A Xunta "conmemora" este mércores no Parlamento o décimo aniversario dun PXNL incumprido e desdeñado polo gobernoChega este acto poucos días despois de que o comité de expertos do Consello de Europa que avalían o cumprimento da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias volvese visitar Galicia para comprobar a situación dun idioma e apañar críticas como xa fixera na súa anterior avaliación e que desta vez nin tan sequera contou coas achegas da Coordinadora de Traballadores para a Normalización, de Prolingua ou dos equipos de normalización dos centros de ensino. E chega tamén logo de que unha nova estatística do IGE certificase a perda continua de galegofalantes que xa non sitúan o idioma propio como o maioritario no país.
Para completar o cadro, os Orzamentos da Xunta confirman que as partidas lingüísticas e culturais do Goberno pasaron de superar os 150 millóns de euros en 2009 a fichar por baixo dos 65 no vindeiro 2015 e que a promoción do idioma perdeu o 70% dos seus fondos co actual Executivo.
Ás negativas estatísticas para o galego únese a perda do 70% dos fondos para a súa promoción desde que Feijóo chegou á XuntaColectivos en defensa da lingua, como Prolingua ou A Mesa, culpan o Executivo de Feijóo de ser o maior culpable do "retroceso" do idioma propio, a oposición reclama medidas que freen a perda de falantes e a plataforma Queremos Galego, que logrou xuntar milleiros en manifestacións históricas contra a actual política lingüística da Xunta, cre que é momento de volver encher as rúas. Este mércores, como resposta á conmemoración que a Xunta fará do PXNL, denunciará ante a Cámara "o desmantelamento do Plan e a política antiegalego que aplica este goberno". Será ás 11 e o colectivo lerá un manifesto que posteriormente será entregado a todos os grupos parlamentarios.
"Que un goberno como o actual se atreva a celebrar os dez anos dun PXNL que incumpriu abertamente é unha humillación""Que un goberno como o actual se atreva a celebrar os dez anos deste Plan, cando nos últimos cinco anos se dedicou a incumprilo abertamente e a desmontalo, é un acto de humillación a todas as persoas que defendemos a nosa lingua", lembra a plataforma, que censura que a Xunta "se permita celebrar coa arrogancia que a caracteriza este aniversario, cando o número de falantes de galego se reduce ano a ano ou cando na realidade cotiá o galego non é realmente lingua oficial no seu propio territorio".
"Que a Xunta retorne ao consenso"
Por todo, Queremos Galego insistirá este mércores en reclamarlle á Xunta que "retorne ao consenso de 2004 e cumpra coa obriga de potenciar a lingua galega", que asuma o "compromiso explícito e efectivo co PXNL e actuacións lexislativas que desenvolvan o contemplado nas medidas do Plan", que poña en marcha "inmediata" as medidas do devandito Plan, "coa aprobación dun calendario que comprometa fases e prazos de execución" e que "derrogue todas as disposicións legais contrarias ao PXNL, nomeadamente do decreto 79/2010 contra o galego, e as relacionadas co ensino e coa administración"."Hai moitos remedios para impulsar e recuperar o galego, pero un deles é a implicación da sociedade"Para Marcos Maceira, presidente d'A Mesa e voceiro de Queremos Galego, o de mañá será un acto "sinxelo e reivindicativo", que debería seguir cunha maior mobilización social, máis aínda tras as últimas e negativas novas para o galego, entre estatísticas e orzamentos recortados, e no medio dunha crise que, en moitos casos, agocha outros temas. "Hai moitos remedios para impulsar e recuperar o galego, pero un deles é a implicación da sociedade, que debe estar activa para conseguir repor o idioma no sitio que lle corresponde ata que sexa unha lingua oficial de facto, na realidade", di.
O portavoz de Queremos Galego cre que "se hai algo claro" é que "a situación da lingua tamén é un reflexo do que acontece na sociedade". "Non hai ningún país do mundo que avance e lle dea as costas á súa lingua", insiste quen cre que a diminución nos Orzamentos da Xunta para a promoción do galego "evidencian unha falta de respecto polo idioma e polo país tamén".
"A lingua é un elemento de identidade, unha marca de calidade e de prestixio que tamén xera movemento económico pero que o Goberno galego ignora", engade Maceira, que pon exemplos como a consecución do Android en galego do que pode facer unha cidadanía activa ante o desleixo da Administraicón. "Demostra que movéndose e presionando, acábanse conseguindo cousas; mobilizarse pola lingua é máis necesario ca nunca", asegura, ao tempo que se pregunta (e responde) que sería do idioma co apoio institucional que merece e que debe ter.
"Mobilizarse pola lingua é máis necesario ca nunca", di Queremos Galego"A situación sería moi diferente porque estaría apoiado por quen ten a obriga de facelo; a lingua tería moita máis presenza e tería avanzado moito tan só con que se cumprisen ou se puxesen prazos concretos para cumprir o PXNL; desde logo, non habería esta sangría de galegoflanates e a consideración do idioma sería moito mellor", conclúe quen insiste na necesidade de pelexar "por unha lingua normalizada".
As boas novas para a lingua que chegan do activismo social
A necesidade de mobilización polo galego que reclaman plataformas como
Queremos Galego non implica que todo sexan malas novas para o idioma.
Aínda que a situación é claramente mellorable (moito), a consecución do
Android en galego coñecida a pasada semana é tan só unha das moitas
noticias positivas que nos trae a lingua, sobre todo grazas á
implicación da sociedade civil.
Como a consecución do dominio puntogal. Desde o pasado Día Nacional de Galicia activáronse xa as primeiras webs co .gal, un "éxito colectivo" para amosar que "existe un país que se chama Galicia" e sermos "máis normais". Outro éxito apoiado sobre todo na vontade da xente ou en plataformas civís, ao igual que a campaña Gústame o Galego ou Como cho digo -lideradas pola CTNL- a asociación de medios en galego, o impulso á escolas en galego como Semente ou as campañas pola etiquetaxe en galego do Foro Peinador. Non todo ían ser malas novas.
A ILP Paz Andrade, o Android en galego ou o .gal son algúns dos éxitos acadados polo activismo social a prol da linguaMoitas destas boas novas chegaron nos últimos tempos, como a iniciativa lexislativa popular presentada baixo o nome de Valentín Paz Andrade e que por unanimidade aprobou o Parlamento de Galicia, que avala así o que xa é rutina en autonomías sen máis ligazón histórica co mundo lusófono que a proximidade xeográfica a Portugal. De agora en diante o Goberno galego ten, aínda que cuns prazos notablemente laxos, a obriga legal de aproveitar a "vantaxe histórica" de compartir lingua e vencellos históricos cunha comunidade de máis de 250 millóns de persoas". Outra vez unha iniciativa liderada pola cidadanía.
Como a consecución do dominio puntogal. Desde o pasado Día Nacional de Galicia activáronse xa as primeiras webs co .gal, un "éxito colectivo" para amosar que "existe un país que se chama Galicia" e sermos "máis normais". Outro éxito apoiado sobre todo na vontade da xente ou en plataformas civís, ao igual que a campaña Gústame o Galego ou Como cho digo -lideradas pola CTNL- a asociación de medios en galego, o impulso á escolas en galego como Semente ou as campañas pola etiquetaxe en galego do Foro Peinador. Non todo ían ser malas novas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario