A fenda dixital é cada vez maior entre nacionalidades históricas como Cataluña e Euskadi e Galicia, que está, xunto con Extremadura, á cola nos indicadores.
Plans, proxectos, anuncios millonarios... pero Galicia segue á cola en acceso a Internet nun mundo no que a rede monopoliza é case un instrumento de uso cotiá.
E é que segundo a Enquisa sobre Equipamento e Uso de Tecnoloxías de Información e Comunicación
nos Fogares do ano 2014 publicada polo Instituto Nacional de
Estatística (INE), Galicia é, xunto con Extremadura, o lugar onde menor
penetración de Internet hai de todo o Estado, con cifras comparables a
países aínda non desenvolvidos.
De feito, estes datos acreditan que a fenda dixital é cada veza máis
pronunciada. A enquisa, que mide o uso dos computadores, Internet e a
telefonía móbil no últimos tres meses, ademais do uso frecuente de
Internet, acredita que en Galicia é do 64,6%. Só Extremadura ten peores datos, cun acceso do 63,8%. Estas cifras contrastan coa uso que hai en Madrid, que acada o 79,3%.
A diferenza no uso do computador no tres últimos meses supera os 18 puntos entre a autonomía que ten máis penetración (Madrid)
e as que teñen menos (Estremadura e Galicia). Ademais de Madrid,
Baleares, País Vasco e Cataluña están por riba da media estatal.
Ademais, Comunidade Foral de Navarra e Aragón tamén superan a media
española en dous indicadores e A Rioxa nun.
Só hai un aspecto no que Galicia está ao par que a media e é no uso do móbil. Neste caso, os resultados amosan menor dispersión, con todas as comunidades moi próximas á media (95,0%).
Ningún comentario:
Publicar un comentario