A Dirección
Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado porá en marcha nas vindeiras
semanas un novo servizo de videochamada para que os mozos e mozas poidan
asesorarse e formular as súas consultas aos profesionais do Quérote+, o que até
agora podía facerse de forma presencial, telefónico, en liña ou por mensaxería
instantánea (WhatsApp ou Telegram) e agora tamén poderase
facer a través de videochamada por Skype e Hangouts.
A directora
xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, probou hoxe
este novo servizo cunha videoconferencia dende o Espazo Xove de Vilagarcía coas
oficinas en Lugo do Quérote+. O servizo estará a proba durante tres meses, nos
que se testeará e se mellorará o protocolo de atención para unha maior eficacia
e unha mellor atención aos usuarios. Durante estes meses, o servizo estará
dispoñible os luns, mércores e venres en horario de 9:30 a 14:00 horas e as
tardes dos luns e dos mércores de 16:30 a 19:00 horas.
A
videochamada permite o acceso ao servizo de atención ás mozas e aos mozos que teñan
dificultade para achegarse de xeito presencial a un dos centros Quérote+.
Permite unha comunicación directa, a tempo real, verbal e non verbal, o que
permite un asesoramento máis personalizado.
Deste xeito
as barreiras físicas que poden supor unha limitación de acceso ao recurso
quedan anuladas e permítese que o servizo sexa accesible a un maior número de mozos,
máis homoxéneo e igualitario entre toda a mocidade galega.
O contacto
por Skype realízase a través do usuario Quérote+
Videochamada e para empregar a videochamada a través de Hangouts deberase
buscar o usuario querotemais.videochamada@gmail.com.
As vías de
consulta dixitais, como a de consulta en liña e a de mensaxería instantánea,
son unhas das máis empregadas. No ano 2015 recibíronse 1.267 consultas on-line,
un incrmento do 3,85% en relación ao ano anterior, e 712 consultas a través de
WhatsApp e Telegram, un 20,30% máis que no ano 2014.
Ningún comentario:
Publicar un comentario