martes, 19 de outubro de 2010

O galego, o noso medio natural, campaña para loitar pola supervivencia da lingua

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo e a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) presentaron o 14 de outubro a campaña O galego, o noso medio natural. Na presentación estiveron presentes Xosé Henrique Costas, vicerreitor de Extensión Universitaria, Valentina Formoso, voceira da CGENDL, e Serafín Martínez, ciclista rosaleiro do Xacobeo Galicia e estudante da Universidade de Vigo.
A campaña está protagonizada por unha “ecoguía” que inclúe textos de escritores galegos como Uxío Novoneyra, dirixidos a facer reflexionar sobre a importancia da recuperación das especies e do idioma. Repartiranse máis de 4.000 cadernos nos campus e nos centros de ensino non universitario públicos e concertados de Galicia.

Máis información en:
http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=3997&Itemid=39
http://www.scribd.com/doc/39377144/Ecolinguismo-O-galego-e-o-noso-medio-natural (texto da ecoguía)
http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/nace-ecolinguismo/idEdicion-2010-10-15/idNoticia-600256/

A galega, a primeira no twitter

O hashtag #galega logrou posicionarse como a etiqueta máis usada entre as 16 e as 17 horas do 6 de outubro na rede social twitter no Estado español. Tratábase dunha iniciativa de Radiofusión e de galegolab para difundir a existencia e as potencialidades da lingua galega, en conmemoración do primeiro discurso político pronunciado en galego por Manuel Lugrís Freire.

Máis información en:
http://www.radiofusion.eu/manager.php?p=FichaNova&ID=7863
http://www.xornal.com/artigo/2010/10/06/politica/lingua-galega-primeiro-tema-no-twitter-espana/2010100617502000106.html
http://www.terraetempo.com/artigo.php?artigo=924&seccion=4

A SXPL concede as axudas para a edición de recursos didácticos en galego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se conceden subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios. Esta liña de axudas ten como fins prioritarios potenciar a oferta de materiais educativos en galego e favorecer o tecido da industria editorial galega.

Máis información en:
http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/3b8e4023bd3fc29cc12577b3004fc9d1/$FILE/19300D004P011.PDF (orde de resolución das axudas)
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1551

Política Lingüística levará máis de 700 actividades por toda Galicia para promover o uso do galego entre os máis novos

Máis de 700 actividades, repartidas por toda Galicia e dirixidas a rapaces e rapazas dos 3 aos 18 anos, integran este ano o programa Bocaberta, que a Secretaría Xeral de Política Lingüística avanzou en Santiago de Compostela. A natureza das actividades de Bocaberta 2010-2011 responde aos intereses dos nenos e dos mozos e cobre un amplo abano de tipoloxías. As dirixidas aos adolescentes están relacionadas coa música pop, coa literatura fantástica, coas tecnoloxías da información e da comunicación ou coa banda deseñada. Para os máis pequenos, o programa Bocaberta ten música, teatro, monicreques e maxia.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1575
http://www.xunta.es/linguagalega/bocaberta

venres, 15 de outubro de 2010

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DA FANPA

‎3º PREMIO EN POSITIVO DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ORGANIZADO POLA FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS DE PONTEVEDRA -FANPA- PARA A ANPA AGROMAR (GRACIAS A COLABORACIÓN E Ó TRABALLO DE TODOS).


Pódese ver o traballo presentado na seguinte ligazón:
http://www.nontedurmas.org/IMG/pdf/3_PREMIO_POSITIVO.pdf

xoves, 7 de outubro de 2010

O Observatorio da Cultura Galega presenta un informe que indica que se frea a perda de galegofalantes

Na última década, o galego está a conter a súa perda de falantes e estase incrementando o número de persoas bilingües. O crecemento do número de falantes monolingües en castelán estase a frear.
No transcurso dos XII Encontros para a Normalización Lingüística tamén se adiantaron datos provisionais sobre actitudes. O informe, que será publicado nos vindeiros meses, recolle aspectos moi variados sobre a actitude dos galegos cara á lingua e percorre aspectos como a normativa, ensino, administración e vida política, toponimia ou bilingüismo. A primeiras conclusións indican que os galegos entenden que a Xunta, a familia e a escola son os piares da protección do idioma.

Máis información en:
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=17514
http://consellodacultura.org/observatorio/files/2010/09/datos_basicos_sobre_o_galego.pdf
http://consellodacultura.org/?p=2657
http://consellodacultura.org/observatorio/files/2010/09/actitudes_linguisticas.pdf
http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/politica-linguistica-da-xunta-2003-2008-conseguiu-frear-gran-caida-galegofalantes/idEdicion-2010-09-23/idNoticia-592735/

Eu camiño pola lingua

A Asociación Xuvenil Amencer, en colaboración coa plataforma Queremos Galego, a Concellaría de Voluntariado e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ourense, promove a realización do camiño de Santiago pola lingua, que se realizará os días 10, 17, 24 e 31 de outubro. Trátase de facer o Camiño de Santiago pola Vía da Prata por etapas, durante catro domingos de outubro, co fin de reivindicar o galego nas aulas, na administración, nas empresas, nos xulgados, nos medios de comunicación; cos pais, cos fillos, cos amigos, cos compañeiros de traballo; para vivir, para sentir, para soñar…
As persoas interesadas en facer o camiño pola lingua poden anotarse para facer unha ou varias etapas nos números de teléfono 988 218 123 ou 639 519 242, ou no enderezo electrónico amencer@amencer.org

Máis información en:
http://www.amencer.org/index.php?option=com_content&view=article&id=272:cspolalingua&catid=12:informacion-xuvenil
http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=707&desc=camino_pola_lingua