Esa é a cifra de persoas que, segundo a enquisa estrutural a fogares galegos, se ubica entre o 0 e o 4 ante a pregunta do seu nivel de satisfacción, sendo 0 nada satisfeito e 10 plenamente satisfeito. Idade, estudos, ingresos, sexo... todo inflúe.
Somos un país de xente satisfeita coa súa
vida. Así, en xeral. De cada 10 galegos, 6 din estar entre bastante e
plenamente satisfeitos. Tres andan aí-aí, abalando entre a fina
fronteira que vai dun pouquiño insatisfeitos a unha migiña satisfeitos. E
só un de cada dez afirma estar pouco ou nada satisfeito coa súa vida.
Así se recolle no capítulo de 'Capital social: Benestar' da Enquisa estrutural de fogares do IGE.
Porcentaxes que trasladadas a cifras apontan a que hai 229.000 galegos
que non están moi contentos coa súa vida, 722.000 que están entre que si
e que non, e máis de 1.400.000 que están satisfeitos.
Tamén, e segundo este barómetro, o nivel de estudos inflúe na satisfacción coa vida que un ten. As porcentaxes de satisfacción máis altas están entre os que teñen estudos superiores, un 70% ubícanse entre o 7 e o 10. Nesa puntuación só se sitúan o 50% dos que teñen estudos primarios ou non os teñen. Por contra, mentres que o 12,6% das persoas sen estudos ou con estudos primarios din estar pouco ou nada satisfeitos coa súa vida, esta porcentaxe cae ao 6,3% entre os que cursaron estudos superiores.
Os cartos non dan a felicidade? O 71% das persoas que gañan máis de 3.000 euros/mes din estar bastante ou moi satisfeitas coa súa vida. Entre os mileuristas, esta porcentaxe é do 45%Nesta enquisa hai moitos factores e variábeis que poden axudar a entender esa satisfacción, que poden influír ou condicionar a mesma, fóra determinismos. Así, unha visita aos parámetros de idade amosa que entre aqueles que teñen de 16 a 29 anos o 68% están bastante ou plenamente satisfeitos coa súa vida, mentres que apenas un 6,6% din estar pouco ou nada satisfeitos. Se elevamos o listón de anos até os que teñen 65 ou máis, o resultado é que o 9,6% se sitúa entre o 0 e o 4 nunha escala do 0 ao 10 (0 nada satisfeito e 10 plenamente satisfeito) mentres que do 7 ao 10 hai aínda unha boa porcentaxe, o 56%.
Tamén, e segundo este barómetro, o nivel de estudos inflúe na satisfacción coa vida que un ten. As porcentaxes de satisfacción máis altas están entre os que teñen estudos superiores, un 70% ubícanse entre o 7 e o 10. Nesa puntuación só se sitúan o 50% dos que teñen estudos primarios ou non os teñen. Por contra, mentres que o 12,6% das persoas sen estudos ou con estudos primarios din estar pouco ou nada satisfeitos coa súa vida, esta porcentaxe cae ao 6,3% entre os que cursaron estudos superiores.
Só o 6,3% dos galegos con estudos superiores afirma que está pouco ou nada satisfeito coa súa vida. Entre os galegos con estudos primarios ou sen estudos son o duplo, 12,3%Se o criterio que empregamos é o intervalo de ingresos mensuais por fogar, vemos como iso de que os cartos non dan a felicidade non semella acaer moito cos resultados desta enquisa. A porcentaxe máis alta de persoas bastante ou moi satisfeitas coa súa vida atopámolas entre as que gañan máis de 3.000 euros mensuais (o 71%). Entre os que ingresan de 2.000 a 2.500 euros mensuais ese nivel de satisfacción anda no 64%. E a medida que baixan os tramos de ingresos, vai caendo o número de persoas moi satisfeitas coa súa vida. Por baixo de 1.000 euros din partillar ese estado de satisfacción o 45%, mentres que o 19% opta por un pouco ou nada satisfeito (un sentimento que só comparte menos do 5% dos que gañan máis de 3.000 euros mensuais).
Ningún comentario:
Publicar un comentario