Após a reclamación da CIG-Ensino, Educación recolle a participación do profesorado de lingua galega nos cursos PIALE. Máis un paso para dar cumprimento ao previsto na Lei Paz Andrade, aprobada por unanimidade no Parlamento da Galiza.
O profesorado de lingua galega poderá acceder
a formación en portugués. Anxo Louzao, Secretario Nacional da
CIG-Ensino, lembra que o sindicato nacionalista reclamou “ano tras ano
que se modificase a Orde de xeito que se permitise o acceso do
profesorado de galego a estes cursos, pois ten a titulación e a
formación axeitada para impartir a materia. Desfaise unha inxustiza,
porque este profesorado é o que está a impartir a materia de portugués
até agora e, porén, non se lle permitía acceder á formación nesta
lingua, o que non tiña ningún tipo de xustificación”
Por outro lado, a Consellaría incrementou a oferta de prazas para formarse en portugués, de acordo tamén co que pedirá CIG-Ensino, quen insistía na necesidade deste incremento para dar cumprimento á Lei Paz Andrade aprobada por unanimidade no Parlamento galego.
Con todo, a CIG-Ensino volveu manifestar o seu desacordo cunha formación en linguas que a Consellaría utiliza como i”nstrumento para potenciar os centros plurilingües e as seccións bilingües, dentro do seu deseño de potenciar a lingua inglesa en detrimento da nosa linguas propia”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario