Así é a nosa realidade: os centros educativos públicos están nos
límites operativos nos seus orzamentos, os cadros de persoal reducíronse
ata estarmos no mínimo posible, de tal xeito que nin cobren
axeitadamente as baixas por enfermidade dos compañeiros; a atención á
diversidade, que tamén precisa de medios económicos, ficou pouco menos
que abandonada nestes anos; as iniciativas que se saen do funcionamento
estritamente indispensábelcoutáronse totalmente e non hai cartos para
saídas, para material, mesmo moitas veces para os bens máis elementais,
calefacción, ambientes confortables, mobiliario axeitado, dotación de
novas tecnoloxías, todo se reduciu”. A Confederación de Anpas Galegas
debulla algúns dos prexuizos que xeran os recortes en Educaciónaplicados
pola Xunta de Galiza. Unhas tesoiradas que, afirman, desde a chegada de
Núñez Feijóo os orzamentos da Consellería de Educación baixaron un 33 %
dende 2009, “!deixando 680 millóns de euros no camiño”.
“Moitas anpas son requiridas para participar economicamente no mantemento dos centros escolares”
Ao tempo, apontan as familias pagan matrículas maiores nas ensinanzas
artísticas e musicais, e nas universitarias. “No ensino obrigatorio
pagamos totalmente os libros de texto; agora todas as familias copagan
os comedores escolares que antes eran gratuítos, moitas anpas son
requiridas para participar economicamente no mantemento dos centros
escolares, para achegar uns centos de euros para poder facer unha
competición deportiva ou unha exposición artística; mercamos os libros
que deben ler os nosos fillos e fillas porque as bibliotecas non teñen
dotación para se actualizar..., para nós todo o gasto incrementouse”.
“Isto é moi grave”
“Isto é grave”, afirma a Confederación. Mais hai algo peor, sin: “estase introducindo unha conciencia de abandono do público”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario