Jesús Vázquez lanzou o anuncio en sesión parlamentar. A CIG-Ensino di das cifras que son "insuficientes" após 5 anos de recortes.
O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, prometeu máis de 400 prazas docentes para o vindeiro ano académico. A Oferta pública de emprego que a Consellaría anunciou foi considerada "insuficiente" polo sindicato maioritario no ensino. Desde a CIG sinalan que desde 2009 se xubilaron máis de 4 mil profesor@s mentres que se ofreceron 585 prazas.
O compromiso de Jesús Vázquez coincide co incremento na taxa de reposición que se aplicará en 2015 pasando do 10% ao 50%. Porén, tamén coincide coas eleccións sindicais no ensino que terán lugar o 4 de decembro.
Entre as críticas á súa xestión, por parte da comunidade educativa e das forzas da oposición, Jesús Vázquez atribuíu as denuncias a unha estratexia de "desgaste". Porén, a central sindical con maior representación no sector, a CIG, asegura que desde o último censo --en novembro de 2010-- o número de docentes reduciuse en 2.036 persoas, para alén das prazas destruídas no curso anterior. "En Educación vénse realizando un auténtico ERE que supera os 3.000 profesores e profesoras", denuncian desde a central sindical nacionalista. Aliás, acrecentan, desde que Feijóo chegou á Xunta producíronse "máis de 4 mil xubilacións" que non foron repostas.
Desde 2009 xubiláronse máis de 4 mil docentes que non foron re-emprazad@sPerante estas cifras, a CIG-Ensino tilda de "insuficientes" as "máis de 400 prazas" anunciadas por Vázquez e denuncia, xunto coas forzas da oposición parlamentar, as consecuencias que está a ter para a calidade do ensino a política desenvolvida polo conselleiro. "Reclamamos, por tanto, que se faga unha oferta de tantas prazas como vacantes se produzan e sexan necesarias para o bo funcionamento do sistema educativo, permitan recuperar a xornada lectiva do profesorado e ampliar os cadros de persoal dos centros para a atención ás distintas necesidades", demandan @s nacionalistas.
Así as cousas, para Vázquez Abad, o curso académico comezou "con total normalidade" e nen as queixas do persoal docente nen as denuncias da Feferación de Anpas pola perda de profesorado e a merma da calidade do servizo, apean o conselleiro da súa opinión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario