Desemprego
que, na Galiza, supera o 20% chegando a máis do 50% na mocidade.
Miseria que obriga a xeracións enteiras a abandonar a súa terra,
disfrazado como "problema demográfico" polo goberno galego. Precariedade
como estratexia global para a maquillaxe dunhas cifras de desemprego
xuvenil escandalosas. Contratos lixo (contrato temporal, contrato de
formación e aprendizaxe e contrato de prácticas) amparados pola patronal
e o sindicalismo mafioso español.
Estannos a roubar o futuro. Non hai traballo e o pouco que hai é precario e en condicións de extrema explotación. Abandonamos progresivamente o noso país ou, máis ben, somos expulsados polo goberno do desastre lacaio do capital. Fórzannos a emigrar. E o panorama social non é moito mellor: o dereito á vivenda convertido en privilexio; un ensino cada día máis elitista e españolizador; unha lingua e unha cultura propias cada día máis marxinadas, cunha perda de 15 puntos en galegofalantes nos últimos 10 anos; un recorte de liberdades públicas a través da reforma de leis e do propio código penal.
Arrasar con todas as conquistas que leva conseguido a clase traballadora logo de séculos de loita non lles foi nunca tan sinxelo. O capitalismo goza dunha hexemonía total a nivel político, económico e mediático; lévanos a pensar que nada se pode facer para cambiar o estado das cousas, que esta é a única realidade posíbel e que a solución é a resignación. Mais temos que rachar xa con esta realidade, non podemos agardar máis para facerlle frente a un sistema criminal e corrupto.
É tempo de organizarse e de loitar sen medo por un futuro digno para a mocidade, e iso pasa necesariamente non por parches ou remendos no sistema, senón por romper de raiz con todas as estruturas de dominación: España, o capitalismo e o patriarcado. Conquistar a independencia nacional como única vía viábel de saída do capitalismo, a construción do socialismo e o fin de toda opresión. Unha ruptura democrática co réxime para abrir as portas a un proceso constituínte co dereito a decidilo todo democraticamente, desde a base, de xeito unilateral e a través do debate popular.

Ningún comentario:
Publicar un comentario