A administración autonómica e a central foron onde máis se destruiu.
Desde o ano 2010 a perda de emprego no sector
público alcanzou a 17.900 empregados, pasando dos 198.900 daquel ano
aos 181.000 cos que se fechou o 2015, segundo datos recollidos pola CIG
na Enquisa de poboación activa (EPA) e o Instituto nacional de
estatística (INE). Tan só en 2015, indica o informe da central
nacionalista, perdéronse 1.700 activos. Así, o sector público
representaba hai seis anos máis do 18% do emprego en Galiza e caeu en
2015 ao 17,7%.
Na administración central pasouse de 30.700 empregos a 27.600, mentres que na autonómica ese recorte foi de 9.600 persoas. Tamén na local perdéronse persoas traballadores (máis de 400) e nas empresas públicas e institucións financeiras (700 menos neste cinco anos). Onde aumentou foi na Seguridade Social, pasando de 2.300 en 2010 a 2.600 o ano pasado.
Maricarme López, secretaria nacional da da CIG-Administración, informaba esta semana que na comarca da Coruña, en xaneiro de 2009, había 38.423 traballadores da Xunta. Porén, en xaneiro de 2015, esta cifra descendera até as 36.809 persoas; é dicir, 1.630 traballadores menos. E iso só no que atinxe á administración autonómica.

Ningún comentario:
Publicar un comentario