A MNL afirma que a Axencia Tributaria remitiulle a notificación dun expediente sancionador por “resistencia, obstrucción, excusa a las actuaciones de la Administración Tributaria”.
Axencia Tributaria de Compostela remitiu á Mesa pola Normalización Lingüística (MNL) a notificación dun expediente en curso por “resistencia, obstrucción, excusa a las actuaciones de la Administración Tributaria”. Unha decisión adoptada após que esta plataforma en defensa do idioma propio de Galiza lle solicitase por escrito que as notificacións que se lle remitisen estivesen en galego.Marcos Maceira: “O Goberno do PP usa as administracións de todas e todos para impor a súa ideoloxía excluínte por medio da represión”Unha petición orixinada o pasado 15 de xullo, cando A Mesa recibiu unha notificación de requeremento da Oficina de Xestión Tributaria de Compostela en relación coa certificación do cambio de representante legal da entidade derivada do cambio de directiva levada a termo na súa última asemblea nacional. O requerimento estaba escrito unicamente en español. E a Mesa pediu que se lle remitise en galego
"Ilegal" e "indecente"
“Tras pasaren varios meses sen obter resposta, volvimos presentar esta solicitude por escrito ante a Axencia Tributaria o pasado 10 de setembro, sen obter tampouco resposta por parte da Administración até que o día de onte, 28 de outubro, recibiu unha notificación (máis unha vez, excluíndo o uso do galego) na que se comunicaba o inicio dun expediente sancionador por “resitencia, obstrucción, excusa a las actuaciones de la Administración Tributaria”.
A Mesa calificou a resposta da Axencia Tributaria de “ilegal” e “indecente”, e anunciou que recorrerá a sanción da Axencia Tributaria perante todas as instancias administrativas e mesmo xudiciais que sexa preciso para denunciar esta “agresión intolerábel” dos nosos dereitos lingüísticos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario