Os responsábeis do proxecto Ágora-Tecnoloxía, do
que falamos onte para informar das súas sete actividades formativas
TIC desenvolvidas nos nosos campus (destinadas a achegar aos
nosos maiores ás principais ferramentas, servizos e dispositivos),
veñen de pór en marcha portal específico do programa,
canalsenior.es/agora-tecnologia.
O obxectivo da Federación Galega de Asociacións Universitarias
Sénior é facer confluír, na devandita web, “todos os contidos,
ferramentas, documentación e manuais que os estudantes sénior
poidan precisar”. Segundo engaden, trátase “dunha plataforma en
liña de difusión e formación na que se combinan modalidades
tradicionais presenciais con modalidades dixitais”.
Búscase ao seu abeiro crear “un novo modelo de
acceso ao coñecemento baseado na innovación e a aplicación de
novas tecnoloxías co fin de potenciar a creación dun ecosistema do
ensino que se erixa nun referente estatal”.
Neste portal, os participantes nas actividades
formativas TIC para maiores de Ágora-Tecnoloxía poden concorrer nos
cursos de xeito virtual ou documentarse directamente cos contidos
almacenados dos obradoiros celebrados, amais de ter acceso aos
“vídeo-cursos” subministrados pola Fundación Vodafone. A canle,
ademais, ten a vantaxe de ser de utilidade tanto para os estudantes
que estean inscritos nos programas para maiores das universidades
galegas como para calquera internauta interesado nestas materias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario