martes, 28 de febreiro de 2012

PROGRAMA "INGLES EN INGLATERRA"

FANPA PONTEVEDRA info@nontedurmas.org



OLA BO DÍA

POR SE FOSE DO VOSO INTERESE

Durante más de dos décadas, el objetivo del  Grupo Ensino ha sido poner al alcance de todos  una formación especializada con los máximos niveles de profesionalización y calidad,  con un lema muy claro:         
"Porque la formación es la llave de tu futuro y nuestro compromiso eres tú"  
En este momento queremos darle información sobre  el programa de inmersión lingüística en ingles para jóvenes  “Inglés en Inglaterra”
Este programa surge ante la necesidad y demanda de aprender inglés. Hoy más que nunca esto resulta imprescindible. El ingles se ha convertido en el idioma global de la comunicación por excelencia, de manera que el aprendizaje  de este idioma ya no puede tratarse como un lujo, sino que es una necesidad evidente.
LOS  OBJETIVO DEL PROGRAMA SON LOS SIGUIENTES: 
-         Que el alumno  progrese en sus conocimientos del idioma en un entorno de INMERSIÓN TOTAL mediante el cual se desenvolverá en inglés durante toda su estancia en Inglaterra.
-         Hacer accesible este programa de inmersión, dando tranquilidad a los padres y ofreciendo a los alumnos una oportunidad única de aprender y divertirse al mismo tiempo.
-         Hacer llegar a los padres y alumnos esta información  dando todas las facilidades para que todos  puedan participar en este programa. 

Desde Ensino Formación queremos  transmitirle  que el programa "Inglés en Inglaterra" es un programa global  en el que se le da acceso al alumno para poder cubrir sus  necesidades de aprender ingles disfrutando de  una experiencia  personal enriquecedora  con compañeros de otras nacionalidades y culturas.


--
Bibiana Vilas Martinez
Área de formación continua
bibiana.vilas@ensinoformacion.comTlf. 986-891999 Fax. 986-892203
C/Ezequiel Massoni 25 Marín (Pontevedra)
AVISO LEGAL

De acuerdo con lo establecido en la Ley Orgánica 15/1999 de Protección de Datos, se le informa que su dirección de correo electrónico así como el resto de datos de carácter personal que nos facilite, entrarán a formar parte de un fichero denominado Clientes de la empresa Logística y comunicación XXI SL. cuya finalidad es el tener información de una agenda de clientes así como la gestión del servicio de su correo electrónico. Según la Ley 15/1999, se le informa que puede ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición a los datos que el titular del fichero dispone de Vd.

Si ha recibido este correo por error tipográfico o abuso informático, o si simplemente desea hacer uso de uno de los derechos expuestos, dirija su comunicación/petición al propietario del fichero por alguno de los medios referidos.

ENSINO Consultoría y Formación, Gerente Mª José Santiago Otero, C/ Ezequiel Massoni, 25 -36900 Marín- , Tlf +34 986884246, lortad@ensinoformacion.com

CONFIDENCIALIDAD. El contenido de esta comunicación, así como el de toda la documentación anexa, es confidencial y va dirigido únicamente al destinatario del mismo. En el supuesto de que usted no fuera el destinatario, le solicitamos que nos lo indique y no comunique su contenido a terceros, procediendo a su destrucción.
2 archivos adjuntos — Descargar todos los archivos adjuntos  
INFORMACION ESTUDIANTES.pdfINFORMACION ESTUDIANTES.pdf
1046 kb   Ver   Descargar  
CARTEL PDF ADULTOS PROFESIONAL.pdfCARTEL PDF ADULTOS PROFESIONAL.pdf
752 kb   Ver   Descargar  

mércores, 22 de febreiro de 2012

Premio ao labor dos servizos e equipos de normalización lingüística


08/02/2012
A Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG) acordou concederlle o seu premio anual de institucións aos servizos de normalización lingüística (SNL) dos concellos e aos equipos de normalización e dinamización da lingua (ENDL) dos centros de ensino.

Doodle para o Día das Letras Galegas 2012


09/02/2012
O Día das Letras Galegas cumpre neste 2012 50 anos e, para celebralo, Galegolab propón que Google lle dedique o seu logo (doodle) ao galego o vindeiro 17 de maio.

Nós tamén creamos!, programa de dinamización do galego e innovación educativa


13/02/2012
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou en rolda de prensa o programa Nós tamén creamos!, unha nova iniciativa para a dinamización da lingua galega e para a innovación educativa nos centros de infantil e primaria.

Curso de formación de especialistas en recollida de toponimia


14/02/2012
O Instituto de Estudos Miñoranos e mais os servizos de normalización lingüística dos concellos de Pontevedra, Ourense e Vigo organizan un Curso de formación de especialistas en recollida de toponimia, que terá lugar os días 2, 3, 9, 10, 16, 17, 23 e 24 de marzo en Vigo, Pontevedra e Gondomar.

As ferramentas lingüísticas de GalApps xa están dispoñibles para iOS


17/02/2012
GalApps, a serie de aplicacións de lingua galega para Android, permite conxugar verbos en galego, buscar o significado de termos galegos e traducir textos do galego ao español, catalán, inglés ou francés, e viceversa. Agora tamén se pode empregar en dispositivos de Apple.

xoves, 16 de febreiro de 2012

ORDE do 30 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2012.

Artigo 1. Obxecto.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas cales se rexerá a concesión da prestación familiar por fillo/a menor de tres anos así como a convocatoria destas axudas para o presente ano 2012.
Artigo 2. Persoas beneficiarias.
1. Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillos/as menores de tres anos en 1 de xaneiro de 2012 (nacidos entre o 2.1.2009 e o 1.1.2012, inclusive) e que, durante o ano 2010, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.
PDF - 584.5 KBhttp://www.nontedurmas.org/IMG/pdf/MENORES_3.pdf
Orde

mércores, 8 de febreiro de 2012

Xuntanza dos equipos de normalización co novo secretario xeral de Política Lingüística

Nun clima de diálogo franco e cordial, a CGENDL expúxolle a Valentín García a que consideraban urxente necesidade de mudar a política levada até o momento polo seu departamento para que se comecen a executar políticas de normalización lingüística realmente efectivas.
Pola súa banda, Valentín García mostrou a súa vontade de diálogo permanente coa coordinadora, así como o seu apoio ao proceso de normalización da nosa lingua. No apartado de compromisos concretos, afirmou que pretendía intensificar o labor dos coordinadores provinciais da administración no asesoramento aos equipos e que desexaba ter en conta as súas propostas no deseño de xornadas de formación ou nos criterios para a convocatoria de axudas.

Máis información en Galicia Confidencial.

O secretario xeral de Política Lingüística aborda co presidente da RAG proxectos de colaboración

Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, visitou este mércores a sede da Real Academia Galega (RAG) na Coruña, onde foi recibido polo seu presidente e polos membros da comisión executiva.
Na xuntanza Valentín García e Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da RAG, intercambiaron impresións acerca dos proxectos de colaboración entre as dúas institucións.

Máis información no web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

I Concurso de “jingles” Radio-Música en Galego

As entidades Música en Galego e Liga Nacional da Billarda convocan o I Concurso de “jingles” Radio-Música en Galego. As persoas interesadas en participar deben enviar antes do 29 de febreiro de 2012 un arquivo mp3, dun minuto de duración como máximo, a musicaengalego@gmail.com.
O audio debe estar realizado integramente en galego e conter a frase “radio música en galego”. Todos os audios serán emitidos na canle Radio-Música en Galego. Entre os participantes sortearase unha lingua de xato salgada.

Información tirada do portal do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia.

Publicadas as actas das II Xornadas de Educación e Linguas en Galicia

Esta publicación, coordinada por Bieito Silva, Xesús Rodríguez e Isabel Vaquero, compila as intervencións presentadas nas II Xornadas Educación e Linguas en Galicia, que tiveron lugar os días 26 e 27 de novembro de 2010 en Santiago de Compostela.
A publicación pode descargarse desde aquí e inclúe as seguintes colaboracións:
“A normalización lingüística e a aprendizaxe plurilingüe como metas escolares”, de Bieito Silva Valdivia
“Mudanzas na planificación lingüística nos centros de ensino. O Decreto do plurilingüismo”, de Mercedes Queixas Zas
“A necesaria potenciación da lingua galega en educación infantil nos contextos castelanfalantes”, de Valentina Formoso Gosende e Mercedes Queixas Zas
“A experiencia das liñas de galego no CEIP «Emilia Pardo Bazán» da Coruña”, de José Manuel García Yanes
“A experiencia das liñas de galego no CEIP «A Ponte» de Ourense (I)”, de Purificación Rodríguez Rodríguez
“A experiencia das liñas de galego no CEIP «A Ponte» (II)”, de Xosé Rodríguez Díaz
“A experiencia das liñas de galego no EEI da Pastora, Cambados”, de Amelia Varela Villamor e Dolores Oubiña Millán
“Planificación lingüística de centros orientada á normalización”, de Valentina Formoso Gosende
“A planificación lingüística orientada á normalización no colexio público de Aguiño”, de Uxía Acuña
“A planificación lingüística orientada á normalización do CPI «Vicente Otero Valcárcel» de Carral”, de Anxo Gómez Sánchez
“Planificación lingüística orientada tamén á normalización da contorna social”, de Francisco Veiga
“Planificación lingüística orientada á normalización tamén na contorna: A experiencia do IES «Félix Muriel» de Rianxo”, de Valentina Formoso Gosende
“O proxecto «FalaMelide»: A radio escolar como ferramenta para a normalización lingüística e cultural”, de Zeltia Labraña González
“Vantaxes normalizadoras da utilización das redes sociais en educación: a experiencia «Máis Nós»”, de Pilar Ponte Patiño
“Planificación lingüística e proxecto educativo”, de Milagros Couto Llamas
“O colexio «Andaina» e a lingua galega”, de Mª Dores Fernández López
“«Raiola». Proxecto educativo e proxecto lingüístico”, de Beatriz García Turnes
“Planificación lingüística e proxecto educativo: o CEIP de Quintela de Moaña”, de Belén Escariz Ferrín e Isabel Vázquez Rosales.

Información tirada do web da CTNL.

Praza Pública, novo xornal electrónico en galego

Logo do peche de varios medios en galego, desde o 1 de febreiro contamos cun novo, Praza Pública, ao que se pode acceder a través de www.praza.com ou http://www.prazapublica.com/.

Praza Pública conta con sete grandes seccións: Política (galega e estatal); Mundo; Movementos sociais, ecoloxía, economía solidaria, consumo; Cultura; Economía; Deportes; e Ciencia e Tecnoloxía e Internet.
A entidade promotora do proxecto é a Fundación Praza Pública, que ten como fin prioritario “o fomento da información e o debate públicos como forma de contribución ao exercicio cívico da cidadanía galega, ben como a promoción da cultura e da lingua galegas”. O núcleo de redacción está formado por Marcos Pérez, Lara Graña e David Lombao. Conta, ademais, coa colaboración dun numeroso grupo de xornalistas e son moitas as persoas que participan na sección de opinión.
Desde o punto de vista tecnolóxico, trátase dun xornal deseñado integramente para o estándar de HTML5, que aproveita todos os recursos dispoñíbeis na rede, e emprega software libre.

Información tirada do web da CTNL.

Concursos de vídeo, manifesto, banda deseñada, Galeoke e Cantalingua para o Correlingua 2012

Un ano máis chega o Correlingua, o programa de dinamización lingüística que consiste no desenvolvemento de diversas actividades de dinamización nos centros de ensino e que remata cunha festa final en 14 vilas galegas. O Correlingua comezará o vindeiro 2 de maio en Lugo e percorrerá durante dúas semanas diferentes comarcas do país.
Durante estes meses previos, os centros educativos desenvolverán diferentes actividades lúdico-educativas na aula para introducir a actividade, e o alumnado poderá participar en diferentes concursos (vídeo, música, banda deseñada, elaboración de manifesto e Galeoke). Os prazos para participar nestes concursos xa están abertos.

Concurso de vídeo
Eu falo galego porque... Esta é frase coa deberán comezar os vídeos presentados. A duración máxima debe ser de tres minutos. Estes vídeos serán colgados no web do Correlingua e en diferentes redes sociais (Facebook, Tuenti, Twiter...). Os vídeos finalistas serán proxectados no acto de presentación do Correlingua, e haberá premio para o grupo gañador.

Concurso de Galeoke
O Correlingua promove un concurso de karaoke utilizando a última novidade tecnolóxica en galego, o Galeoke. Nas festas finais do Correlingua de cada comarca poderán participar as mellores galeokeiras e galeokeiras dos centros de ensino.

Concurso para o manifesto
A partir do lema “Galego, todo o que buscas”, o alumnado de Secundaria, en grupos, poderá elaborar o manifesto para o Correlingua 2012.

Concurso de banda deseñada
Os/As alumnos/as de Infantil e Primaria poden participar, en grupo, neste concurso de banda deseñada, tamén a partir do lema “Galego, todo o que buscas”.

Cantalingua
Concurso musical para grupos que fagan as súas cancións en galego. A información completa sobre esta actividade está no seu propio web.
O resto da información sobre as actividades pode consultarse no web do Correlingua.

Información tirada do web da CTNL.

Nace a primeira revista en galego para iPad

A través de Cartafol (http://www.cartafol.gl/) pódense arrastrar páxinas dunha publicación descargada, visualizar vídeos, interactuar con gráficas, repasar galerías fotográficas ou consultar ficheiros extensos. Todo iso sen ter que permanecer conectado a internet. Tamén aproveita as funcionalidades que proporciona a nova aplicación de edición de textos iBooks Author de Apple e publica un libro revista que emprega un sistema de capítulos para ofrecer unha táboa de contidos.
Pero esta publicación tamén estará adaptada para outras tabletas, incluída Kindle. Deberá así descargar un PDF, que poderá consultar arrastrando as súas páxinas. Este novo medio de comunicación é a evolución doutro nacido hai un ano. Tratábase de Cartafol, o semanario do ensino galego, que se editaba en papel e que agora amplía o seu contido e abandona o seu soporte físico para optar pola opción electrónica e multimedia.
Esta publicación de balde está dirixida polo xornalista Horácio Vixande, está integramente en galego e tamén conta cunha versión en PDF para que poida sen consultada (aínda que sen elementos interactivos, o que tamén permite reducir o seu peso a unha décima parte) por un público maior. Aspira a ter unha periodicidade mensual, aínda que non desbotan pasar a semanal no futuro.

Información tirada das publicacións Galicia Confidencial e Código Cero.