mércores, 8 de febreiro de 2012

I Concurso de “jingles” Radio-Música en Galego

As entidades Música en Galego e Liga Nacional da Billarda convocan o I Concurso de “jingles” Radio-Música en Galego. As persoas interesadas en participar deben enviar antes do 29 de febreiro de 2012 un arquivo mp3, dun minuto de duración como máximo, a musicaengalego@gmail.com.
O audio debe estar realizado integramente en galego e conter a frase “radio música en galego”. Todos os audios serán emitidos na canle Radio-Música en Galego. Entre os participantes sortearase unha lingua de xato salgada.

Información tirada do portal do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario