A débeda pública de Galiza volveu marcar un
novo récord en 2015, ano que pechou con 10.375 millóns de euros de
pasivo acumulado, unha cifra que supón o 18,6% do PIB do noso país.
Aumentou a débeda pública un 4% ao longo do ano pasado, por baixo da
media do conxunto de autonomías.
A débeda pública de Galiza bate récords baixo o mandato de Núñez Feijóo. En 2015 supuxo o 110% da débeda pública galega que había en 2009, ano no que o PP retornou á Xunta, e que era de 4.859 millóns. Unha débeda que entón supuña o 8,6% do PIB galego, 10 pontos menos que o que representa na actualidade.
O 2014 xa se despediu deixando unha débeda pública galega a niveis de récord, 9.961 millóns de euros (18% do Produto interior bruto), mais esa cifra foi superada xa no 2015. Cada galego soporta unha media de 3.733 euros por débeda autonómica (cifra que se dispara a máis de 9.000 de se lle sumar outros pasivos: do estado, concellos...). Antes da chegada de Núñez Feijóo, esa débeda autonómica per cápita que agora é de 3.733 euros era de 1.756 euros. Dous mil euros menos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario