O encontro na USC terá lugar no Salón de Actos da Facultade de Medicina coordinado por cuarto ano consecutivo polo Grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Párkinson. Está prevista a asistencia de máis de 250 alumnos e profesores dos centros Rosalía de Castro, Antón Fraguas, Peleteiro e Compañía de María.
UniStem Day 2016 inaugurarase ás 9.00 horas nun acto no que participan a vicerreitora de Investigación e Innovación da USC, Isabel Rodríguez-Moldes; o decano de Medicina e Odontoloxía, Jesús Gestal Otero; e o director do Departamento de Ciencias Morfolóxicas e do Grupo de Neurobioloxía da Enfermidade de Párkinson da USC, nodo da Rede de Terapia Celular de Galicia, José Luis Labandeira García.
Participan máis de 27.000 alumnos en 73 universidades europeasA continuación, e logo de saudar ás distintas delegacións universitarias de España, desenvolveranse catro sesións impartidas por docentes e investigadores da USC. Así, sobre o ‘abc’ das células nai falarán Ana Isabel Rodríguez e Carmen Díaz, mentres que Rita Valenzuela, Pablo Garrido e Begoña Villar explicarán cómo experimentar con elas. ‘Tres, dous, un… ¡Acción! Células nai en marcha’ é o título da charla de Ana Muñoz, Jannette Rodríguez e Juan Parga e, por último, María García, Alicia Costa e Antonio Domínguez contarán verdades e mentiras sobre elas.
A xornada rematará cun xogo de reconstrución dun órgano con células nai e a proxección do documental ‘Terapia celular: a medicina do futuro’. Preténdese deste xeito que a través de conferencias, debates, películas e eventos recreativos a xuventude descubra a investigación tendo en conta non só o contido e métodos científicos senón tamén as posibilidades creativas e divertidas que ofrece.
Na USC o UniStem conta co patrocinio de Galmedic Material, Glass Chemicals, Celta Ingenieros, Merck-Millipore, Fisher Scientific, Grupo 3, Editorial Elsevier, Red Bull e Gadis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario