Hai un dato que ilustra ben a desigual
relación entre o ensino público e o privado-concertado na Galiza: nos
últimos catro anos, naquel fechaban 327 unidades educativas, mentres
este abría un total de 215. Un goberno conservador e privatizador, o
presidido por Alberto Núñez Feijóo, está a cumprir o
seu programa e faino, aliás, contra a vontade dunha parte moi
maioritaria da comunidade escolar, como mostra a reportaxe que asina Cristian López no número desta semana do Sermos Galiza.
A ofensiva privatizadora tivo un fito indiscutíbel coa aprobación na pasada lexislatura da LOMCE, unha lei que, alén de atentar contra o ensino público, bate tamén contra as competencias de Galiza na materia. Antes da LOMCE era obriga da administración garantir a oferta de prazas públicas. Agora abonda con que ofereza escolarización, con independencia de se é en centros públicos ou concertados-privados.
Mais non é só negocio o que ve o PP no ensino. Ve tamén unha ferramenta de adoutrinamento social e de españolización. Seis de cada dez centros concertados teñen ideario relixioso ou pertencen directamente á Igrexa católica, entre eles aqueles propiedade do Opus Dei que segregan o alumnado por razón de sexo. E, como sabemos, na escola concertada a presenza do galego é residual, anulado polo español e pola emerxencia da lingua inglesa.

Os dados mostran de forma clara que o ensino privado vive na Galiza e no Estado grazas ás subvencións públicasEn realidade, os dados mostran de forma clara que o ensino privado vive na Galiza e no Estado grazas ás subvencións públicas, o que non deixa de ser un paradoxo, tendo en conta a existencia de innúmeras necesidades -en boa parte provocadas pola redución do número de profesoras e profesores- por cubrir nos centros públicos. Desaténdense esas necesidades e, en troca, destínanse cuantiosísimos recursos -246 millóns de euros anuais- ao ensino concertado. A política é unha cuestión de tomar partido. E está claro que o PP, desde o goberno do Estado e desde o da Xunta, tomouno a prol da consideración do ensino como un negocio para o capital privado.
Mais non é só negocio o que ve o PP no ensino. Ve tamén unha ferramenta de adoutrinamento social e de españolización. Seis de cada dez centros concertados teñen ideario relixioso ou pertencen directamente á Igrexa católica, entre eles aqueles propiedade do Opus Dei que segregan o alumnado por razón de sexo. E, como sabemos, na escola concertada a presenza do galego é residual, anulado polo español e pola emerxencia da lingua inglesa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario