xoves, 31 de marzo de 2016

Un novo manual para normalizar o galego na Universidade de Vigo

A Área de Normalización Lingüística da UVigo edita un novo volume con recomendacións e solucións a dúbidas recorrentes sobre o uso da lingua para usala con seguridade.

Tras o manual 'En galego sen dúbida', editado en 2013, a Área de Normalización Lingüística (ANL) da Universidade de Vigo vén de publicar un novo texto que completa e amplía o anterior. Titulado 'Na Universidade. En galego con seguridade', trátase dunha nova achega de material que axudará á comunidade universitaria a desenvolver a súa actividade profesional e académica no idioma propio de Galicia con fluidez e corrección, tanto na lingua oral como escrita.
María Cristina Rodríguez e Eva María Castro, autoras do manual 'Na Universidade. En galego con seguridade'
María Cristina Rodríguez e Eva María Castro, autoras do manual 'Na Universidade. En galego con seguridade' | Fonte: DUVI.
As técnicas da ANL Eva María Castro e María Cristina Rodríguez, responsables deste proxecto, explican que no anterior volume se centraron en cuestións ortotipográficas, mentres que nesta ocasión se revisan contidos morfosintácticos e léxico-semánticos da comunicación, principalmente administrativa.
O manual está dirixido ao PAS, PDI e alumnado, e a todas as persoas interesadas en mellorar e aumentar os seu coñecementos sobre a lingua. “Ocupámonos das preguntas máis recorrentes na ANL, cuestións lingüísticas erróneas fixadas na lingua, marco lexislativo... e necesidades que detectamos”, resumen Castro e Rodríguez en declaracións recollidas por M. Del Río no DUVI.
Da lexislación aos erros máis habituais
O manual estrutúrase en sete apartados. O dous primeiros recollen os dereitos lingüísticos no ensino superior e o novo regulamento do uso da lingua galega na Universidade de Vigo. O terceiro e cuarto capítulos céntranse nas consultas lingüísticas máis comúns que a comunidade universitaria realiza na Área de Normalización Lingüística e en dúbidas xerais e estendidas no emprego do galego.
O volume tamén recolle unha sección dedicada a “malas herbas na lingua galega” que, segundo as autoras, "son unha mostra de palabras, expresións e construcións incorrectas presentes na nosa lingua, pero non damos eliminado por moito que as corrixamos”.
A publicación complétase cun capítulo sobre recomendacións e outro final cos xentilicios en galego, elaborado polo profesor Xosé Henrique Costas.
“O que pretendemos é que a nosa comunidade universitaria poida impartir calquera materia, redactar documentos, atender, informar e, en definitiva, desenvolverse en galego sen ningunha dificultade”, destacan as autoras.
Dúbidas máis recorrentes e recomendacións
O capítulo que recolle as principais dúbidas da comunidade universitaria baséase nas consultas que a ANL recibe a diario. Entre elas están o uso da preposición 'a' co complemento directo; a colocación do pronome átono; erros no emprego dos pronomes persoais; usos incorrectos do infinitivo, participio e xerundio; cuestións sobre perífrases, etc. As autoras lembran que é tamén moi habitual atoparse co abuso da voz pasiva, con erros na concordancia ou con pobreza léxica.
O libro tamén inclúe una pequena escolma de recomendacións que poden axudar aos usuarios a mellorar a redacción dos documentos. As autoras destacan a necesidade de empregar unha linguaxe adecuada aos destinatarios; seleccionar e ordenar a información; empregar parágrafos e oracións curtas fuxindo de subordinadas, estranxeirismos, ambigüidades e o abuso da voz pasiva. Recomendan ademais empregar sinónimos e evitar repeticións, e prestar especial atención á linguaxe inclusiva, fuxindo de formas discriminatorias ou sexistas.

Os restos de todos os comedores escolares da provincia, ao compost

A Deputación levará a formación a 450 centros, incluídos os que non teñen menú.

Hai toda unha serie de trucos que aplicaron os nenos de mal comer para evitar o que non lles gusta ao sentarse á mesa. E non se trata de que os composteros substitúan á socorrida servilleta para desfacerse do que non gusta. Fará falta pedagoxía, asume o vicepresidente da Deputación, César Mosquera, para que se poida levar a cabo o plan de que todos os restos dos comedores escolares acaben converténdose en abono. El mesmo ilustrou onte como unha boa idea pode acabar en fracaso pola picaresca dos pequenos. «Houbo algunha experiencia, mal asesorada -relatou-, na que se un día había sopa, e non gustaba, pois, directa ao compost». E así, empapado, non hai quen faga abono.
Aí é onde entrará o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida). A Deputación subscribiu un convenio coa entidade para que sexan eles os que fagan o labor de concienciación previa. Articularán un programa educativo coa idea de «chegar a todos os colexios da provincia nos vindeiros catro anos. É un obxectivo moi ambicioso que teremos que abordar por fases e con diferentes intensidades, pero imos arrancar xa, de maneira inmediata, con moita ilusión, voluntarismo e intensidade», explicou César Mosquera.
«Con isto -apontoou o director do Ceida, Carlos Vales- foméntase a innovación educativa, axúdase economicamente a que se fagan actividades relevantes dende o punto de vista da xestión ambiental, e promóvese o intercambio de experiencias entre os rapaces e o profesorado. As experiencias máis relevantes, así mesmo, serán recollidas nun documento que se pode replicar para divulgar nos centros».
En toda a provincia hai 450 centros, aos que levará o programa, e o obxectivo último é que haxa neles composteros comunais, aínda que haberá que ir caso a caso para ver si as instalacións cumpren os requisitos. Naqueles que teñen comedor escolar búscase pechar no mesmo centro o ciclo dos residuos que se xeran cada día como consecuencia das comidas que se serven neles. E, eventualmente, aproveitar os abonos xerados para realizar hortos nos propios centros. En Pontevedra cidade, todos os centros manifestaron xa a súa intención de participar activamente no plan. Os profesores recibirán asesoramento e os alumnos participarán nun programa específico, terán material formativo, exposicións itinerantes e poderán participar nun congreso de educación ambiental ao que están chamados os centros de toda a provincia, ademais de ter acceso a un blogue coa campaña.
En total, todo o programa custará oitenta mil euros e arrincará xa. «Queremos traballar nas áreas de influencia dos composteiros», dixo Carlos Vales. «Ademais dende un punto de vista de coherencia ambiental -continuó- parece unha tolemia levar mondas de plátano a Cerceda a queimar? É un sensentido se iso se pode transformar en abono de calidade a pé de produción de residuo. Intentaremos colaborar en que esa racionalidade sexa un éxito». Agora ten por diante o reto da concienciación e a educación dos alumnos. E que a mensaxe cale á hora para comer. Mondas si, sopa non.

Máis de cento trinta colexios, con xestións diversas e formatos dispares

O reto de compostar os restos de comida de máis de cento trinta centros que dispoñen actualmente de comedor escolar na provincia de Pontevedra requirirá articular distintas negociacións. Porque algúns están xestionados polas federacións de pais e nais de alumnos, como en Pontevedra, outros pola propia Xunta e outras polas asociacións de proxenitores de cada centro individualmente. O clima de aceptación da comunidade educativa é, en principio, favorable, ao tratarse tamén dun plus para a formación dos alumnos. Neste sentido, o Ceida, o centro que onte asinou o convenio para estruturar o proxecto educativa, conta cunha experiencia anterior. Na provincia da Coruña desenvolveu programas de fomento da reciclaxe.

 

E tu estás no mundo, terra minha

 “Mas, se a identificação de classe dirigente e elite cultural nunca se deu nem se dá, para quê o pretender estabelecê-la?”.

A frase foi dita pelo matemático português Bento de Jesus Caraça numa conferência realizada em 25 de maio de 1933 em Lisboa. A conferência, titulada “A cultura integral do indivíduo, tema central do nosso tempo”, é uma firme defesa da democratização do conhecimento como passo essencial para a plena realização do cada indivíduo. Uma das grandes empresas de Bento Caraça enquanto professor foi a criação, em 1919, da Universidade Popular, instituição de ensino superior dirigida à classe operária. A Universidade Popular, como muitas outras empresas semelhantes um pouco por toda a Europa ocidental do período de entre guerras, visava desfazer a oposição entre cultura de elites e cultura popular. Bento resumia este empenho com a frase “despertar a alma coletiva das massas”. Algo não muito diferente do “desperta do teu sono” pondaliano. A Universidade Popular funcionou até 1933 numa das salas da Padaria do Povo, fábrica fundada no bairro lisboeta de Campo de Ourique em 1907 para fornecer de pão mais barato a várias das freguesias mais pobres de Lisboa. É neste local, hoje um espaço a meias restaurante e centro cultural, que assistimos à primeira projeção pública do documentário “Porta para o exterior”, de Sabela Fernández e José Ramóm Pichel, em 25 de fevereiro passado. Porque também em Lisboa, e em qualquer lugar do mundo em que alguém reinvente o património cultural galego, se faz cultura galega. E sociedade. Um local ideal para falar do reintegracionismo galego, que se num auto alegórico barroco se representasse, poderia ter como personagens o Conhecimento, a Elite e a Massa. Já agora, o professor Bento de Jesus Caraça, exemplo de divulgação da cultura científica em Portugal, acabou a sua curta vida perseguido pelo regime salazarista e afastado da sua cátedra.
O documentário é um valioso testemunho do momento atual do reintegracionismo, que de ser uma discussão de elites académicas nas últimas décadas do século XX está a converter-se de maneira progressiva em um movimento social. Durante uma hora ouvimos depoimentos de pessoas que fazem da opção internacionalista da língua uma “maneira de estarmos no mundo”, como diz uma das entrevistadas. A emergência de novas redes de comunicação teve um impacto claro na democratização do conhecimento e, no caso da sociedade galega, um maior acesso ao padrão escrito do português. Ele nunca esteve completamente ausente da sociedade galega. Dou como exemplo, o primeiro contacto que eu tive com o português escrito, que foi nas revistas de bordado portuguesas que a minha mãe comprava na livraria “La Poesía” da rua de Santo André da Crunha. Creio, porém, que ainda não é tema na Galiza o facto de que as línguas valem também como instrumentos de acesso a comunidades de conhecimento. Foi uma perceção que me ficou assente nestes anos dos contínuos diálogos com africanos, que têm na língua das antigas metrópoles o melhor instrumento para o acesso ao conhecimento científico. Na prática, a opção isolacionista obrigou à sociedade galega, universalmente escolarizada, a utilizar o castelhano como língua de conhecimento e a criar o padrão científico galego com formas castelhanas ou híbridas.
Outra das grandes mudanças do reintegracionismo na atualidade é o facto de precisarmos o contacto com o português para recuperarmos “a fala dos avós que temos mortos”, no verso de Celso Emílio Ferreiro, as vozes patrimoniais da língua. Nunca como agora fez sentido aquela frase de Ernesto Guerra da Cal de que o português é o “lar perdido e reencontrado” para os galegos. O argumento da autoridade popular, a escola dos lavradores, como a chamava Rosalia, ou o “sermo humilis” nalgum escrito de Filgueira Valverde sobre Rosalia, ficou desfeito nas últimas décadas pela evidente deformação obrigatória da língua. Formas como a denominação patrimonial dos dias da semana estavam vivas nos inícios do século XX e já só sobrevivem dialetalmente. Cada vez que vou à Galiza não deixo de surpreender-me com o facto de que palavras que na minha infância eram desconhecidas na sua forma castelhana, como o nome dos peixes, hoje já nem as ouço na forma galega. No seu conto “Ignotus” Murguia evoca um episódio daquele que ficou na memória coletiva dos galegos como o “ano da fame”, 1853. O povo das montanhas baixava às vilas e cidades da Galiza e com eles vinham vozes desconhecidas que nunca tinham sido registadas. Murguia exemplifica neste episódio histórico o génio popular. Mas nós, afortunadamente, já não somos o povo da fame, nem massa popular inculta e de génio espontáneo, nem a fala das aldeias serve hoje para tirar másters de língua. Somos, ainda, galegos, enquanto assim queiramos ser e para aquilo que nós queiramos ser.
A porta também abre para o interior. Um dos testemunhos que mais apreciei no documentário foi a pergunta de um moço do Porto: porquê nunca mais soubemos dos galegos? Porquê os galegos são uma referência cultural e histórica reduzida, no melhor dos casos, à Idade Média portuguesa? Em grande medida o nome da Galiza está encerrado na história das origens de Portugal. Na minha vivência diária com a sociedade que me acolheu, faço questão de falar da história contemporânea dos galegos. Até porque tudo o que acontece na Galiza também acontece em Portugal. Também este povo pode representar esse auto alegórico de conhecimento, elites e massas. Para além das histórias sociais paralelas, nós também fazemos parte da história dos outros, em especial da história de Portugal, e não só por uma questão de origem. Nesta dita lusofonia, como na dita humanidade, todos temos peças diferentes e, em ocasiões, peças perdidas de outras culturas. Como o manuscrito encontrado na Irlanda que conta a história do farol da Crunha. Aos galegos calha-nos um muito particular ângulo de visão sobre este mundo lusófono, nem que seja porque nós nunca fizemos parte do império português. Mas há mais, o facto de sermos a arca da memória mais antiga da língua, como a que está nos nomes de lugares, de sermos intérpretes de referentes culturais comuns a todo o mundo lusófono cuja origem só é transparente para nós, como a origem do apelido Andrade, da primeira cidade que teve Santiago como nome ou da história que contam as vieiras. O ensaio de Paz Andrade sobre Guimarães Rosa é um bom exemplo do olhar galego sobre a cultura que é comum a todos os que duma maneira ou outra têm contacto com o português neste mundo feito pelos instáveis caminhos do mar. A memória não é resgate do passado, é descoberta de continuidade, segundo aquela máxima de que a natureza não dá saltos. Gostava, é um desejo pessoal, menos discurso narcísico sobre identidade galega na nossa vida cultural. Identidade temos nós avondo. Falta-nos é dar-nos, “deixar de ser para ser noutro”, como no verso de Paz Andrade. Todo discurso amoroso passa pelo desejo de um outro e quem ama vive sempre em corpo alheio, como diz a tragédia grega. Esse desejo dos outros, mais uma roda da nossa contínua cobiça dos longes, é uma das esperanças que vejo no momento atual do reintegracionismo.
O encontro com os outros está a dar frutos no mundo artístico, com músicos, poetas e escritores. Falta ainda vontade de querer articular ação social e política com quem partilhamos língua. Eu tampouco quero arredar as minhas palavras de todos os que sofrem neste mundo. A grafia internacional da língua que aprendi da minha avó é um instrumento valiosíssimo para transmitir os valores democráticos nos que ela me formou. Sinto-me herdeira e legítima intérprete da funda veia democrática de vários dos referentes de pensamento que me inspiram na história do galeguismo. Ramóm Suárez Picalho, emigrante, formado politicamente no sindicalismo argentino, deputado em cortes da 2ª República espanhola, vindica nos seus escritos a ligação dos seus ideiais às raízes culturais mais ancestrais da Galiza. Personagens como Suárez Picalho são exemplo de como a cultura e a sociedade galega nos dão chaves únicas para desfazer essa forte dicotomia da modernidade entre antigos e modernos. Cá e lá vejo testemunhos de reintegracionistas que fazem novas leituras do popular. Creio que aos galegos nos foi dada essa “imortal ferida de alterar a história dos vivos e dos mortos”, como diz o verso de Diaz Castro. Essa Galiza em contínuo inacabamento, como a epopeia que Pondal nunca conseguiu escrever e que deixou espalhada em centenas de cartões. Assim vejo eu a história do povo galego. Nada humano nos é alheio. Essa é, sempre será, o plano de ação mais revolucionário da história da humanidade.

A Plataforma Estatal pola Escola Pública insta os grupos políticos a que acorden a formación dun Goberno que poña en marcha o diálogo social para unha nova política educativa

O estancamento da actividade política, causado pola falta de entendemento entre os grupos políticos do Congreso dos Deputados tras as últimas Eleccións Xerais, está a alarmar a un ritmo crecente á comunidade educativa ao observar como as posibles e necesarias medidas que se deberían de adoptar para eliminar o ataque á educación pública están a eternizarse no tempo.
Xunto coa derrogación da LOMCE, a reversión dos recortes educativos e a reforma universitaria do anterior goberno -agora en funcións - é urxente tomar decisións inmediatas para evitar ou minimizar os seus efectos a curto prazo. Devandito goberno en funcións, que carece de lexitimación democrática para seguir aplicando unha políticas que deberían pertencer xa ao pasado, non demostra cos seus actos estar disposto a ser consecuente co resultado das urnas e, lonxe de paralizar preventivamente a aplicación das normas que impuxo na anterior lexislatura, se extralimita lexislando e administrando con criterios antidemocráticos, con evidente menosprezo ao sentir cidadán.
Aprema, sen perda de máis tempo, dar marcha atrás en determinadas medidas que, de non facerse inminentemente, complicarán aínda máis o panorama educativo nos próximos meses. Expoñemos a continuación as seguintes e máis perentorias:
  • Paralizar as probas externas (reválidas): evitar ao final do presente curso académico a correspondente a 6º de Primaria, e impedir as que se inicien o próximo ano.
  • Implementar un novo sistema de bolsas máis xusto e cunha dotación económica maior que satisfaga a igualdade de oportunidades en todos os tramos educativos.
  • Rebaixar os prezos de matriculación en todas as etapas educativas non obrigatorias.
  • Deter os desenvolvementos normativos relativos aos ensinos LOMCE que se inicien a partir do próximo curso 2016-2017., cumprindo o que defenderon algúns partidos nos seus programas electorais, así como no debate previo ás eleccións xerais que esta plataforma organizou no seu momento, para ser coherentes co que manifestaron: derrogar a LOMCE, laicidad da escola e denuncia dos acordos co Vaticano en materia educativa.
  • Paralizar a aplicación do RD 43/2015 polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais (3+2).
  • Revisar o financiamento das Universidades Públicas.
Debido ao seu rexeitamento, a aplicación da contrarreforma educativa do deostado ex-ministro Wert e seguida agora por Méndez de Vigo, está a seguir camiños moi desiguais nas diferentes CCAA. O seu fracaso é unha obviedad que ninguén discute xa. Urxe a súa paralización inmediata e a súa derrogación, para o que é necesario que un novo Goberno do Estado, consecuente coas demandas sociais que fixeron posible o cambio, constitúase sen máis demoras. A Plataforma Estatal pola Escola Pública insta os grupos políticos configurados no Congreso dos Deputados tras as pasadas eleccións xerais a que acorden sen máis dilacións a formación dun Goberno que free estas ameazas para a Educación Pública e poña en marcha o diálogo social necesario para a consecución dunha nova política educativa.

O proxecto Ágora-Tecnoloxía estrea portal

Os responsábeis do proxecto Ágora-Tecnoloxía, do que falamos onte para informar das súas sete actividades formativas TIC desenvolvidas nos nosos campus (destinadas a achegar aos nosos maiores ás principais ferramentas, servizos e dispositivos), veñen de pór en marcha portal específico do programa, canalsenior.es/agora-tecnologia. O obxectivo da Federación Galega de Asociacións Universitarias Sénior é facer confluír, na devandita web, “todos os contidos, ferramentas, documentación e manuais que os estudantes sénior poidan precisar”. Segundo engaden, trátase “dunha plataforma en liña de difusión e formación na que se combinan modalidades tradicionais presenciais con modalidades dixitais”.
Búscase ao seu abeiro crear “un novo modelo de acceso ao coñecemento baseado na innovación e a aplicación de novas tecnoloxías co fin de potenciar a creación dun ecosistema do ensino que se erixa nun referente estatal”.
Neste portal, os participantes nas actividades formativas TIC para maiores de Ágora-Tecnoloxía poden concorrer nos cursos de xeito virtual ou documentarse directamente cos contidos almacenados dos obradoiros celebrados, amais de ter acceso aos “vídeo-cursos” subministrados pola Fundación Vodafone. A canle, ademais, ten a vantaxe de ser de utilidade tanto para os estudantes que estean inscritos nos programas para maiores das universidades galegas como para calquera internauta interesado nestas materias.

Ciclo de encontros na Coruña arredor das Irmandades

SETE CONVERSAS ATÉ MAIO 
Desde mañá 31 de marzo até maio a AS-PG e a A.C. Cultural Alexandre Bóveda organizan varias conversas sobre os protagonistas das Irmandades da Fala. Sete conversas con testemuñas e especialistas para saber máis sobre este movemento.

As Conversas en Irmandade botan a andar o 31 de marzo con Elvira Varela Bao, a memoria viva dun século de historia. “Tiña dez anos e rompéronme a vida” di a filla de Bernardino Varela, editor dos primeiros contos infantís en galego, tradutor ao galego de pezas dramáticas en francés e inglés, asistente en nome da Irmandade da Fala da Coruña á Asemblea Nacionalista de Lugo. Tamén participará  Elvira Bao Maceiras, mestra no Lazareto de tuberculosos de Oza, pertencente ás Irmandades, presidenta da Agrupación Republicana Feminina, impulsora das Escolas de Ensiño galego. Pasou varios meses no cárcere e foi inhabilitada para exercer como mestra.
O ciclo continuará o 7 de abril con  Xosé Luís Axeitos, académico, veciño e estudoso de Manuel Antonio, un dos grandes poetas europeos do século XX. Militante desde os 18 anos das Irmandades da Fala  a través das Mocedades Nazonalistas, para Manuel Antonio a nación non era só un sentimento de pertenza a un pobo, era tamén unha conquista propia e un achado sempre novidoso, tal como lle di a Risco con entusiasmo  xuvenil: "Xa temos un estímulo fondo e nobre para estudar a Galiza, e cultivarnos e ser bos soldados e escultores ao servizo do porvir de Galiza".
O 14 de abril será a quenda de Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes, actor, formador de intérpretes e investigador do sistema teatral galego, que disertará sobre “E o teatro fixo país. A actividade dramática das Irmandades da Fala”.
O 21 de abril Xesús Torres acompañará a Alfonso Posse, cuñado e albacea de Álvaro Cebreiro, o artista precoz que aos 16 anos comezou a colaborar n'A Nosa Terra e aos 17 facía a súa primeira exposición na sede da Irmandade da Fala e foi coautor do Manifesto Máis Alá. Alfonso é fiel gardador da súa memoria e vén contribuíndo desde hai anos a recuperar e divulgar a obra e personalidade do artista coruñés, facilitando aos investigadores a consulta do arquivo e biblioteca familiar que organizou e que custodia.
O 28 de abril Pablo González Mariñas e Xosé María Monterroso lembrarán ao Jenaro Mariñas del Valle de "E nom escarmento. E nom quero escarmentar". O 5 de maio Manuel  Lugrís, neto de Lugrís Freire, lembrará ao galeguista que primeiro utilizou a lingua nun mitin e que escribiu a primeira Gramática en lingua galega. E, para rematar, o  12 de maio, Goretti Sanmartín, investigadora, profesora da UDC e actualmente vicepresidenta da Deputación da Coruña, falaranos de Antón e Ramón Vilar Ponte,  un binomio fraterno  imprescindible na historia política e cultural de Galiza.
Todas as Conversas en Irmandade terán lugar ás 20 horas no local da asociación cultural Alexandre Bóveda (rúa Olmos 16, 1º A Coruña).

 

A Plataforma galega en defensa do ensino público insta as forzas políticas a derrogar a LOMCE

Dirixironse aos grupos con representación no Congreso através dun escrito presentado no rexistro do Parlamento. 

mércores, 30 de marzo de 2016

A EOI de Lalín anuncia prazos para as probas de certificación oficial

A matriculación concluirá o día 14 de abril.

A delegación da Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Lalín anunciou onte a conclusión o día 14 de abril do prazo de inscrición para as probas de certificación. Corresponden aos niveis básico, intermedio e avanzado de francés e inglés por libre. Poden formalizar a matrícula na EOI lalinense, no instituto Ramón María Aller. As probas celebraranse en distintas xornadas a partir do día 1 de xuño.

A Coruña, primeira no ránking de bibliotecas das universidades españolas

A Universidade da Coruña lidera xunto coa Universitat de les Illes Balears o Ránking das bibliotecas universitarias españolas, segundo un estudo que acaba de facerse público e que analiza a eficiencia das bibliotecas entre os anos 2008 e 2012.
Os autores do informe son José Simón Martín e Alicia Arias Coello, ambos os dous da Universidad Complutense de Madrid, e Clara Simón Blas, da Universidad Rey Juan Carlos. O informe considera á UDC como a mellor no ámbito da eficiencia na súa xestión do persoal e pode ser considerada como referente. A misión da Biblioteca da UDC é dar soporte á docencia, á aprendizaxe, á investigación e á formación integral do seu estudantado e profesorado en particular, e de todas as persoas en xeral. Para isto facilita o acceso e a difusión dos recursos de información, xestiona espazos, equipamentos e servizos, e colabora nos procesos de transformar a información en coñecemento. Desta forma, a Biblioteca aporta valor e contribúe ás funcións da Universidade ao servizo da sociedade.
Os 103 bibliotecarios da BUDC atenden a 26.698 usuarios desde 17 puntos de servizo. Integran a colección da Biblioteca 872.642 libros, 25.000 ebooks e 46.000 documentos noutros formatos, como mapas, microformas, DVD, etc. A BUDC conta tamén con 9.000 revistas en papel e 21.974 en formato dixital, ademais de dar acceso a 49 bases de datos que cubren todas as disciplinas científicas. O horario xeral de atención ao público é de 08.30 h a 21.30 h, de luns a venres.
Máis información: http://www.udc.gal/biblioteca/
http://redc.revistas.csic.es/index.php/redc/article/view/922/1334

O freo á Lomce, a primeira reforma que tramitará o Congreso

O control ao Goberno en funcións.


A proposición de lei do PSOE será a primeira norma do PP cuestionada no pleno.

A primeira reforma legal que abordará o pleno do Congreso dos Deputados será simbólicamente a paralización dunha das leis emblemáticas do Goberno de Mariano Rajoy: a Lomce (Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa). O pleno do Congreso debaterá e votará o vindeiro martes unha proposición de lei do PSOE, a primeira da lexislatura, para parar a aplicación desa norma. Será só o primeiro trámite e é imposible que culmine todo o procedemento nas dúas Cámaras, pero o resultado será un símbolo da nova situación política e parlamentaria.
Se hai investidura antes do 2 de maio si podería ser aprobado finalmente, porque o PP só podería demoralo no Senado, pero non impedilo. Sería a primeira lei da lexislatura. Se nesa data non hai Goberno a iniciativa decaería.
De feito, os socialistas elixiron unha iniciativa que concite o apoio dos demais grupos, especialmente, de Podemos e de Cidadáns. A Lomce foi aprobada a pasada lexislatura só cos votos do PP e este partido podería quedar de novo só, coa notable diferenza de que agora está en minoría.
A proposición de lei pasou xa o trámite de informe polo Goberno en funcións. A Moncloa deixou pasar o prazo dun mes que lle outorga a lei. É a primeira vez en democracia que o Congreso inicia a súa actividade lexislativa sen esperar a que haxa novo Goberno.
O pleno tamén debaterá e votará o vindeiro martes unha reforma do Estatuto da Comunidade Valenciana que estaba pendente da anterior lexislatura.
Os grupos presentaron proposicións non de lei pedindo a derrogación de todas as leis simbólicas do PP, como a de Seguridade Cidadá (lei mordaza), a reforma laboral, a lei de Enjuiciamiento Criminal e a prisión permanente revisable, entre outras. Todas teñen, con todo, un valor simbólico e político, polo que non é executiva a súa aprobación.
A Lomce está na súa fase final de aplicación e é xusto o que quere deter a proposición de lei do PSOE. A próxima convocatoria prevista no calendario da lei educativa será en maio. Entón está prevista a avaliación externa que deberán facer os preto de 400.000 alumnos de sexto de primaria (12 anos). As comunidades autónomas gobernadas polo PSOE levaron estas probas aos tribunais para tentar frealas e están á espera de resolver a situación.
En todo caso, a aprobación da proposición de lei do PSOE non chegaría a tempo de frear estas probas.
O curso que vén é o último de implantación da Lomce, que chega aos cursos pares de secundaria e a segundo de bacharelato. A esa fase si chegaría a tempo unha posible reforma legal agora.
Está pendente o deseño da reválida externa de secundaria e a de bacharelato, que substituiría á actual proba de Selectividade en 2017. Estas reformas tamén quedarían afectadas se se aprobase unha reforma da lei.
PSOE e Podemos levaban expresamente nos seus programas a derrogación da Lomce e Cidadáns sempre defendeu un pacto para unha lei de educación consensuada, pero sen pronunciarse expresamente sobre eliminar a actual lei educativa do PP.

'Construíndo igualdade nas nossas aldeias': jornada sobre co-educaçom rural em Compostela

I Xornada sobre Coeducación rural terá lugar os días 24, 25, 26 e 27 de maio en Compostela. Velaí a programación da actividade formativa de 20 horas que contará con Diploma acreditativo de NEG pras persoas matriculadas:
  • Martes 24.- Diversidades afectivas, familiares, sexuais e amatorias: o noso corpo, o noso territorio.
  • Mércores 25.- Máis alá da coeducación urbana: o ecofeminismo entra nas aulas.
  • Xoves 26.- Violencias baseadas no Xénero (VBX) e violencias identitarias: machismo, LGTBIQfobia e ruralfobia.
  • Venres 27.- Novas propostas teórico-prácticas para dinamizar a pedagoxía emancipatoria no rural.
Obxectivos
    Cartaz
  • Coñecer a importancia do xénero, as estéticas, a orientación sexual e a identidade de xénero na dimensión individual, grupal e comunitaria, así como abordar a resiliencia identitaria, a expresión de afectos e a xestión amatoria no desenvolvemento persoal e colectivo das mulleres e persoas LGTBI do rural.
  • Profundar nas diferentes formas de violencia de xénero e de bullying LGTBIQfóbico, así como nas sucesivas formas de colonizar e agredir o medio rural.
  • Asumir estratexias prácticas para aplicar os feminismos na realidade educativa da vida rural dende unha óptica freireana.
  • Afondar nos procesos de vulnerabilización, estigmatización e cousificación da diversidade afectivosexual nas contornas rurais.
  • Comprender as vantaxes e beneficios da praxe coeducativa dende un enfoque emancipatorio, intercultural e non urbanita.
Metodoloxía didáctica
Esta acción formativa baséase na aprendizaxe cooperativa. A metodoloxía didáctica proposta busca a participación activa en base á problematización de casos e á deconstrución de posicionamentos previos. Para esta tarefa farase uso de técnicas educativas colaborativas como son o videoforum, os grupos de discusión e role-playing; ademais, xeraranse mapas conceptuais e brainstorming buscando en todo momento a creatividade colectiva. Nos catro bloques temáticos expostos mesturarase o formato palestra-debate con diversos obradoiros.
Pra máis información, ver cartaz e o enlace da web de Nova Escola Galega: http://www.nova-escola-galega.org/WebDefault.aspx?MenuInd=1&MenuId=367&Lng=gl-ES&tl=0 

Nasce Grupo Xálima para defender identidade galego-portuguesa das “falas” de Cáceres

Um novo coletivo que terá presença sobretudo on-line, o Grupo Xálima, acabou de nascer, com o objetivo de defender a origem e o carácter galego-português dos dialetos dos concelhos cacerenhos das Elhas, S. Martinho e Valverde:
“O GX pretende agrupar estudiosos e profissionais das línguas românicas, mas também aquelas pessoas preocupadas pela desnaturalização e crescente castelhanização que estão a sofrer os falares do Vale de Xálima (o manhego, o lagarteiro e o valverdeiro) e ainda outros ilhéus linguísticos galego-portugueses existentes no Estado espanhol”.
Segundo afirmam num comunicado em que animam a inscrever-se todas aquelas pessoas com interesse em publicar trabalhos sobre o assunto “partindo do reconhecimento destes falares como galego-portugueses, [o GX] tentará elaborar propostas e adotar iniciativas para que eles não desapareçam e se relacionem com o universo falante doutras zonas da Extremadura (Ferreira de Alcântara, Casalinho, Campina de Valência de Alcântara, Codosseira e Olivença); e nomeadamente com Portugal, ou a Galiza, Brasil…”
O comunicado vai acompanhado de “um formulário de inscrição […] que dará opção de publicar ensaios no site www.falanti.eu  partindo duma perspetiva multidisciplinar (linguística, histórica, sociolinguística, etnolinguística, etc.)”.
O formulário encontra-se no seguinte endereço eletrónico:

Campus de Pontevedra en Aberto

campus_aberto_2016A Uvigo ofrece unha visita ás facultades coas titulacións da Universidade de Vigo no Campus de Pontevedra e fai un obradoiro/demostración gratuíta en familia.

Dirixido a alumnas/os de bacharelato e formacións superiores non universitarias e aos seus pais e nais. As xornadas abertas terán lugar o 15, 18, 20 e 21 de abril.  Tedes toda a información no seguinte anexo.
Anexo: Campus_pontevedra_aberto_2016

A USC impulsa o primeiro curso sobre microbioloxía que se realiza en Twitter

O grupo de Docencia e Difusión da Microbioloxía da Sociedade Española de Microbioloxía (SEM) vén de pór en marcha o que sería o primeiro curso mundial en liña vía Twitter sobre microbioloxía (sendo a dita Sociedade a primeira das súas características que pon en marcha unha actividade formativa a través da rede social). Dáse a circunstancia de que o curso terá sobranceiros apoios galegos. Máis polo miúdo os do Grupo de Innovación Docente en Microbioloxía da Universidade de Santiago (MIKROBIOS) coordinado polo profesor Jesús López Romalde. Na actividade participan xunto con outros 27 docentes e investigadores de 20 universidades e centros de investigación.
O obxectivo é botar man das posibilidades comunicativas de Twitter para acadar unha linguaxe concisa, certeira e moi visual ao servizo da difusión de conceptos sobre microbioloxía. Vai dirixido a estudantes de bacharelato, profesores de secundaria, universitarios, profesionais das ciencias, xornalistas científicos e público en xeral. As “clases” compoñeranse de 30-40 chíos con contidos, webs, ligazóns, novas, imaxes ou vídeos sobre cuestións científicas relacionadas coa microbioloxía dunha duración de arredor de 30 minutos que se enviarán a unha hora e día da semana concretos. “Cada día tratarase un tema distinto”, sinalan os impulsores da actividade, que lembran que se trata, no seu conxunto, dun curso en liña masivo gratuíto (MOOC) que poderá seguir calquera persoa a partir do 5 de abril (ata o 2 de xuño) con conta en Twitter coa etiqueta #microMOOCSEM. As “clases” enviaranse a través da conta de Twitter da SEM @SEMicrobiologia e quedarán logo recollidas no enderezo storify.com/microMOOCSEM.

Betabeers Galicia afondará na programación de proxectos emprendedores

O vindeiro 7 de abril ás 20:00 horas as instalacións de WeKCo na Avda. Novo Mesoiro da Coruña volve acoller unha nova edición de Betabeers Galicia, encontro para desenvolvedores web e móbiles que combina charlas técnicas, presentacións de proxectos e networking.
Nesta ocasión a charla técnica que centra a xornada será impartida por David Pombar, un dos fundadores de SetPay, e impulsor de varias iniciativas para favorecer o emprendemento (como Startup Galicia), que baixo o provocador título É doado saber programar, o fodido é saber o que, pretende afondar nos inicios das programación de proxectos, na exploración nas necesidades dos usuarios, na importancia da eficiencia como métrica para a calidade da programación e no concepto de Mínimo Produto Viable.
Tras a intervención de Pombar Rodrigo Lago presentará Ubiplay Mobile, compañía de desenvolvemento de software que desenvolveu un motor de aventuras, Ubiplay Engine, para crear aplicacións para Android e iOS a través dun editor gráfico.
A xornada pechará cunha intervención de María del Carmen López Gómez, directora de Galicia Open Future, que presentará a terceira convocatoria para a aceleración de proxectos galegos, aberta até o vindeiro 15 de abril.

CHARLA O VINDEIRO 22 DE ABRIL EN LALÍN

O vindeiro dia 22 de abril a Doutora en Filosofía e Ciencias da Educación, Mª José Méndez Lois vai ofrecer  una charla no salón de prensa do Concello de Lalín as 20:30 horas.
O título : Educar en Positivo dende o Corazón.
Está aberta a todos os públicos en especial a familias interesadas e a comunidade educativa dos centros da comarca.

martes, 29 de marzo de 2016

A Xunta quere reter talento científico con contratos de só cinco anos

O catálogo de postos de traballo da Administración autonómica incluirá por primeira vez a figura do persoal investigador, para o que haberá tres tipos de contrato específicos que non excederán os cinco anos de duración.

A Xunta de Galicia vai crear por primeira vez a figura do persoal investigador e incluiraa no catálogo de postos de traballo da Administración autonómica, co obxectivo de favorecer a retención do talento científico. Así, e segundo a propia Xunta, Galicia será pioneira en regular a contratación en réxime laboral do persoal investigador que realiza o seu traballo en centros de investigación da Administración autonómica. Nos últimos dous anos, a Xunta contratou 111 persoas vinculadas a proxectos de investigación.
Este persoal poderá ser contratado a través dos entes públicos da Xunta que desenvolven o seu labor científico nos eidos da innovación e a sanidade. Para iso, o proxecto de decreto –que xa foi trasladado ás organizacións sindicais– establece tres tipos de contrato, como determina a lexislación estatal. En todo caso, a duración do contrato será de ata cinco anos.
O primeiro tipo de contrato será o de investigador distinguido, cunha duración máxima de cinco anos. As retribucións non poderán exceder das correspondentes para un funcionario do grupo A1 en posto de nivel 28, e a selección efectuarase mediante un concurso específico que constará de dúas fases: unha primeira fase de valoración de méritos e unha segunda fase, que pode consistir en probas de carácter práctico, entrevista ou test.
O segundo tipo de contrato é o de acceso ao sistema español de ciencia, tecnoloxía e innovación, cunha duración máxima que tampouco excederá de cinco anos. As súas retribucións non poderán exceder das correspondentes a un funcionario do grupo A1 en posto de nivel 25, e a selección será tamén por concurso específico.
O terceiro tipo de contrato que establece o proxecto de decreto é o contrato predoutoral, cunha duración que non pode exceder os catro anos. As súas retribucións non poderán ser inferiores ao 56% do salario previsto para o grupo I do persoal laboral da Xunta, porcentaxe que medrará ao 60% no terceiro ano e ao 75% no cuarto ano. A selección será realizada mediante un concurso de méritos.
En canto ás bases do proceso selectivo, as contratacións deberán contar cun informe favorable da Axencia Galega de Innovación que deberá conter cal das modalidades contractuais considera máis axeitada entre as anteriormente enumeradas. Nestes procesos selectivos haberá un órgano de selección designado pola Axencia Galega de Innovación, e tamén haberá catro vogais que deberán ser persoas expertas do ámbito da investigación con alta cualificación no eido científico, e con coñecementos avanzados no ámbito temático a tratar. Tamén deberán estar en posesión da titulación de doutor.
Avaliación
O proxecto de decreto establece que o persoal investigador será obxecto dunha avaliación realizada pola Axencia Galega de Innovación. Mediante esta avaliación, a persoa contratada poderá obter un destes resultados: pauper, malus ou bonus.
No caso de recibir o resultado de pauper, isto dará lugar á rescisión do contrato. O resultado de malus impedirá a primeira vez percibir o complemento de produtividade, e unha segunda avaliación deste tipo dará lugar a rescisión do contrato. A avaliación bonus dará lugar a percepción do complemento de produtividade, que será unha porcentaxe sobre o salario.
Ámbitos de investigación
O proxecto de decreto establece que a Administración galega poderá contratar este persoal a través de dez entes públicos da Xunta que desenvolven o seu labor científico nos eidos da innovación, a saúde, a tecnoloxía e a alimentación.
Así, no eido da innovación poderán contratar persoal investigador a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a Axencia Galega de Innovación e a Fundación CESGA. No eido da saúde, poderán facelo a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.
Ademais, tamén están incluídas neste decreto cinco entes públicos vinculados á investigación en saúde e alimentación: o Instituto Galego de Calidade Alimentaria (INGACAL), a Fundación Centro Tecnolóxico da Carne, Xenética Fontao, S.A., o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR) e a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR).

A Xunta repartiu 4 millóns entre os medios tradicionais nos primeiros tres meses de 2016

Este diñeiro súmase aos 6 millóns que xa deu nos últimos meses do pasado ano. Hai subvencións para falar ben do dispositivo contra o lume, do sector do agro, do turismo, do I+D, de Santiago de Compostela, do fomento da lectura, do emprego ou por empregar, tan só, un 8% de galego. La Voz é o grupo que máis recibe, case a metade de todas as subvencións.

Nova inxección económica de máis de 800.000 euros da Xunta aos medios tradicionais.

La Voz de Galicia volve ser, novamente, o medio máis subvencionado con 485.000 euros en catro convenios diferentes, entre eles, informar da "capitalidade de Santiago de Compostela". A Secretaría Xeral de Medios reparte cartos por fomento do uso de novas tecnoloxías, da lectura e do I+D+I. 
A Xunta de Galicia, gobernada polo PPdeG, está a utilizar o diñeiro de todos os galegos para manter os medios tradicionais de comunicación de Galicia. O DOG do pasado mércores recollía, novamente, unha nova subvención aos medios tradicionais por máis de 800.000 euros euros só para o primeiro cuadrimestre deste ano. Especialmente chamativo é que, máis da metade dese diñeiro vai parar os bulsos de Santiago Rey, editor e dono do Grupo Voz.
Entre os convenios subvencionados están o fomento do uso das novas tecnoloxías de información e comunicación e o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia no ano 2016, a divulgación de información sobre a investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) en Galicia no ano 2016 e a difusión informativa da capitalidade de Santiago de Compostela en El Correo Gallego e La Voz de Galicia. En total, 840.000 euros.
Baixo o pomposo nome de “convenio de colaboración para o fomento do uso das novas tecnoloxías de información e comunicación polo alumnado dos centros docentes públicos non universitarios de Galicia no ano 2016”, a Xunta decidiu repartir máis case 170.000 euros entre as versións dixitais dos grandes medios. Esta é a relación:

La Voz de Galicia, 94.519,92
Grupo Prensa Ibérica ( La Opinión, 13.502,85 e Faro de Vigo, 31.125,20)
El Progreso, 7.781,30
La Región, 5.263,82 e Atlántico Diario, 3.890,65
El Correo Gallego, 6.636,99
Editorial La Capital ( El Ideal Gallego, 2.746,34; Diario de Arousa, 2.500,00; Diario de Ferrol, 2.500)
Curiosamente, e a pesar de que estas axudas van destinadas a edicións electrónicas, ningún dos medios nativos en internet,  entre eles GC, foi suxeito destas subvencións.

A Xunta tamén destinou case 311.000 euros a outro convenio para o “fomento da lectura da prensa escrita polo alumnado dos centros docentes públicos non universitarios de Galicia no 2016”. Tampouco ningún medio en galego recibiu esta axuda a pesar de ir destinadas  a centros docentes onde está vixente o decreto plurilingüe de Feijóo no que o galego debe ter unha presenza do 33%  A relación de axudas é a seguinte:
La Voz de Galicia, 149.000,00
El Correo Gallego, 13.592,08
El Progreso de Lugo, 23.850,26
La Región, 20.516,35 e Atlántico Diario, 4.000,00
Grupo Prensa Ibérica ( Faro de Vigo, 65.395,87 e La Opinión de A Coruña, 8.719,45)
Grupo La Capital ( El Ideal Gallego, 5.642,00; Diario de Pontevedra, 12.053,36; Diario de Ferrol, 4.000 e Diario de Arousa, 4.000)
Ademais destas axudas, El Correo Gallego e La Voz de Galicia recibiron novas subvencións o pasado ano para a difusión informativa da capitalidade de Santiago de Compostela. En total, 240.000; 115.000 para El Correo Gallego e 125.000 para La Voz de Galicia.
O Grupo Voz, o máis favorecido
Finalmente, a Secretaría Xeral de Medios decidiu, a maiores, asinar outro convenio de colaboración para a divulgación de información sobre a investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) en Galicia no ano 2016 pero só co Grupo Voz. Un convenio polo que o xornal coruñés recibiu 115.000 euros.
E é que este grupo, como en ocasións anteriores é o máis beneficiado de todos. Nesta ocasión, dos 8400.000 euros, o xornal de Santiago Rey recibe 485.000, máis do total das axudas.
A este respecto, CIG-Autonómica critica que non se destinen eses cartos directamente aos centros docentes públicos para que compren libros e as novas tecnoloxías que precisan. "Non sería esa un mellor xeito de fomentar a lectura e o uso de novas tecnoloxías sen condicionalo a uns medios en concreto? Isto é unha vergoña absoluta e como tal había que publicala no DOG un mércores de semana santa", apunta nun comunicado.


Os centros escolares galegos contarán cun protocolo de protección de datos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de ultimar o Protocolo de protección de datos persoais, unha guía de referencia para os centros escolares a través da cal se busca dar resposta ás dúbidas máis frecuentes nesta materia ás que se enfrontan directores e docentes, e que atinxen principalmente a cuestións como o tratamento de imaxes, a xestión dos datos persoais en caso de proxenitores non unidos por vínculo matrimonial ou análogo, a utilización de cámaras de videovixilancia e a cesión de datos.
O documento, entregado aos membros do Consello Galego da Convivencia celebrado hai uns días, para que acheguen as aportacións que consideren, aborda un conxunto de pautas concretas e claras dirixidas a toda a comunidade educativa, de xeito que se lles outorgue unha maior seguridade xurídica a todos os axentes implicados na xestión e tratamento de todos os datos persoais. Así mesmo, incorpóranse unha serie de anexos con modelos de cláusulas de información e autorización para o tratamento de datos, que poderán ser utilizados por todos os centros.
Seguindo os preceptos marcados pola Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, o protocolo impulsado pola Consellería de Cultura e Educación lembra que a protección de datos está suxeita ao principio de información e de consentimento. O protocolo pretende dar resposta ás dúbidas máis frecuentes no que atinxe ao uso de imaxes en páxinas web e blogues dos centros e no caso dos sistemas de videovixilancia, estes deben colocarse sempre respectando os dereitos dos usuarios do centro e atendendo á súa finalidade de garantir a seguridade.
O protocolo de protección de datos persoais (que tamén conterá un apartado sobre identidade dixital, no que se está traballando) enmárcase dentro da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020, e súmase a outros protocolos posto en marcha pola Consellería de Cultura e Educación como os de Atención Educativa Domiciliaria, de Urxencias Sanitarias, de Acoso e Ciberacoso, de Absentismo Escolar, de TDAH u de TEA. Todos eles teñen como finalidade de dar apoio aos centros, aos docentes e ás familias con documentos e guías específicas.

Unha investigadora da UVigo advirte dos riscos de non manter unha boa posición diante da pantalla

Cada vez teñen máis presenza na nosa sociedade as mancaduras e lesións relacionadas coas posturas que mantemos en relación aos elementos da Sociedade de Información. De feito, boa parte das patoloxías relacionadas con problemas cervicais (que afectan a preto da metade das traballadoras e traballadores do mundo) teñen relación directa coa posición adoptada diante da pantalla do computador. Así nolo conta estes días a investigadora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte (Campus de Pontevedra) Tania García, que está a realizar un estudo que avalía o impacto que teñen as pantallas na postura de cabeza e columna cervical dos traballadores e traballadoras da Consellería de Sanidade da Xunta. O obxectivo: definir recomendacións e intervencións que permitan diminuír as dores músculo-esqueléticas derivadas do devandito. A xuízo da investigadora, unha correcta “hixiene postural” e o seguimento dunha serie de pautas relativas a posturas e movementos resultan “decisivos” para “evitarmos estes tipo de problemas”.
Por certo que canda fala de “hixiene postural” Tania García refírese ás normas minimizar a carga á que sometemos á columna vertebral. A investigadora, que desenvolve o seu labor ao abeiro do grupo GIES-10 (que dirixe a profesora Margarita Pino), sitúa a orixe do seu traballo no protocolo de colaboración asinado en 2015 entre a Universidade de Vigo e a Consellería de Sanidade para a promoción de estilos de vida saudábeis.
O seu estudo analiza “de maneira individualizada” a postura de cabeza e columna dunha mostra de 372 traballadores e traballadoras da Consellería, co propósito de deseñar, en base aos resultados obtidos, posíbeis intervencións terapéuticas. Como norma ou recomendación primeiras a ter en conta, Tania ponnos sobre aviso acerca dos riscos dunha posición moi estendida entre as persoas que traballan co computador: a cabeza adiantada coa vista posta na pantalla, o que significa unha flexión da zona cervical inferior e a extensión da zona cervical superior. Esta postura, sinala, “produce unha maior comprensión das articulacións da columna cervical, o que resulta un risco de trastornos-músculo esqueléticos no pescozo”.
Segundo engade, o traballo diante das pantallas pode dar pé a patoloxías como cervicalxia ou problemas no túnel carpiano, que adoitan ser “de tipo acumulativo”, e ás que se suman problemas visuais ou fatiga mental. Ademais, engade que os problemas cervicais afectan a entre un 40 e un 49% dos traballadores, mentres que entre un 10% e un 19% presenta problemas nos pulsos.
O seu proxecto (Análise descritivo-interpretativa sobre o impacto da pantallas de visualización de datos (PVD) na postura da cabeza e a columna cervical) céntrase no persoal cuxo traballo se leva a cabo diante dun ordenador e que non teña padecido previamente doenzas como fracturas ou cirurxías cervicais, escoliose idiopática, cáncer de óso, trastornos neurolóxicos do movemento ou enfermidades do sistema nervioso central.
Para este proxecto prevese realizar un estudo individualizado de 372 dos traballadores e traballadoras da Consellería, aos que tamén se lles pregunta polo uso de tabletas, teléfonos móbiles ou televisores. Ao abeiro da investigación, deberán responder unhas enquisas para medir os hábitos e os índices de actividade física, a escala de dor e discapacidade cervical e a calidade de vida, para posteriormente realizar unha análise postural mediante o uso da fotogrametría, a realización de fotografías tres metros por riba do suxeito para posteriormente analizalas cun software de evolución postural.
Os resultados que se obteñan contribuirán como dixemos ao desenvolvemento de pautas e protocolos de actuación que poidan ser implantados pola propia administración.

Os María Casares: o teatro galego fai festa coas Irmandades da Fala na lembranza

Son moitos os acontecementos que van desembocar na gala de entrega dos María Casares, os premios do teatro galego. Sobre o escenario do Teatro Rosalía da Coruña entregarase a vixésima edición dos galardóns cando se cumpren vinte anos do falecemento da actriz que lles dá nome. Todo isto, no ano do centenario das Irmandades da Fala. Todas estas efemérides vanse combinar nun espectáculo que, conducido polo grupo Chévere, promete ser "un musical festivo".
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia presentou este luns xunto ás institucións que colaboran nos premios -a AGADIC, o Concello e a Deputación da Coruña- unha gala que, di o director de Chévere, Xesús Ron, vai recrear "o xeito propio do teatro musical". "A escena norteamericana ten como referente a Broadway e nós, en Galicia, usaremos o referente da Ultranoite, unha canteira de talento escénico" pola que xa pasaron "dúas xeracións de creadoras e creadores ao longo de máis de vinte anos".
Nove actores e actrices e mais cinco músicos serán os responsables de poñer en escena esta gala musical, cuxa escenografía, obra de Suso Montero, estará composta por "dous panos de fondo" que lembrarán a María Casares e ás Irmandades, así como "a outros elementos" que, din dende a organización, "serven para reivindicar unha identidade cultural propia e aberta ao mundo", que "constitúen unha ollada orgullosa ao pasado para afrontar con determinación o futuro do teatro, da lingua e da cultura galega".
A gala servirá para "reivindicar unha identidade cultural propia e aberta ao mundo"
Todas estas pezas comporán unha gala na que compiten catorce espectáculos encabezados por 'O principio de Arquímedes' (Teatro do Atlántico), 'Ensaio sobre a cegueira' (Sarabela Teatro) e 'Presidente' (Teatro do Morcego). Segundo o presidente da AAAG, Vicente Mohedano, cómpre resaltar a "gran calidade" das montaxes que compiten, produción que "demostran a calidade artística das compañías e dos profeisonais dun sector que, malia á crise -di- segue a traballar por un teatro de calidade". A gala, di Mohedano, serve tamén para conmemorar o trixésimo aniversario da asociación e nela "quixemos que nos acompañase Chévere, cuxa pegada no sistema cultural galego é innegable".
Catorce espectáculos encabezados por 'O principio de Arquímedes', 'Ensaio sobre a cegueira' e 'Presidente' compiten polos María Casares
Co reto de "darlle visibilidade e prestixio á nosa actividade teatral", a organización afronta unha gala que por primeira vez será retransmitida ao vivo en streaming pola web da TVG, que tamén ofrecerá a gala en diferido pola G2. Durante a entrega de premios entregarase o Premio de Honra Marisa Soto, que desta volta recae na Revista Galega de Teatro, e será lido o Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro, que nesta ocasión vai a cargo da xornalista Montse Dopico.
Alén da propia gala a AAAG lembra tamén as actividades paralelas que, nas vindeiras semanas, difundirán a figura de María Casares. Así, o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGA) acollerá unha sesión de homenaxe cun coloquio presentado pola actriz Mabel Rivera e moderado polo escritor e xornalista Alberto Ramos no que o historiador do cinema José Luis Castro de Paz e a investigadora Sabela Hermida abordarán a figura da actriz. Tras o faladoiro proxectarase Lens enfants du paradise (Marcel Carné), protagonizada por María Casares.

A Xunta condena por volta de 40 profesionais da investigación á emigración

O goberno galego convocou, após cinco anos, a segunda fase dos programas post-doutorais e exclúe aquelas persoas que facían parte do Plan Incite do bipartito. 

A Mesa celebra 30 anos cun concerto arredor de Manuel María

PRESENTACIÓN DO CD 'A VOZ DO VENTO'
Esta sexta feira A Mesa pola Normalización Lingüística celebra 30 anos cun concerto en Compostela de Fran Amil e a Tribo Incomprensíbel, que interpretarán os temas do libro-cd 'A voz do vento' con temas de Manuel María.

A Sala Malatesta de Santiago (antiga Sala Nasa) será o escenario do concerto de presentación do libro-cd 'A voz do vento', editado pola Mesa pola Normalización Lingüística, con poemas de Manuel María, música de Fran Amil e a Tribo Incomprensíbel e ilustracións de Jano. O concerto será oa sexta feira 1 de abril ás 21.30. Con este concerto a Mesa festexará tamén 30 anos de actividade e reivindicación da lingua galega.
O acto contará coa actuación musical de Fran Amil e a Tribo Incomprensíbel, xunto ás músicas e músicos que colaboraron no CD e que participan doutras coñecidas bandas do panorama musical galego actual: Jasper, Paula Romero, Antón Díaz, Xurxo Souto,  MJ Pérez, O Leo, e Xosé Antón Bocixa.
O libro componse de 11 temas extraídos dos libros: Terra Chá, Proba documental, Aldraxe contra a xistra, Cantos rodados para alleados e colonizados, Versos do lume e o vagalume, A luz resucitada, As lúcidas lúas do outono e Sonetos á casa de Hortas. A Tribo Incomprensíbel está composta por Aarón Bouzón, Álex Bardanca, Fran Amil, Paco Cerdeira  e Ricardo Casás. Segundo sinalou o autor das músicas, Fran Amil, o libro-cd “é unha escolma de All Stars do país” e “unha especie de catálogo de historia pre-pos-bravú”.
A voz do vento, libro–cd editado pola Mesa pola Normalización Lingüística en homenaxe a quen “foi un escritor absolutamente comprometido con Galiza e co seu idioma, tamén a través da Mesa pola Normalización Lingüística” segundo sinalou o seu presidente Marcos Maceira, “ponse música a poemas que van do intimismo ao compromiso a través de diversos estilos contemporáneos que pretenden chegar a todos os públicos mais dun xeito especial ao público xuvenil”.
Na web d'A Mesa pódese escoitar un dos temas, “ollei misiles con radar”. O disco está á venda en librarías e na tenda on-line da Mesa.
https://youtu.be/WUQcZQc9xN8

Sae en galego o compendio de astronomía de Ramón María Aller

A Universidade de Santiago presenta 'Astronomía a ollo ceibe' no 50 aniversario de seu pasamento.

Coincidindo co 50 aniversario do pasamento do seu autor Ramón María Aller, a USC e Secretaria Xeral de Política Lingüística co editan o libro ‘Astronomía a ollo ceibe’, tradución ao galego de Astronomía a simple vista, obra publicada en 1948.

Ramón María Aller, astrónomo e matemático, é o iniciador da investigación astronómica en Galicia dende o seu Observatorio particular en Lalín e logo como profesor de Matemáticas e catedrático de Astronomía na USC onde fundou e dirixiu o Observatorio Astronómico universitario, que dende 1983 leva o seu nome. Especialista en debuxo, reloxería, deseño de instrumentación científica, o padre Aller é lembrado non só polas súas múltiples achegas e facetas científicas, senón tamén pola súa humildade e entrañable personalidade.
En palabras de José Ángel Docobo, actual director do Observatorio da USC, “a produción científica de Aller, tendo en conta os medios, a época e os lugares onde a desenvolveu, foi excepcional: 78 artigos en revistas especializadas… 4 libros, 5 teses de doutoramento dirixidas e 4 estrelas dobres descubertas. Ademais, foi autor de numerosos deseños de instrumentos científicos e unha infinidade de observacións, cálculos, notas e catálogos estelares que ficaron inéditos. Por todo iso está considerado como un dos astrónomos españois máis salientables do século XX”.
Un cráter da Lúa leva o nome de Ramón María Aller
Aller inventou aparellos de medición e observación, algúns deles foron adoptados polo observatorio de París. Era un políglota que dominaba dez idiomas. Ten, ademais, o privilexio de que o seu nome está na cartografía da Lúa. O inglés Wilkins puxo o nome de Aller a un cráter do satélite da Terra.
O novo volume foi presentado no Observatorio Astronómico da USC (Campus Vida), polo reitor Juan Viaño e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez.
Ademais da presentación deste volume, as homenaxes a Ramón María Aller, no medio século do seu pasamento, inclúen en Lalín a celebración dunha ofrenda floral e a inauguración dunha exposición no Museo Provincial con fotos, traballos e instrumentos do científico dezano, a que acompañarán dúas charlas de José Ángel Docobo e Cecilia Doporto.

luns, 28 de marzo de 2016

Os alumnos de Tecnópole arrasan no maior certame científico de España

Os escolares da Galiciencia acaparan os premios e levarán os seus proxectos a Francia e Brasil.

Os alumnos e alumnas das Aulas Tecnópole arrasaron esta fin de semana no maior certame científico de España, a Exporecerca Jove. Os seus proxectos foron merecedores do primeiro e do terceiro premio, ademais dun accesit, o que os levará á principal feira científica de Europa e a un dos eventos de referencia neste eido en Latinoamérica. A eles sumáronse, co segundo premio, os gañadores da Galiciencia 2015, estudantes de Biscaia, que viaxarán tamén a Brasil para presentar o seu proxecto. Todos eles competían con 110 proxectos de nove nacionalidades.

As Aulas Tecnópole, o programa de capacitación en habilidades científicas e innovadoras organizado por Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria, amplían así o seu historial de recoñecementos ao longo dos últimos anos, que levaron aos seus alumnos a certames en Los Ángeles, Eslovaquia e Ámsterdam, entre outros.
Clara Mingyue López e Iria Ollero gañaron o primeiro premio da categoría de segundo ciclo da ESO na Exporecerca, celebrada ao longo dos tres últimos días en Barcelona, co seu kit de baixo custo para realizar prácticas de xenética. As alumnas desenvolveron o seu propio prototipo utilizando a impresión en 3D e cun custo moi inferior aos dispositivos destas carácterísticas que existen no mercado. Grazas a este galardón, Clara e Iria mostrarán na Expo-Sciencies Europe, que terá lugar en xullo en Toulouse (Francia), a segunda fase do seu proxecto, que consiste en realizar probas nos centros educativos para avaliar se se cumpre o obxectivo de mellorar a aprendizaxe dos estudantes de Secundaria sobre xenética grazas ao uso deste kit.
Ademais deste galardón, o proxecto de Iria e Clara levou tres premios especiais, outorgados por entidades colaboradoras no certame: a Fundación Ciència en Societat, o diario Ara e a empresa RICOH American Corporation.
A Galiciencia amosa a súa forza co seu éxito nos certames fóra de Galicia
O sistema de análise da calidade do aceite usado en freidoras que desenvolveron Martín Ansia e Miguel Rodríguez logrou o terceiro premio da categoría de primeiro ciclo da ESO na Exporecerca, dotado coa participación na feira científica que terá lugar en novembro na localidade brasielira de Natal. Botando man da espectrofotometría, estes dous inventores son capaces de determinar cando o aceite debe ser substituído para evitar as alteracións químicas provocadas por unha reutilización excesiva que resultan tóxicas para o consumo. Das súas análises despréndese, como norma xeral, que o aceite que se usa a un ritmo de tres veces por semana non debe conservarse máis de tres semanas na freidora.
Ademais, Juan Carlos Navares levou un accesit que lle permitirá defender na Feira da Ciencia de Jerez de la Frontera (Cádiz) a súa aplicación móbil de compravenda de produtos agrícolas sen intermediarios, deseñada co obxectivo de reducir os prezos para os compradores e aumentar as ganancias dos vendedores. Esta ferramenta presenta como principal novidade a súa especialización no mercado agrícola, aínda sen cubrir por outras aplicacións xa existentes.
O innovador sistema de mellora da comunicación entre alumnos e profesores desenvolvido por alumnos vascos, gañador absoluto da Galiciencia 2015, logrou o segundo premio da Exporecerca na categoría de segundo ciclo da ESO. O proxecto de Ander Aguiriano, Jon Andoni Bretón, Sue González e Asier Rementería, da Lauro Ikastola (Loiu, Biscaia), acudiu ao certame catalán grazas ao galardón obtido en Ourense e a finais deste ano acudirá á feira científica de Fortaleza, en Brasil.
A exitosa traxectoria das Aulas Tecnópole na maior feira científica estatal vén xa desde os seus inicios. Na edición de 2014, o sistema de detección de chuvia aceda en solos e plantas e os métodos para contrarrestar os seus efectos desenvolvido nas Aulas Tecnópole por Queila Bouza, Miguel Gómez e Jorge Cordero conquistaron ao xurado da Exporecerca, o que os levou a presentar o seu proxecto na Intel International Sciencie and Engineering Fair, unha das feiras máis grandes do mundo sobre traballos de ciencia e tecnoloxía a nivel preuniversitario, que tivo lugar en Los Ángeles (EE.UU.). Con este mesmo traballo, gañaron tamén o segundo premio do certame “Jóvenes Investigadores 2014”, convocado polo Instituto da Xuventude do Goberno español.
O ano anterior, este mesmo equipo conseguira outro premio na Exporecerca polo seu estudo sobre a fertilidade dos solos queimados e o deseño de estratexias para recuperalos, mentres que en 2012 fora premiado o detector de radiacións caseiro realizado por Iria Míguez e Alba Cortés, o que lles valeu a súa participación na feira de ciencias celebrada en Bratislava (Eslovaquia).

Os galegos estamos á cabeza do Estado en materia de consultas en liña ás bibliotecas

O Observatorio do Consello da Cultura Galega vén de presentar os resultados dunha investigación no que se avalía a actividade das bibliotecas e se afonda na pegada que está a deixar nelas o afianzamento das novas ferramentas de comunicación e información. Asemade, estúdase a influencia que teñen na contorna social onde se emprazan, facendo comparativas entre comunidades. Segundo se desprende do novo Documento de Traballo do Observatorio (Estatísticas de bibliotecas) “medrou de xeito considerábel o número de visitas virtuais a estes espazos públicos de coñecemento, máis polo miúdo a consulta aos catálogos e aos fondos dixitalizados”. O informe, por certo, tamén achega datos de valor sobre o equipamento material e humano das bibliotecas galegas, salientando as “novas perspectivas” que se abren co mundo dixital. No lado negativo, infórmase, baixan os usuarios.
A fonte da que se nutre a investigación procede da Estadística de Bibliotecas. do Instituto Nacional de Estadística que se realiza dende 1959. O ámbito de investigación confórmano todos os centros do territorio español, “calquera que sexa a súa dependencia administrativa”, a excepción das privadas cuxa utilización non estea permitida ao público e aos estudantes.
Volvendo ás cifras propiamente ditas e facendo fincapé naquelas que atinxan ás novas tecnoloxías, sinalar que no informe indícase que no conxunto do Estado o número de visitas ás páxinas web das bibliotecas medraron un 50,8% entre 2002 e 2014. Con respecto a Galicia, o ano 2014 foi o que rexistrou o maior número de visitas ás paxinas web das bibliotecas nesta serie histórica. Así, infórmase, “en 2002 superáronse os 2,4 millóns de consultas, pero en 2014 xa se acadaron case os 20 millóns”. Polo tanto, as visitas aos sitios en liña da nosa terra incrementáronse entre 2002 e 2014 máis dun 700%. En consecuencia, Galicia é a terceira comunidade despois de Madrid e Catalunya onde máis consultas se fixeron ás páxinas das bibliotecas en 2014.
Na investigación tamén se di que os servizos que máis se empregan á hora de consultar as páxinas web das bibliotecas son a consulta aos catálogos e desde 2012, “coa dixitalización dos fondos e a posibilidade de acceder a eles dende Internet”, tamén son un servizo empregado polos usuarios e usuarias das bibliotecas. Na nosa terra 135 bibliotecas recibiron visitas por Internet para consultar os seus fondos e 291 para consultar o catálogo.
Por outra banda, un 85,3% das bibliotecas galegas contan con acceso de balde a Internet e un 69% ofrécenlles Wi-Fi aos e ás súas usuarias. A incorporación de computadores e terminais informáticos aumentou “progresivamente” nos últimos oito anos, constátase no estudo da CCG, que engade que son maioría os de uso público exclusivo, “aínda que tamén contan cun volume importante de ordenadores para xestión interna”.
No que atinxe ao número de préstamos domiciliarios, confírmase “un aumento progresivo destes entre os anos 2006 e 2012”, agás no caso dos documentos sonoros, “cuxa demanda xa empeza a decaer en 2010”. No informe engádese que “esta tendencia de crecemento invértese en 2014, ano en que o número de préstamos baixa, sobre todo os documentos audiovisuais, seguidos dos sonoros e dos libros”. Iso si, a partir de 2010 irrompen “con forza” os libros, xogos e outros documentos electrónicos. O medre do préstamo domiciliario no caso dos libros electrónicos en 2014 foi “moi alto”, reflicte o CCG.

A edición 2016 de Lingua de Namorar xa ten as súas mensaxes gañadoras

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de informar da resolución da edición 2016 do concurso de mensaxes de amor en galego, Lingua de Namorar. Trátase, como lembraremos, dun certame dirixido a mozas e mozos de idades comprendidas entre os 14 e os 35 anos, impulsado por Política Lingüística xunto coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e cuxo obxectivo é o de “animar ao emprego da lingua galega entre a xente nova para as súas relacións interpersoais e atendendo ás principais ferramentas actuais da comunicación xuvenil”. Ou sexa, a mensaxería instantánea que vén da “man” das novas tecnoloxías. Como lembraremos, a idea fundamental é fomenta entre a mocidade o uso do idioma galego como lingua útil, axeitada e normal para todos os momentos da vida.
Mensaxes premiadas na categoría A
Trala deliberación do xurado, resultaron gañadoras da categoría A, de entre as 59 mensaxes que recibiron dúas ou máis votacións dos usuarios e usuarias, as seguintes mensaxes:
1º premio: Nese intre, Sabela Domínguez Souto (Verín, Ourense)
Cando estaba a piques de botarme a perder, gañeite.
2º premio: A perda de tempo, Sara Caride Blanco (Cambados, Pontevedra)
Preciso que asentes o meu futuro no teu peito. E estánsenos adiantando as caricias que non nos demos. Estánsenos contruíndo os amenceres de insomnio. Estánsenos mudando as incertezas. Estásenos perdendo o tempo que non pasamos xuntos.
3º premio: Por fin!, Xeila Rey Cambados (Vilanova de Arousa, Pontevedra)
Se ten que chegar ese día chegará, eu mentres sigo agardando, agardando por ese momento, ese instante, ese abrazo, ese sorriso, e ese "por fin" saíndo da miña boca.
Mensaxes premiadas na categoría B
Trala deliberación do xurado, resultaron gañadoras da categoría B, de entre as 51 mensaxes que recibiron catro ou máis votacións dos usuarios e usuarias, as seguintes achegas:
1º premio: De laranxas e grelos, Alba Dono Costoya (Ordes, A Coruña)
O mundo cheo de laranxas e eu por aquí a buscar o meu medio grelo, que beba da terra, o alente un orballo e me queira en galego.
2º premio: Percepción, Clara Presedo Rama (A Coruña)
Reparei no seu cabelo, ríndose da gravidade. Examinei a súa mirada, maina e reconfortante. Fiquei observando os seus beizos, cortados polo frío, vermellos coma o sangue. Seguín polas súas mans encarnadas, onde as veas protagonizaban historias e, para o meu pesar, parpadexei. Cando as miñas pestanas se abriron, aquel asento do tren olloume baleiro.
3º premio: Sen batería, Juan Manuel Sánchez Pardo (A Coruña)
Pum-pum, pum-pum noto que o meu peito se estremece
Cando agardo para verte de novo, calquera problema se esquece
Pum-pum, pum-pum
O meu corazón
treme, e treme cal batería
Que por certo teño ao 3% a do móbil, e dedícoa nestas liñas, hoxe é o día, nun intre collo e chamo
penso confesarche que hai tempo que te am___
BATERÍA ESGOTADA
Premios
Polo que respecta aos galardóns buscouse que fosen “acordes co espírito e coa temática do certame”. Ou sexa, tecnoloxías ao servizo da literatura e da creación artística. Son tres premios por cada unha das categorías. Na modalidade A (de 14 a 19 anos) o primeiro galardón é un smartphone ZTE de 16 GB, o segundo un dron Airis con cámara de vídeo VGA e o terceiro unha torre de son Bluetooth. Na categoría B (de 20 a 35 anos) o primeiro premio consiste nunha cámara réflex Canon EOS 1200D de 10 Mpíxeles, o segundo un smartwatch SPC Gold e o terceiro un disco duro externo Toshiba de 1TB de capacidade.

Por que hai 229.000 galegos que din estar nada ou pouco satisfeitos da súa vida?

Esa é a cifra de persoas que, segundo a enquisa estrutural a fogares galegos, se ubica entre o 0 e o 4 ante a pregunta do seu nivel de satisfacción, sendo 0 nada satisfeito e 10 plenamente satisfeito. Idade, estudos, ingresos, sexo... todo inflúe.

Arrinca esta segunda feira a Semana de Filosofía

Esta segunda feira, 28 de marzo, comeza a XXXIII edición da Semana da Filosofía de Pontevedra, que nesta ocasión analizará a política e o TTIP e que terá lugar no Teatro Principal da cidade.

A Semana da Filosofía, que organiza a Aula Castelao, comezará coa palestra “Política e vulnerabilidade”, a cargo de María Xosé Agra Romero, catedrática da USC, que dará paso na xornada da tarde ao relatorio “O suxeito político e a cuestión nacional”, do filósofo Francisco Sampedro. Á xornada inaugural poralle fin a intervención “Soberanías, representación e discurso para unha revolución democrática” de Antonio Baños, xornalista, escritor e cabeza de lista da CUP nas últimas eleccións ao Parlament catalán.
Terza feira
Na terza feira, Concha Roldán, do Instituto de Filosofía do CSIC, abordará a palestra “Crise, adelgazamento e deformación dos conceptos ético-políticos” e o economista e colaborador do semanario Sermos Galiza Aleixo Vilas disertará sobre “Consecuencias económicas do rol dependente da Galiza no Estado español no marco da UE”. A continuación, intervirá Ricardo García Zaldívar, cunha palestra que leva por título “Paremos el TTIP”.
Cuarta feira
A cuarta feira comezará coa conferencia “Política en movemento. Movementos sociais e soberanía”, a cargo do profesor Arnau Matas Morell, e continuará coa palestra do xeógrafo Rubén Camilo Lois “A desarticulación da sociedade galega; territorio, migración, destrución do sistema produtivo e dos mecanismos de cobertura social”. Tamén intervirá o xornalista e politólogo Alberto Cruz co relatorio “Eurasia como eixo do século XXI”.
Quinta feira
O papel da esquerda e do seu novo papel abordarase na quinta feira, cando o catedrático de Filosofía Política da Universitat de Barcelona José Manuel Bermudo interveña coa palestra “Definición de esquerda e análise da situación”. Tamén participarán o día 31 a filóloga Helena Miguélez, que falará de “Oito apelidos de rexións escasamente romanizadas: Cultura da Transición e conflito colonial interno no Estado español” e a politóloga Ángeles Diez, autora do relatorio “A mediocracia, a banalización da política e o show electoral”.
Sexta feira
Na derradeira sesión, o día 1 de abril, intervirán Juan García Morán, profesor da Uned, coa súa palestra “Pensar a política emancipatoria despois da postmodernidade” e o economista Xosé Doldán coa palestra “Políticas enerxéticas e ambientais na Galiza: metabolismo socioeconómico e conflitos sociais”. A clausura correrá a cargo da escritora e profesora Laura Mintegi Lakarra, que fora candidata á presidencia de Euskadi por EH Bildu.
Revisión de conceptos fundamentais da política
Mercedes Moreno, coordinadora xeral da Semana, sinalou na presentación da Semana da Filosofía que “os acontecementos dos últimos anos, tanto no noso país, como en Europa, e incluso alén das fronteiras europeas, invitan a revisar os conceptos fundamentais da política desde unha perspectiva independente e multidisciplinar”.
Esta tarefa é a que abordará a nova edición de reflexión filosófica na que tamén se revisarán “conceptos proceden do mundo antigo, de Grecia, que cumpriron xa hai tempo os dous mil anos: política, democracia, liberdade, cidadanía”.

Galiza: vivir a deshora

Este domingo, como todos os derradeiros domingos de marzo, volve cambiar a hora. Ás 2h serán as 3h. Esta mudanza de horario volve pór de actualidade o desfase horario que padece o país, o segundo maior desfase do mundo despois da China.