Rexeita adxudicar unha praza no CPI Suárez Marquier --como reclaman a Anpa e o pleno municipal-- porque, di, @ docente "faría de todo menos para o que está preparado".
Através dunha carta remitida desde a Consellaría de Educación ao alcalde do Rosal, o goberno galego xustifica a súa decisión de non adxudicar unha praza docente contemplada no catálogo argüíndo que a normativa é "dinámica e flexíbel" ao tempo que "cómpre", din, "interpretar e non aplicar cunha lóxica meramente cuantitativa" senón en aras de racionalizar os recursos".Aliás, desde a Xefatura Territorial, aseguran que o centro en cuestión, o CPI Suárez Marquier desenvolver no curso pasado "gardas sobredimensionadas", polo que para o goberno o número de docentes concedido é "suficiente" para proporcionar o servizo.
A Anpa critica que Educación non se teña reunido coas familias nen visitado o centroCésar Pérez, xefe territorial de Pontevedra, insiste na súa misiva en considerar que a petición de máis unha profesora ou profesor que impartiría horas de Educación Física e completaría o cadro docente para unha mellor organización dos horarios e gardas, non responde ás necesidades do centro educativo pois, di, "non semella moi razoábel exixiu o cumprimento do catálogo para ter un docente especialista en EF que teoricamente faría, a modo de comodín, de todo menos para o que está preparado".
Desde a Anpa do Suárez Marquier respostan á Xefatura Territorial demandando a César Perez que "deixe de nos dicir unha e outra vez as mesmas cousas que nos fixeron chegar desde hai 36 días", os mesmos que levan reclamando a adxudicación da praza. Os pais e nais exíxenlle á administración que "recoñeza" a existencia "dun problema" e acepten unha xuntanza. "Seguimos sen ter unha entrevista directa con vostede" e "sen que teña vontade de visitar o noso centro", lembran desde a Anpa ao xefe territorial.
As familias fan un chamamento ao "diálogo" e instan a Educación a dar cumprimento ao seu propio catálogo. Unha lei, sinalan, "redactada por esta mesma administración".
Ningún comentario:
Publicar un comentario