luns, 20 de outubro de 2014

Primeiras xornadas cara unha escola inclusiva

Un dos principais retos que debe afrontar o sistema educativo, é o de favorecer a educación inclusiva. Esta, pretende ser unha oportunidade para que todo o alumnado poida participar e aprender de e cos seus compañeiros e compañeiras dentro da aula. Para iso non só é necesario un acceso igualitario e para todos á educación, senón tamén a adquisición de competencias básicas. Unha escola que responda ás necesidades de todos.
Todo o profesorado, sexa ou non especialista, precisa dun marco no que se posibilite o coñecemento das últimas achegas científicas e didácticas, ademais de facilitar información sobre experiencias de boas prácticas levada a cabo con éxito. A formación práctica en talleres, o intercambio de experiencas innnovadoras, así como a aprendizaxe entre iguais, reveláronse como unha fórmula útil e efectiva en favor da innovación educativa. As I Xornadas cara unha escola inclusiva, recollen todo o anterior, analizando a necesidade de promover ese espazo para a reflexión, intercambio de coñecementos e compromiso profesional, dentro do marco de competencias do profesorado e demais axentes implicados (profesorado de apoio, equipos de orientación, inspección educativa…) na posta en práctica de protocolos de actuación para nenos e adolescentes que sofren calquera dos trastornos enunciados. A temática insistirá no enfoque dos trastornos, a comprensión da complexidade e diversidade do ser humano como parte do desenvolvemento social e persoal, así como da busca de espazos integradores.
Falarase da diversidade e da non-diversidade, tratando de mostrar a realidade que se está a vivir por parte destes colectivos, achegándonos a unha valoración real e obxectiva da situación.

Máis información :http://escolainclusiva.es/

Ningún comentario:

Publicar un comentario