Os peches rematan logo de 23 días reivindicando máis profesores e a loita "contra un ensino precario"Os representantes da asemblea formada en Filosofía aseguran que, logo de analizar con detalle a situación do seu centro, faltan como mínimo tres profesores. Deste xeito, os demais docentes están obrigados a impartir materias nas cales non son especialistas. Agradecen que os profesores intenten dar as clases o mellor que poden, mais moitas veces isto non é suficiente para suplir as carencias que teñen. Porén, desde Filosofía advirten que a escaseza de profesorado é aínda máis grave en Maxisterio, onde se viron obrigados mesmo a cambiar completamente os horarios das clases. Os alumnos falan de 24 docentes menos en Maxisterio e tan só 5 contratacións para cubrir un total de 12 xubilacións en Filosofía.
Durante estas catro semanas de peche, as actividades culturais cobraron gran relevancia na facultade da Praza de Mazarelos. Dende a proxección de diferentes documentais e filmes, a organización de coloquios e debates sobre temas diversos, ata un pequeno concerto na entrada do centro do grupo Poetarras.
Pero non só se tratou de facer un peche para fomentar as actividades lúdicas e culturais entre o estudantado de Filosofía. A celebración de asembleas diarias, normalmente ás 21.30, eran esenciais para a organización das protestas e das reclamacións que se estaban a levar a cabo. Á marxe destas xuntanzas, celebrouse unha asemblea aberta a todos os estudantes da Universidade que quixeran participar e amosar a súa solidariedade coa causa. Máis de 200 persoas encheron Mazarelos segundo os organizadores.
Máis de 200 persoas xuntáronse en Mazarelos para unha asemblea aberta a todos os estudantes da USCA mobilización e o apoio logrado polas protestas provocou que o reitorado convocase unha reunión coas partes implicadas que se celebrou o pasado mércores 16 de marzo. Pero o reitor, Juan Viaño Rey, non acudiu senón que foi un dos seus vicerreitores o que se presentou na reunión, unha ausencia ante a que os alumnos das facultades afectadas protestaron concentrándose na Praza do Obradoiro.
A ausencia do reitor na xuntanza aceptada pola USC provocou novas protestas entre o estudantadoAo tempo, representantes das asembleas reuníanse co vicerreiro, aínda que o resultado da xuntanza non foi o agaradado. En declaracións a Praza, os estudantes de Filosofía afirmaron que a reunión foi un fracaso pois “as queixas e as peticións foron declinadas ou obviadas". "Quixeron facernos ver que as nosas esixencias estaban xa cumpridas ou non eran suficientemente relevantes”.
"Quixeron facernos ver que as nosas esixencias estaban xa cumpridas ou non eran suficientemente relevantes”Aínda así, a Asemblea de Filosofía decidiu abandonar o peche despois de 23 días entre os muros da facultade. Con todo, afirman que este non é a fin da mobilización estudantil e que agora comeza outra etapa diferente con novas actividades. Tal e como describen, a construción deste modelo asembleario e a creación de novos lazos de apoio "xa é unha gran vitoria do estudantado de Filosofía". E aínda que a fatiga se lles note a todos na faciana, din que non pensan parar ata que se cumpran todas as súas esixencias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario