A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) fai agora constar a súa "protesta" por non ser recibidas as organizacións non gobernamentais do ámbito educativo. "A CGENDL ten un coñecemento profundo da situación da nosa lingua no ensino, pois é onde os seus membros desenvolven o seu traballo diariamente", lembran, tras advertir que "ignoran" as razóns que levaron aos expertos ao non contactar con eles e aclarar que lles resulta "moi estraño" que foran convidados hai tres anos ao anterior encontro a Madrid e os deixasen fóra "neste encontro que acontece en Santiago e onde o representante do Estado é galego".
A Coordinadora foi convidada hai tres anos a Madrid, pero non desta vez a unha xuntanza en CompostelaA CGENDL lembra que naquela visita do consello de expertos a Madrid en xullo de 2011 para avaliar o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias no Estado, os seus represenantes puideron participar e expoñer a súa visión da situación, na que "anticipaban moitas das consecuencias que na actualidade se están a padecer e que nesta ocasión a CGENDL pretendía presentarlles en detalle". E por iso que protesta e se queixa por "excluíren os profesionais que estamos traballando a pé de obra no ámbito destinado a garantir a competencia na nosa lingua" e xa a advirte que a información que se lle trasladou ao comité sobre o deterioro do galego no ensino "foi parcial e irreal".
As críticas da CGENDL únense tamén ás da Coordinadora de Traballadores de Normalización (CTNL), que tampouco foi convocada a participar nas xuntanzas malia si facelo en anteriores ocasións.
Os equipos elaboraron un informe sobre a aplicación do decreto que intentarán achegar aos expertosAnte esta situación, os equipos de normalización dos centros elaboraron un informe que tratarán de facer chegar aos membros do comité de expertos no que se analiza a situación do galego no ensino, centrándose sobre todo no desenvolvemento do Decreto 79/2010. Desta análise conclúen que "despois de catro anos de aplicación, non se garante a competencia en lingua galega do alumnado ao rematar o ensino obrigatorio".
"A situación é tan grave que estamos moi lonxe de que, tal e como procura a lexislación educativa, a competencia do alumnado sexa similar á que ten en castelán. Alén diso, a implantación de centros plurilingües derivou na exclusión e marxinación da nosa lingua como lin gua vehicular, sen que tampouco se avanzase no coñecemento das linguas estranxeiras, nin se apostase por un plurilingüismo inclusivo", lémbranlle ao Consello de Europa, ao que advirten de que a Xunta "non adoptou medidas para frear a desgaleguización maioritaria e acelerada no ensino", pero si aumentou "o desprestixio cara á nosa lingua, ao estar excluída para o ensino de determinadas materias das áreas científico-técnicas e ao ser moi minoritaria no ensino infantil, especialmente nas cidades".
"A Xunta non adoptou medidas para frear a desgaleguización maioritaria e acelerada no ensino"A CGENDL insiste en que o galego "queda nunha situación de marxinación no ensino" e que os equipos levan "máis de cdatro anos a pular pola elaboración dun decreto de promoción real do idioma para ter unhas mínimas garantías de que o alumnado remate os seus estudos con plena competencia en ambas as dúas linguas oficiais". "Exiximos da administración que prestixie a nosa lingua como paso previo para calquera medida de promoción", din.
Ante esta situación, os equipos explican en síntese que supuxo a aplicación do chamado decreto do plurilingüismo no ensino en Galicia, nos que se censura a exclusión do galego en infantil, que non foi freada nin coa sentenza do TSXG na que se declaraba nula a consulta aos pais; a falta de igualdade das dúas linguas oficiais en Primaria ao obrigar a impartir Matemáticas en castelán ou a ausencia de avaliación do nivel de competencias nos idiomas oficiais.
Tamén se denuncia a obrigatoriedade en Secundaria de impartir en castelán materias de áreas cientícias, o que "incide nun prexuízo secular" da lingua, así como a falta de efectividade da implantación de seccións bilingües e centros plurilingües que non supuxeron "mellora cualitativa ningunha". Ademais, advirten do incumprimento da norma ante a falta de vixilancia en canto ao uso do galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario