O Observatorio do Consello da Cultura Galega vén de
presentar os resultados dunha investigación no que se avalía a
actividade das bibliotecas e se afonda na pegada que está a deixar
nelas o afianzamento das novas ferramentas de comunicación e
información. Asemade, estúdase a influencia que teñen na contorna
social onde se emprazan, facendo comparativas entre comunidades.
Segundo
se desprende do novo Documento de Traballo do Observatorio
(Estatísticas de bibliotecas) “medrou de xeito
considerábel o número de visitas virtuais a estes espazos públicos
de coñecemento, máis polo miúdo a consulta aos catálogos e aos
fondos dixitalizados”. O informe, por certo, tamén achega datos de
valor sobre o equipamento material e humano das bibliotecas galegas,
salientando as “novas perspectivas” que se abren co mundo
dixital. No lado negativo, infórmase, baixan os usuarios.
A
fonte da que se nutre a investigación procede da Estadística de
Bibliotecas. do Instituto Nacional de Estadística que se realiza
dende 1959. O ámbito de investigación confórmano todos os centros
do territorio español, “calquera que sexa a súa dependencia
administrativa”, a excepción das privadas cuxa utilización non
estea permitida ao público e aos estudantes.
Volvendo
ás cifras propiamente ditas e facendo fincapé naquelas que atinxan
ás novas tecnoloxías, sinalar que no informe indícase que no
conxunto do Estado o número de visitas ás páxinas web das
bibliotecas medraron un
50,8%
entre 2002 e 2014. Con respecto a Galicia, o ano 2014 foi o que
rexistrou o maior número de visitas ás paxinas web das bibliotecas
nesta serie histórica. Así, infórmase, “en 2002 superáronse os
2,4 millóns de consultas, pero en 2014 xa se acadaron case os 20
millóns”. Polo tanto, as visitas aos sitios en liña da nosa terra
incrementáronse entre 2002 e 2014 máis dun 700%. En consecuencia,
Galicia é a terceira comunidade despois de Madrid e Catalunya onde
máis consultas se fixeron ás páxinas das bibliotecas en 2014.
Na
investigación tamén se di que os servizos que máis se empregan á
hora de consultar as páxinas web das bibliotecas son a consulta aos
catálogos e desde 2012, “coa dixitalización dos fondos e a
posibilidade de acceder a eles dende Internet”, tamén son un
servizo empregado polos usuarios e usuarias das bibliotecas. Na nosa
terra 135 bibliotecas recibiron visitas por Internet para consultar
os seus fondos e 291 para consultar o catálogo.
Por
outra banda, un 85,3% das bibliotecas galegas contan con acceso de
balde a Internet e un 69% ofrécenlles Wi-Fi aos e ás súas
usuarias. A incorporación de computadores e terminais informáticos
aumentou “progresivamente” nos últimos oito anos, constátase no
estudo da CCG, que engade que son maioría os de uso público
exclusivo, “aínda que tamén contan cun volume importante de
ordenadores para xestión interna”.
No
que atinxe ao número de préstamos domiciliarios, confírmase “un
aumento progresivo destes entre os anos 2006 e 2012”, agás no caso
dos documentos sonoros, “cuxa demanda xa empeza a decaer en 2010”.
No informe engádese que “esta tendencia de crecemento invértese
en 2014, ano en que o número de préstamos baixa, sobre todo os
documentos audiovisuais, seguidos dos sonoros e dos libros”. Iso
si, a partir de 2010 irrompen “con forza” os libros, xogos e
outros documentos electrónicos. O medre do préstamo domiciliario no
caso dos libros electrónicos en 2014 foi “moi alto”, reflicte o
CCG.
Ningún comentario:
Publicar un comentario