Só o ano pasado marcharon unha media de 6 licenciados universitarios cada día.
Automoción e téxtil son dous dos sectores alicerces nas estatísticas das exportacións galegas. Mais hai outra exportación, que non figura neses balances, embora levar décadas a sufrila e que marca e condiciona Galiza como ningunha outra: a de persoas.Con efeito, nos últimos cinco anos marcharon do país máis de 53.000 persoas mozas, e delas perto de 12.000 eran tituladas universitarias. Só en 2015 tiveron que coller as malas para deixar Galiza algo máis de 2.200 licenciados universitarios, o que supón unha media de 6 cada día.
Non é un fenómeno novo no noso país. Entre 2003 e 2010 marcharon para ter traballo noutro territorio do Estado máis de 315.000 galegos. O 45% non pasaban dos 30 anos de idade. E por volta duns 20.000 eran universitarios con menos de 20 anos de idade. Madrid e Catalunya foron, con diferenza, os territorios do Estado que máis se beneficiaron desta emigración galega, quer na anterior década quer no presente.
Só en 2015 tiveron que coller as malas para deixar Galiza algo máis de 2.200 licenciados universitarios, o que supón unha media de 6 cada díaSó durante 2014 marcharon 10.200 persoas de Galiza ao estranxeiro e 19.200 a outros puntos do Estado. No 2015, o número de galegos emigrados ao estranxeiro foi de 20.812, aos que hai que engadir os que marcharon para outros territorios do Estado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario