O Foro económico de Galiza prevé que aumente por volta dun 2,5%, mentres que a media estatal estará nun 3%
A economía galega medrará en 2016 un 2,5%,
novamente por baixo da media española, que se prevé que neste ano sexa
de por volta do 3%. É o cálculo do Foro económico de Galicia, que
considera que vai ser “moi difícil” que o PIB galego acade o nivel de
incremento do español, se ben si que recoñece que vai haber un
achegamento entre ambas as dúas. O Foro predixo con éxito o medre da
economía galega en 2015 (un 2,1%), que goi un punto por baixo da
española (3,1%).
Manufactura e construción
A industria manufactureira e maila construción son as actividades principais que mellor están a medrar en Galiza, segundo os datos do Informe do Foro Económico de Galicia. O PIB industrial medra no 2015 un 4,6% e o da construción o fai nun 3,7%, o que permite un aumento do PIB de Galiza do 2,1% no conxunto do ano. O investimento, medrou nun 5,8% durante o ano pasado.
A perda de poboación activa en Galiza foi do 5,5% en sete anosGaliza, pois, segue a medrar por baixo da media española, algo que xa acontecera en 2014, cando o PIB galego aumentara un 0,4% mentres que o español medrou 1,4%, un punto máis. Naquela altura, diversos economistas e organismos, como o propio Foro Económico de Galiza, advertiran do risco de “desconexión” cunha economía galega a ficar por detrás da española. O consumo e o investimento público son os factores que están detrás do medre do PIB español, segundo indican desde o Instituto nacional de estatística. O consumo aumentou un 3% o ano pasado no Estado e o investimento subiu por riba do 6%.
Manufactura e construción
A industria manufactureira e maila construción son as actividades principais que mellor están a medrar en Galiza, segundo os datos do Informe do Foro Económico de Galicia. O PIB industrial medra no 2015 un 4,6% e o da construción o fai nun 3,7%, o que permite un aumento do PIB de Galiza do 2,1% no conxunto do ano. O investimento, medrou nun 5,8% durante o ano pasado.
En 2014 e 2015 a economía galega medrou por baixo da españolaA análise pon en contexto a redución da taxa de desemprego (19,3%): mellora a ocupación (+2% de afiliacións de traballadores á SS), mais tamén segue baixando perigosamente a poboación activa galega: pérdense 13.000 activos no 2015, logo de caer en 68.900 entre 2008-14, o que representa unha perda de poboación activa do 5,5% en sete anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario