luns, 25 de abril de 2011

Formalizar matrícula no FANPA COUNTRYSIDE CAMP

24abrpor NontedurmasActividades
Lista de matriculados/as no FANPA COUNTRYSIDE;

Formalización da Praza no “FANPA COUNTRYSIDE CAMP”.
Unha vez confirmada a praza, antes do 20 de maio, deberá facer chegar ben por e-mail a: actividades@nontedurmas.org ou ben por fax o número telf: 986 84 34 12 os seguintes documentos.
Ficha de inscrición que poderán descargar da páxina web en formato Word/pdf.
Fotocopia do DNI
Fotocopia da tarxeta sanitaria, os/as mozos/as deberán de levar a orixinal ao campamento.
Recibo ou certificado do secretario/a da ANPA para dar conformidade de que son socios/as da ANPA.
Resgardo do ingreso bancario (data límite 20/05/2011) O número de conta aparece na ficha.
1 Foto tamaño carné (que a leven os mozos/as o primeiro día)
Lembren os distintos prezos segundo pertenzan a un centro público ou concertado e, se son ou non socios/as da súa ANPA.

Prezos:
180 € neno/a socio/a ANPA federada
240 € neno/a non socio/a e de ANPA non federadas.
300 € neno/a Colexios concertados/privados.
IMPORTANTE: fagan o ingreso a nome do/a rapaz/a e no concepto poñan Countryside Camp.

martes, 19 de abril de 2011

O Premio Abrente de Textos Teatrais imprímelle un novo impulso á creación dramática en galego

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou na presentación do VI Premio Abrente para Textos Teatrais no Centro Comarcal do Ribeiro, no concello ourensán de Ribadavia. Durante o acto, o secretario xeral incidiu no labor de promoción da nova creación dramática en galego que está a impulsar a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) a través deste certame. Definiu a MIT e mais o Premio Abrente como “dúas realidades que fan de Ribadavia a capital do teatro galego e incidiu no labor constante e comprometido destas iniciativas coa cultura e a lingua galegas”.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1798

Política Lingüística aposta pola formación en liña para impulsar a aprendizaxe do galego entre a poboación adulta

A Secretaría Xeral de Política Lingüística iniciou os cursos en liña preparatorios para as probas de certificación de lingua galega no nivel Celga 1.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1792

Bocaberta 2010-2011 leva realizadas 600 actividades por toda Galicia para promover o uso do galego entre os máis novos

Un total de 600 actividades realizadas por toda Galicia para favorecer o uso do galego entre as franxas de idade máis novas. Este é o balance actual de Bocaberta 2010-2011, o programa co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca promover o uso do galego entre os rapaces e rapazas de 3 a 18 anos.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1799

O tradutor Opentrad incorpora novas funcionalidades na súa última actualización

O servizo vía web Opentrad, capaz de traducir textos en galego, español, portugués, inglés, francés e catalán de xeito automático, incorpora unha nova funcionalidade consistente na tradución de documentos en distintos formatos (.DOC, .DOCX, .PPTX, .XLSX, .ODT, .HTML, .XML e .TXT) mantendo o formato e estilo orixinais.

Máis información en:
http://www.codigocero.com/Opentrad-facilita-a-traducion

Xa está dispoñible o primeiro lector de libros electrónicos en galego

O lector de libros electrónicos bq Avant de Mundo Reader acaba de recibir unha actualización do seu firmware que o sitúa como o primeiro que ofrece galego, catalán e vasco como idiomas de usuario.

Máis información en:
http://www.editoresgalegos.org/gl/actualidad/novas/amosar/id/2653

Campaña de Prolingua a favor da Lei de normalización lingüística

A plataforma Prolingua presentou o 9 de abril un escrito no Rexistro da Xunta para solicitarlle ao presidente que non inste á modificación da LNL sen que haxa a mesma unanimidade que cando se aprobou en 1983. Esta campaña é a resposta dos membros de Prolingua ás declaracións dalgúns candidatos do PPdeG ás vindeiras eleccións municipais, nas cales reclaman nunha modificación regresiva desta lei.

A acción de Prolingua complétase cunha campaña de recollida de sinaturas na rede, a través da seguinte ligazón: http://prolinguagalega.org/2011/04/11/asina-en-defensa-da-lnl/

Máis información:
http://prolinguagalega.org/2011/04/09/carta-aberta-ao-presidente-da-xunta-de-galicia/
http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/un-simbolo-case-sagrado/idEdicion-2011-04-10/idNoticia-658011/
http://www.xornal.com/artigo/2011/04/11/politica/prolingua-remite-carta-aberta-feijoo-defensa-da-lei-normalizacion/2011041121554300382.html
http://www.anosaterra.org/nova/51536/prolingua-na-defensa-da-lei-de-normalizacion-linguumlistica.html
http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/indiferenza-nada/idEdicion-2011-04-13/idNoticia-659022/

luns, 4 de abril de 2011

Ops! Para que o estudantado vexa as vantaxes competitivas do galego

Cunha metodoloxía práctica e de interacción cos rapaces e as rapazas, a Associaçom Galega da Língua (Agal) desenvolve nos institutos Ops! O portugués simples, un orixinal obradoiro de 100 minutos de duración para amosarlle ao alumnado que o galego é unha vantaxe competitiva e unha entrada privilexiada para acceder ao mundo en portugués.

Máis información en:
http://agal-gz.org/blogues/index.php/ops/
http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=810&desc=ops!_para_que_o_estudantado_vexa_as_vantaxes_competitivas_do_galego

A edición en galego cae un 21,6 % en 2010

O galego recuou no negocio editorial no ano 2010. A produción de libros caeu un 21,6%; publicáronse menos títulos, 2.788, dos cales só o 51,25% están en galego.

Máis información:
http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/sinais-dun-tsunami/idEdicion-2011-03-30/idNoticia-654271/
http://www.xornal.com/artigo/2011/03/29/cultura/numero-titulos-publicados-galego-caeu-21-6/2011032923173900157.html
http://www.anosaterra.org/nova/51431/a-edicion-en-galego-no-2010-cae-un-216.html

O mundo mariño das costas de Galicia chega ás aulas a través dun documental científico en galego

O mundo mariño das costas de Galicia chega aos centros educativos da comunidade a través dun documental científico en lingua galega. Trátase d’O mar da fin do mundo. O reino dos cefalópodos, unha produción impulsada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para achegarlles aos escolares contidos curriculares propios das ciencias naturais en galego.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1770

Por que o preguntas?, nova campaña da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística

A Coordinadora Galega de ENDL presentou a campaña Por que o preguntas?, que ten como principal obxectivo que a comunidade educativa reflexione sobre os prexuízos lingüísticos existentes na sociedade arredor do idioma galego. A primeira fase da campaña consiste na difusión dun adhesivo do debuxante Fran Bueno sobre esta temática. A Coordinadora habilitou tamén un espazo web no que se irán compilando materiais didácticos e experiencias que contribúan a mudar as imaxes negativas que existen sobre o galego e o seu proceso de normalización.

Máis información en:
http://www.coordinadoraendl.org/prexuizos/index.php

Política Lingüística impulsa a transmisión familiar da lingua galega a través de materiais divulgativos

Animar os pais e as nais a introducir o galego na comunicación cos seus fillos desde os primeiros momentos. Ese é o principal obxectivo do cartafol Xeración dos Axóuxeres, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística que está pensada para acompañar as mulleres e as súas parellas durante o derradeiro tramo do embarazo.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1774
http://www.xunta.es/linguagalega/xeracion_axouxeres

Xa está dispoñible a versión en galego do Firefox 4

O galego é unha das 80 linguas nas que está dispoñible o Firefox 4, que vén cunha renovada interface con novas característica e unha gran mellora na velocidade, ademais de incluír as máis modernas tecnoloxías web.

Máis información en:
http://www.mancomun.org/no_cache/actualidade/detalledenova/nova/firefox-4-xa-esta-oficialmente-aqui-e-100-en-galego/

venres, 1 de abril de 2011

FANPA COUNTRYSIDE CAMP 2011

28 mar. por NontedurmasActividades

A Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra, quere presentarvos, por segundo ano consecutivo, o programa educativo FANPA COUNTRYSIDE CAMP, un campamento de inmersión lingüística en inglés, para os/as alumnos/as da ESO e Bacharelato dos centros da Provincia de Pontevedra.

Carta

Cronograma campamento

Cartel