Unha representación da Plataforma cidadá deu lectura pública a este manifesto nas portas da Cámara galega.
Unha representación da Plataforma cidadá
Queremos Galego –da que fai parte a CIG- fixo, este mércores, unha
lectura pública do “Manifesto por un compromiso real e efectivo co Plan
Xeral de Normalización da Lingua Galega” ás portas do Parlamento de
Galiza, denunciando o "cinismo" da Xunta que se evidencia no acto
oficial montado para “celebrar” o décimo aniversario do PXNLG, poucos
días despois de renegar no propio Parlamento do Plan Xeral e rexeitar
unha proposición non de lei que o instaba simplemente a aplicar o que
fora aprobado por unanimidade dez anos atrás.
A
poeta Marta Dacosta en representación da Asociación de Escritoras e
Escritores en Lingua Galega, a técnica de normalización Queca Carballo,
en representación da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización
da Lingua, a actriz Isabel Risco, o músico Mini, integrante d’A Quenlla,
Goretti Sanmartín do BNG, Anxo Louzao en representación da CIG-Ensino,
Marián Muíño en representación de APRADOGA (Asociación de profesionais
da rama artística da dobraxe de Galicia), Lucía Veciño en representación
de Galiza Nova, e Marcos Maceira, presidente da Mesa e portavoz de
Queremos Galego, leron este manifesto antes de entregalo no Rexistro da
Cámara galega dirixido a todos os grupos parlamentares.
Queremos
Galego denunciou deste xeito o desmantelamento do Plan e a política
antigalego que aplica este goberno. Neste sentido, Marcos Maceira
declarou “que un goberno como o actual monte esta farsa para “celebrar”,
os incumprimentos e retrocesos do PXNLG é unha humillación e unha burla
a todo o pobo galego, ás persoas que falan galego e a aquelas que sen o
falaren queren que existan condicións para falalo e transmitilo.”
Queremos Galego acusou á Xunta de organizar un acto “para se riren do doente” cando vén de renegar no Parlamento do Plan Xeral e rexeitar unha proposición non de lei que o instaba simplemente a aplicar o que fora aprobado por unanimidade dez anos atrás, cando o número de falantes de galego se reduce ano a ano (os últimos datos oficiais amosan unha caída de 13 puntos no número de galegofalantes en só dez anos), cando na realidade cotiá o galego non é realmente lingua oficial no seu propio territorio.
Así, Maceira indicou que “escudándose no empresariado que si utiliza a lingua galega a Xunta e a SXPL demostran a súa cobardía”, e lembrou que a Xunta eliminou todas as axudas existentes á galeguización da empresa, como evidencia o propio fechamento do Servizo de Normalización Lingüística da Confederación de Empresarios de Galicia pola falta de colaboración da SXPL.
Coa entrega deste manifesto, Queremos Galego exixiu aos grupos parlamentares e especialmente ao Goberno da Xunta que retorne o consenso de 2004 e cumpra coa obriga de potenciar a lingua galega; un compromiso explícito e efectivo co PXNL e actuacións lexislativas que desenvolvan o contemplado nas medidas do PXNL; a posta en marcha inmediata das medidas contempladas no PXNL, coa aprobación dun calendario que comprometa fases, prazos de execución e a derogación de todas as disposicións legais contrarias ao PXNL nomeadamente do Decretazo 79/2010 contra o galego, e as relacionadas co ensino e coa administración.
MANIFESTO POR UN COMPROMISO REAL E EFECTIVO CO PLAN XERAL DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
O 22 de setembro de 2004 o Parlamento Galego aprobaba por unanimidade o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, incluíndose nel non só unha análise das causas da perda de falantes da nosa lingua e as súas consecuencias, senón obxectivos claros e medidas concretas para revertir esa situación que a Xunta de Galiza debía comezar a aplicar.
A elaboración deste Plan Xeral respondeu a un proceso aberto e participativo no que colaboraron case mil persoas de diferentes ámbitos e foi asumido polo conxunto das forzas políticas galegas: grupos políticos, técnicos/as, especialistas dos diferentes sectores e representantes da sociedade civil foron quen de chegar a un acordo amplo, unánime, que debía constituír un punto de partida para avanzar na normalización e na reposición da lingua aos espazos que nunca debera de ter perdido ou, cando menos, pasos para garantir a igualdade de condicións para as persoas que queren vivir en Galiza e falar na lingua de Galiza. O PXNL converteuse así nun mandato parlamentar ao goberno galego.
Este consenso xerado ao seu arredor, lembremos que por unanimidade parlamentar sendo Feixó Vicepresidente da Xunta, abriu unha porta á esperanza a través dun mínimo común denominador aparentemente asumido polo conxunto da representación pública, e que sentaba os alicerces para procurar restauración e a reposición da lingua galega, revertendo un proceso de séculos.
O PXNLG é a concreción da obriga estatutaria do gobernos de promover “o emprego do galego en todos os planos da vida pública” (art. 5.3), dos artigos 4.1 e 6.3 da Lei de Normalización Lingüística, e tamén da Carta Europea das Linguas ou da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos, normas que amparan o dereito a vivirmos en galego e que o PXNL dotaba de contido a través de 445 medidas concretas.
A finais de 2004 comezaba a andar o PXNL cunha timidez que se converteu en parálise no 2009 para rematar en retroceso. A partir dese momento o goberno galego presidido por Núñez Feixó (participante do acordo parlamentar e na altura Vicepresidente da Xunta) comezou a actuar non para aplicar as medidas do Plan senón abertamente en contra delas.
Abonda con lermos en voz alta os Obxectivos Xerais definidos no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega para sermos conscientes de que dez anos despois non só non avanzamos o suficiente senón que o goberno de Nuñez Feixó supuxo un quinquenio negro para a lingua, desmantelando todos os acordos en torno a ela e empeorando a situación que tiña á altura do 2004.
A observación da política lingüística levada a termo polo goberno de Feixó nestes últimos cinco anos evidencia non só que non se están a aplicar as medidas acordadas no Plan Xeral, senón que en moitos casos se está a lexislar en sentido contrario, para imposibilitar na práctica a consecución dos obxectivos marcados, como demostra de xeito paradigmáticos o caso do ensino e o decretazo contra o galego. Este é o ámbito no que se materializou de forma máis evidente a vontade do PP de ir en contra do estabelecido no Plan Xeral e romper o consenso acadado en 2004 ao derrogar o Decreto de 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula uso e promoción do galego no sistema educativo que, seguindo o estabelecido no Plan Xeral de Normalización, pretendía garantir unha presenza como mínimo do 50% do galego como lingua vehicular no ensino non universitario.
As consecuencias do incumprimento e da renuncia á palabra dada en forma de acordo parlamentar están á vista: retroceso sen precedentes no número de falantes, desaparición da lingua galega da Educación Infantil das cidades, exclusión do galego en ámbitos claves da sociedade, vulneración de dereitos lingüísticos e cidadáns e inferioridade de condicións das persoas galegofalantes no seu propio territorio, usuarios de servizos aos que lle negan atención por se expresaren na súa lingua, falta de programas informáticos que garantan o dereito a recibir documentación en galego, imposibilidade de ver un filme en galego nunha sala comercial ou de ter a opción ao galego dobrada ou lexendada en produtos audiovisuais, etc., son algúns dos exemplos que evidencian as graves consecuencias que ten para a cidadanía galega o incumprimento do PXNL.
Esta involución foi obxecto de resposta por parte da cidadanía galega que protagonizou as mobilización sociais máis grandes da historia de Galiza convocada pola Plataforma Cidadá Queremos Galego que agrupa a máis de 600 entidades sociais de diferentes ámbitos. Tamén no ámbito do ensino o éxito da Folga do 21 de xaneiro de 2010 foi mellor mostra da unanimidade alcanzada entre organizacións sindicais, ANPAS e organizacións estudantís. O conxunto da comunidade educativa manifestouse contraria ao decreto 79/2010 que inviabilizaba o acordado no PXNL que tivera como resultado Decreto 124/2007 amplamente respaldado e cuxa plena legalidade foi certificada polo TSXG, ao contrario do de 2010 cuxos puntos centrais foron declarados ilegais.
Hoxe, 10 anos despois da aprobación do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, cando a Xunta se permite celebrar coa arrogancia que a caracteriza este aniversario poucos días despois de renegar no propio Parlamento do Plan Xeral e rexeitar unha proposición non de lei que o instaba simplemente a aplicar o que fora aprobado por unanimidade dez anos atrás, cando o número de falantes de galego se reduce ano a ano (os últimos datos oficiais amosan unha caída de 13 puntos no número de galegofalantes en só dez anos), cando na realidade cotiá o galego non é realmente lingua oficial no seu propio territorio, reclamamos do Goberno galego:

- Que retorne ao consenso de 2004 e cumpra coa obriga de potenciar a lingua galega.
- Compromiso explícito e efectivo co PXNL e actuacións lexislativas que desenvolvan o contemplado nas medidas do PXNL.
-
Posta en marcha inmediata das medidas contempladas no PXNL, coa
aprobación dun calendario que comprometa fases, prazos de execución,
etc.
- Derrogación de todas as disposicións
legais contrarias ao PXNL nomeadamente do Decretazo 79/2010 contra o
galego, e as relacionadas co ensino e coa administración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario