter en conta que se a referencia fose o centro educativo, como acontece no ensino concertado, escolleríanse 1586 delegados en lugar de 140 (45 pola Coruña, 27 por Lugo, 27 por Ourense e 41 por Pontevedra). Nesta ocasión terán dereito a voto 30336 docentes, é dicir, 2.044 profesoras e profesores menos que hai catro anos o que evidencia o recorte e a supresión de postos de traballo producidos neste tempo.
Na rolda de presa -na que se fixo balance do traballo realizado nos últimos catro anos e se deron a coñecer as liñas básicas do programa da CIG-Ensino- participaron as persoas que encabezarán as candidaturas por cada unha das provincias e que son Anxo Louzao Rodríguez, secretario nacional da CIG-Ensino, que ten destino no CPI Camiño de Santiago do Pino, Marta Dacosta Alonso (IES de Tomiño), Antón Castro Rodríguez (CEIP Laverde Ruiz, en Outeiro de Rei) e Sara Martiñá Rodríguez (IES Julio prieto Nespereira de Ourense).
Balance altamente positivo
“Nestes catro anos promovemos, participamos e activamos diferentes plataformas para conxuntar a máxima forza posíbel e así combater os ataques permanentes aos que fomos sometidos”, explicou Anxo Louzao, quen tamén lembrou que a CIG-Ensino levou a cabo nove folgas e compaxinou peches, concentracións, manifestacións e ocupacións de sedes das institucións con actividades lúdico-reivindicativas, manifestos, recollida de sinaturas, resolucións de claustros, de consellos escolares etc.”
A CIG-Ensino asumiu como prioridade combater a LOMCE desde todos os ámbitos, ademais de participar, protagonizar, canalizar ou dirixir a grande maioría da conflitividade e reivindicación educativa. “Asumimos, case en exclusiva, o traballo informativo e de axitación sindical nos centros”, lembrou Anxo Louzao.
Neste catro anos, a CIG-Ensino promoveu múltiples campañas e mobilizacións, entre outras, en contra da redución salarial e da eliminación das pagas extras, supresión de unidades nos centros públicos, incremento das ratios, redución de profesorado e de orzamentos, ampliación do horario lectivo do profesorado, contra o plus de altos cargos, a supresión de Preescolar na Casa, o decreto de comedores, os concertos en centros que segregan alumnado por razón de xénero, a non cobertura das baixas, o uso fraudulento da páxina web da Consellaría contra a CIG-Ensino, a Lei de convivencia e participación da comunidade educativa, o Decreto de formación do profesorado, os despedimento de profesorado interino, a redución dos cadros de persoal e os descontos por estar de baixa por enfermidade.

A
CIG-Ensino tamén realizou un referendo
en contra do incremento do horario lectivo, da custodia do alumnado
transportado e dos recortes no ensino público no que participaron 19.182
profesores e profesoras de 863 centros dun total de 26.271 electores e no que máis
do 95% rexeitaron as medidas da Consellaría. “Defendemos no
Parlamento unha ILP en contra do
desmantelamento do programa Preescolar na Casa, outra en contra do plus de altos cargos e temos
presentado outra ILP para restituír os
dereitos laborais, profesionais e retributivos do profesorado e para a
mellora da calidade do ensino en Galiza”, lembrou Louzao que tamén se referiu
ao esforzo realizado na formación do
profesorado coa participación de máis de 14.000
docentes nas accións formativas impartidas pola CIG-Ensino. Neste tempo, a
CIG-Ensino convocou ao redor de 12.000
asembleas de centros e resolveu numerosas
xestións, tanto colectivas como individuais.
Ademais
diante da falta de diálogo e de negociación que caracterizou este período teñen
especial relevancia as sentenzas xudiciais gañadas pola CIG-Ensino relativas
ao dereito ao recoñecemento médico anual, a ilegalidade dos concertos
educativos aos centros que segregan o
alumnado por razón de xénero (aos que a Xunta destinou12 millóns de
euros), ao dereito ao pagamento dos trienios
retroactivos cumpridos con anterioridade ao EBEP para o persoal interino, así
como ao recoñecemento dos sexenios. A
CIG-Ensino tamén logrou que o TSXG estimase parcialmente o recurso contra o Decreto
de plurilingüismo, conseguiu ter presenza, mediante sentenza do TSXG e do TS, nos
consellos sociais da Universidade
e nos CIFP, e obtivo diferentes
sentenzas que declararon como
despedimento nulo a non contratación do profesorado CELGA. Súmanse a estas as
relativas ao dereito do persoal docente a usar o
comedor escolar e as que recoñecen o dereito a
percibir a parte proporcional devindicada das pagas extras do ano 2012.
Ademais a
CIG-Ensino promoveu
a constitución e participou activamente
en diferentes plataformas como Queremos Galego, Plataforma Galega en
Defensa do Ensino Público, Mesa Galega de Educación no rural, Plataforma Galega
en Defensa das Ensinanzas Artísticas Superiores e Plataforma Galega en Defensa
dos Servizos Públicos, ademais de presentar
numerosas propostas e emendas a
toda a normativa educativa que foi materia de debate, consideración ou
ditame, conseguindo que o Consello Escolar de Galiza lle demandase á
Consellaría a retirada da Lei de convivencia e participación da comunidade educativa,
do Decreto de formación e do Decreto de plurilingüismo, entre outros.
Liñas básicas do noso programa
“A
CIG-Ensino preséntase ás eleccións sindicais co obxectivo de conseguir outro modelo de representación máis democrático
e participativo,
continuar na loita contra a LOMCE até conseguir a súa derrogación, combater o desmantelamento do ensino público e
acadar restitución de todos os dereitos laborais
salariais e profesionais do profesorado”,
explicou Anxo Louzao..
Entre as medidas que propón a CIG-Ensino destaca:
- Restitución dos horarios no camiño de acadar o máximo de 18 períodos lectivos.
- Restitución dos nosos dereitos salariais (percepción do 100% do salario nas incapacidades laborais transitorias (ILT), do 100% das pagas extraordinarias, recuperación do poder adquisitivo e subas salariais anuais como mínimo igual ao IPC, etc.)
- Formación permanente gratuíta dentro do horario lectivo, restitución das licenzas por estudos e da matrícula gratuíta na Universidade.
- Estabilidade no posto de traballo para o profesorado interino.
- Dereito indefinido á xubilación voluntaria aos 60 anos e 25 de servizo ou 30 anos de servizo co 100% das retribucións. Xubilación obrigatoria aos 65 anos.
- Aposta por un estatuto galego do profesorado que restitúa os nosos dereitos salariais e laborais, recolla medidas para valorar o noso traballo docente e as reivindicacións .
- Procurar un sistema educativo galego, inserido na nosa realidade nacional, baseado no ensino público, na equidade e igualdade de oportunidades, na prevención do fracaso escolar, na xestión democrática dos centros e na revalorización da función docente.
- A aprobación dunha lei do sistema educativo galego baseada no ensino público, galego, laico, coeducativo e democrático e nun plan orzamentario que dedique o 7% do PIB a Educación.
- Conseguir a derrogación do Decreto do plurilingüismo e a aplicación do Plan de normalización lingüística
- Combater os concertos educativos.
- Defender un ensino laico no que a relixión non teña cabida no currículo escolar.
- Uns cadros de persoal amplos e suficientes que garantan especialistas e orientadores e orientadoras en todos os centros, que eviten impartir afíns, que reforcen o traballo de titoría, impidan a mobilidade funcional e xeográfica forzosa do profesorado, rematen coa provisionalidade e garantan a atención á diversidade.
- A redución de alumnado por aula: até un máximo de 15 en educación infantil, 20 en primaria e secundaria e 25 en bacharelato, coas necesarias reducións cando se escolariza alumnado con necesidades educativas especiais e computando o alumnado repetidor. Redución de número de alumnado, como máximo 12 alumnos e alumnas por aula nas clases de lingua estranxeira.
- A xestión democrática dos centros. Soberanía do claustro no ámbito pedagóxico-didáctico e laboral-profesional. Elección democrática das direccións dos centros, incluídas as dos centros integrados.
- Supresión das taxas de reposición. Cobertura de todas as vacantes existentes, incluídas as xeradas por xubilación. Ofertas públicas amplas de emprego para dotar de profesorado suficiente os centros e crear emprego.
- Unha nova planificación do sistema educativo no medio rural que garanta o dereito a escolarizar os nenos e nenas no seu medio, cos medios e recursos necesarios e todos os servizos complementarios.
- A dotación e ampliación de persoal de administración e servizos en todos os centros públicos e coidadores e coidadoras onde sexan necesarios.
- Reestabelecemento da xornada reducida matinal en xuño e setembro.
- Dotación en todos os centros de servizo de comedor e oferta gratuíta das actividade extraescolares.
- Restabelecemento da gratuidade dos libros de texto e extensión a todo o material didáctico en educación infantil, primaria e ESO.
- Derrogación da Lei de convivencia, do Decreto de comedores e de admisión do alumnado e da FP Dual
Ningún comentario:
Publicar un comentario