Demanda a norma por vulnerar os dereitos fundamentais recollidos no Convenio Europeo para a protección dos dereitos humanos.
A Academia presentará unha demanda perante o
Tribunal Europeo de Dereitos Humanos contra o decreto 79/2010 para o
plurilingüismo no ensino non universitario, coñecido popularmente como
decretazo. Faráo como "novo paso" na "defensa" dos dereitos lingüísticos
das crianzas en idade escolar e por encomenda "de nais e pais", segundo sinalou nun comunicado de imprensa a institución após o acordo plenario adoptado o 17 de marzo.
Desde as familias e a Academia sinalan que "despois de cinco anos de aplicación comprobamos que a norma vulnera o dereito a ser iguais dos nosos fillos e fillas con independencia da lingua" e "afonda na desigualdade histórica" o que "conduce a enormes dificultades para exercer o dereito a falar galego, e a levar unha vida en galego como persoas adultas". Imposibilidades que, sinalan, "son imposíbeis de superar para nenos e nenas en idade escolar aos que se lles transmite a idea de que a súa lingua non é útil", recolle a carta remitida por familiares á RAG.
Foron familias de crianzas en idade escolar as que reclamaron que a Academia continuase adiante na defensa dos dereitos lingüísticosSegundo a RAG o decreto 79/2010 e "varias das decisións tomadas ao longo do procedementos xudiciais seguidos contra esta norma ante o TSXG, o Tribunal Supremo e o Tribunal Constitucional" vulneran "os dereitos fundamentais recollidos no Convenio Europeo para a protección dos Dereitos Humanos".
Desde as familias e a Academia sinalan que "despois de cinco anos de aplicación comprobamos que a norma vulnera o dereito a ser iguais dos nosos fillos e fillas con independencia da lingua" e "afonda na desigualdade histórica" o que "conduce a enormes dificultades para exercer o dereito a falar galego, e a levar unha vida en galego como persoas adultas". Imposibilidades que, sinalan, "son imposíbeis de superar para nenos e nenas en idade escolar aos que se lles transmite a idea de que a súa lingua non é útil", recolle a carta remitida por familiares á RAG.
As familias e a propia Academia sinalan que após 5 anos de aplicación o decreto "vulnera os dereitos" das persoas galegofalantesNeste senso, a Academia sinala que "desde a súa aprobación" decidiron "esgotar todas as vías xudiciais contra unha norma que infrinxe a legalidade, lesiona os dereitos das persoas galegofalantes e está en flagrante contradición co compromiso que o Reino de España suscribiu ao asinar a Carta europea de linguas rexionais e minoritarias". Destarte, lembran que "o propio Consello de Europa manifestou o pasado mes de xaneiro a súa preocupación polo efecto negativo da "redución gradual" do galego no ensino de Galiza". Unha valoración recollida no informe elaborado a respeito da aplicación da Carta e no que se subliña que no ensino infantil o galego só está presente no 6,57% das poboacións con máis de 50 mil habitantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario